Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/07/14

La-gar-to


Vía

Cronoloxía da urxencia



Poemas de Dores Tembrás gañadores do XVI Premio de Poesía Concello de Carral que baixo o título Cronoloxía da urxencia está publicado por Espiral Maior. Un libro de silencios e palabras, de pousos e festíns, de memorias e mulleres. Mundos sostidos pola autora, escollendo verbos e adverbios, substantivos e adxectivos, escollendo palabras poéticas, procurando que estas palabras volvan nacer. Porque as palabras rexistran memorias, rexistran vidas, mesmo poden ser maiúsculas ou minúsculas en función da pluma de Dores Tembrás. As palabras doen, acariñan, sacoden o pó dos séculos, lamben o futuro, encamiñan o presente. As palabras da autora saen dos camiños, retornas aos avós, non se deteñen. Continúan, andan, proseguen. Teñen vida. Porque a vida, sempre, está chea de palabras que ocultan silencios.

si
espétoche o silencio
máis disciplinado
o máis severo
aínda que ti non o saibas

por iso mesmo
porque ti non o sabes

Decrecimento

 Entrevista a Christian Laurut, especialista en economía prospectiva.

Do Facebook de Sonia Ces:

Penso que as cousas van por aí. Parto do papel e a responsabilidade individual, pero temo os estados e as masas. Utopía: ese estado que é quen de servir ao cidadán garantindo os servizos públicos partindo dunha situación de equilibrio social que respecte en todo momento as liberdades. Unha masa crítica e non manipulable. Utopía?

30/07/14

Padres en Slip

Peste & Cólera



Interesantísima lectura esta novela que vén da man da editorial Anagrama, Peste & Cólera de Patrick Deville. Considerada como a mellor das novelas premiadas en Francia no ano 2012, o libro vén a ser unha biografía de Alexandre Yersin, quen descubriu o bacilo da peste e a vacina para derrotar tal enfermidade. Pero Yersin non foi tan só (tan só!!!) iso, un investigador, senón que ademais foi bacteriólogo, explorador, cartógrafo, botánico especialista en aclimatación de especies, meteorólogo, enxeñeiro e arquitecto. Un home do Renacemento, vaia. Un home que viviu a finais do século XIX e contemplou a ruindade do home nas dúas grandes guerras do século XX. O autor ofrécenos ademais un abano de personalidades da súa época, científicos do Instituto Pasteur que se dispersaron polo mundo adiante.
A acción desenvólvense en dous tempos, a Francia de 1940 cando o protagonista xa é vello e a súa orixe e formación como investigador, proseguindo a cronoloxía desta. E chama a atención como narra estes tempos o autor, falando da "pantasma do futuro" e do presente, dando vida a canto documento manexou para escribir o libro: cartas, testemuños, artigos... facendo un repaso de historia contemporánea chea de poesía e arte, porque tampouco faltan constantes alusións a poetas e artistas daquel momento, como tamén están presentes nomes que se proxectan na actualidade: Armand Peugeot, Édouard Michelin, Louis Lumière, ou Cola-Canela, a bebida estimulante de cor negra invención de Yersin.
Eu nada sabía deste personaxe e fiquei prendida, asemade muda. Como a historia pode esquecer persoas así? Grazas,  Patrick Deville, por iluminarme.

Comparacións históricas

Israel creou o Inferno. Este chámase Palestina. Chama a atención que procure este inferno un pobo que viviu o seu. Fotografías lastimosas que nos amosan a similitude histórica e que nos lembran que nada aprendemos da Historia. Humillación con detencións, torturas, asasinatos... é o poder israelí que día a día pretende acabar cun pobo que chora a perda constante dos seus.

A Franxa de Gaza ten un tamaño similar a Lugo, onde viven uns 100.000 habitantes. En Gaza, 1,7 millóns de persoas, cal escudo humano xa que calquera bomba ten moitas probabilidades de matar civís. Os nenos viven traumatizados polo terror. Como senón?




