Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
28/02/18
Supermujeres superinventoras
No meu afán de dotar de libros feministas á biblioteca do instituto cheguei a este Supermujeres superinventoras. Ideas brillantes que transformaron nuestra vida de Sandra Uve publicado por Lunwerg: un catálogo ilustrado de máis de 90 inventoras, unha por cada dobre páxina; a ilustración vén acompañada por unha breve biografía que nos informa que fixeron estas mulleres no munda da ciencia. Algunhas coñecerémolas xa polos libros publicados anteriormente con este tema, pero outras resultáronme descoñecidas.
O máis chamativo é o prólogo, onde nos informa a autora do seu traballo de investigación, posto que non lle resultou doado chegar ata todas elas, xa que non hai información nos libros e en Internet non todo é fiable. Sandra Uve lémbranos que había leis que prohibían ás mulleres rexistrar patentes no seu nome, polo que moitas destas están baixo o nome do esposo, e este aproveitaba para quedar co mérito.
“A medida que iba trabajando en el libro, pensaba en esas mujeres,
cuyas responsabilidades eran muchas y algunas de ellas poco agradables:
tenían que mantener el hogar; cuidar, educar y criar a una familia, a
veces con muchos hijos; acudir a las actividades que se consideraban
femeninas, permitidas por los hombres, como las reuniones para bordar y
coser, los clubes de lectura sobre normas de comportamiento femenino;
asistir a la iglesia, etc. Por no hablar del nutrido grupo de
emprendedoras que aparecen en este libro, a las que les costó aún más
salir adelante y dar de comer a sus hijos, porque se habían quedado
viudas y sin capital o incluso con deudas. No hubo ni un día en el que
no pensara: pero ¿cuándo y cómo han podido hacer sus inventos? Diseñar
un invento es una tarea ardua, costosa y complicada, que en muchos casos
necesita años para llevarse a cabo. Y la conclusión que siempre sacaba
era que sin duda se trataba de supermujeres”.
#TúTambién puedes hacer algo para acabar con el machismo
O cómico Joaquín Reyes; o director de cine Nacho Vigalondo; o
coordinador federal de Esquerda Unida, Alberto Garzón; o guitarrista
de Vetusta Morla, Guille Galván; o portavoz do PP no Parlamento
Vasco, Borja Sémper; o xogador do Estudiantes Sitapha Savané; o
portavoz dol PSOE na Asemblea de Madrid, Ángel Gabilondo; o
secretario xeral de CCOO, Unai Sordo, e o xuíz Fernando
Grande-Marlaska reflexionan e fan autocrítica sobre o seu machismo e as súas estratexias para intentar cambialo.
A outra cara da moeda do vídeo que puidemos ver #Tamén a min:
A outra cara da moeda do vídeo que puidemos ver #Tamén a min:
#TiTamén podes facer algo para acabar co machismo
Vía
Atoparalo en Machismo
27/02/18
Noites de safari
Tiña moitas ganas de ler este libro porque, sinceramente, cáeme moi ben Iolanda Zúñiga, no pouco que puiden coñecela, e gústame sguila no Facebook. E así como agardaba con ansia a súa lectura, procureina no mesmo momento en que necesitaba fuxir da dor polo pasamento da miña nai. E claro, non foi nin fun oportuna. Agora que tento falar do libro quixera ser o máis obxectiva posible e sei que me vai ser difícil, xa que o veo non rachou. Porque non foi o libro axeitado, pensando que o seu humor me ía servir de refuxio, non o logrou. Pola contra, custoume.
Falo do libro Noites de safari. Manual sobre amantes desorientados, publicado por Xerais, que reza escrito por Marleen MaLone, trasunto da nosa prezada Iolanda, que leva o seu humor ata o mesmo nome, con este "Malone" tan evidente, e que Ramón Nicolás vén de denominar "postura ortónima" (nada que ver coas posturas do Kamasutra das que nos falará o libro).
Unha novela claramente provocativa e transgresora, na que non se impoñen límites á linguaxe e na que se desbota calquera tabú posible sobre a sexualidade, pero que ten impregnada en cada páxina o sarcasmo e a vontade de crítica social. Consegue un catálogo masculino descorazonador que ao final, no Z, devólvenos a esperanza, porque, que queredes que vos diga, a min o de "xogar" nunha libraría paréceme super atraente...
