Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/01/14

Día da Ilustración (II)

Para recibir a Xosé Cobas, o alumnado de 1º de Bacharelato realizou variacións do seu traballo:





E o alumnado de 1º de ESO que leu moitos libros de Xabier Docampo fixo ilustracións alternativas:






Porque o alumnado do IES Pintor Colmeiro tamén ilustra:





Alba Blabla y yo

Publicado por Adriana Hidalgo editora temos este curioso álbum de Cousseau, Alex y Boutin e Anne Lise: Alba Blabla y yo conta como un rapaz perde a súa boca e con ela a posibilidade da fala. Así que chega a entender o necesaria que é dun xeito completamente surrealista. Personaxe sen nome, personaxe sen boca, que se atopan. Metáfora visual, metáfora onírica, fábula fantástica. Ao mesmo tempo, xogo creativo: procurade a boca perdida ao longo das ilustracións que agochan detalles: nubes, follas... De fondo, o xogo do silencio.

“Dicen que quienes tartamudean nacieron dos veces y que es por eso que repiten las cosas al menos dos veces. Yo, que he perdido la lengua, siento como si hubiera muerto por primera vez”.


O espectacular tempo do mundo vexetal

Vino hai tempo no blogue do IES de Vilalonga:


30/01/14

Día da Ilustración


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incluíu por primeira vez, no calendario da lectura de 2014, a celebración do Día da Ilustración en Galicia, coincidindo coa data de nacemento de Castelao. Hogano cun cartel deseñado por Miguelanxo Prado, un dos máximos representantes do mundo da ilustración galega. 

Paradévos a pensar un momento... iamos pasar nós sen celebrar este día? Imposible. E fixémolo de luxo: ademais dunha exposición no vestíbulo de centro de libros ilustrados (que vos ensinaremos mañá), a xornada xirou arredor de Xosé Cobas, quen nos acompañou esta tarde xunto co seu inseparable Xabier Docampo, para falarnos do seu último libro, A illa de todas illas, e para deixarnos pasmados co bo facer daquel. A súa xenerosidade é tal que nos agasallou con dous cadros, un para o centro e outro que tras o sorteo foi parar a mans de Andrea, quen previamente xa indagara  na obra do ilustrador. 
Temos que lembrar que tanto o alumnado de 1º de ESO como o alumnado de 1º de Bacharelato traballou arreo co seu profe Bernardo para recibir a Cobas como merecía. 
Que podemos dicir que non saibades xa? A visita destes dous grandes da nosa Literatura e da nosa Cultura é todo un luxo. Que o fagan así, sen dubidalo, cun sorriso pintado nos beizos e un altruísmo absoluto, facendo as delicias dunha rapazallada entregada e fascinada, déixanos sen a suficientes palabras de agradecemento. Dar as grazas é pouco. E sabemos que é o único que estamos facendo.





El hombre con cara de asesino

O escritor finlandés Matti Rönkä é o autor de El hombre con cara de asesino que publica Alfaguara. Xa sei que o meu ánimo lector non é o axeitado, pero non me encantou esta novela, cando menos non me enganchou como eu pretendía e necesitaba.
O seu protagonista, o detective Viktor, é un home que vive entre o lado escuro e o lado legal, quizais o máis chamativo do personaxe sexa precisamente esa conxunción de factores. Ao ter esa conxunción de factores o relato faise máis interestante, xa que o noso individuo móvese entre a procura de ser honesto e as obrigas e o medo que ten con respecto a certos mafiosos que manobran boa parte da súa vida. Pero isto non é suficiente para que falemos dunha gran obra. Si resulta exótica pola localización, pero, xa digo, non acaba de engancharme. Necesitaba máis





Día da Paz

Proxectando a PAZ. A nosa para a de todo o mundo.
Dende Bibliocolors:


Recursos educativos
Abalar
 No Segrel, escolma poética.
Seminario Galego de Esducación para a Paz.
Convivencia nos libros.

