Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/02/12

Sobre o Amor... non hai nada escrito

Como estamos extremadamente amorosos en Forcarei fixemos unha Guía de lectura con forma de... si, acertastes, tal cal. Bo traballo que levou Anxo.
Non foi doado escoller os títulos habendo tanto onde elixir. Unha páxina para álbums ilustrados, outra para Poesía e outra para Narrativa. Seguramente haberá títulos discutibles, como Non hai noite tan longa de Agustín Fernández Paz (Amor pola verdade) ou Laura no deserto de Antón Riveiro Coello, que tamén creo que é unha homenaxe ao Amor pola xustiza. En poesía non podía faltar Poetízate, a poesía de Celso Emilio Ferreiro por ser o centenario ou os Sonetos de Shakespeare en galego grazas á editorial Xerais.

12/02/12

Flying love

Preparándonos para San Valentín, "amor voador";

Adrift from Adrift Animation on Vimeo.



Vía

A vella na botella


Publica OQO este texto de Roberto Mezquita a partir dun conto tradicional europeo con ilustracións de Alejandro Galindo: A vella na botella é unha reflexión sobre a ambición desmesurada e o desagradecemento, ademais de darlle o valor real ao que xa temos. As ilustracións son moi expresivas e con moito humor.



Non á violencia contra as mulleres (CCXLIV)

11/02/12

Vésuves

"Dous homes miran unha muller. Un quérea, o outro tena". Unha curta de CRCR.

Vésuves from CRCR on Vimeo.



Vía

A viaxe dos libros

"El viaje de los libros" é un documental sobre os Bibliobuses da provincia de Soria que achega a lectura ata os recunchos máis afastados. Os habitantes falan da súa afección á lectura como entretemento e como ferramenta para esquecer a soidade na que viven.

Tanga e o gran leopardo

Leo no blogue do CEIP Virxe do Rocío de Vigo, e copio:

ROMINA,A RAPAZA DE IGUALDADE DO CONCELLO DE VIGO, AMOSOUNOS UN CONTO SOBRE A IGUALDADE DE XÉNERO, QUE NOS ENCANTOU.
QUEREMOS QUE MIREDES OS TRABALLOS QUE FIXERON OS RAPACES COA PROFE MARICRUZ SOBRE O CONTO, QUE COÑEZADES O CONTO E QUE APRENDADES UNHA CANCIÓN DE "ANDRÉS MESEGUER" QUE TRAE UNHA MENSAXE DE PAZ E SOLIDARIEDADE CO POBO AFRICANO.
ESPERO QUE POIDADES GOZAR NA CASA DO NOSO TRABALLO IGUAL QUE FIXERON OS VOSOS RAPACES, E QUE TEÑADES CONCIENCIA DE QUE A EDUCACIÓN NON SON SÓ MATEMÁTICAS E LINGUAXE, SENON TAMÉN OS VALORES QUE POIDAMOS TRANSMITIR AOS NENOS/AS DENDE PEQUENOS PARA QUE NUN FUTURO TEÑAMOS UN MUNDO MELLOR.


TANGA E O GRAN LEOPARDO. on PhotoPeach


A historia e a música.

Promoción e defensa dos dereitos da infancia

Entre 2008 e 2011, Save the Children levou a cabo en Cataluña o programa de sensibilización e educación, "Promoción e Defensa dos Dereitos da Infancia".


10/02/12

Unha aventura... entre mans

NSPCC Handscape from No Hype Here on Vimeo.



Vía

Transición


Hoxe fixen a viaxe diaria a Forcarei moi ben acompañada por Fran Alonso e María Lado. E abofé que se me fixo ben curta! Foi un pracer escoitar algúns dos poemas deste libro de Fran Alonso, Transición, publicados pola editorial Franouren, nas súas voces. Un acerto que este CD acompañe o libro de poemas.
O certo é que non sei a quen lle debo agradecer o agasallo: moitas grazas polo envío!
Hai nalgúns poemas un contacto directo co seu último libro, Ninguén, ao igual que hai amor pola súa terra e a súa xente, a presenza constante de Vigo e os seus arredores, a denuncia da opresión e da inxustiza, a soidade do home na sociedade actual... e hai unha búsqueda poética. Creo que Fran Alonso preocúpase constantemente por ir cara adiante, por topar novas fórmulas para a súa escrita, para afastarse do que pode resultar obsoleto para achegar novos camiños polos que percorrer o camiño, un camiño que, coa súa lectura, permite ao lector avanzar con el ao seu carón.






A orde criminal do mundo

09/02/12

Amor en Stop Motion

do desexo en corpo e sombra

Na procura de máis poemas de amor para o próximo 14 batín con este libro que non coñecía de Miguel Anxo Fernán-Vello: do desexo en corpo e sombra publicado no ano 84 polo Concello de Vigo con ilustracións de F. Mantecon e que foi merecente do premio Celso Emilio Ferreiro no ano 83.
Gustoume o poemario, onde amor e erotismo van da man, sen grandes espaventos pero con moita fondura.

