Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/08/14

Sadako & las Mil Grullas de Papel

Falando cuns amigos que acaban de ir a Xapón, lembrei o libro e a curta,  colgada no blogue hai séculos:

Pitusa Semifusa


Non deixedes de cantar aínda que comece o curso! E que mellor xeito de non facelo que acompañando a Pitusa Semifusa, libro-disco publicado pola editorial Galaxia de Olga Brañas coas irresistibles ilustracións de Leandro Lamas. Quen é Pitusa Semifusa? Unha nena que goza coa música e que decide amosar os diferentes instrumentos musicais aos demais nenos e nenas. Así que aprender e cantar convértese nun xogo inesquecible xa que a calidade musical é incuestionable.
Ademais de Olga Brañas están no disco os máis importantes músicos do panorama galego, dende Sérgio Tannus a Uxía, pasando por Xiana Lastra, Quim Farinha, Anxo Pintos, Magín Blanco, Jara Ortiz, Najla Shami... e a amiga Clara Pino! 




Non á violencia contra as mulleres (CCCLXXVI)

Gráfico que representa un mito moi extendido, que haxe miles de denuncias falsas sobre violacións. Algo do que se fala moito estes días.



Só o 0,022% das denuncias son falsas. Segundo a Fiscalía.

http://www.publico.es/541365/las-muertas-invisibles 

30/08/14

Trouble In Paradise



Vía

Salseiros

Publicado por Edicións Embora, o libro de Suso Lista, Salseiros, é un conxunto de relatos rescatados do blogue do autor. A portada é ben chamativa: unha piragua navega sobre unha balea enorme. Sensación de Paz. De procurarmos un fío que una os relatos este será o do humor, mais tamén predomina o que deixa intuír sen dicilo abertamente. Porque hai sorpresas, esas intuicións que como a balea da portada permanecen máis ou menos ocultas pero sabémolas aí, no fondo da nosa consciencia. Deberemos axexar e estar atent@s á lectura entre liñas porque a ironía, a nosa retranca, viaxa entre liñas. Toparedes cans que se suicidan ou leóns esfameados, naufraxios e escenas cotiáns, conversas sobre o tempo, barcos que andan á mar, barcos no peirao, xente do mar e xente nosa. Porque esta xente é, á fin, a protagonista dos variados relatos que compoñen o libro.

Santa Clitoris

 A loita de tres colectivos feministas costarricenses: a loita sobre o dereito a decidir sobre os nosos propios corpos, a discriminación, o dereito ao aborto, a procura dun estado laico...


29/08/14

Kerity, la casa de los cuentos

Filme sobre a lectura e os contos:



Vía

Vida y opiniones de Tristram Shandy, caballero



A editorial Impedimenta sorpréndenos con esta marabillosa edición da novela gráfica Vida y opiniones de Tristram Shandy, caballero de Martin Rowson. Cómic extraordinariamente curioso, diferente, hilarante, que rompe con todo, baeado na novela homónima do século XVIII de Laurence Sterne. Anacronismos por todas partes, novelistas actuais, filmes que coñeceredes, intertextualidades,  destrozos e equívocos por doquier son as claves deste cómic que pode ser calquera cousa menos "normal". Hai frases tan extraordinariamente cómicas e incribles como cando na concepción de Tristram, a nai pregunta na cama ao seu home se lle deu corda ao reloxo. Porque estamos ante unha autobiografía onde o nacemento está no medio. Curiosísimo. E é que Tristram viaxa, literalmente, polas páxinas do libro. E isto todo mesturado dá como resultado un cómic complexísimo que nos amosa que a realidade aínda é máis complexa e resulta ben difícil de retratar mediante a Literatura.
A páxina final amosa o personaxe de Tristram como pintor que contempla un cadro no que aparece o propio Martin Rowson.



