Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

15/01/17

Non á violencia contra as mulleres (CDXCIX)

Boísima publicidade que lle dá a volta a toda unha tradición machista; a violencia non ten xustificación. 


14/01/17

Rondalla Santa Eulalia de Mos interpreta AC/DC

Bogo Quierelotodo

Encantoume este Bogo Quierelotodo que publica a editorial Nubeocho de Susanna Isern con ilustracións de Sonja Wimmer. A historia dun raposo descontento que quería telo todo, todas as cualidades dos demais animais, todo aquilo que a natureza non lle deu, pensando que el nada tiña. Unha lección de vida, xa que cadaquén conta coas súas propias cualidades e hai que saber quererse a un mesmo, o cal tamén é importante. Como o é o valor da amizade, outra das cousas que o libro valora.

#iProtectTigers

Protexe os tigres: Campaña para WWF realizada por MPC.
Visto aquí.


13/01/17

Perfect World

Peza de animación realizada para a canción Perfect World.
Visto aquí.


Perfect World - Katie Melua from Karni and Saul on Vimeo.

El armario chino

En Ekaré podemos atopar este curioso álbum de Javier Sáez Castán: El armario chino chama a atención, de entrada, pola súa forma: ten capa exterior que protexe o álbum e é esvelto como o protagonista do mesmo; logo abraiaremos pola proposta de lectura que nos fai, dende o comezo -un prólogo- que pode ser un epílogo ata a propia narreción que pode comezar por un extremo ou polo outro. E o protagonista, sen dúbida, ese armario misterioso do século XIX que só se pode abrir desde dentro. Se todo isto fora pouco, o texto sostense baixo dúas tiras de viñetas contrapostas pola cor, vermella e azul, que relatan a mesma historia en dirección inversa, amosándonos sobre todo o misterio do cotián e a exaltación da imaxinación que nos permite viaxar a outros lugares que non teñen por que ser reais.




Ana Tijoux

Cantante de rap franco-chilena.
Máis información, aquí.




Antipatriarca
Yo puedo ser tu hermana tu hija
Tamara pamela o valentina
Yo puedo ser tu gran amiga
Incluso tu compañera de vida
Yo puedo ser tu gran aliada
La que aconseja y la que apaña
Yo puedo ser cualquiera de todos
Depende de cómo tú me apodes
Yo no voy a ser la que obedece
Porque mi cuerpo me pertenece
Yo decido de mi tiempo
Como quiero y donde quiero
Independiente yo nací
Independiente decidí
Yo no camino detrás de ti
Yo camino de la par de ti
Tú no me vas a humillar
Tú no me vas a gritar
Tú no me vas a someter
Tú no me vas a golpear
Tú no me vas a denigrar
Tú no me vas a obligar
Tú no me vas a silenciar
Tú no me vas a callar
No sumisa ni obediente
Mujer fuerte insurgente
Independiente y valiente
Romper la cadena de lo indiferente
No pasiva ni oprimida
Mujer linda creativa
Emancipada en autonomía
Anti patriarca y alegría
A liberar, a liberar, a liberar
Liberar, liberar, liberar
Yo puedo ser jefa de hogar
Empleada o intelectual
Yo puedo ser protagonista
De nuestra historia y la que agita
La gente la comunidad
La que despierta la vecindad
La que organiza la economía
De su casa de su familia
Mujer libre se pone de pie
Y a romper las cadenas
De la piel
Tú no me vas a humillar
Tú no me vas a gritar
Tú no me vas a someter
Tú no me vas a golpear
Tú no me vas a denigrar
Tú no me vas a obligar
Tú no me vas a silenciar
Tú no me vas a callar
No sumisa ni obediente
Mujer fuerte insurgente
Independiente y valiente
Romper la cadena de lo indiferente
No pasiva ni oprimida
Mujer linda creativa
Emancipada en autonomía
Anti patriarca y alegría
A liberar, a liberar, a liberar
Liberar, liberar, liberar

12/01/17

Alike

Xela deixoume un comentario e unha recomendación, unha curta que non coñeciamos. Moitísimas grazas!:
Alike, de Rafa Cano Méndez e Daniel Martínez Lara: démonos a oportunidade de parar e reflexionar sobre aquilo que non forma parte de nós.