Ás veces un non sabe que o desexo é un silencio
que nos medra na boca
como unha sede lenta e amorosa de beixos

Ás veces um non sabe por que nos doen as cousas
que queremos co corpo
coa pel
coa soidade dos dedos
coa palabra caída

dentro da voz calada

Morremos lentamente desde o desexo íntimo
de amar

Morremos desde os ollos
desde a carne sen céu
como as nubes da tarde que se morren sen luz

Morremos en silencio
e só fica o amor
e o desexo


Gran Marcha Nacional por el Agua

Salvar a auga para seguir vivindo: isto é o que esixen miles de persoas na Gran Marcha Nacional pola Auga que percorre Perú estes días camiño de Lima.
A instalación de industrias mineiras está envelenando os acuíferos de diversas zonas do país andino, o que xerou protestas entre a cidadanía. A marcha chegará esta fin de semana á capial peruana, onde se celebrará unhas xornadas sobre este problema.




Vía

08/02/12

Amor nos tempos do meme

Meme Proposal | Tim * Audrey from Crazy Monkey Studio on Vimeo.


http://mangasverdes.es/2011/12/22/amor-tiempos-del-meme/



Dentro de mí



Ana Tortosa con ilustracións de Mónica Gutiérrez-Serna publica en ThuleDentro de mí, un álbum sensible e metafórico onde texto e ilustración se funden nunha aperta serea e delicada, como a bolboreta protagonista que desenvolve tantas emocións na nena. Un álbum poético que canta o descobremento de todo aquilo que levamos dentro, que vai aflorando pouco a pouco, dunhas emocións que somos quen de sentir e que ás veces mesmo esquecemos. E o mellor de todo é compartilas, buscar a outros para sorrir en compañía.
Un álbum cheo de tenrura.


"Me costó darme cuenta
de que siempre
la he llevado dentro de mí..."

En los zapatos del Otro

Vin en Cabrafanada este impactante vídeo e andei a buscar algo máis de información.
Presentouse en México a campaña "En Los Zapatos del Otro" do Colectivo "El Grito Más Fuerte", grupo de máis de 280 artistas que se xuntaron para difundir a voz dos familiares das vítimas da violencia en México. O Colectivo traballa en conxunto co Movemento pola Paz con Xustiza e Digniidade que encabeza o poeta Javier Sicilia, quen busca un cambio de estratexia do Goberno mexicano contra a delincuencia organizada.
A campaña consiste nunha serie de spots televisivos e de radio nos que os artistas involucrados representan un testemuño real de vítimas da violencia ou dos seus familiares coma se fose propio.



"Yo hago esto para que lo que me pasó a mí no te pase a ti".

07/02/12

Raúl Vacas en Forcarei

Chegou cunha maleta. Permaneciamos intrigad@s mentres ía tirando obxectos dela e preguntabámonos de que ou para que ou por que. A resposta: a poesía está en todo, só temos que observar atentamente e deixar que as palabras flúan. Sobre todo, debemos vivir con intensidade e non esquecer os nosos soños, perseguilos, ir a por eles. Carpe Diem.
Así comezou Raúl Vacas a falar, xusto despois de que o alumnado de 3º de Diversificación nos amosase o seu traballo previo e o presentase. Logo, xa a soas, confesoume o moito que lle gustara ese xesto, ese alumnado que deu horas e cara para estar alí ao seu carón.
Raúl Vacas gusta de escribir sobre as cousas cotiáns, busca nelas o seu lado poético e... atópao. A poesía forma parte da súa vida dende a adolescencia e non o abandona. De cada situación, de cada pequena circunstancia, el busca un poema. Porque os poemas deben provocar sensacións. De calquera tipo: risos, tristura, lembranzas... calquera efecto secundario. Con rima ou sen ela, iso non importa. O que importa son esas sensacións que o ser humano vai sentir ao ler poesía.
Ler é conversar co escritor. Os libros están vivos, se o lector escribe neles é cando se produce o diálogo. E non esquezamos que o escrito ten que ver co noso estado de ánimo: podemos ler algo que non nos guste arestora e dentro de dous días, dous meses, dous anos, admiralo. Tamén pode ocorrer o contrario. A literatura está viva. E iso é porque a poesía forma parte do noso devir cotián, pode chegar a se converter nun vicio... san. Ser poeta só significa reflexionar un pouco máis, pararse naqueles aspectos que poden pasar desapercibidos. Un poema é unha fotografía feita con palabras. Tamén é un agasallo. Poesía e maxia van da man, ambas buscan emocións. Mesmo podemos considerar a poesía baixo outra óptica: ten un efecto terapéutico.
As súas últimas palabras: Hai cousas qeu só suceden unha vez na vida; por iso hai que estar atentos para atrapalas e non permitir que fuxan.
E, mentres, as súas palabras exemplifícabanse: poesía curativa: unha crema poética. Vicio san: caixa de poesía con cigarros poéticos... Unha demostración clara de que, efectivamente, todo é poesía. Só temos que buscala. E querela.


Team Loro

Peza de animación que é en realidade publicidade para a compañía de telecomunicacións Nextel.

Team Loro (HD) from Madre on Vimeo.



Vía

El monumento a la cometa


Paco Mir xunto coas ilustradora Raquel Díaz Reguera publican en Thule este libro solidario chamado El monumento a la cometa. Un libro cheo de humor que nos conta como todos e cada un dos habitantes dunha vila terán que inventar algo para se protexer dun sol abrasador... e claro que o conseguirán! E nós miraremos fascinados as ilustracións desta autora que xa vén sendo un pouco da nosa casa, posto que cada novo álbum que dela descubrimos chega para quedarse.



La historia que os voy a contar hoy es una historia real, es decir,
una historia que pasó de verdad —o eso me dijeron— en un pueblo
y en un tiempo que no tardaréis en descubrir. Nada, ni siquiera un
segundo, el tiempo que tardéis en pasar la página.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.