Xenial a "Paz Lingüística" do IES Féliz Muriel de Rianxo:

Paz lingïística from Marlou


Por suposto, dende as Bibliotecas Escolares trabállase arreo en prol da paz: 


No CEIP A Gándara de Monforte realizaron este vídeo a partir da canción “Campás pola paz” do libro-disco “Pan de millo”. Con pictogramas e lingua de signos!

29/01/14

Boas vibracións

Goliat

Unha posible representación da fin do capitalismo... cunha icona universal, a lata de Coca-Cola. Pero a forza da natureza sempre pode máis.



Vía

28/01/14

Windmills

Curta animda de Guillaume Bergère, Guillaume Coudert, Maria Glinyanova, Bruno Guerra, Charlotte Jammet. Un mundo sen luz onde unha rapaza mantén o seu soño de construír unha máquina accionada polos ventos de maxia para voar e alcanzar o sol.
.

Vía

Érase dos veces Cenicienta

Non sei se non me gustou tanto coma o anterior que lin, Érase dos veces Blancanieves, pero a verdade é que estes libros encántanme. Érase dos veces Cenicienta, de de Belén Gaudes e Pablo Macías con ilustracións de Nacho de Marcos que publica Cuatro Tuercas, dálle a volta ao conto tradicional e temos unha Cincenta que amosa a súa disconformidade cun príncipe que organiza un baile para coñecer mulleres e procurar unha moza entre elas. Pero quen se cre que é el? E vaillo dicir, non cuns zapatos de crital de taco alto que poden romper e producirlle diferentes cortes, senón que que vai nos seus cómodos zapatos baixos e dille unhas cantas a ese príncipe machista. El, por suposto, deseguida dáse conta de que esta moza paga moito a pena, xa que é a única que é quen de botarlle en cara as cousas que fai mal. E vai na súa procura. Pero esta moza independente que fai a súa vida libre confórmase coa amizade... cando menos de momento.
Xenial.

27/01/14

Never say no to Panda!

A ver... é que vin que o meu fillo dende tan lonxe colgaba esta publicidade no seu Facebook e non me puiden resistir...: 


Un hombre sin aliento

Novamente, Philip Kerr conquístame. Desta volta o título é Un hombre sin aliento (RBA) e volvemos a vivir na Alemaña nazi. Iso si, agora pasearemos por Rusia e mesmo haberá información sobre a Guerra Civil española. E é que Kerr consegue nun solo volume unha mestura de novela negra e novela histórica absolutamente apaixoante. Sempre co horror que o ser humano é capaz de provocar, de fondo. O noso detective Bernie Gunther terá que viaxar á URSS conquistada -por pouco tempo- para ocuparse dun dos crimes contra a humanidade que, casualmente, non cometeron os nazis, senón os rusos. E terá que investigar moito máis, claro está. Que son máis de cincocentas páxinas!
Como adoita suceder nestas novelas, moito do que hai que se narra é real: personaxes, acontecementos, descricións... unha mestura deliciosa de realidade e ficción que consegue ser un xogo para o lector ou a lectora na procura da realidade histórica mentres viaxa pola parte máis negra da novela. Millóns de persoas asasinadas por nazis e por rusos son o telón de fondo que explica a teoría da "banalidade do mal": a morte, a barbarie, o horror, convertéronse en cotiá. E realmente segue a resultar sorprendente de que somos capaces os seres humanos; aínda que como ben non cansa de repetir o noso detective: a vida é o único ben que temos realmente. E por reter a vida miramos para outro lado, calamos, obedecemos, o que faga falla. A saber como actuariamos os que nos escandalizamos se nos vísemos no seu lugar.
Pero, como dixen, resultan ben interesante as referencias aos horrores da Guerra Civil española e a información veraz que nos proporciona: en España médicos fascistas levaron a cabo experimentos con comunistas dirixidos polo doutor Antonio Vallejo-Nájera.
Coido que é un dos mellores autores de novela negra que temos actualmente. Pero, claro, hai tantos...