El niño semilla

Na editorial Nubeocho podemos atopar un dos mellores álbums deste ano que vén de rematar, El niño semilla, de Levi Pinfold. Un libro fermosísimo non só pola historia senón tamén polas ilustracións, deses álbums que prenden no recordo pola intensidade que desprenden cando se miran. Un argumento de defensa da Natureza con sabor a conto clásico que agocha sobre todo o respecto que debemos ter co planeta e co agasallo que nos ofrece e que tantas veces esquecemos, de maneira que somos nós quen nos encargamos de destruílo. Somós nós os convidados a vivir aquí e non ao revés. Obremos en consecuencia.
Precioso e necesario.



Ideoloxía de xénero

El Tunel nº 20

Torre del Bierzo, 3 de xaneiro de 1944.
O maior accidente ferroviario español censurado, visto aquí.


11/01/17

Invisibles

Sobre a desigualdade das mulleres no sistema económico-social (capitalismo):



10/01/17

Coda

Los árboles se han ido

A editorial Nórdica publica esta antoloxía de Federico García Lorca con ilustracións de Mo Gutiérrez Serna: Los árboles se han ido publícase no 80 aniversario do se asasinato. Este libro recolle poemas escritos e publicado entre 1921 e a fin da súa vida, dos títulos Libro de poemas (1921), Suites (1923), Poema del cante jondo (1921), Canciones (1927), Primer romancero gitano (1928), Poeta en Nueva York (1930), Diván del tamarit (1936), Seis poemas galegos (1935) e Sonetos de amor oscuro (1936), ademais dalgúns poemas soltos. Son vinte textos escollidos por Juan Marqués, dando voz a todas a voces do poeta, con todas as sáus variedades, dende o amor ata a política, dende a revolución ata a infancia. E a carón dos versos sempre inesquecibles están as ilustracións cheas de cor e de rotundidade para aportar un novo goce á poesía.






Sin agua y sin pan

Luis Amavisca e Guridi son os responsables deste imprescindible álbum ilustrado no que colabora Amnistía Internacional e que publica a editorial Nubeocho: Sin agua y sin pan é unha historia de solidariedade escrita en clave irónica que axuda a reflexionar sobre o drama que están a vivir millóns de persoas refuxiadas que apenas teñen que levar á boca e que viven separadas por arames construídos dende o egoísmo e a insolidariedade. Unha historia sinxela pero contundente, con poucas palabras porque non cómpren máis e con ilustracións de trazos sinxelos e pouco colorido que reforzan a mensaxe que nos dirixe en cada páxina.
Como xa dixen, un libro imprescindible en todos os fogares.

 


09/01/17

Dancing In '90s Movies

Robert Jones compila as mellores escenas de baile de  86 películas da década dos 90 neste vídeo, acompañadas da canción “Praise You”



Vía

El comisario Bordelli

Marco Vichi é o autor desta novela negra publicada por Duomo, El comisario Bordelli. Non acabou de me encantar, aínda que precisaba un libro para fuxir e non o topei, aínda que é entretido, posto que o personaxe principal -introdutorio dunha serie de libros que contan con el como protagonista- rememora continuamente o seu paso pola Segunda Guerra Mundial e a súa infancia, o que lle dá a unha trama de investigación un ar diferente, deixando que esta pase a un segundo plano en moitas ocasións e coido que realmente o autor non lle quere dar importancia, posto que ao ser o primeiro libro dunha serie dáme a impresión de que a finalidade é presentarnos o personaxe e todos aqueles que o rodean (case todos homes, por certo, e a cada cal máis peculiar) aínda que non sei como serán os seguintes da serie nin se seguirá profundando na psicoloxía do personaxe ou se dará maior relevancia á trama. Asemade, o argumento que dá paso a que sexa unha novela negra resulta bastante predecible e pouco atractivo, aínda que hai un punto interesante e sorprendente na resolución.
Haberá que ler, ou non, algún máis desta serie para saber se cambia a orientación e se paga a pena realmente.





Que é o feminismo


08/01/17

Non oficial

O anuncio non oficial de Adidas que triunfa arestora é un traballo universitario que a marca non patrocina. Se queredes saber máis, ide aquí:


Non á violencia contra as mulleres (CDXCVIII)

Cinco mitos da violencia machista desmontados en menos de tres minutos:


Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.