Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/10/19

No solo duelen los golpes (Nueva versión

28/10/19

El despertar de las musas

 Un agasallo que recibín este domingo pasado:

Beatriz Luengo escribe en El despertar de las musas de mulleres empoderadas que creron en si mesmas, realiza biografías de mulleres que tiveron capacidades que non lles quixeron recoñecer polo mero feito de ser mulleres. Biografías curiosas que veñen acompañadas por poemas e reflexións da autora sobre cada unha delas. A intención é, asemade, amosar como as mulleres debemos tirar todos eses muros que seguen a construírnos arredor nosa.
Publicado por Destino.

27/10/19

Samba Panda con papá

Fermoso libriño en cartoné (imposible non namorarse del) para prelectorado que amosa pasos de baile para bebés con papás (non van ser sempre as mamás!!!) que asocian movemento con maxinación. Asemade, coas ilustracións, case imposible perderse neste esforzo rítmico. Este "lectorado" descobre co libriño a súa propia motricidade e o mundo que os rodea. Vaia, que estamos ante un libro multifunción, xa que é unha iniciación ao mudo dos libros e ao mundo "deportivo". Cada movemento dunha páxina está relacionado cun animal ou obxecto semellante na seguinte, para que a rapazallada que non sabe ler entenda perfectamente o exercicio a realizar.
Que ganas teño de ter un/unha pequerrecha ao meu carón!!!
Falamos dun libro publicado por Libros del Zorro Rojo, de Satoshi Iriyama que leva por título Samba Panda con papá.


26/10/19

¿Dónde pongo las flores?

XA o di todo ela : Carmen Ruiz Repullo. Innecesario engadir nada máis.

Que necesario. Gracias
DONDE PONGO LAS FLORES?
No basta con cambiar el dictador de sitio. Cientos de miles de familiares de represaliados aún esperamos que este país recupere su dignidad democrática. Exigimos al gobierno y a todos los partidos que se comprometan en el apoyo a las familias que queremos, necesitamos, encontrar a nuestros seres queridos, fusilados sin juicio y escondidos en caminos, cunetas y fosas comunes. Necesitamos ese compromiso con la ley y la democracia, con la dignidad y la empatía, con las Asociaciones para la Recuperación de la Memoria Histórica y las familias, que solo pedimos poder cerrar el ciclo, descanso, justicia, saber dónde llevar las flores.

25/10/19

Pequenos salvaxes

Da mesma colección e as mesmas características do libro que comentabamos onte, Pequenos salvaxes de Jonathan Miller e publicado por Kalandraka, achega este libro de tea a bebés para ir gozando das rimas inventadas sobre animais da selva e do bosque.



24/10/19

Pequenos de casa

 Celebro a publicación de libros de tea por parte da editorial Kalandraka, libro sen letras pero con título na nosa lingua, que serve para estimular os sentidos e sobre todo para que bebés recén nados se acostumen a ter libros nas mans. Estupenda iniciativa!
Neste libriño, son os animais domésticos os protagonistas, de Jonathan Miller.

23/10/19

Freedom - International Day of the Girl

22/10/19

Juego de letras

Quen dixo que non é divertido aprender? Aprender con libros sempre é máis doado, sobre todo se estes están ilustrados e son divertidos. E para iso temos editoriais como Kalandraka, que nos fan a vida máis doada. Imposible non aprendermos as letras da man de Antonio Rubio e Óscar Villán grazas a este Juego de letras que fan que cada unha das letras do abecedario español ocupen unha páxina dun xeito lúdico nun libro preparado para o prelectorado en papel acartonado para que non se estrague de tanto xogar. Textos rimados de tres versos para definir letras semellantes a obxectos mentres podemos abrir lapelas e ollar eses parecidos que a letra nos ofrece e a ilustración nos demostra.

21/10/19

'We The People' for The Global Goals

20/10/19

Os días felices de Benvido Seixas

Supoño que non me tería achegado a esta novela se non houbese unha persoa que me asegurase que era divertidísima; ante isto, imposible negarse: andamos faltos de humor na nosa literatura. De aí que me animase, e aínda que non me encantou, cando menos conseguiu entreterme e arrincarme un par de sorrisos, aínda que non de gargalladas. Non diría eu que é un libro "divertidísimo" pero é socarrón e está cheo de retranca; onte comentabamos que era ata "frívolo", entendendo esta palabra como unha necesaria revisitación de todo a seriedade que adorna normalmente canto lemos. Esta ironía da que falo agocha unha crítica moi seria ao clasismo social, a base de caricaturizar os personaxes que polas súas liñas pululan, xa que son estereotipos, clixés levados ao extremo de dúas persoas con valores e intereses totalmente diferentes que son capaces de estar xuntos porque a vida, ao final, é puro teatro.
Os días felices de Benvido Seixas, publicado pola editorial Xerais, é de Eduard Velasco. Como digo, un libro doado de ler, un entretemento necesario lonxe de artificios retóricos. O que menos me gusta, tamén hai que dicilo, é a reprodución dos risos (hahaha) que me molestan notoriamente.
Por suposto, hai moitas máis cousas, como por exemplo a defensa da Literatura Galega e do noso país, por iso hai referencias a  Novoneyra, María Mariño, Otero Pedrayo... E é que Arredor de si serve de inspiración final para a vida do protagonista.