Los alemanes tenemos una gran capacidad para ignorar lo que nos dice otra gente: es lo que nos convierte en jodidos alemanes. Supongo que siempre ha sido así. Roma pide a Lutero que se esté tranquilo ¿Lo hace? Ni de broma. Beethoven se queda sordo y, pese a lo que le dicen todos los médicos, sigue escribiendo música. ¿Quién necesita oídos para escuchar una sinfonía entera?”


Promover a lectura

26/01/14

Rotundamente Negra

Vino no Facebook de Fran Alonso: poema de Shirley Campbell Barr. 

Narf. Nas tardes escuras

Tal como adoita suceder coas obras publicadas por El Patito Editorial, o primeiro que chama a atención é a coidada e magnífica edición do libro. Logo, escoitamos o disco de Narf e admiramos as ilustracións de Fausto. E quedamos gratamente impresionad@s. Un elemento máis para traballar na aula e amosarlle ao alumnado como a nosa Rosalía de Castro é cada día máis e máis musicada. Ademais, un músico de Silleda para o meu alumnado de Silleda! Que máis se pode pedir para captar a atención?
Nas tardes escuras contén doce poemas (case todos de Follas Novas) musicados máis un texto recitado; música rockera marcada pola guitarra do artista e música pop combinada con recitados. As ilustracións tampouco vos deixarán indiferentes.


https://www.youtube.com/watch?v=k-CGH052TnM&hd=1
Tal como as nubes 
Nunca sospiro 
Cabe das froles 
Amores cativos 
Pasade
Ódiote 
Lúa descolorida 
Ti onte, mañán eu
Bos amores 
Follas Novas 
Nas tardes escuras 
Así semos.


Non á violencia contra as mulleres (CCCXLVI)



O documental 'Trata de mujeres de Tenancingo a Nueva York' adéntrase no mundo do tráfico sexual de México a Estados Unidos seguindo a viaxe de dúas mulleres que son levadas enganadas a Nova Iorque, onde romperán as súas vidas.
Comezaron coas mulleres das súas propias familias e logo coas veciñas. Primeiro son conquistadas por homes que dominan a arte da sedución, logo rematan nun inferno sen escapatoria.
Os traficantes convéncenas de que coa prostitución poderán saír da pobreza, como algo temporal. Logo, teñen fillos con elas e quítanllos para garantir que non tentarán fuxir.
Isto, aquí ao lado.



vía

25/01/14

Paroles en l'air

Palabras no ar:


Vía

Se eu fosse um livro

Publicaron onte este vídeo en Hora de Ler e aquí volo deixo eu tamén. 
 Se eu fosse un livro... : animación de Very2much seguindo un texto orixinal de José Jorge Letria e ilustracións de André Letria.
Que che gustaría que che fixesen se ti foses un libro? Lerte? Pois... estanvos agardando!!!

O mellor que temos para quen máis queremos...

Transmitírmoslles o mellor que temos a quen máis queremos...
...o noso afecto, o noso cariño, o noso idioma, o noso...
Que mellor vínculo se pode ir creando?

Vídeo gravado no Obradoiro de nanas, en novembro de 2013, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Carballo.

Canción do vídeo: "A bicos", do disco Arrolos de Salitre, de Xabier Díaz e Guillerme Fernández, na voz de Fani Otero:

24/01/14

Francis


Vía

A burra Ramona



Con texto de Paula Carbelleira e ilustracións de Xosé Tomás, este miniálbum que publica a editorial Baía, A burra Ramona é un divertido conto de como a teimosía deste animal consegue, case, cambiar o curso da historia. Ser así de testán ten as súas cousas boas, como non!




Photoshopeando

Esta cantante húngara amosa nun vídeo como o  Photoshop cambia a nosa percepción da beleza ensinado o proceso en tempo real da transformación. Incrible.


