Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

15/02/18

Mis derechos de mujer

Canta Norma Helena Gadea:

14/02/18

Olivia y las plumas

Susanna Isern e Esther Gili son artífices deste Olivia y las plumas publicado por Kireei. Fermoso álbum con final sorpresivo cunha protagonista especial: unha nena que pode comunicarse cos animais. De fondo, novamente, temos a importancia vital da natureza, o seu coidado, o respecto polo medio ambiente. A relación coa natureza é a parte máis importante da historia, porque faino dun xeito case máxico: a protagonista sabe convivir con todos os seres da terra, porque esa relación coa contorna é canto precisamos. Aí xorde a maxia: no equilibrio entre a natureza e a humanidade. Asemade, o álbum convídanos a crer en nós, en perseguir os nosos soños, en ser perseverantes, en non deixarnos vencer polas adversas circunstancias. Nesta actitude o valor da amizade é poderoso.




Musicando a Rosalía. Xardín Desordenado co tema: “A viúva”.

13/02/18

Oh! Ayatollah - Volve a canción protesta

12/02/18

Celia se aburre

Celia e Gloria Rico escriben e ilustran este álbum publicado  por Beascoa baixo o título Celia se aburre, merecente do Premio Boolino Álbum Ilustrado 2017, un álbum en verso que vén a ser unha cura contra o aburrimento de calquera neno ou  nena e que asemade fala do amor pola natureza. Porque non son as persoas maiores as que deben entreter ás persoas miúdas, senón que son elas mesmas as que deben procurar unha cura alternativa cando xa nada as convence. E para iso, chega con observar canto hai en derredor, canto se pode gozar da natureza e cantas opcións esta nos agasalla. Só hai que darlles unha oportunidade.



La Nueva Educación

Neste vídeo denúncianse os procesos de privatización educativa. Por unha parte, o xeito no que as nosas escolas están a reproducir as lóxicas de funcionamento da empresa privada e as consecuencias que iso ten en termos de perda de democracia e aumento das desigualdades. Pola outra, amosando como a nova filantropía foi adquirindo un papel cada vez maior á hora de definir a axenda, enmarcar os debates e influír no deseño das políticas educativas.

 

11/02/18

Barrios de colores

Gustoume este álbum ilustrado que publica Milrazones de Ana González e Kike Ibáñez que leva por título Barrios de colores, premio Lazarillo 2016. A nivel ilustrado é orixinal e asemade suxestivo xa que está deseñado sobre unha cuadrícula escolar (mesmo pensei que ao final do libro nos ían convidar a seguir ilustrando), o que lembra os nosos tempos escolarizados da infancia e ás primeiras caligrafías que tiñamos que elaborar (seguirán existindo???). Nesta base, e como non podía ser doutro xeito, as figuras son xeométricas e os personaxes están feitos a base de liñas. Logo, o texto, que nos fala sobre todo de esperanza, de futuro, de emoción, de posibilidade. De que non debemos esquecer quen somos e que queremos, que loitemos por aquilo no que nós cremos. Porque nada é irreparable e porque podemos erguer a cabeza e mirar cara adiante.
Fagámolo.


Non á violencia contra as mulleres (DXLVI)




Trátase de "descubrir ao público todas as grandes científicas que aínda non coñecemos e acabar cos estereotipos dunha ciencia principalmente masculina".






Aquí tedes máis información:

Mujeres con Ciencia, 2018, 2017

Tribuna Feminista

10/02/18

La chica miedosa que fingía ser valiente muy mal

Esperaba, supoño, outro libro moi diferente deste antes de comezalo por ser moi fan da súa autora, Barbijaputa, e a pesar do estrañamento inicial, o libro gustoume. Falo de La chica miedosa que fingía ser valiente muy mal publicado por Aguilar. O libro resulta moi sinxelo de ler e non se fai para nada longo, xa que o importante é o contido e por iso non topamos unha prosa chea de florituras, o que si temos é ironía, humor, denuncia social, política e moito feminismo. Esta parte é a máis importante e conséguese que forme parte dunha historia de amor de xeito natural, dun xeito eficiente. A moza protagonista é máis que crible: afoga entre a seguridade exterior, con ideas moi claras, e as fraquezas interiores que a agobian e que pretende ocultar... ata que no pode máis. De aí o título, posto que a esta muller está chea de inseguridades, de medos, de decepcións... O normal nunha moza nova. Como o é o feito de estar namorada e pensar que todo pode derrubarse se ese amor fracasa, porque o amor é o que sostén a vida, non a propia persoa. De aí xorde o conflito.
Paga a pena recalar nos personaxes que pululan arredor da protagonista, sobre todo a figura do pai, moi chamativa, e as amizades que vai facendo polo camiño.
Por suposto, a autora aproveita para deitar crítica social nas súas páxinas, ferímonos coas aristas que nos ensina e aprendemos coas súas referencias feministas: así que acertamos de pleno ao escollela como lectura dos nosos clubs de lectura feministas.