Rugged Grace

 O corpo, sobre todo o feminino, está sometido a un bombardeo constante, máis no verán, cando hai que ter, porque HAI QUE TER, unha figura perfecta.
O proxecto fotográfico "Rugged Grace" ou "Graza robusta", protagonizado polas xogadoras de rugby da Universidade de Harvard demostra como o respecto ao propio corpo é un paso cara ao empodeeramento feminino.




 






28/08/14

Diario para un cuento

Película baseada no conto homónimo de Julio Cortázar.


Gracias conejito, por una tarde maravillosa


Novamente, un delicioso álbum de Jimmy Liao que publica Barbara Fiore: Gracias conejito, por una tarde maravillosa volve ser un libro cargado de simbolismo. Dálle unha volta ao que nos ten acostumados este autor, presetándonos un álbum en branco e negro en lugar das intesas cores habituais. O contraste dáse a base do branco e o negro, como unha lembranza ou como un momento presente, sendo a soidade, outra vez, o tema principal, ao que acompañan a morriña e o temor ao futuro. Nesta viaxe que nos propón neste fermoso álbum, o retrato da soidade está presente en cada páxina, conducido pola despedida constante que a viaxe da vida significa. Por iso a tenrura pulula asemade nas páxinas que dan ás á protagonista, esa necesidade de voar para deixar o pasado atrás e mirar como nace un novo día.




Yo tb tq

 Unha curta española que demostra como WhatsApp e as redes sociais poden arruinar a vida.



Vía

27/08/14

Como enseñar a tus padres a disfrutar de los libros para niños

Alain Serres e Bruno Heitz son os responsables deste álbum que publica SM: Como enseñar a tus padres a disfrutar de los libros para niños. Un libro pequeno moi grande por dentro, xa que tenta amosar as actitudes dos adultos ante a Literatura Infantil, desprezándoa. Pero cóntao con humor e ironía, dirixíndose aos nenos e nenas, para suxerirlles as respostan que deberían dar ante tal desprezo. As ilustracións lévannos asemade a outros libros.






Si a algunos les inquieta estar un poco perdidos en el planeta de los libros para niños… tranquilízalos diciendo que tú puedes guiarlos y explicárselo todo tranquilamente.
!Hasta la palabra COCOFLETECACHOBUSMOLÓN!

26/08/14

Foxen as historias dos libros

Outro vídeo precioso do blogue Escola Sant Jordi:


La broma

Quen non coñece o rato creado por Éric Battut? Desta volta, decide gastar unha broma ata que un sorprendente final nos indique que ás veces ata as bromas máis imposibles poden ser reais. E é así como se chama o álbum: La broma, publicado asemade por Kókinos. A verdade é que estes álbums son ideais para a rapazallada máis pequena, co proceso acumulativo, e porque sobre todo fan gozar co seu humor tinguido de tenrura.

Mike Stilkey’s Book Sculptures


Mike Stilkey’s Book Sculptures.

 Foi grazas a Susana como descubrín estas marabillosas esculturas librescas. Son de Mike Stilkey e esta é a súa páxina web. Gústalle pintar sobre os propios libros!


4 Mike Stilkeys Book Sculptures.21 Mike Stilkeys Book Sculptures.
5 Mike Stilkeys Book Sculptures.
3 Mike Stilkeys Book Sculptures.
1272103 688440107850266 251802246 o Mike Stilkeys Book Sculptures.

25/08/14

World Book Day

No blogue da miña prezadísima amiga Montse atopei esta curta moi acaída para estes días nos que ando a recolocar gran parte da miña biblioteca. Eu estou máis cansa ca estes libros que ides ver.