Vía

23/01/14

El viaje de Kuno


Klaus Merz e Hannes Binder son os autores de El viaje de Kuno publicado por Libros del Zorro Rojo, un fermoso álbum en branco e negro que fala da viaxe iniciática dun neno, unha viaxe e todo o que supón adentrase no descoñecido, naquilo que nos agarda sen avisar. Unha metáfora sobre o crecemento, o cambio, o proceso de madureza. O casco do neno ten pintado o mundo como símbolo mentres que as ilustracións son redondeadas e chamativas.

«Sale la luna e ilumina la noche. La sombra en movimiento de Kuno se proyecta sobre el asfalto. Kuno atraviesa el campo abierto y se desliza por los pueblos y por el barrio periférico de una ciudad sin hacer ruido. —Sobre todo no pierdas la calma –se dice a sí mismo dentro del casco».



22/01/14

Resiliencia

"Capacidade do ser humano para facer fronte ás adversidades da vida, superalas e ser transformado positivamente por elas"  (Edith Grotberg, 1998). 


Relato Soñado

RElato soñado portada
Publica a editorial Nórdica este curioso cómic de Arthur Schnitzler adaptado por  Jakob HinrichsRelato Soñado, que deu pé ao moi famoso filme de Kubrick "Eyes Wide Shut". Unha obra de 1926 readaptada arestora libremente que a min, particularmente, non convenceu. Semella unha mestura de trazos infantís con argumentos misteriosos, duros e xogando, ademais, coa cultura pop ou naïf. O resultado en conxunto é moi estraño, cun ton onírico que se vai acentuando en cada páxina e cun final totalmente inesperado. Todo isto xira arredor dun tema predominante: o desexo sexual frustrado que guía as peripecias dos protagonistas.
Coma sempre, a edición é impresionante: ao final inclúese o relato orixinal de Schnitzler.

Relato soñado

100% pública

Campaña lanzada por diversos colectivos e plataformas en defensa da Sanidade Pública. Baixo o título "Eu elixo 100% pública", a curta fai unha chamada para que a cidadanía se negue a ser derivada a centros privados e esixa ser atendida nun hospital público.



Vía

21/01/14

The Jump

Curta sen palabras. Unha viaxe a través das almas dos mortos:


Vía

Érase dos veces Blancanieves


Boísima revisión do clásico de Brancaneves este álbum de Belén Gaudes e Pablo Macías con ilustracións de Nacho de Marcos que publica Cuatro Tuercas. Estamos ante unha Brancaneves que non quere usar tacos e á que non lle preocupa a beleza e que se sente bastante molesta por ser princesa ao ser filla dos reis sen telo merecido, unha Brancaneves que comparte piso con sete mozos que traballan na mina -onde tamén traballará ela- e unha Brancaneves que se namora dun mozo "normal", posto que un beixo dun descoñecido non salva a ninguén. Haberase visto tamaño despropósito?


Isto é o que din os autores:

"Cuando fuimos padres, nos cambió la vida. Comenzamos a tomar conciencia de cosas que antes no nos preocupaban: la barbaridad de coches que se pasan los pasos de cebra, la cantidad de ruidos que hay en la calle, las exigencias que se tienen con los niños, las mentiras que se les cuentan... y lo que se les lee antes de ir a dormir.

Un día rescatamos aquellos cuentos que en la memoria colectiva, esa que pocas veces cuestionamos, creíamos maravillosos. Y se los empezamos a leer a nuestra hija.

Casi sin darnos cuenta, le contábamos que la belleza es imprescindible en la vida, le decíamos que siempre tenía que esperar a que un hombre la rescatara, que debía ser sumisa y aceptar su destino. Le transmitíamos que no podía ser valiente, que el amor romántico la salvaría de cualquier desgracia y que debía llevar altos zapatos de tacón para gustar a los hombres. Le enseñábamos que a los niños se les abandona en el bosque, que debe obedecer siempre sin rechistar, que los lobos son malos y que debe temer a las brujas.

