Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

20/08/08

Voar

Especialmente para Bolbor, que ás veces chega a esquecerse de nós (ou iso semella): uns debuxos animados rusos de Alexei Kharitidi. Palma de oro en Cannes 1995.



Vía

Voar con arte

Moitas veces colgamos aquí publicidade que nos chama a atención, por diferentes razóns. Traemos hoxe publicidade convertida en arte. Estes cinco anuncios creados polo estudo Barrie D’Rozario Murphy para a compañía aérea United son verdadeiras xoias da animación que poderiamos contemplar na gran pantalla.


Sea orchestra:



Two worlds:



Heart:



Moondust:



Butterfly:



Seguro que vos gustan.

Vía Mangas Verdes


19/08/08

Animaliños

Veño de topar este divertido vídeo que seguro vos arrincará máis dun sorriso: "A vida dos animais".



Vía Capítulo 0

Boas relacións

Como é natural, a rivalidade só se palpa na propia competición. Unha vez concluída, os atletas relaciónanse uns con outros e establecen novas amizades e novos amores. Pero con coidado! Nas Olimpíadas de Pekín séguese un costume iniciado xa en Barcelona 92: o reparto gratuíto de preservativos entre os máis de 10500 habitantes da Vila Olímpica.
A marca de preservativos Elasun lanzou a súa campaña comercial olímpica dun xeito axeitado para a ocasión:




Vía Islas Cíes

A face de Da Vinci

Siegfried Woldhek é un artista especializado en retratos e caricaturas que realizou un estudo sobre as aproximadamente 700 imaxes de persoas debuxadas por Leonardo Da Vinci, en busca dalgún autorretrato que amosara o verdadeiro rostro do artista (o máis coñecido é o do ancián da dereita, só un posible autorretrato de Leonardo):




Vía Microsiervos

18/08/08

Sulekha

Curta de animación moi orixinal de estilo hindú:



Vía Recogedor

Girl Effect


Unha boa campaña publicitaria que ten por obxectivo demostrar que, fortalecendo e apoiando ás mulleres do Terceiro Mundo, se pode transformar a realidade social e económica destes países. Amosan a capacidade de trasladar un concepto económico e social a unha linguaxe publicitaria atractiva e coherente en todas as súas aplicacións e manifestacións. O vídeo é un exemplo de explicación dun proceso complexo en conceptos sinxelos e dinámicos:



Vía Capítulo 0


Sempre hai un lugar para a poesía (XXXIX)

Delmira Agustini (1866-1914), poeta uruguaia, considerada como unha das grandes poetas da literatura latinoamericana de principios do século XX.

El vampiro

En el regazo de la tarde triste
yo invoqué tu dolor… Sentirlo era
Sentirte el corazón! Palideciste
hasta la voz, tus párpados de cera

Bajaron…y callaste…Pareciste
oír pasar la muerte…Yo que abriera
tu herida mordí en ella -¿Me sentiste?-
¡Como en el oro de un panal mordiera!

Y exprimí más, traidora, dulcemente
tu corazón herido mortalmente;
por la cruel daga rara y exquisita
de un mal sin nombre, ¡Hasta sangrarlo en llanto!
y las mil bocas de mi sed maldita
tendí a esa fuente abierta en tu quebranto

¿Por qué fui tu vampiro de amargura?
¿Soy flor o estirpe de una especie oscura
que come llagas y que bebe el llanto?

17/08/08

O poder da sinatura (II)

Xa hai algúns meses que vos ensinabamos a campaña que os creativos de TBWA Paris realizaban para Amnistía Internacional na que se facía incidencia na importancia das sinaturas como método de protesta contra os abusos. Hoxe queremos mostrarvos a segunda parte desta curtametraxe titulada Signature que mostra a través de imaxes cargadas de simboloxía (o negro e o branco das personaxes, a ausencia de boca no caso das vítimas) como @s perseguid@s usan as sinaturas para fuxir dos seus torturadores.

Pintura chinesa en 3D

Mergullémonos en algo tan fermoso e exótico:



Youtube

16/08/08

Tatuaxes

Como sabemos que vos encantan as tatuaxes, que moit@s de vós estades mesmo a pensar en facervos unha, propoñémosvos unha serie de tatuaxes literarias, para os amantes dos libros e a lectura:




Pero se o voso é a ciencia, aquí tedes tatuaxes científicas, que de todo hai...:



Vía Desequilibrios

Auga sucia

World Vision é unha organización cuxo propósito principal é traballar con nenos, familias e comunidades que viven en situacións de extrema pobreza. Entre as súas actividades quixéravos traer ata aquí esta impactante campaña publicitaria na que pretenden denunciar que 1.1 millóns de habitantes do planeta non teñen outra opción que consumir auga non potable. Parácheste a pensar algunha vez que ti poderías ser un deles?

15/08/08

Boogui-boogui

O xove cantante Henok Abebe reuniu a Alemayehu Eshete, unha das lendas vivas da música etíope e a Andualem Lema, intérprete de cancións tradicionais, para conseguir este divertido boogui-boogui con inconfundible sabor abisinio.