Eu quero un libro

09/02/18

La Otra - DONDE DUELE

07/02/18

Yeruldelgger. Tiempos salvajes

Volvín enganchar a lectura con este libro de Ian Manook publicado por Salamandra na súa colección "Black": Yeruldelgger. Tiempos salvajes, novo libro desta saga que xa me gustara cando me achegara á súa primeira entrega. Volvo a viaxar a unha terra totalmente descoñecida para min e descubrir unha historia que non coñezo, a dun país cheo de contrastes, de contaminación, de mafias, de corrupción, de paisaxes desérticas e de cidades frías. As fronteiras do país tamén teñen moito que dicir, xa que as potencias Rusia e China xogan con barallas corruptas. Asemade, saltamos ata Francia para tecer unha rede de delincuencia que foxe de clases sociais.
Así pois, a tensión da novela vén dada máis pola corrupción a nivel case mundial que pola propia investigación, pola veracidade con que é tratada a historia e pola forza dos personaxes principais. Adubiado, claro está, de moitos crimes, enganos, abusos e dun ritmo frenético que nos leva por lugares xeados e nevados que nos fan abrigar baixo unha manta e que nos retén na lectura  para cativarnos.
Si, gústame a novela negra, pero o que máis me gusta deste libro é Mongolia, como xa ocorría no primeiro. O exotismo deste país, os nómades, o chamáns, a estepa mortal do inverno, o glosario final. De contraste, esas feas cidades que nos describe, Ulán Bator con edificios postsoviéticos e construcións ultramodernas, pero sobre todo con moita contaminación (aseguran que é a segunda cidade máis contaminada do mundo)


Norró, historia de una ablación

06/02/18

Mulleres en pe de luita

A artista Concha Fernández (www.chchfernandezvazquez.com) acaba de publicar a reportaxe MULLERES EN PE DE LUITA, na que veciñas loitadoras falan da batalla que tan ben encabezan. #MinaTouroOPinoNON

Mulleres en pe de luita from chchfernandezvazquez on Vimeo.

Huelga feminista

Unha folga necesaria:



05/02/18

Os Megatoxos e a batalla de Rande

Volve Anxo Fariña e volven Os Megatoxos da man de Xerais. Desta volta, o título que temos entre as mans é Os Megatoxos e a batalla de Rande, para así coñecer a batalla que tivo lugar o 23 de outubro de 1702 nas augas da ría de Vigo. Arredor desta batalla, os nosos protagonistas Ruxe, Faísca, Ninfa, Lúa e os xemelgos vivirán novas aventuras que xirarán, unha vez máis, arredor da amizade e que terán como pano de fondo o amor, algo que semella que mesmo podería cambiar mudar a historia. Ou non? O que si queda claro é que esa palabra que tanto usamos, ese sentimento que tanto nos emociona, ás veces require sacrificios que sen existir sería impensable. Darredor, loitas, tesouros, batallas, canóns, galeóns, e un divertimento literario, o que supón ler unhas páxinas dirixidas a rapaces e rapazas dunha franxa de idade que ama a aventura por riba de todo. Cos Megatoxos teñen ese gusto concedido.

04/02/18

Non á violencia contra as mulleres (DXLV)

O alumnado de 3º ESO do IES Xelmírez I realizou este magnífico traballo:

03/02/18

Poesía, música e identidade

Dende Portanona:


02/02/18

El acoso escolar debe acabar #ypunto | Nada Será Igual - El Pacto

01/02/18

A merenda do parque


Pablo Albo e Cecilia Moreno son os artífices d' A merenda do parque publicado por Narval. Un álbum orixinal polas ilustracións que mesturan esquemas, vectores, caricaturas, videoxogos... e polo texto, que amosa un final inesperado e diferente que nos deixa pampas e divertidas. En realidade, o máis chamativo é ese "irse do guión" que pensabamos xa polo título e que xoga coa ambigüidade lingüística. O resultado, a descuberta de toda unha fauna sorprendente que habita entre nós, os humanos.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.