18/10/19

Monólogo coeducación

17/10/19

O grupo

Escrito por An Alfaya e gañador do XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2018, esta novela curta publicada por Xerais, O grupo, aborda o tema da incomprensión social en varios casos diferentes. Botei de menos máis profundidade e pareceume que contemplaba demasiadas pretensións en tan poucas páxinas (nunha novela coral onde nada falta, dende unha traxedia persoal ata a violencia de xénero, pasando pola inmigración, a diversidade funcional ou mesmo o terrorismo), cun demasiado final feliz (dentro do posible) e un achegamento demasiado rápido de todas as historias que contén o libro, incluída a propia coordinadora do grupo, quen tamén arrastra a súa propia problemática e que será un dos eixos demasiado fundamentais da acción. Coido que prometía moito máis -e tamén son consciente de que hoxe por hoxe ningún libro me enche- pero case estou certa de que vai gustar á rapazallada, que é -en último caso- o que aquí importa, posto que está pensado para eles e elas.
Sei asemade que estamos ante unha boa autora que nesta ocasión bota a ollada a grupos vulnerables da sociedade que reclaman a nosa antención, que amosan a complicación da vida e a importancia que adquire o respecto e a comprensión de quen os e as rodea. Un dos valores máis importantes será a necesidade de axuda, esa que toda sociedade debe contemplar porque non somos individuos que permanecemos e vivimos illados, e dentro disto destaca que todos os personaxes sexan capaces de berrar con palabras ben comprensibles aquilo que desexan expresar: as súas preocupacións máis fondas e a soidade que estas conlevan.



16/10/19

Tongo - Machirulo Escóndete

15/10/19

Naturales

14/10/19

Día das escritoras


13/10/19

Le jardin des delices à 360 réalisé par Eve Ramboz

Le jardin des delices à 360 réalisé par Eve Ramboz from Blanca Li on Vimeo.

12/10/19

Deseñado para homes

In a world designed for men, we put girls first

10/10/19

La mecanógrafa

Esperaba moitísimo máis desta novela de  Kate Atkinson que baixo o título La mecanógrafa, publicada por Alianza de Novelas, propón unha novela de espionaxe na Segunda Guerra Mundial. Nesta miña procura de libros que me enganchen, pensei que despois de ter lido varios desta autora non me ía defraudar, pero abofé que si o fixo. Volvo a pensar que a culpa será miña, pois nada topo que me libere.
A obra ten dúas partes: unha desenvólvese en 1940, cando o servicio secreto inglés crea unha rede de escoitas para coñecer os movementos do inimigo; por estas páxinas pasarán espías dobres e infiltrados, medoñentos. A segunda parte sitúase en 1950, cando estas persoas xa conseguiron empregos estables, aínda que estarán marcados polos seus pasados. Uns pasados que xeran odios que os levarán a rematar mesmo aquilo que non puideran realizar no pasado, de aí que a historia sexa un lugar de encontro de vinganzas que como atenuante teñen aquel pasado terrible. 
A pesar deste argumento, o libro non me aporta nada, nin me di nada, nin me atrapa, non logra captar o meu interese. Deille varias oportunidades, algo que non adoito facer, pensando que, unha vez máis, o fallo radica en min. Pero  nada. Obxectivo non cumprido.





08/10/19

200 gramos de patacas tristes

 Gustoume a proposta que realiza Juan Carlos Mestre por primeira vez na nosa lingua, 200 gramos de patacas tristes  publicado por Espiral Maior. MEstre é un poeta berciano cunha longa traxectoria en castelán e múltiples premios que inclúen, por exemplo, o premio nacional de poesía. Non sei se neste libro o seu xeito de modular a poesía é diferente polo feito de facelo na nosa linuga e polo feito de achegarse ao noso país. Si está presente neste libro, un libro de prosa poética que fala de temas cotiás, a proximidade e a ironía deste escritor que nos conquista coas súas palabras e as imaxes constantes coas que adorna a escrita, todo isto cunha mirada concreta sobre esta xeografía que lle é próxima, de aí as horas, as campás, as casas, as ventás que nos permiten ollar mundo do máis aló... O mundo deste Mestre remítenos ao noso rural.