Así que se queredes deixarvos sorprender, este libro vaino facer. Porque rompe. O capítulo da Letra L é demoledor! A autora non deixa títere con cabeza, e iso serve para reflexionar sobre a soidade, a precariedade laboral, o paro, a desesperanza, a parella, o sexo, os sentimentos...
Un libro totalmente diferente e creo que único nas nosas letras, que ben cómpre ir abrindo camiños tan diferentes e tan lonxe do politicamente correcto. Se o abrides, tirade coas gafas e abride os ollos, porque vos sorprenderá.
A segunda vez quedamos nun hostal. A corrección viuse sorprendida pola innovación. Propúxome unha postura do Kamasutra algo imposible. Insistiu en que lle chuchase o tarabelo mentres practicabamos o Anxo da Neve. Volvín pagar eu: hostal e fisioterapeuta
Unha novela claramente provocativa e transgresora, na que non se impoñen límites á linguaxe e na que se desbota calquera tabú posible sobre a sexualidade, pero que ten impregnada en cada páxina o sarcasmo e a vontade de crítica social. Consegue un catálogo masculino descorazonador que ao final, no Z, devólvenos a esperanza, porque, que queredes que vos diga, a min o de "xogar" nunha libraría paréceme super atraente...
Así que se queredes deixarvos sorprender, este libro vaino facer. Porque rompe. O capítulo da Letra L é demoledor! A autora non deixa títere con cabeza, e iso serve para reflexionar sobre a soidade, a precariedade laboral, o paro, a desesperanza, a parella, o sexo, os sentimentos...
Un libro totalmente diferente e creo que único nas nosas letras, que ben cómpre ir abrindo camiños tan diferentes e tan lonxe do politicamente correcto. Se o abrides, tirade coas gafas e abride os ollos, porque vos sorprenderá.
A segunda vez quedamos nun hostal. A corrección viuse sorprendida pola innovación. Propúxome unha postura do Kamasutra algo imposible. Insistiu en que lle chuchase o tarabelo mentres practicabamos o Anxo da Neve. Volvín pagar eu: hostal e fisioterapeuta
Atoparalo en Lectura, Letras Galegas, Libros, Xerais
25/02/18
23/02/18
El 8M, todas a la huelga
A folga feminista explicada en menos de tres minutos:
Atoparalo en Actualidade, Igualdade, Muller
22/02/18
Conexións | Xurxo Mariño
Tras unha viaxe aredor do mundo, Xurxo comparte patróns que se
replican identicamente cando se dan condicións semellantes, mostrando as
conexións que existen entre distintos lugares no planeta.
Atoparalo en Ciencia
21/02/18
Mindhunter
Mindhunter. Cazador de mentes, de John Douglas e Mark Olshaker, publicado por Crítica, baséase en feitos reais e é a historia contada polo propio protagonista de como comezou a estudar as mentes dos criminais en serie. O libro está arestora de moda pola serie, un deses casos nos que o libro coñécese grazas á televisión ou ao cine. O autor é un ex-axente do FBI pioneiro en realizar perfís criminais, patróns de conduta que poden ser útiles para deter novos criminais. Estamos ante un novo xeito de traballar, polo que tamén pasearemos nas súas páxinas por un FBI diferente que vai evoluíndo pouco a pouco. Os estudos sobre os que se basea o autor e protagonista chega a facerse a máis de cen vítimas, así que todos os capítulos son casos reais, con entrevistas a asasinos e con moita información (demasiada e ás veces repetitiva). Asemade, fala de casos sen resolver e de como el tentou axudar na súa resolución. O último capítulo, o mellor, lémbranos de que na vida real non hai un heroe que salve as vítimas, senón que estas existen, e que o malo é realmente malo, e actúa impunemente, cando menos durante un tempo.
Non é unha novela negra, pero seméllao en moitas páxinas. É unha lectura de criminoloxía. Ou de psicoloxía. Ás veces pesada pero interesante.