Vía Mamá Etiopía

14/08/08

Humor climático

Un pouco de humor antes desta ponte festeira en Galicia. Un exemplo caseiro do cambio climático...

Como nos coñecemos

Unha interesante curta de animación realizada sobre o corpo cuxo título dá nome a esta entrada. Non sei o que vos pasará a vós, pero persoalmente por momentos provócame sensacións un tanto estrañas...


13/08/08

O que se pode facer cun boli...

Seguro que algúns de vós estades agora preparando esas asignaturas que vos puideron quedar para setembro. Así me gusta!! Para que vos relaxedes un pouco, quérovos mostrar as habilidades que son quen de facer cun simple bolígrafo estes xaponeses.
Ollo! Non intentedes facelo que estou convencido de que teñen horas e horas de adestramento e vós tedes que estudar...

Retos matemáticos... e non tanto (XI)

Quixera presentarvos hoxe os Retos Matemáticos (Summer Edition). Que teñen de especial? Pois tendo en conta que estamos na época estival e sendo consciente de que moitos dos asiduos participantes da sección estades desconectados temporalmente da Internet, van ter un pequeno toque de picardía, humor e, por que non, de "mala lexe". Vamos, que van ser menos matemáticos que nunca... ou non.

Reto 1.- Laura entra nun bar e pide con educación un refresco. De súpeto, o camareiro saca unha pistola e apúntaa entre cella e cella. Laura dálle as grazas, toma o refresco e despídese cordialmente.
A que se debe a actitude de Laura?

Reto 2.- Os famosísimos arqueólogos Pierre Rochas e Jack Stone descobren dous cadáveres semiconxelados flotando nun iceberg no mar preto do Polo Norte e demostran doadamente que son os primeiros habitantes do mundo.
Como o puideron saber?

Reto 3.- Toby é un can con moitas manías. Cada noite antes de durmirse dá moitísimas voltas dentro do seu cocho.
Podes dicir en que volta se dorme?

Solucións ao reto anterior:
Reto 1.- c de cinco
Reto 2.- Basta con contar as letras do contrasinal
Reto 3.- Formando un tetraedro

12/08/08

Non todo van ser libros (XXXIII)

Un 12 de agosto de 1949 naceu en Glasgow (Escocia) un dos mellores guitarristas da historia do rock. Principalmente coñecido por ser o líder indiscutible dos Dire Straits, Mark Knopfler foi o encargado de agasallarnos con punteos de guitarra maxistrais en temas que xa forman parte da axenda musical da memoria de calquera fan do rock que se precie. Sultans of swing, Money for nothing, Brothers in arms ou Walk of life son claros exemplos do talento deste músico inglés que segue a ofrecernos grandes cancións na súa carreira en solitario.
Unha curiosidade: a pesares de ser zurdo toca a guitarra coa man dereita utilizando os seus dedos en lugar dunha púa, cando esta técnica é máis común da guitarra clásica. Será isto o que fai que as súas creacións teñan un son particular e facilmente recoñecible por todos? É posible.

Moita felicidades, Mark!!



Discover Dire Straits!

11/08/08

Ourense Antigo

Aproveitando a ausencia vacacional da miña benquerida compañeira, quixera recuperar outra cousiña que me enviou hai xa bastantes meses, admitindo a súa ilusión por que a colgase algún día no blogue: unha preciosa presentación con imaxes da cidade de Ourense a principios do século XX.

"Xa sabes que é a miña terriña..." Capricho cumprido!


As simetrías do café

Xa hai bastante tempo que navegando pola blogosfera atopei este vídeo da marabillosa serie Cámera Café analizado polas ávidas mentes do blogue de Nosolomates. Antes de nada, botádelle unha ollada:



Está? Non vos chamou nada a atención? Seguro? Vexamos: resulta que para a realización deste capítulo tiñan que simular unha oficina nova (a de arriba) que, en realidade, é a mesma que a de sempre. A técnica empregada consiste simplemente en voltear a imaxe de forma que todo o que estaba á dereita no piso de abaixo, pasa a estar á esquerda no de arriba, e viceversa. É o que en matemáticas denominamos unha simetría axial. Pois ben, fixádevos nos pequenos detalles e darédesvos conta de que, para gravar este sketch, os actores e actrices tiveron que facer un grande esforzo para que todo parecese "normal" xa que, traballaron á man cambiada cando simulaban que estaban na oficina de arriba. Un exemplo: cando Mari Mar mete a moeda na máquina de café, en realidade está a empregar a man esquerda se ben este efecto espello que provoca a simetría fainos pensar que o fai coa dereita. Non me credes? Mirade o video de novo e comprobaredes que hai varias cousas que parecen estrañas...
Ah! que xa o esquecía. Para entender mellor do que estou a falar, desde o blogue recoméndannos a lectura do libro "Alicia a través do espello", de Lewis Carrol, no que Alicia atravesa un espello e atópase nun mundo onde o que entendemos por dereita e esquerda se inverteu.
Agardo que vos guste esta entrada; eu tíñaa gardadiña como ouro en paño para poder ensinárvola e de paso recomendarvos que visitedes o interesante blogue de Nosolomates. Un recuncho perfecto para atopar anécdotas e curiosidades do mundo matemático.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.