Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

18/03/11

The Move

Curta dirixida por Mandy Smith, deseñadora experta en traballar o papel.

The Move, Paper Animation from Mandy Smith on Vimeo.



Vía

Marcos Calveiro en Forcarei

Este mércores Marcos Calveiro agasallounos coa súa presenza, e coa súa xenerosidade. Nada menos que tres sesións diferentes para o alumnado do IES Chano Piñeiro: 1º, 2º e 4º de ESO puideron gozar da súa presenza e da súa lección de vida, posto que falamos de guerras, de bioloxía mariña, de historia, de Oriente Medio, de Van Gogh, de arte, de viaxes, de libros, de ladróns e asasinos, de avogados, de falar galego en Vigo...
Grazas pola túa xenerosidade.

Kassunguilà


Kassunguilà é un álbum completamente diferente, estraño, mesmo enigmático. Que se agocha detrás deste título? Publicado por Fondo de Cultura Económica, a súa autora é Monique Zepeda. É mesmo un álbum surrealista, soñador, ata o formato chama a atención. Porque con el mergullaraste nun océano que é fraga que é ceo que é... que máis dá? O caso é transportarse e soñar, buscarse a si mesmo e atoparse.
Ah! Para lelo as páxinas teredes que pasalas de arriba a abaixo porque hai que xiralo...


Temple Grandin

Temple Grandin é autista e aquí fala de autismo, educación, ciencia e sistemas de condución para o gando nas granxas. Case á vez. Da súa vida vén de se escribir un libro recentemente.


O ano de Lois Pereiro (VII)

Este Román, que non para: agora un cartaz dixital sobre a figura das Letras...:

17/03/11

Adolescencia?

Curtametraxe de Alexander Gellner na que en pouco máis dun minuto se resumen distintas vivencias que sofre ou pode sufrir un xove durante a adolescencia.

La cripta de invierno

Gustoume moito este libro de Anne Michaels, La cripta de invierno, publicada por Alfaguara. Unha novela que transmite sensibilidade por todos os lados, que semella mesmo que pode estragarse algo mentres avanzamos na súa lectura. Unha lectura que esixe na súa rotundidade concentración e pausa. Porque estas cómpren para cavilar en todo aquilo que impregna e evoca cada palabra e cada situación que estamos a ler: o desarraigo, a necesidade de amor, a penuria, a soidade, o lamento, a dor, a contemplación, a guerra, o éxodo... todo isto é máis resulta imprescindible na novela, sen artificios que poidan desconcentrarnos: todo está exposto e a nosa mente vagará insensata sobre a extrema sensibilidade dos protagonistas, poñendo nós o final que desexamos. Iso si, tendo presente, tal como queda claro na novela, que o paso da felicidade e do amor á traxedia é a dor é mínimo. Tan pequeno que ás veces nin nos percatamos de que se produciu o cambio ata que os sentimentos nos dominan.

Curiosamente, lendo esta novela tamén aprendín sobre libros pop-up que se facían en Europa a comezos do século XX. Busqueinos e ata hai algún vídeo. Déixovos nomes para quen queira procuralos: "Cuentos de Bookano", "anuarios del Daily Express", Vojtech Kubašta, Ernest Nister, Meggendorfer. Segundo parece, moitos destes enxeñeiros do papel tiveron que deixar de traballar en Alemaña por causa das guerras. Unha lección de historia en forma pop-up!

Tamén vos deixo un anaco do libro que me encantou:

He estado leyendo sobre la lluvia. Ese olor tan absolutamente distintivo, de cuando empieza a caer la lluvia... Hay dos científicos que lo han analizado. Lo han llamado "petricor", a partir de la raíz griega de la palabra piedra, más la "sangre" que fluye por las venas de los dioses. Es el olor de un aceite que producen las plantas a medio pudrir, sometidas a la oxidación y a la nitratación, y resulta de una combinación de tres componentes. Las primeras gotas de lluvia llegan a la piedra o a la acera, y liberan este aceite de las plantas, que nosotros olemos cuando comienza a ase arrastrado por el agua. Sólo lo podemos oler cuando el agua lo empieza a diluír.

Un libro que vos emocionará.

Aprendendo a CDU

O Grupo de Traballo da Biblioteca do IES Fontem Albei de A Fonsagrada realizou este lipdub como unha actividade para a Formación de Usuarios co obxectivo de explicar a C.D.U. Este traballo serviulles, así o afirman, para lograr a implicación da comunidade educativa nun proxecto común e fomentar a participación e o bo ambiente entre todos e todas. Así o describen:

Despois de moitas horas ensaiando, horas pedidas aos compañeiros/as e moitos recreos "perdidos", no instituto da Fonsagrada temos o noso primeiro lipdub. Dende o Equipo de Dinamización da Biblioteca Escolar non queríamos facer un lipdub por facer senón contar unha historia (aproveitando as novas tecnoloxías), a historia dun libro esquecido que tras percorrer boa parte do centro retorna ao seu lugar natural: a biblioteca. Aproveitamos a historia para, ademais de dar a coñecer o centro e potenciar a biblioteca, recordar a CDU mediante a asociación de imaxes, números e cores, en definitiva, facer formación de usuarios. Nada do que aparece no vídeo está posto ao azar. Dende o título do mesmo "O final da conta atrás" referíndonos ao tempo que lle resta ao libro ata chegar á Biblioteca como as distintas esceas. Por exemplo, na entrada podemos ver unha escea que pretende rememorar tempos pasados, unha estampa dos anos 60-70, onde aparece un rapaz cun mapa de España detrás, inmediatamente outro cunha camiseta branca e co número 9 pretende recordar que se trata da área temática asociada á Xeografía, Historia e Biografías e así con outras (non con todas tamén metemos algunha trampa polo medio) Polo tanto é un lipdub pero tamén é un xogo (no que hai que fixarse e incluso parar a proxección para localizar os números e darse conta dalgunha escea curiosa que pasa) para a formación de usuarios. Non esquecemos tamén ironizar sobre algún dos prexuízos que pesan sobre nós ( a entrada na sala de profesores é todo un poema).