Y las cucharillas eran de Woolworths

A editorial Alba na súa colección Rara Avis tráenos libros e autores inéditos ou pouco coñecidos en España. Precisamente a esta colección pertence Y las cucharillas eran de Woolworths de Barbara Comyns. Un libro que paga ben a pena, xaora! 
Desde logo, a sombra de Dickens pulua polas súas páxinas. É máis, hai tintes autobiográficos esenciais, tanto que a propia autora sinala que capítulos son reais. A primeira frase coa que se abre a novela é unha declaración de intencións (“Le conté mi historia a Helen y se fue a casa llorando”) e o resto do libro non defrauda estas expectativas iniciais. Porque non só son os acontecementos o interesante, senón tamén o ton que emprega a autora para contárnolos: frases curtas, linguaxe directa, estilo fresco.
A protagonista é unha personaxe difícil de esquecer e de catalogar, porque nela hai todo tipo de claroescuros, onde non falta a autocrítica máis exacerbada. Asemade, consegue crear unha atmosfera fatalista que serve de pano de fondo para a obra. Claro que a familia política axuda e moito!!! A maldade pode resultar ben obscena. E o marido, coprotagonista, é dun infantilismo inquietante.
Quizais, a verdadeira protagonista do libro non sexa a moza, senón a pobreza, a miseria, a falta de esperanza. E a culpa. Será todo isto un castigo divino?
Pero o final devolvénos un atisbo de futuro.



24/08/14

Peligro inminente!

Divertida curta sen palabras:

Las reglas del verano

Non podía ser doutro xeito: álbum que nos deixa sen palabras. Publicado por Barbara Fiore e asinado por Shaun Tan. O conxunto? Unha alfaia, novamente. O título, Las reglas del verano. Unha suxestión continua para que nós, lectorado, creemos o que cumpra. A liberdade do noso maxín é a proposta que nos fai o autor. Se esta é a grandeza máxima dos álbums ilustrados, neste libro alcanza o cumio perfecto; e así, personalizaremos cada lectura, transformándoo nun libro persoal, intransferible.
As regras que nos propón o texto: “Nunca dejes un calcetín rojo en el tendedero”, “Nunca te comas la última aceituna en una fiesta”, “Nunca dejes la puerta trasera abierta por la noche”… As ilustracións que acompañan son das que deixan sen palabras, presentando un mundo surrealista, onírico, poboado de artefactos imaxinarios situados nunha arquitectura coñecida, urbana. Aquí está a imaxinación, os seres fantásticos, os xogos inventados, os perigos inminentes.
Todo unha aventura.
Imprescindible.




Non á violencia contra as mulleres (CCCLXXV)

Se unha muller constitúe un "problema", dáslle un golpe e xa está o problema resolto.
Isto é, cando menos, o que convidan a facer as camisetas distribuídas este verán por unha discoteca de Mallorca.




Vía

23/08/14

Peza 2 para frauta

Música e vídeo de Benxa Otero co frautista Toño Taboada. O ceo é no castelo dos mouros, en Sintra

Consejos para niñas pequeñas


A editorial Sexto Piso tráenos este estupendo libro de Mark Twain de 1865 con ilustracións orixinais de Vladimir Radunnsky: Consejos para niñas pequeñas é un texto irreverente que tivo que supór unha pequena revolución dentro da Literatura infantil da época, unha literatura didáctica que se dirixía a un lector imaxinario e ideal que sempre debería incorporar modelos de conducta que lían nos seus libros. Este libro de carácter humorístico vai moito máis alá. El anima ás nenas a ser independentes, a pensar por si soas, a non obedecer as regras impostas pola sociedade, a utilizar novas estratexias.
Un libro delicioso.

“En ningún caso debes quitarle a tu hermanito su chicle por la fuerza, es preferible engañarlo con la promesa de que le darás los primeros dos dólares y medio que encuentres flotando en el río sobre una piedra. Con la cándida y natural ingenuidad propia de esa edad, a él le parecerá una transacción absolutamente equitativa. Desde que el mundo es mundo, esta ficción eminentemente plausible ha engatusado al obtuso infante y lo ha llevado a la ruina y al desastre financiero”.


Nena_edit
  
   
Imagen 1 alta

Imagen 2 alta

Imagen 4 alta

Imagen 5 alta

Imagen 6 alta

Imagen 7 alta


22/08/14

¿Quién es el más fuerte del mundo?