Nunca morrer foi unha boa idea. Dá igual gozar de boa vida ou levar unha vida de merda. Igual dá gastar os cóbados na mesa que ter os pulmóns virxes. O mandamento de morrer non foi, de ser decisión do Creador, unha das súas máis brillantes ideas. Morren os que non deberían morrer nunca, as nais, despois os pais e as criaturas en coiros e as enfermeiras de trinta e poucos que aínda teñen os pés brancos....

07/10/19

Creedme

Primeiro veu o libro  de T. Christian Miller e Ken Armstrong publicado por Libros del K.O. , logo souben da serie. Creedme é unha reportaxe sobre a investigación de varios casos de violación en Estados Unidos que destaca e destapa o descrédito que as vítimas sofren. Realmente impresionante ver e saber que unha muller, despois de sufrir unha agresión semellante, ten que demostrar que non mente. E non só iso, ten que comportarse como se cre que debe facelo. Tremendo. Porque o máis grave é o escepticismo co que a policía e os máis achegaods se enfrontan a estes casos.
O libro revisa varios casos de erros policiais que se basean na falsidade das denuncias en lugar da súa veracidade. Quizais este prexuízo veña dado tamén polo que nos transmite a telvisión, unha especie de patrón que nos indica ás mulleres como nos comportar en calquera circunstancia. Pero temos dereito ser nós mesmas, a nos comportar de diferente xeito segundo sexamos nós. En realidade, coido que é imposible sabermos como reaccionariamos en determinados momentos, porque depende, incluso, do momento.
Por iso, o temor a non ser crida nun caso dunha violación é peor cá propia violación.

 “La respuesta de la víctima al trauma de la agresión sexual no debería usarse, de ninguna manera, para evaluar su credibilidad”.







06/10/19

"Tetas x Tetas"

05/10/19

Kalandraka con Bata


 Recibir un paquete con libros é unha das cousas que máis ilusión me fai e fixo sempre. Recoñezo que o último ano provocou en min unha apatía lectora nunca antes coñecida, pero tento volver á lectura pouco a pouco, sabendo que a dor que aínda me posúe provoca que a maior parte dos libros non consigan apaixoarme.
Per ver traballos coma estes nos que os libros converten linguaxe en pictogramas para que problemas de lectura desaparezan, e que se publiquen na nosa lingua, devólveme un pouco de esperanza e de futuro.
Son dous libros moi diferentes pero con esta característica común: A posibilidade de aprendizaxe na nosa lingua para a infancia e para quen ensina en pictogramas. Falamos  d' A verdadeira historia da Carapuchiña Vermella, en versión de Antonio Rodríguez Almodóvar e ilustracións a cargo de Marc Taeger, por unha banda, e de Nicolás cociña sen lume, con ilustracións de Alicia Suárez, publicados por Kalandraka, claro. Xa coñeciamos os libros, unha historia da Carapuchiña e un libro de receitas. Libros que agora teñen unha nova dimensión.
De seguro, terán moita aceptación.



04/10/19

El piano

Unha pequena obra de arte é este libro que Marcos Viso pon nas nosas mans baixo o título El piano: beleza e sensibiliade que se reparten en cada páxina formando un conxunto que nos transmite o sabor dunha segunda oportunidade mentres escoitamos a música, quizais algo desafinada, dese vello piano que permanece imperturbable ante o paso do tempo e a mestura de personaxes que se procuran e que procuran asemade seguir loitando por un verso, por unha canción, por unha ilusión.



03/10/19

Vento, ventiño, venteiro

Cantos versos pode escribir o vento? Que llo pregunten a Antonio García Teijeiro, quen neste libro publicado por Xerais con ilustracións de María Lires, Vento, ventiño, venteiro, consegue facer que fale de mil formas diferentes. E como é o vento quen fala, nós escoitámolo mentres lemos, e canda el percorreremos mundos. Segundo o noso estado de ánimo falaremos con ventos falangueiros, bailaremos con bailadores, deixaremos de traballar canda os ventos lacazáns e nunca deixaremos de soñar porque o vento dos soños vainos axudar a voar.
O vento pódenos bicar e arrolar. Que fermosos son os seus aloumiños!  Embaucános o vento que percorre tantos mundos e ese que é quen de se reconverter en moitos diferentes con múltiples personalidades. Ventos que como as persoas son capaces de convidarnos a seguir soñando...

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.