Al final nos saltábamos tantas partes, tapábamos tantas ilustraciones... que decidimos no leérselos más. Ella no entendía de arquetipos y enseñanzas insconscientes (ni falta que le hace). Ella solo veía que las princesas esperan y los príncipes deciden. Ella solo veía lobos devorando a abuelitas, bosques terroríficos y brujas que no eran sabias.

¿Crees que esta es la mejor forma de irse a dormir?
¿Crees que esta es la mejor forma de caminar por la vida?
Nosotros no.

Por eso, por todo eso, "**Érase dos veces**".
Esta vez.... no se comerán perdices ;)"

Belén y Pablo......."Érase dos veces"

Beleza

 Pinturas clásicas animadas que cobran vida nunha curta de Rino Stefano Tagliafierro. Fóra da marabillosa curta que ides ver, cavilade: tan só dúas das obras escollidas foron pintadas por mulleres. Iso si, moitas mulleres son as protagonistas, núas, con nenos, con espellos, con flores, con bágoas...


20/01/14

Dino

Unha persecución entre tres dinosaurios e un neno pequeno, sen palabras:

Vinte en escena

A verdade é que resulta ben curioso e ben atractivo o feito de chegar a ler un libro de poesía porque un alumno está tan entusiasmado coa súa lectura que acaba contaxiándote: así é o que me aconteceu a min. Porque este libro de Rosalía Fernández Rial publicado por Positivas vén a ser como un libro de cabeceira do meu alumno de 1º de Bacharelato Alberto Fariña. E claro, había que lelo. 
E ten razón: comparto con el a súa paixón. Gustoume este Vinte en escena que representa vinte escenas didferentes onde as persoas que normalmente non teñen voz adquiren aquí todo o protagonismo. Polos seus versos pasean prostitutas, mendigos, drogaditos, tolos... deitando un mundo de palabras desoladas e de ceos estrelados. Estamos sós e necesitamos non estalo. Miramos o ceo e necesitamos contemplalo. Somos música e cómpre producila nos nosos oídos. Somos palabra e producimos poesía. Nas rúas. Nos camiños.

Demasiado frío
para durmir-di o carambelo dos teu labios-
Demasiado frío.
E á cidade non lle caben 
os nosos corpos
nos seus petos.


As torres defensivas
do meu castelo de cartón
son dous cubos de lixo.
Nas súas bolsas conxeladas
gardo o silencio das estrelas:
para amansar os malos soños.


A luxuria daquel bidón
abriu ante min
un só beizo enferruxado.
E eu dilatei a súa lascivia,
prendéndolle lume dentro;
para invocard ó bailador incombustible.

