Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

18/02/14

Googoosh "Behesht"

 A cantante iraniana Googoosh amosa o seu último videoclip cunha mensaxe de apoio ao colectivo homosexual, algo ben dificultoso nun país onde os homosexuais poden ser executados pola súa orientación sexual.



Via

Adelaida

Os agasallos da editorial Kalandraka: traernos a un dos grandes á nosa lingua. Falamos arestora de Tomi Ungerer co seu libro Adelaida. Unha parodia que fala dun personaxe que nace con ás para voar (que envexa) e grazas a ela percorre medio mundo e chega mesmo ata ser unha heroína. Iso si, con final feliz, que nesta España actual ben nos cómpre. O máis importante: quen ten ás é unha canguro. Chama a atención a estética das ilustracións, con pouca cor destacada, utilizando o sepia con fondo branco e con moitas chiscadelas. A historia de Adelaida é unha historia de superación xa que a protagonista debe loitar contra prexuízos e discriminacións por ser diferente. Só o seu propio orgullo e a súa tenacidade poderán rachar as barreiras que os demais lles arman ao seu arredor.






Cuerdas

17/02/14

Se cho explican con fútbol...

Hai publicidades que chaman a atención. Cando vin "Si te lo Explican con Fútbol, lo entiendes" parei a ver de que se trataba. E resulta que anuncian unha revista chamada Líbero, que fala de fútbol, si, pero tamén de cultura, cine...
En fin, eles non saen moi ben parados, coido.

Penúltimas tendencias

 

Non me cómpre ter unha bóla de cristal para ver o futuro: Carlos Negro percorrerá todos os centros de ensino deste noso país con este poemario que vén de publicar Xerais en Fóra de Xogo. E non é necesario ser bruxa para adiviñalo porque se Makinaria era necesario, Penúltimas tendencias é imprescindible. Non pode ser doutro xeito nesta sociedade que camiña cara a unha involución tormentosa nos dereitos da muller. A moza que nos presenta Carlos é unha adolescente con fouteza, con carácter, aquela que non se deixa guiar polos prexuízos de revistas, de películas nin de sociedades enfermas: aquela que loita por ser ela, unha persoa, non unha muller acomplexada que tan só desexa quedar ben e ligar co máis guapo. Aquela que non depende de tacos altos nin de pinturas, aquela que, en fin, non se deixa escravizar. Non é fácil. Nunha sociedade machucona a base de publicidades enganosas e estereotipos -indiscutible reinado do photoshop-, non é fácil ser unha mesma. Así é esa moza de Penúltimas tendencias: unha moza real que non pretende nin ser fashion nin cool nin chic nin sexy. Mozas que serán mulleres resoltas a fuxir do baleiro que as continuas mensaxes dunha sociedade estéril nos transmite. Como educadora, doulle as máis sinceras grazas a un poeta que se achega á mocidade cun berro de esperanza que racha clixés.
Parade a ver a portada: baixo esa aparencia tan "happy" hai unha escravización contra a que loitar.

Pasa axiña, aínda estou en pixama.
Aquí dentro son a última tendencia,
a moza que se transforma en poema.
Como unha auténtica maleducada
fago cachizas as fotos da infancia,
pinto as unllas e as paredes de negro,
deixo pelusas nas mangas dos xerseis,
escollo adrede o vestido máis feo,
protexo a parte branda das entrañas
cun estilo que me volve invisible.
Habito un cuadrilátero de dúbidas,
a anos luz do brillo das portadas,
cunha pouta de pánico no peito,
un piercing por única bandeira
e o cerebro como arma de combate.

Se o libro resulta atractivo, Carlos Negro vén con complementos. Pegatas con versos, con chíos, para deixaren pegada case indeleble:

16/02/14

XXL Airport Love

Se o outro día traiamos un anuncio contra a homofobia de Putin feito en Canadá, hoxe amosámosvos este aínda máis impactante visualmente. Un minorista de roupa deportiva noruegués é o artífice deste novo fenómeno viral en contra da Ley antipropaganda gay en Rusia.