 
.- Tempos previos :

Xudeus en Varsovia a finais dos 30
Palestina, primeiros anos da década dos 40


.- Primeiras redadas e detencións:

Redada en Varsovia, a final dos anos 30

Detencións de palestinos en Ramala, Cisjordania, 1948


.- Confinados tras un muro:

Muro do Gueto de Varsovia, 1941

Muro de Gaza



.- Aumento da represión:

Detencións masivas en Varsovia primeiros anos 40

Prisioneiros palestinos en Jerusalén, na guerra do 67


.- Control de infraestruturas:

Auga racionada no Gueto de Varsovia

Israel controla o suministro de auga potable e de enerxía na Franxa



.- Túneles para o contrabando e a subsistencia:

Gueto de Varsovia, anos 40

Túnel en Gaza


.- A fame como instrumento de tortura:


Comida racionada no Gueto de Varsovia

Reparto de comida en Gaza por organizacións humanitarias


.- Distintivos identificativos:


Xudeus identificados por triángulos en Varsovia


Marcados tras ser detidos no campo de refuxiados de Tulkarem 


.- Férreos controis de tránsito:

Varsovia anos 40

Control militar en Jerusalén



.- Edificios civís destruídos:

Gueto de Varsovia anos 40

Hospital de Gaza, 2014


.-  A morte a sangue frío:

Varsovia

Catro nenos asasinados desde un barco israelí nunha praia de Gaza, 2014


.- A rebelión:

Grupo de resistencia xudía no Gueto de Varsovia en 1943

Milicias de Hamás en Palestina

.- Paisaxe final:

Gueto Varsovia

Franxa de Gaza
Vía

29/07/14

We Will Not Go Down

 Unha canción de esperanza para Palestina, de Michael Heart:

 

La ciudad o la palabra pájaro



Sorprendeume este libro de Mar Benegas de quen só coñecía o seu traballo para un público infantil e xuvenil. Este libro de poemas con título La ciudad o la palabra pájaro está publicado por Huerga & Fierro e contén un común denominador, o dos paxaros que sosteñen o mundo. Unha voz con ás que fala da maternidade sen reivindicacións, a evidencia histórica do propio corpo (“Antes de tus hijos fuimos tus madres/ antes de tus madres fuimos tus hijos/ … así infinitamente”.) E esa voz que procura ás para voar, mesmo dende a soidade, admira o espírito das palabras, esas que veñen cargadas de simboloxía, que caen mesmo da boca para facerse espazo volátil entre os anxos que teñen nai, que teñen pai, esa pobreza espiritual que nos rachou cando desaparecimos do peito dos deuses, aqueloutros seres que non precisaban ás para voar porque tiñan a fouteza necesaria para voar, mesmo, sen palabras. E agora somos nós quen as precisamos, quen as procuramos, quen nos deixamos vencer por elas. E en plena procura hai morte, desolación, pero tamén esperanza, pan, dignidade. Porque cada un de nós pode aportar un gran de area para a reconstrución dun mundo que se derruba coa nosa propia fraxilidade.


Lo que vuela sostiene el mundo
pájaros entonces
un gozo perpetuo
celestes cabían en lo inmenso
iconos del éter y una negritud arropaba
alevines de luz, profundo útero
la vida y su origen
blancos
o pájaros luminosos

lágrima
o recipiente de lo existente



el triste asedio claudicará
ante la belleza o cenit de la furia
 
¿qué más hermoso hay que
un pueblo alzándose
con alas transparentes?

no habrá carroña
ni fábula
ni jaula suficiente

Destrución con arte




Artistas palestinos converten as columnas de fume que levantan as bombas israelís sobre as súas casas en obras de arte que reflicten soños, historias ou desexos.
Bushra Shanan, residente en Hebrón, afirma que é unha forma de que os palestinos poidan contar as súas propias historias, e que detrás dese fume segue habendo vida.




































28/07/14

Hug a terrorist


'Hug a terrorist' (Abraza a un terrorista) é o lema empregado nunha campaña canadiana para denunciar as mortes de inocentes en Gaza por parte de Israel.


Vía

Miedo a las aguas oscuras



Volve Craig Russell con forza, desta volta co seu detective Jan Fabel, un policía que se afasta do clixé actual de home cheo de fisuras e depresións para termos un home normal, case feliz, preocupado pola sociedade e as súas vítimas. Miedo a las aguas oscuras está publicado por Roca editorial. Russell combina medioambiente con novas tecnoloxías para amosarnos un Hamburgo tormentoso cun río que non para de vomitar cadavres. Porque temos un asasino en serie, pero moito máis, como unha secta disfrazada de asociación medioambiental, as novas tecnoloxías, os antisistema, cumios medioambientais... Non deixa de ter un punto filosófico esta novela negra, coas reflexións sobre a evolución tecnolóxica, a evolución humana, política, economía e o coidado medioambiental. É dicir, unha novela negra que abonda, unha vez máis, sobre o mundo actual, ese no que tod@s nós estamos mergullad@s. Unha novela negra que vai máis alá para deitar unha reflexión propia sobre o mundo que nos tocou vivir. Máis ben, sobre ese mundo que construímos e destruímos para vivir nel. Ollo, tamén existe a realidade virtual. Sobrepasaranos?