En canto á serie, déixovos as palabras que deitoue Miguel Anxo Fernández no seu Facebook. É un experto, así que podedes facerlle caso:
Non é unha novela negra, pero seméllao en moitas páxinas. É unha lectura de criminoloxía. Ou de psicoloxía. Ás veces pesada pero interesante.
En canto á serie, déixovos as palabras que deitoue Miguel Anxo Fernández no seu Facebook. É un experto, así que podedes facerlle caso:
Dez capítulos, puro cine. Obra mestra sabendo ben o trivializadas que están esas palabras. É así porque vivin sensacións que nunca vivira cunha serie "criminal". Os guions, maxistrais, parten do libro homónimo publicado en 1995 polo axente especial do FBI, John Douglas, xunto a Mark Olshaker, realizador televisivo e autor de non ficción. Moito diálogo intelixente, nada de sangue, apenas violencia física (pero si fortes descargas emocionais), tensionada, sobre a base dos perfiles analizados por Douglas durante vinte e cinco anos, axudando a resolver os casos máis difíciles no espectro criminal estadounidense. Ademais, Douglas (que con outro nome, encarna cunha eficacia sorprendente Jonathan Groff, facendo parella con Holt McCallany, igualmente espléndido) entrevistou e analizou mentes de asasinos en serie como David Berkowitz, Edmund Kemper (por certo, un sorprendente Cameron Britton, carne de premio), Thomas Vanda, Charles Manson... Pero a man de David Fincher non se aprecia só no seu peculiar tempo narrativo (o de ZODIAC, sobre todo; o de SEVEN, máis lonxe); na atmósfera (dirixiu catro dos dez capítulos) e no encadramento do plano; tamén da dirección de Arte, de matrícula de honra (¡que coidada ambientación: vestiario, peiteados, coches, interiores, luces, cores...!). Como non podía ser menos, Neflix ven de anunciar unha segunda temporada que debería chegar a finais deste ano ou no próximo.
Sen dúbida pasará ao Olimpo da ficción televisiva.
Atoparalo en Crítica, Lectura, Libros, Novela negra, Recomendamos
20/02/18
La niña que vivía en el castillo dentro del museo
A editorial Picarona é a encargada de nos traer este precioso álbum ilustrado de Kate Bernheimer e Nicoletta Ceccoli (que ganas tiña de posuír algo desta ilustradora!!!): La niña que vivía en el castillo dentro del museo é unha historia fermosa e doce, delicada, onde a melancolía é a protagonista, con chiscadelas ao lectorado, que formará parte deses nenos e nenas que procuran unha nena que vive agochada e triste, soa, agardando polos demais.
Un libro cheo de maxia que seduce tanto polo texto como polas ilustracións.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Picarona, Recomendamos
19/02/18
María Victoria Moreno
María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito é un xeito fantástico de coñecer a autora, de saber dela, da súa obra, da súa vida, das súas inquedanzas. Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre realizan un diálogo ben traballado para nos dar a coñecela na editorial Xerais. E abofé que o conseguen! E isto grazas a que debaixo deste traballo compréndense o cariño, o aprezo que ambas autoras tiñan pola protagonista das nosas Letras neste ano 2018. Dun xeito evocador, o libro comeza diferente: no primeiro capítulo veremos o que sucedía na libraría Xuntanza de Pontevedra, un lugar importante para María Victoria. Asemade, os outros capítulos serán un paseo pola súa vida, infancia e anos de formación ata que chega á nosa terra e nos adopta, literalmente. Porque niso consiste o amor, e a vida da homanexeada está capitaneada polo amor e a loita. Amor polos animais, polos libros, pola vida. Tamén toparedes algunha que outra chiscadela sobre informacións torpes ou algo erradas!