Recinto Gris

 


Sorpréndenos -con maiúsculas- Ledicia Costas nesta nova entrega de lectura adolescente publicada na serie Fóra de Xogo da editorial Xerais. Sorprende polo cambio de argumento, non de facilidade argumentativa- e non o fai por abordar temas que, cremos, son da súa preferencia: a busca da xustiza humana e a exposición de realidades ocultas ás que preferimos non mirar, agochar nun cuarto secreto ou simplemente pechalas coma se non existisen. Pero existen. Existe o bullyng, existe o engano en internet, existe o amor fracasado. E existen os finais que non son felices. Xa nolo demostrou Ledicia nas súas anteriores novelas, aquelas que son de lectura anceiada polo alumnado.
Recinto Gris é unha metáfora, unha sociedade dominada por homes que procuran ante todo solventar e facer desaparecer diferenzas que non son do seu agrado. Pero quen é diferente? Diferentes por ser albinos, intelixentes, enfermos, pobres...? Unha novela que ante todo denuncia aquilo que xa aconteceu que pode acontecer en calquera momento: un equilibrio social dos poderosos que non admiten ideas contrarias. Así chegamos aos totalitarismos. E así o lemos en Recinto Gris. Ledicia non deixa pausa nin alento, case nin esperanza, ao longo da obra. Pero o home, o Home, pode loitar, ten esa capacidade que ás veces esquece por medo ou por desidia. E Ledicia, nunha alegoría constante que podemos chamar fantasiosa, acode as ás que deberiamos ter na nosa mente. Esas ás, humanas, axudan á defensa. Pero o que é máis importante é a unión e a esperanza como motor que move o mundo. Só sendo persoas, perdón PERSOAS, poderemos salvarnos de nós mesmos. E iso implica, como non, respectar as diferenzas.
Creo que vos vai gustar!

Non á violencia contra as mulleres (CCCXLIX)

Because I am a Girl é unha campaña que ten como obxectivo tranformar as vidas das nenas mais pobres do mundo. 
O acceso das nenas á educación e aos dereitos será quen de romper o ciclo de pobreza e discriminación ao que as nenas fan frente ao redor do mundo 


vía

15/02/14

A Rúa da Tixola

Gustoume ben este álbum que vén de publicar OQO baixo o título A Rúa da Tixola, de Charo Pita con ilustracións de Massimiliano di Lauro. Un relato encadeado que nos guía por un camiño que ten ida e volta ata chegar ao comezo e comprender as bondades da lectura, conclusión final tras este percorrido imaxinario e divertido onde todo sucede porque hai unha causa anterior. As complicacións vanse amañando grazas á amabilidade e o bo facer da xente. 
Se o relato é atraente e divertido, amábel e creativo, con sabor tradicional, as ilustracións non quedan atrás pola súa orixinalidade e a súa viveza de cores que fai que mesmo o branco que serve de fondo teña unha música que tanxe ladaíñas ledas e adquira todo un ritmo redondo... e feliz.





Fotografía microscópica

20140127-002136.jpg
Verme hidrotermal

20140127-002253.jpg
Ollo de mosquito

20140127-002345.jpg
Verme mariño

20140127-002416.jpg

Verme Cresa

20140127-002452.jpg
Un piollo nun pelo humano

20140127-002536.jpg
A cabeza dunha avispa

20140127-002602.jpg
Verme Mariño

20140127-002624.jpg
Garrapata inchada

20140127-002706.jpg
Oso da auga

20140127-002759.jpg
Acaro de auga

20140127-002858.jpg
Acaro das pestanas

20140127-002934.jpg
Embrión de peixe cebra

20140127-003059.jpg
Ouruga

20140127-003135.jpg
Avispa cleptoparasita

20140127-003210.jpg
A cara dunha formiga

20140127-003238.jpg
Embrión de poliño

Vía

14/02/14

The Adventures Of Prince Achmed

Primeira longametraxe animada da historia, de 1926, baseada en "As mil e unha noites", con técnicas do Teatro de sombras.
É unha obra de Lotte Reiniger, pioneira do cine de animación, non nomeada por ser muller.

Aprender a ler

É un anuncio de whisky,  pero é moito máis. Ben fermoso.



Vía pero grazas a Fran Alonso

Ámote....

