Por fin temos a sorte de contar con este simpático álbum na nosa lingua, grazas á editorial Patasdepeixe. O Grúfalo de Julia Donaldson coas ilustracións de Axel Scheffler é unha fábula sobre o poder do maxín, pero tamén do medo. Realmente, é un libro delicioso que xa é un clásico. Ten web oficial, na que nos conta as orixes deste conto rimado publicado en 1999, preséntanos á súa autora e ilustradora e mesmo oferta xogos.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
14/12/13
O grúfalo
Por fin temos a sorte de contar con este simpático álbum na nosa lingua, grazas á editorial Patasdepeixe. O Grúfalo de Julia Donaldson coas ilustracións de Axel Scheffler é unha fábula sobre o poder do maxín, pero tamén do medo. Realmente, é un libro delicioso que xa é un clásico. Ten web oficial, na que nos conta as orixes deste conto rimado publicado en 1999, preséntanos á súa autora e ilustradora e mesmo oferta xogos.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Patasdepeixe, Recomendamos, Tradución
Pezliz Navidad
Para felicitar o nadal dun xeito diferente, acode a Oxfam Intermón.
Atoparalo en Dereitos Humanos
13/12/13
A illa de todas as illas
A segunda contrariedade tamén emana do meu xeito de ler este tipo de lectura, cunha parte do pensamento no meu alumnado, tentando averiguar se eles gozarían do libro que teño nas mans ou non, se lles interesaría. Mesmo cavilo: "son eles e elas amantes das illas?"
Aínda por riba, fixen outra trampa e comecei polo final. A illa de todas as illas, nunha fermosa edición que a editorial Xerais nos ofrece nun lene papel e nunha colección que xa nos conquistara canda Un rato díxolle á lúa , engade como epílogo un ensaio informativo sobre libros que lle serviron ao autor como fonte de inspiración destoutro que temos nas mans; útil para calquera persoa, imprescindible na miña profesión. Profesión que o autor leva no sangue, claramente; algo que se agradece. “Viviremos, se queremos, nunha illa deserta” é un recoñecemento, ademais, a este tipo de libros de aventuras que el ama intensamente.
Si. A illa de todas as illas é unha homenaxe aos libros de aventuras que transcorren en illas e á literatura en xeral. Por iso, os protagonistas que nos enredan vivirán na metaliteratura, posto que moitos dos acontecementos que lle suceden serán vividos como parte dalgúns deses libros escollidos polo autor e formarán parte asemade do propio libro escrito por Docampo. Todo un exercicio literario no que Xabier se manexa con soltura. A imaxinación ao poder, case podería ser a frase que describa a lectura. Pasear da man de Stevenson, Golding, Defoe, Verne, Tournier, Scott O´Dell… ao mesmo tempo é un luxo, abofé. Salferidas ademais a páxinas con frases que o autor introduce para contaxiar ese pracer lector que el sente: “cando les sen atender a cousa ningunha que non sexa a historia que estás lendo, todo canto alí sucede, pásache a ti”. Que lemos, un soño? Unha fantasía? A néboa tamén nos envolverá a nós para esmorecer na nosa propia realidade; que bo xeito de nos evadir!
Porén, eu atopo unha tacha no libro, algo do que xa nos avisara o autor no epílogo (porque o lin antes!): que os parágrafos en inglés hai que buscalos para saber o que din... se non sabes esa lingua, claro. Para o meu gusto, e pensando tamén no meu alumnado -un tanto lacazán algúns deles- consíderoo un erro. Non sei se debería estar traducido ou se debería ter unha anotación á marxe coa tradución se o autor considera imprescindible que estea nese idioma para darlle maior credibilidade á historia, pero é algo que a min, particularmente, non me gusta. De feito, saltei os parágrafos con total impunidade. Mea culpa! Ese didactismo que conleva este feito, unha vez máis, é a parte negativa do relato. Sempre desde a miña óptica particular. Agora mesmo, ao rematar os exames, procuro algunha alumna lectora para que me dea a súa opinión... e ogallá sexa eu a errada!
Atoparalo en Ilustración, Lectura, Letras Galegas, Libros, Recomendamos, Xerais
12/12/13
Science World Ice Cream TV ad by Rethink
Atoparalo en Publicidade
A lúa da colleita
Imposible non adherirse a estes personaxes que arrastran, a esta vitalidade e a este modo de encarar a vida, os problemas. O vello que fotografa obsesivamente, a amiga que vive e deixa vivir, o hotel que pracidamente convida a lacazanear... A vida, en toda a súa extensión. A vida que emociona. A vida que esgota. A vida que queremos... conservala moito tempo.
Atoparalo en Galaxia, Lectura, Letras Galegas, Libros, Premios, Recomendamos
Viches a Rosalía de Castro?
Estes nenos e nenas na procura de Rosalía chegan ao corazón:
Atoparalo en Aulas, ENL, Escritores, Linguaxe, Personaxes
11/12/13
Tom y el pájaro
Cando non cómpren palabras temos álbums coma este que publica Libros del Zorro Rojo: Tom y el pájaro de Patrick Lenz. Para que falar da amizade, da comprensión, do respecto, da liberdade? Coas imaxes chéganos para soñar. Porque o que temos nas mans non é tan só un álbum, é un curta animada. Si, así como o ledes. Porque as ilustracións están contadas de tal xeito que os lectores e as lectoras estarmos presenciando con cada páxina un fotograma. Espectacular.

Atoparalo en Álbum ilustrado, Recomendamos, Zorro Rojo
10/12/13
Moranda
Atoparalo en Álbum ilustrado, Edicións Embora, Infancia, Recomendamos
Cadenas invisibles
Atoparalo en Dereitos Humanos, Documental, Muller, Violencia de Xénero
09/12/13
Barbazul
Publica Libros del Zorro Rojo este clásico de Charles Perrault reinterpretado polas ilustracións de Carlos Nine: Barbazul é un dos contos máis coñecidos deste autor, e foi publicado por vez primeira en 1697. Seica Perrault baseouse nos crimes cometidos por Gilles de Rais, un nobre francés do século XV. Un conto que propón que a muller debe gardar obediciencia e fuxir da curiosidade. Pero a parte boa é que o libro remata ben, posto que esa esposa que non fai caso ten axuda e acada a felicidade con outro home "normal". Por suposto, o máis chamativo desta edición son as ilustracións cheas de cor e a gran tamaño que producen certa inquedanza, como debe corresponderse coa historia que lemos.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Recomendamos, Zorro Rojo
08/12/13
Negros e brancos


Atoparalo en Álbum ilustrado, Paz, Recomendamos, Tradución, Xerais
Non á violencia contra as mulleres (CCCXXXIX)
Atoparalo en Igualdade, Muller, Música, Violencia de Xénero
07/12/13
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
















