Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

02/03/11

O tren

Fermoso, fermosísimo álbum ilustrado de OQO: O tren é de Silvia Santirosi con ilustracións de Chiara Carrer. Un libro que nos achega á perda dun ser querido, tan querido como unha nai para unha nena; esa terrible dúbida á que debe facer fronte o pai cada día; esa tremenda ausencia que cada día nos mira dende o ceo. Só o tempo axuda a mitigar a dor, e así nolo fará entender o texto.
Lene, suave, delicado... texto e ilustración foxen de dramatismos e mentiras para falarnos dun tema tan especialmente duro para a infancia.
Un dos álbums máis fermosos destes últimos tempos.

Como podo dicirche que as persoas que queremos morren, nos deixa e se van? Como podo dicirche que o amor e a alegría forman parte da vida igual que a dor e a tristeza? (...) Como podo dicirche todo isto, miña nena?
Entón cóntoche unha historia.


Os contos do camiño


Publica OQO este Os contos do camiño, Los cuentos del camino, Os contos do caminho, Les contes du chemin, un libro que recolle as ilustracións de relatos tradicionais de pobos polos que discorren as rutas xacobeas.
Dirixido a escolares para espertar e alimentar a curiosidade por viaxar e sobre todo por achegarse aos contos populares e á tradición oral. Ilustrado por eses nenos e nenas que interpretan as historias ás que se achegan.

Optimismo e Ilusión













A segunda parte podes vela tamén en YouTube.

01/03/11

Eye of the Storm

Clip creado para a canción Eye of the Storm, do grupo Lovett, dirixido por Christopher Alende.




Vía

O Fillo da Furia



Manolo López Poy e Miguel Fernández asinan este cómic, O Fillo da Furia, que nos ofrece Demo Editorial. Un libro escuro como o é a historia, tanto que o lector permanece agochado nos seus negros para ir revivindo as aventuras do mítico bandoleiro que eu veño de descubrir. Con escenarios reais, con lenda e historia, constrúese este interesante cómic que dan refuxio ás aventuras deste personaxe. Un personaxe que antes pasou polas mans de Emilia Pardo Bazán e de Valle Inclán.


Música para mártires

Unha fermosa canción para recordar os cidadáns exipcios asasinados por pedir pan e liberdade no seu país.




Vía

28/02/11

The Windmill Farmer



Vía

Xoa

Publica Xerais este libro de Antonio Yáñez Casal con ilustracións de Rodrigo Chao: Xoa. Non son especialista neste tipo de lecturas, de feito non me gusta a manía de etiquetar a contracapa indicando a idade. Non sei se é apto para "a partir de" os 7 anos, como din. O que si sei é que o libro é fermoso. As ilustracións, por suposto, pero o texto... creo que é unha magnífica metáfora da superación persoal, da loita e do esforzo que deberiamos ser quen de enfrontar e que semella que ultimamente esquecemos inculcar ás nosas xeracións máis novas. Gocei coa lectura como creo que poderán gozar os lectores pequerrech@s: unha obra na que os protagonistas son animais é normalmente do agrado destes. Pero neste caso temos o paso e a transformación dun bechiño que acabará por se converter nunha desas fermosas xoaniñas que tanto nos gustan ver, coller e botar a voar -inda que hai poucas-. Un contido moi acertado e moi axeitado, unha boa maneira de explicar os cambios que sofren este tipo de animais e unha boa metáfora da vida. Todos os elementos necesarios para estar ante un bo libro infantil.
E é que madurar non é fácil... sexa no reino que sexa.

Tradución simultánea

Para comezar con bo humor a semana. A min, cando menos, cómpreme:

27/02/11

Raving rabbids

RAVING RABBIDS TRAVEL IN TIME from AKAMA on Vimeo.



Vía Recogedor

A novela negra na Literatura Galega

O broche de ouro da nosa Semana Negra: unha mesa redonda sobre a novela negra na Literatura Galega a cargo de Diego Ameixeiras e Miguel Anxo Fernández. Ambos falaron do por que do xénero, do estado deste na literatura universal e na galega en particular, dos seus autores predilectos, do ben e o mal, da relación co cine... Eu, que me recoñezo apaixoada do xénero, considero que foi suficiente para espertar un pequeno verme no noso alumnado; ogallá que así sexa.
A xenerosidades destes e de todos os escritores que nos están visitando en Forcarei é infinita. Moitas grazas a todos eles por permitir que actividades tan interesantes como esta se poidan realizar.
























El beso de Glasgow

En plena voráxine de novela negra, gozo coa lectura deste novela de Craig Russell, El beso de Glasgow é a segunda entrega do detective Lennox, de quen xa falamos aquí hai pouco, e que tamén publica Roca. Se a primeira entrega me gustou, creo que esta segunda aínda é mellor. É realmente magnífica: o personaxe principal namora ao lector co seu sarcasmo, ironía e elegancia, pero con ese aire de maldade típico da novela negra tradicional: mullereiro, bebedor e un punto de bondade e tenrura que o humaniza constantemente. A lectura é sensacional: engancha dende a primeira páxina, tanto pola galería de personaxes que coñecemos (os que xa estaban na primeira entrega e os novos) como pola descrición dos lugares.
Parece que o autor xa era famoso por outra serie: eu non o coñecía. Pero acaba de facerse un oco entre o mellor dos meus andeis de novela negra: ese humor negro que o caracteriza resulta realmente provocador, a carón de mulleres fermosas, mafiosos, matóns, mortos, desaparicións e unha galería enteira de personaxes que vos fascinarán.