Atoparalo en Lectura, Letras Galegas, Libros, Recomendamos, Xerais
Son muller
8 mulleres, 8 voces, 8 de marzo:
A Deputación da Coruña celebra o Día Internacional das Mulleres cun
proxecto que pon en común a creatividade de oito das máis recoñecidas
voces da nosa música. Uxía, Pilocha, Alba María, Belem Tajes, Ugia
Pedreira, Silvia Penide, Sonia Lebedinsky e Carmen Rey, voces de
diferentes xeracións e estilos, únense, convidadas pola área de Cultura
da Deputación da Coruña, nun tema musical que busca celebrar desde o
orgullo, a vindicación, a emoción e a vontade de loitar e de avanzar na
igualdade de xénero, para unha sociedade máis xusta e mellor.18/02/18
Bonitas
Na editorial Astronave podemos atopar este álbum de tamaño grande de Stacy McAnulty e Joanne Lew-Vriethoff que baixo o título de Bonitas lembra a todas as nenas a importancia de sermos quen somos realmente, sen pararnos a pensar na roupa, no pelo, no estilo... en todos eses estereotipos que tantas veces nos teñen presionado ao longo da historia. Así que un álbum infantil para o primeiro lectorado que fai fincapé en que a beleza de cada persoa está no interior, en perseguir os soños propios, en desenvolver o potencial de cadaquén. Feminista porque as nenas están empoderadas pola súa intelixencia e xamais pola súa beleza exterior.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Astronave, Igualdade, Recomendamos
Verdegaio Feminista
As penurias que pasaron
as nosas antepasadas,
non as imos aguatare
¡esta loita está gañanada!
Fóra o patriarcado da nosa nación,
se loitamos xuna na erradicación,
este 8 de marzo non vaias currar,
secuenda esta folga faite resespeitar.
Vai tu, vai tu, vai ela, polas que xa non berran
Vai tu, vai tu, vai ela, polas que xa non berran
E do meu gosto e da miña condición,
o extermiño do machismo ¡esa é a nosa rebelión!
Vai tu, vai tu, vai ela, polas que xa non berran
Vai tu, vai tu, vai ela, polas que xa non berran
O meu corpo só e meu,
¡cando digo non e non!
non quero oir teus piropos
nen mais cosificacións.
E chegar a casa, prepara o xantar,
se saio do curro para traballar,
se coido da a avoa, se vou a reunión,
non me vendas fueme ca conciliación.
Ir pola rua quería,
camiñar e non te mendo,
levar unha falda curta,
que non me xulguen os medios.
Fóra o patriarcado da nosa nación,
se loitamos xuna na erradicación,
este 8 de marzo non vaias currar,
secuenda esta folga faite resespeitar.
Xa somos moitas loitando,
cada día somos máis!
mira, xa vai caendo
o sistema patriarcal!
Fóra o patriarcado da nosa nación,
se loitamos xuna na erradicación,
este 8 de marzo non vaias currar,
secuenda esta folga faite resespeitar.
Veñen mulleres de Compos,
de Vigo, Ourense e de Lugo,
¡todas as mozas galegas xuntas
pra mudar o mundo!
Fóra o patriarcado da nosa nación,
se loitamos xuna na erradicación,
este 8 de marzo non vaias currar,
secuenda esta folga faite resespeitar.
Se che imporaran as mortas,
se che iportan as violadas,
se o chamaras terrorismo
outro galo nos cantaba.
Fóra o patriarcado da nosa nación,
se loitamos xuna na erradicación,
este 8 de marzo non vaias currar,
secuenda esta folga faite resespetar.
Vai tu, vai tu, vai ela, polas que xa non berran
Vai tu, vai tu, vai ela, polas que xa non berran
E do meu gosto e da miña condición,
o exterminio do machismo,
¡esa é a nosa rebelión!
Vai tu, vai tu, vai ela, polas que xa non berran
Vai tu, vai tu, vai ela, polas que xa non berran
17/02/18
Beatrix Potter. Cuentos completos
A editorial Beascoa pon á nosa disposición este magnífico volume Beatrix Potter. Cuentos completos que reúne os vinte e tres contos e poesía da autora (e mesmo con narracións inéditas). Asemade, as ilustracións son as orixinais, tanto as de cor como as que son en branco e negro. O material está organizado de tal xeito que podemos observar como foron publicados por primeirva vez, porque ás veces os relatos interconéctanse e podemos gozar dos mesmos personaxes en contos diferentes. A edición é tan completa que vén cunha nota introdutoria que nos sitúa no momento en que a autora escribiu o relato.
Como xa sabedes, a autora mestura a realidade coa fantasía, os costumes da súa época, a tradición rural... e os animais son os grandes protagonistas.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Beascoa, Recomendamos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.