16/03/11

Walking on by

Curta de Theodore Ushev que amosa que non somos máis que o que camiñamos, que "somos parte do camiño" e que detrás virán outros que seguirán camiñando.





Vía

O Libro

Boísimo. Boísimo. E aínda podería repetilo novamente.
Este "trailer" foi creado polo Canal de Consejo de Comunicación de México. Non o perdades.



Vía No solo libros

Como todo lo que nace



Outro álbum ilustrado para abordar o tema da morte: Como todo lo que nace é de Elisabeth Brami con ilustracións de Tom Schamp, publicado por Kókinos. Curiosamente, chama a atención o xeito de explicalo neste caso: é inevitable que todo o que nace morra. Tanto sexa no mundo animal coma no vexetal: por iso a morte é un proceso natural que todos debemos admitir a ao que non debemos temer. As imaxes son visualmente moi chamativas, de cores moi vivas, e en todas elas hai unha especie de interrogante que a modo de director de orquestra dirixe todas as páxinas do libro cunha mesma fin, e iso que o espírito da creación, da vida, está presente xunto coa morte en todo momento.



Como la manzana encarnada y brillante

que, poco a poco, se arruga hasta pudrirse.

Como la flor perfumada que al atardecer inclina la cabeza

y, uno a uno, deja caer sus pétalos.

Como la hoja verde que, en otoño, enrojece,

se arremolina con el viento

y luego cruje bajo nuestros pasos.

Como el pájaro que trinas,

salta y revolotea,

y un día encontramos

tendido junto al camino.

Como la trucha de escamas plateadas

que ayer nadaba en el agua clara

y que hoy permanece inmóvil

en el mostrador de la pescadería.

Como la hormiguita que corría

hacendosa a su trabajo

y que un dedo travieso

acaba de aplastar.

Como el conejillo que se frotaba

con gracia los bigotes

y que no hemos podido curar

de su terrible enfermedad.

Como todo lo que nace,

como todo lo que está vivo...

…un día también a nosotros se nos acabará el tiempo

y ya no estaremos aquí.

¿Y qué pasará entonces? ¿Qué habrá después?


Eso, nadie en el mundo lo puede saber.


Tecnoloxía e modernidade

O único que espero é que isto non se convirta en realidade, porque, de ser así...

Segundo esta teoría, así iremos de compras...


... e así serán as aulas do futuro!!!

15/03/11

Sechu Sende en Forcarei

Onte á mañá acompañounos Sechu no IES. Falou co alumnado de 3º e 4º de ESO de prexuízos lingüísticos, fixo maxia, amosou os seus dotes adiviñatorios, leu a Lois Pereiro, abraiounos cos seus debuxos, fíxonos rir... e conquistounos definitivamente.
Tamén contou esta historia.

036

En calquera lugar



Vía Miguel Calvillo chegamos a esta fermosa fotografía que nos transmite o mellor da lectura e dos soños.


Tío Lobo


Tío Lobo é un conto popular adaptado por Xosé Ballesteros e ilustrado por Roger Olmos, publicado por Kalandraka. Un libro para falar de mentiras e traizóns, mesmo de egoísmo.

Nontodovanserlibros (XL)



D
escubrinos nunhas festas patronais, nun concerto dos moitos que adoita haber nos veráns galegos, e o que máis me chamou a atención deles foi a súa proximidade e empatía co público. O seguinte paso foi bucear entre a súa música, as súas letras e o seu son psicolélico. E aí foi onde descubrín que nas súas orixes alá por finais dos noventa empezaron cantando integramente en inglés, que foron a banda sonora de varias campañas publicitarias e que, ao meu entender, teñen un dos mellores discos que escoitei ultimamente e do que estou totalmente prendado (Costa azul, Sony, 2007)

É posible que algún de vós descubra a partir de hoxe a Marc Ros, Jesús Senra e Alex Pi: Sidonie.


Coca-Cola 125 aniversario

Coma decote, Coca Cola chama a atención publicitándose:


14/03/11

Xadrez

Otar


Seica os verdadeiros perfumes deben ir en frascos pequenos. Pois o mesmo ocorre con este pequeno libro: é unha xoia en si mesma. Cando o vin, así de pequerrecho, chamoume a atención; estaba pendente das novidades de Barbara Fiore, pero non agardaba isto: non me fixara nas medidas que a web da editorial nos ofrecía. E, claro, ábrelo e quedas pampa: as ilustracións provocan un chimpo.
Estamos a falar de Otar de Kaatje Vermeire. Ides alucinar con el, seguro. Un libro que nos fala dun estraño paxaro que voa, ou non, que quere ser o mellor, ou non...


Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.