Movemento da Imaxe do Corpo

 Define o teu corpo cunha palabra. Logo mira isto:

27/07/14

Bibo

Un robot que vende xelados e séntese só. Sen palabras:


Vía

Sempre hai un lugar para a poesía (CXIV)

Vin este poema no Facebook de Dores Asorei:

O Meu Río No Teu Mar

Estudaba o mellor xeito
de beberche as marusías
relambendo a escuma branca
entre as túas simetrías.
Rubías ao mastro maior
abrindo as pernas devagar
lambéndome a néboa salgada
nas cónchegas das túas mans.
Envolvíache as velas no solpor
con cordeis que trenzabamos no abrente,
e xuntabamos milleiros de cabos
cos que te afianzabas no meu ventre.
Achicabas de vagar a proa
aspirando o líquido incipiente
entre poros de néboa miúda
secándome a lingua balbuciente.
Manexaba o temón con forza
na túa tormenta oxival
abrindo coa quilla as mareas
na calma do teu vendaval.
Afogabas nos berros do naufraxio
suplicando auxilio dende o tifón
e sempre se cumpría o bo presaxio,
a tremenda e sublime colisión.
Desexado e inevitable
era o meu desembocar,
o meu río no teu mar
de pura luxuria amable

Non á violencia contra as mulleres (CCCLXXI)

Spot Trata de Persoas :


Sobre a prostitución.

26/07/14

The Trick


Vía

Olivia

 
Olivia é un clásico dos álbums ilustrados publicado por Fondo de Cultura Económica, escrito e ilustrado por Ian Falconer. Un escenario minimalista de grises, brancos e negros son suficientes para resaltar o verstido vermello de Olivia e comprender que esta porquiña é un ser entrañable. Porque a esta personaxe gústalle cantar, probar roupa, ir á praia, maxinar que é unha cantante, unha pintora... pero tamén é quen de cabrear a todo o mundo. Ela é, sinxelamente, unha porca ben divertida!

25/07/14

The Switch

Robots para esta simpática peza de animación sen palabras:




Vía

Lucía Cotriñas

Lata de Sal na súa colección Vintage proponnos este simpático e pequeno álbum de Anni M. G. Schmidt e Fiep Westendorp: Lucía Cotriñas. A escada. A súa autora foi merecente do Premio Hans Christian Andersen en 1988 e preséntanos un libro cheo de humor que nos pode lembrar a Pipi Calzaslargas e os contos que contabamos na nosa casa cando os nenos eran pequenos, polo que a min, particularmente, encantoume e encheume de morriña. Unha nena que non pode pasar moito tempo sen se luxar porque estar limpo significa estar quieto e iso é ben aburrido. E porque ademais, cada un é como é, e resulta ben difícil fuxir da natureza de seu. As ilustracións amosan as escenas tal cal, cun punto de humor e divertimento, ademais de crear uns personaxes moi expresivos.

 


24/07/14

Sunny and Steve


vía

Bibliomanía

 
A editorial Gadir tráenos este primeiro relato do escritor Gustave Flaubert con ilustracións de Marcos Morán: Bibliomanía foi escrito por un Flaubert de 15 anos. O protagonista é un monxe libreiro cunha soa obsesión: os libros. E será esta obsesión quen faga que posúa unha importante colección de libros raros que el considera auténticos tesouros. E na súa procura chegará a cometer todo tipo de actos... o cal pode facerme reflexionar se eu tamén podería chegar ata este estado de loucura bibliófila!!!
O personaxe só está descrito en función da súa obsesión polos libros, mentres que o seu antagonista tan só estará perfilado, polo que nos deixa intrigados polas súas propias razóns obsesivas.
Desde logo, o libro ten o dobre valor de coñecer o primeiro escrito dun autor tan importante como foi Flaubert e de mesturar unha acción real acaída en Barcelona co seu propio maxín.

23/07/14

Rampant Rabbit


vía

En el reino de la puntuación

 
Chrisstian Morgenstern é o autor -no ano 1905- de En el reino de la puntuación publicado por Thule con ilustracións de Rathna Ramanathan. Un poema que é un divertimento ou un capricho lingüístico que ás veces pode producir un algo de inquietude, que vén resaltada por unhas ilustracións funcionais e modernas, asemade que modernistas, en dúas cores: vermella e negra baseándose na tipografía, é dicir, resaltando a proposta poética.

Comas y puntos causan estragos.
Claman: ¡Los punto y comas son vagos!
En secreto forman, poca broma,
una coalición anti punto y coma.
Los interrogantes, sin decoro,
se van y hacen mutis por el foro.
Las llaves sofocan a los parias
para acallar sus protestas diarias.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.