Na editorial A buen Paso o autor Alberto Sobrino e os ilustradores Julie Escoriza e Joan Casaramona tentan encontrar unha resposta a esta dúbida: ¿Quién es el más fuerte del mundo?.  Porque hai moitos candidatos, dende o socorrista que salvou á señora máis gora do mundo ata Eustaquio Wenceslao que subiu á torre da igrexa para salvar unha cegoña que se quedara enganchada nun papaventos. Pero tamén están eses dous velliños que tiran forzas cada día para erguerse...
Un inventario de personaxes con sentido do humor que levan a cabo fazañas históricas no seu día a día compoñen este álbum que desata polo seu colorido e as ilustracións vangardistas. Ademais, a dúbida será o significado da forza: física, moral, de superación? Os personaxes vanse diferenciar polo xeito que teñen de mirar a vida. Porque o que destaca deles vai ser a súa personalidade dadivosa, a súa capacidade de cooperación, o seu desinterese e a súa axuda constante aos demais.





21/08/14

Crème Caramel


O colectivo catalán de cineastas 'Canada' utiliza a atracción sexual para realizar unha curta cargada de erotismo, na que a protagonista remata sendo un postre



Vía

Querido Diego, te abraza Quiela

Carme hoxe recoméndanos un libro ben descoñecido para min. Terémolo en conta, prezada amiga! Moitas grazas!



Elena Poniatovska, Premio Cervantes 2014, publica Querido Diego, te abraza Quiela (Impedimenta, 2014). Unha novela epistolar conformada polas doce cartas que recibe o artista mexicano Diego Rivera da súa compañeira durante dez anos, Angelina Beloff,  datadas entre o 19 de outubro  e o 22 de xullo de 1922. Nai do seu fillo Diego, morto ao ano medio durante o cruento inverno parisiense de 1917, esta muller, a quen el chamaba Quiela, foi unha pintura rusa exiliada, quen tras verse soa na capital gala, escribe desesperadamente ao seu amado, amosando unha relación de auténtica submisión, entrega e adoración por parte dela e desprezo, humillación e abandono  por parte del.  Un exemplo máis de como ela prioriza a carreira do home en detrimento da súa, obnubilada por esa capacidade creativa que, ás veces, parece dotar  aos artistas dun aura de superioridade sobre o resto dos mortais. Nada novo baixo o sol: o talento desprovisto de humildade.
 Indagando na rede sobre esta muller, Angelina Petrouna resulta ser unha persoa dun talante liberal, avanzado e asombroso para a época, como se observa na páxina 81 do libro: ““Pertenecía  a una de esas familias de la clase media que son la fuente del liberalismo y del radicalismo en Rusia y mis propios padres me obligaron a tener una profesión. Al igual que un hijo varón, tuve que prepararme, ejercer y saber trabajar. ¡Qué sabios eran, porque al empujarme me estaban dando la clave de mi propia felicidad! El lograr mi independencia económica ha sido una de las fuentes de mayor satisfacción y me enorgullece haber sido una de las mujeres avanzadas de mi  tiempo. Incluso cuando fui expulsada de la Academia de Bellas Artes por participar en una huelga estudiantil, mis padres no perdieron su confianza en mi, ni un reproche(...)”. Por iso, aínda doe máis contemplar como o amor, cego ás veces, fai perder toda a autoestima feminina, anulando forzas e estragando dotes. 

20/08/14

Horde

Curta sen palabras con moitas motos polo medio:


Vía

Y de repente papá...

Divertida novela gráfica de Óscar Sarramia publicada por Litera: Y de repente papá... é unha reflexión sobre o que supón enfrontarse ao primeiro ano de vida dun neno que chega sen libro de instrucións, que non durme, berrea e esgota. Todo iso e moito máis! Imposible non sorrir mentres se le, ou mesmo botar unhas gargalladas. Porque o único que fai o autor é contar o día a día, a sorpresa que supón ter unha persoa tan dependente na casa así, de súpeto. E cadrar os horarios, as saídas... e seguir tendo vida propia, algo non tan doado. E ter medo, como non!
 Simplemente, un pai falando de ser pai.



Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.