Lizzie Velásquez


Vía

19/01/14

La Vuelta a la Tortilla

Sete Caveiras

Quen siga no Facebook a Elena Gallego Abad, coma min, terá pensado máis dunha vez por que estes monecos -que todos e todas tivemos nas nosas casas algunha vez- acompañan a autora nas súas viaxes. Por iso, cando vin a portada, non me estrañou demasiado, aínda que teño que recoñecer que sentín unha punzada de dúbida antes de coller o libro na libraría. Porén, ao pouco de iniciada a lectura, as dúbidas disípanse e seguimos o xogo dos "click" canda ela. Tamén teño que apuntar que, cando menos, conseguiu que a miña crise lectora deste 2014 se disipase momentanemente xa que o libro procura unha das funcións básicas da Literatura: entreter, cando menos un par de horas longas.
Anúnciase que é a primeira incursión de Elena Gallego Abad no xénero negro logo da súa ben acollida triloxía Dragal, publicada tamén pola editorial Xerais, como acontece con este Sete Caveiras do que falamos (libro que por certo está presente nas redes sociais co seu propio Facebook e Twitter). Non estou certa de ser unha novela negra aínda que falemos dun asasino e unha investigación e teña certos carices que se aproximen; cando menos, lectora voraz deste xénero, teño as miñas dúbidas. Creo que a novela está ben, é entretida, aínda que o derradeiro parágrafo para min sexa un erro e sobre: o que si agradecemos é a resolución do conflito, por aquilo da xustiza poética xa que vivimos un mundo sen xustiza. Coido asemade que é unha homenaxe á profesión de xornalista, devolvendo eses trazos de humanidade que ás veces conseguen difuminarse coa publicación de certas fotos e co enfoque de certas novas, dándolle un matiz profesional á xornalista protagonista ben acaído. Agora ben, resulta demasiado feble o personaxe do policía que a axuda, con pouca categoría -podería dar máis de si o tándem?-, así como dos demais personaxes da contorna do protagonista; na miña opinión, a autora pediu un protagonismo excesivo  para esta heroína que centraliza toda a acción -e o que non o é- para maior louvanza da profesión e dela mesma (da personaxe Marta Vilas, enténdase).
A novela, como digo, lese deseguida e é entretida: ten certos toques humorísticos moi de agradecer e un percorrido musical dos anos 80 que nos farán cantaruxar os temas que tantas veces nos acompañaron (máis cando pasou tan pouco tempo do falecemento de German Coppini) nos anos mozos. Así que a súa lectura provoca unha certa nostalxia tamén.


Non á violencia contra as mulleres (CCCXLV)

18/01/14

Tuurngait

Curta animada de Paul-Emile Boucher:

Tuurngait from Tuurngait Team on Vimeo.

Piscina Molitor

Publica Impedimenta este cómic de Christian Cailleaux e Hervé Bourhis: Piscina Molitor. La vida swing de Boris Vian, unha biografía de Boris Vian en cómic, un achegamento a un personaxe complexo e unha historia de saltos no tempo; comeza coa súa morte para logo ver o cambio de estatus da súa familia e tamén o xuízo ao que foi sometido o autor polo pernicioso dos seus escritos. Ademais, asistimos a unha das paixóns do escritor, o jazz, xa que el era trompetista. Un cómic colorista, cheo de vida e de sombras, de música e de paixón, de arte e de enxeño. Unha rápida visión dun home polifacético que loitou contra unha enfermidade que, finalmente, puido con el.






Los autores firman una novela gráfica donde se sirven de los trazos rápidos y las viñetas coloridas pero llenas de sombras para retratar los últimos momentos de la vida de Vian, adentrándose en una vida llena de música y pasión, donde también cuentan las relaciones personales que entabló con personajes como Jean-Paul Sartre, Raymond Queneau, Simone de Beauvoir y otros grandes intelectuales franceses de la primera mitad del siglo XX.
Escritor, ingeniero, músico. Boris Vian fue una figura polifacética que destacó en cuantos campos se involucró. Es especialmente recordado por su legado literario, donde novelas como La espuma de los días o Escupiré sobre vuestras tumbas no han perdido su vigencia décadas después de medio siglo, pero también como músico, donde se convirtió en un influyente instrumentista de jazz que dejó poso en la escena francesa.
- See more at: http://www.hoyesarte.com/literatura/novela-grafica-literatura/piscina-molitor-la-novela-grafica-sobre-la-vida-de-boris-vian_133514/#sthash.0eAMpGO6.dpuf
Los autores firman una novela gráfica donde se sirven de los trazos rápidos y las viñetas coloridas pero llenas de sombras para retratar los últimos momentos de la vida de Vian, adentrándose en una vida llena de música y pasión, donde también cuentan las relaciones personales que entabló con personajes como Jean-Paul Sartre, Raymond Queneau, Simone de Beauvoir y otros grandes intelectuales franceses de la primera mitad del siglo XX.
Escritor, ingeniero, músico. Boris Vian fue una figura polifacética que destacó en cuantos campos se involucró. Es especialmente recordado por su legado literario, donde novelas como La espuma de los días o Escupiré sobre vuestras tumbas no han perdido su vigencia décadas después de medio siglo, pero también como músico, donde se convirtió en un influyente instrumentista de jazz que dejó poso en la escena francesa.
- See more at: http://www.hoyesarte.com/literatura/novela-grafica-literatura/piscina-molitor-la-novela-grafica-sobre-la-vida-de-boris-vian_133514/#sthash.0eAMpGO6.dpuf

If only for a second

Fondation Mimi de soporte psicolóxico aos enfermos de cancro. Unha experiencia divertida e sorprendente:
 

Grazas, Montse!

