Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
22/05/14
Tierra de Mujeres
Atoparalo en Documental, Muller
21/05/14
Siempre te querré
Un dos álbums sobre a maternidade -e a paternidade- máis tenros que coñezo é este clásico de Robert Munsch con ilustracións de Noemí Villamuza (unha ilustradora que forma parte das miñas debilidades) e que publica a editorial Andana: Siempre te querré. Seica este título corresponde a unha canción orixianl que o autor escribiu para lembrar aos seus dous fillos nados mortos. Cantábaa para recordalos e logo decidiu facer un relato a partir dela. O libro é unha historia de amor, de Amor sublime, ese que unha nai sente por un fillos dende que nace ata a morte. Un bebé que medra, que se vai facendo máis grande cada vez ata que se fai un home e forma unha familia, pero o amor prevalece. E ese home seguirá a tradición e fará o mesmo co seu fillos: amalo sobre todas as cousas. Porque o álbum é sobre todo un canto ao Amor Incondicional.

Siempre te querré,
siempre tendrás mi cariño.
Mientras yo esté contigo,
siempre serás mi bebé.

Versión anterior:
Atoparalo en Álbum ilustrado, Andana, Recomendamos
Pelos
Microdocumental sobre a depilación feminina:
Atoparalo en Documental, Muller
20/05/14
A viaxe de Gagarín
Ogallá puidésemos asegurar que os acontecementos que nos lembra Agustín non volverán ocorrer!
Así, imos lendo un libro que ten esa cualidade, déixase ler, ás veces cal fervenza, ás veces cal lago estanco, porque hai momentos que desexamos reter e hai outros que nos tiran coa forza da caía. Defectos? Pode telos, pero gañan as vantaxes da lectura e da memoria.
Atoparalo en Lectura, Letras Galegas, Libros, Recomendamos, Xerais
'No le des la espalda, dale pecho'
Vía
Atoparalo en Machismo
19/05/14
El regalo de la giganta
Publicado pola editorial A buen paso, este álbum de Guia Risari con ilustracións de Beatriz Martín Tereceño é un canto á natureza: El regalo de la giganta é unha homenaxe á Terra delicada e exquisita, fenomenalmente acompañada cunhas ilustracións que tamén cumpren con estes requisitos. Unha xiganta que nos agasalla múltiples beizóns e que nos lembra canto debemos nós a esa Nai Natureza. Un álbum feito de anacos poéticos e evocadores onde un neno é a metáfora do lector individual e ao mesmo tempo é ese ser humano vulnerable que non todo o pode, porque a Natureza é máis forte. Un tesouro. Non só de libro.
Atoparalo en A buen paso, Álbum ilustrado, Medio Ambiente, Recomendamos
18/05/14
Los muñecos de papel
Atoparalo en Álbum ilustrado, Ediciones B, Recomendamos
Un microrrelato de humor para celebrar as letras galegas en Oxford
Gustoume moito e tráioo para aquí.
Microrrelato gañador: «O peixe conxelado»
Eu era un peixe nadando nunha sopa.
Sempre soñei con ser unha estrela de cine, pero un día presenteime a un
casting e alí dixéronme que antes que deixar que fose actor sería mellor
fritirme. Eu díxenlles que a min o aceite me repetía e propuxéronme un
papel máis axeitado para a miña valía: ser o protagonista deste prato,
mentres non me achegase a lingua o gato.
Pero chegou o día en que se achegou o felino, coas súas poutas afiadas e
os seus dentes xenuínos. Tentaron salvarme as ameixas, esas amigas que
aínda que son duras por fóra por dentro son tenras, e o gato estrañouse
ao ver como o atacaron.
Sen perder a compostura puxo fin ao altercado explicándonos que el era un gato vegano.
Como ía moita calor invitámolo a nadar na sopa xa fría, pero o mico
estremeceuse ao ver que a súa pelaxe se mollaría. Vaia falta de
respecto, non aceptar o noso convite! Iso superaba xa o noso límite.
Vingámonos del facéndoo beber, pero tragounos sen querer e a viaxe cara á súa barriga non a puidemos deter.
Agora eu son un peixe nadando na barriga dun gato, e non un gato
calquera, un gato vegano! Pobre mico, pobre gatiño, que para unha vez
que comía un peixe non era fresco, senón conxelado.
17/05/14
Nomeando
Ti es cuadro de beleza infinda, gravado a lume nas miñas pupilas.
En táboa da Arca de Noé está escrita a túa fundación.
Na ponte dos tempos lame lágrimas a viuva do xefe do castro morto na batalla perdida do tempo.
Os señores Abades escribiron os nomes dos meus antepasados nos libros vellos dos Pazos.
Nunha caixa de Piñeiro descansarán os meus ósos cansos, cando a víscera que latexa fique por fin parada. Nas rellas da memoria fican lembranzas do avó carboeiro e do avó oleiro.
Teño a man dúas palabras que se xuntan nunha, si a dor me permite escribir aínda o teu nome: Tras Deza.
Onde nunca é mañá
ALGO SUCEDE SEMPRE
Cando non pasa nada algo sucede.
Algo ocorre na ausencia da galerna,
na quietude da araña
e no omitido en todos os horóscopos.
Mentres, dormen as dunas e os penedos,
todos os os violíns desafinados
baixo un vento sen rumbo.
Mentres o inverno terma dos seus lobos.
Mentres na proba
a pausa das apertas
e se extingue unha lámpada
e se recolle o gando
e os libros se concentran
en luz retrospectiva,
algo vive estremado,
algo axexa, algo alenta,
algo agarda.
Algo de nome non sabido,
acaso todo
cando non pasa nada.
Atoparalo en Kalandraka, Lectura, Letras Galegas, Libros, Poesía, Recomendamos
Día das Letras Galegas
Moito se está compilando para o día de hoxe, día de Xosé Mª Díaz Castro. Só traemos aquí unha mínnima parte e damos as grazas a Cibrán por facilitarnos o traballo. No seu blogue tedes moito máis:
http://diazcastrononinho.blogspot.com.es/
Poeta Díaz Castro.
Presentación de Marlou:
"Penélope" dende o IES Bouza Brey:
"Penélope", por Fuxan os Ventos :
Con Díaz Castro
Caderno da Crítica.
Criticalia. Diario DC.
O instante eterno.
Telexornal Díaz Castro do CPI dos Dices (Rois):
Os camiños esquencidos :
Atoparalo en Compilación, Efemérides, Escritores, Letras Galegas, Personaxes
16/05/14
Cantar orgasmicamente
Vía
Mishiyu

Atoparalo en Álbum ilustrado, Combel, Recomendamos
A tortazo limpo
Vía
Atoparalo en Actualidade, Des-Humor
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.