Non sei se será un fenómeno viral, pero mirade que cousas pasan no noso centro por culpa de Rosa Aneiros: o amor esténdese coma un virus imparable entre o alumnado de 1º de Bacharelato. Iso si, nin o profesorado se libra!!!

13/02/14

El dibujante de osos

Coñecín este ilustrador grazas a El niño perfecto, publicado asemade por Sd ediciones. Bernart Cormand é o autor de El dibujante de osos, un debuxante que vai na procura dun oso polar para contemplar o seu catálogo de debuxos de osos. Pero o libro fala sobre todo de medio ambiente, da necesidade de protexelo, da solidariedade que os humanos deberiamos amosar cara á natureza para coidala e non permitir que non desapareza ningunha especie animal. Xunto a esta idea en palabras, temos ilustracións en branco e negro, puras, sinxelas, fermosas.



"Fala". O noso medio natural

Velaquí temos un relato audiovisual co poema "A fala" de Manuel María como recitado de fondo no que se mostra o que cada vez é máis unha característica da actuación subterránea da política lingüística da Xunta que estamos a padecer: a negación da nosa identidade.
Marina Chiavegatto e Millán Castro, os autores da curta, tiveron o acerto de poñer o seu ollo nunha situación de agresión moi espallada pola nosa terra consistente na exclusión do galego da paisaxe lingüística do noso territorio.


Vía Carta Xeométrica

12/02/14

Beerbug

Unha curta moi "enerxética natural" chea de humor. Sen palabras.
Xenial:


vía

Interiorae

Gabriella Giandelli é a autora de Interiorae, publicado por Sins entido. O libro chama a atención polas ilustracións, pero a historia non queda atrás. Unha entidade, "A Gran Escuridade", aliméntase dos soños da xente que vive nun edificio. Namentres, un espírito con forma de coello, observa a vida cotiá destas persoas. E nós con el. Así paseamos polos diferentes xeitos de sentir, polos corazóns humanos que, en parte, están cheos de tebras: mediocridade, tristura, desesperanza... o baleiro existencial semella o dominante nesta veciñanza. Ata temos unha familia de mortos, que precisamente por estalo, son felices.
Unha obra ben interesante que mestura realismo e fantasía, mesmo sensibilidade e crueldade.

“Es tan hermoso, morir un poco”.

 


11/02/14

The Sunday Times

Un anuncio espectacular: "Icons", un vídeo onde se reúnen Forrest Gump, Mad Men, o pensador de Rodin, a creación de Adán, Reservoir Dogs e Daft Punk. A mensaxe: se che gusta calquera destas creacións, gustarache o Sunday Times.


Vía

El caso Collini

El caso Collini
Ferdinand Von Schirach trae nesta novela publicada por Salamandra un caso xudicial real do seu país: El caso Collini é unha novela curta que engancha dende un principio e resulta ben interesante; non é, ollo, unha novela negra, a pesar de que comeza cun asasinato. O ritmo vai in crescendo ata chegar ás últimas páxinas, dun interese inigualable. Seica ata o Ministerio de Xustiza alemán puxo en marcha unha investigación. O máis chamativo pode resultar, quizais, que semella que o autor pón en entredito o propio sistema xudicial alemán, ademais das súas propias dúbidas sobre a xustiza -estes días que falamos tanto de se "a xustiza é igual para todos". O autor plantexa conflitos éticos ou morais e así nolo fai saber. O que aporta aínda maior interese á lectura das súas obras. Unhas obras máis ca recomendables.

Veinte minutos después, el hombre había muerto. Tenía cuatro proyectiles alojados en el occipucio; uno giró en el cerebro, y al salir le arrancó media cara. La moqueta beige absorbió la sangre, el cerco oscuro iba extendiéndose poco a poco. Collini dejó la pistola en la mesa, se acercó al hombre que yacía en el suelo y miró fijamente las manchas de la edad que éste tenía en el dorso de las manos. Le dio la vuelta al muerto con el pie y, de pronto, le clavó el tacón en la cara, lo miro, volvió a pisarlo.

10/02/14

Binman

Cando remata o outono, un varrendeiro recolle as follas mortas para dar vida á próxima temporada.




vía

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.