“Hay ciertos conceptos totalmente ajenos a la mente glasgowiana: ensalada, higiene dental, perdón”.

“Los bares de Glasgow parecían todos cortados según un patrón de eterna melancolía. Allí donde había ventanas, los cristales eran esmerilados o estaban empañados, al parecer para ocultar al mundo exterior la ingesta de bebidas alcohólicas (siempre una cosa muy seria en Escocia) y para atenuar la luz del sol hasta convertirla en una claridad insípida y lechosa”.

“Bridgeton era esa clase de lugar donde te sentías demasiado arreglado si llevabas zapatos. Daba la impresión de que el calzado era optativo hasta los doce años”.


Non á violencia contra as mulleres (CXCI)


G
razas ao Recanto de Mik:



Este foi o cartel gañador do concurso convocado pola Concellería de Igualdade, elixido entre as 16 propostas presentadas, e cuxa autora é Mónica Bar Cendón. Respecto aos criterios que se tiveron en conta para escoller o cartel gañador, titulado “Eu coido de ti”, a Concelleira de Igualdade mencionou a súa calidade e orixinalidade, a transmisión dos valores da igualdade e a non violencia, que fuxise de “imaxes tétricas” e que non só puxese o foco na vítima, senón tamén no agresor. Explicou tamén que os carteis presentados deberían incluír o lema da convocatoria deste ano “Non o ignores, non o xustifiques, non o escondas”.

Co galego.... ata o inferno

Vídeo en EuFalo.TV:



26/02/11

The Saga of Biorn

The Animation Workshop é unha escola de animación danesa; este é un proxecto dun dos seus alumnos.


The Saga Of Biorn from The Animation Workshop on Vimeo.



Vía

Correr

Correr, de Jean Echenoz, é un deses libros que me pediu ser comprado dende os andeis da libraría. E agradézolle o detalle.
Correr novela la vida de Zátopek, un home que adicou a súa vida a ser o máis veloz: foi un atleta checo especialista en probas de fondo que viviu entre os anos 1922 e 2000.
Pero Correr non é só unha biografía. É unha novela que te devora e que non podes deixar de ler ata rematala. Coma o seu título, o lector convértese tamén nun corredor de fondo-lector que anceia seguir as súas páxinas para saber máis sobre este home sorprendente. De todos os xeitos, aínda que podería profundizar máis, resulta interesante a relación que establece o corredor co réxime comunista, os problemas que lle provoca, as restriccións para saír a outros países, as palabras mal interpretadas, as poucas veces que decide falar en contra e é castigado, a submisión, porque só desexa vivir tranquilo e feliz. E sobre todo chama a atención a súa vontade, o seu xeito de tentar ser o máis veloz a base de sacrificio (moi recomendable a lectura para parte do alumnado que cre poder chegar ao máis alto sen sacrificarse), a súa dozura, a súa modestia, a súa soidade.
Creo que é un libro que vos vai gustar.
Publica Anagrama.


David




Vía Selva de Esmelle

25/02/11

Brisk

Publicidade en Stop Motion para Brisk, con Eminem como protagonista.



El día que Nina Simone dejó de cantar

Un libro que non vos deixará indiferentes. Publicado por Alfaguara e escrito por Darina al-Joundi e Mohamed Kacimi, El día que Nina Simone dejó de cantar é a biografía de Darina, en primeira persoa, e do Líbano, de Beirut, da crueza da guerra e da fereza do ser humano, da intransixencia relixiosa e do anceio da liberdade. En realidade, a historia do Líbano forma parte da historia de Darina, porque non se pode entender a súa vida doutro xeito. Con ela, coa lectura da súa vida, coñecemos algo mellor aquela guerra cruenta -coma todas as guerras- e a convivencia coas balas: os ataques israelís, a loita relixiosa, o odio-amor palestino... A violencia chega a ser tan especial que os personaxes principais séntense perdidos fóra dela. Como durmir sen o ruído das bombas?
Unha das facetas máis importantes do libro é a liberdade con que son educadas as dúas irmás e a protagonista mesma. Algo que vai suscitar máis dun problema nunha sociedade marcadamente machista como a musulmá. Chama a atención o carácter de Darina e a súa perenne loita por encaixar libre nunha sociedade que pretende escravizala, como muller que é. Un séntese conmovido pola súa vida en permanente busca de algo mellor, algo que non sabemos se atoparía na súa fuxida a París.
Creo que é unha lectura altamente recomendable.

Aínda que o título fai referencia á incomparable Nina Simone (polo amor do pai á súa música), a canción de Fairuz aparece varias veces, e é realmente fermosa. Escoitádea: "Li Beirut"




Di Darina: “Nos quedaba la música, la voz de Fairuz, que nos acunaba de día y de noche, creo que desde entonces forma parte no sólo de mi memoria, sino de mi piel también”.

Fóra da botella

Lembrades aquel anuncio de Coca-Cola: "Razóns para crer"?. Aquí vos deixo o contraataque, máis atinado:



Vía El Ventano

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.