17/01/14

Improvisación

¿Quién come a quién?

 
A editorial Libros del Zorro Rojo publicou esta esta xoia de Aleksandra Mizielinska e Daniel Mizielinski : ¿Quién come a quién? é un orixinal álbum que describe o proceso natural do ciclo da vida onde uns animais comen outros seguindo a cadea alimentaria. As ilustracións son en branco e negro, de liñas e puntos, moi orixinais e fermosas. O libro é esencial para falar da vida e da morte dun xeito natural ademais de ser circular, porque comeza e remata do mesmo xeito: onde morre un animal medra unha flor.






¿El animal grande
se come al pequeño
o el pequeño al grande?
La naturaleza está
llena de sorpresas...
 

16/01/14

Malaika La Princesa

Las vacaciones de Jesús y Buda

Divertido manga de Hikaru Nakamura publicado por Norma é esta entrega de Las vacaciones de Jesús y Buda: humor cen por cen sen ir máis alá. Pero ben que nos cómpre nalgúns momentos (e estes días son así). Si, si, os protagonistas son Jesús e Buda que deciden vir de vacacións á Terra, aburridos do seu traballo no Ceo, sexa cal sexa este. A terra escollida é Xapón. Os gastos maxino que corren a cargo do ceo, porque traballar non traballan, e compran o que lles dá a gana -sobre todo Jesús, porque Buda é bastante cutre-. Do máis gracioso resulta a pinta que teñen (Jesús con coroa de espiñas e Buda iluminándose), pero esta pinta non os delata en ningún momento... e iso que está máis que claro quen son. Pero... quen o pode maxinar? Claro que hai moito de absurdo no que alí sucede, pero por iso precisamente é un libro de humor, aínda que relacionado coa relixión.





El país de los cuadrados

Publica SM este álbum de Francesco Tonucci con ilustracións de Osther Mayer: El país de los cuadrados vive afastado do país dos triángulos por un río. Os cadrados viven en casas cadradas e teñen unha vida moi seria e moi cadrada. Os habitantes do país dos triángulos son diferentes, rideiros e alegres que construén pirámides de diferente tamaño. Un terremoto ataca o país dos cadrados e estes vense na obriga de preguntarlles aos triángulos como fixeron para que as súas casas non caesen por culpa do tremor. As cousas complícanse cando aparecen os círculos, que saben rodar, non coma os outros. Un libro divertido en clave metafórica: o mundo é fabuloso porque hai diversidade.

15/01/14

Juan Gelman

A mellor homenaxe: velo e oílo contando o seu conto "El ciempiés y la araña":



E non deixedes de ler esta súa carta.

Asterix e os pictos

Un gran pracer ler novamente a Astérix e máis facéndoo en galego grazas á editorial Xerais. Da man de dous novos autores baixo a supervisión de Uderzo,  Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, os heroes galos viaxan a Escocia e semellan ter menos protagonismo que noutras ocasións, mesmo non temos o can pero si un monstro ben simpático e un gran sentido do humor en todas as páxinas. Tamén chama a atención a maior presenza das mulleres. O personaxe do que fai o censo é xenial, así como o xogo de palabras constante.
Quizais o mellor é a continuidade que amosa con respecto ao Asterix clásico. Sexa como for, sempre paga a pena ler un Astérix. Máximo se é en galego.


Astérix y los Pictos 1

Astérix y los Pictos 2

Astérix y los Pictos 3



Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.