Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

05/04/11

¡Puta guerra!

Da man de Norma, este verdadeiro alegato contra a guerra asinado por Tardi e Jean-Pierre Verney. De subtítulo, 1914-1919. Así que xa sabemos antes de abrir o libro que nos imos enfrontar á Primeira Guerra Mundial, menos literaturizada que a Segunda. Claro que, e nas súas propias palabras, toda guerra é unha puta guerra, e o título do libro podería se referir a calquera desas guerras que o ser humano ten a vén converter en episodio repetitivo da historia.
Puta guerra! é un cómic indispensable para achegarse á Primeira Gran Guerra. Un libro que constantemente fala da crueldade e da morte dende o punto de vista dun soldado francés, un albanel que non entende que fai alí, por que debe matar a outros seres humanos que aparentemente son iguais ca el, e que ve con horror como a miseria e a morte propágase ao seu arredor. As ilustracións, así como a lingua, amosan sen trabas a crueldade e a crueza, mesmo utilizando o sarcasmo para denunciar as mentiras dos políticos e dos dirixentes que dende as súas casas asisten impertérritos á matanza de miles de persoas. E para rematar, fame e miseria, o que supuxo os alicerces da Segunda Guerra Mundial.
Non sei se máis pero si tanto, este cómic tórnase doutra volta imprescindible para reflexionar sobre o que supón a guerra, a Guerra, sexa cal sexa esta, pero tamén para ter unha visión máis clara do que foi aquela, unha guerra clasista e trascendente que ás veces tendemos a esquecer.
Este libro que teño entre as mans é ademais unha edición de coleccionista que inclúe un DVD documental e un dossier con fotos da época. Completísimo.


BIBLIOAPM?

Un bo xeito de promocionar a biblioteca: con ritmo e con humor. Para a televisión autonómica de Cataluña APM?:




Vía

Promiscuity by Against All Odds

Publicidade creada para Francia e a súa campaña de loita contra a SIDA, dirixida por Agains All Odds, e producida en Passion Pictures.




Vía

GgAaL-EGO

"El Puto Coke" presenta o seu novo traballo, do que se pode ver o primeiro videoclip, 'GgAaL-EGO', toda unha declaración de principios: 'O galego é práctico'.

04/04/11

Out of Sight



Vía Recogedor

The Fantastic Flying Books of Mr Morris Lessmore

The Fantastic Flying Books of Mr Morris Lessmore é o título dunha curta creada por Moonbot Studios.
Segundo din na súa web, a curta está inspirada, a partes iguais, no Katrina, Buster Keaton, O Mago de Oz e o amor polos libros. Trátase dunha historia sobre xente que adica as súas vidas aos libros e sobre libros que lles volven o favor.
Só temos o trailer, e é marabilloso.

The Fantastic Flying Books of Mr Morris Lessmore Trailer from Moonbot Studios on Vimeo.



Vía


Como di Manuel Calvillo, porque os libros voan.

Los combates cotidianos

Non hai moito que descubrín a Manu Larcenet. E descubrino precisamente coa primeira parte deste cómic que agora puiden ler integramente, mesmo con "extras", nunha edición Integral de Norma editorial, que ofrece ademais da propia triloxía unha aportación persoal do autor, o seu proceso creativo, as fotografías, os bosquexos, os seus pensamentos: "El cómic es un medio completo y muy rico. A mi modo de ver, solo se ve superado por la música".
E sigo a pensar o mesmo que hai tres anos: delicioso! O día a día que supón a nosa vida dá título ao libro: un combate cotián que supón erguerse cada mañá e seguir adiante. Claro que o protagonista é un tanto especial, unha alma extraordinariamente sensible que sofre ataques de ansiedade e que ten medo a calquera tipo de compromiso. Pero este chegará. En todos os sentidos. Posto que o lector asiste ao proceso de maduración do protagonista na súa relación coa familia, coa moza, coa vida.
Encántanme os debuxos, a cor, o diálogo... todo. Xa dixera daquela que Larcenet pasaba a ser un nome importante na miña relación cos cómics, e sigo opinando o mesmo: é imprescindible lelo. Fixádevos nos diálogos, na súa profundidade apenas agochada nesa realidade cotiá que nos describe: "¿Quiénes de nosotros tiene la suficiente cultura como para comprender por qué votan?. No votamos por un sistema de sociedad, sino por el reflejo mediático más tranquilizador...¡o peor aún, por tradición familiar!"
Non o dubidedes.


Arte solidaria


Artistas en Axuda a Xapón é un movemento internacional creado por diversas comunidades de artistas. Fundado por Dice Tsutsumi, director de arte de Pixar Animation Studios, este movemento encargouse de organizar máis de 12 eventos para a recadación de fondos en varios lugares do mundo. O que fan é vender unha obra destes artistas. Este é un vídeo feito por Johnston e Dan Govier baseándose nun cadro donado por Patrick Awa.


"One" / Artists Help Japan Event Promotional Video from Curio on Vimeo.



Ademais desta agrupación internacional, un grupo de artistas españois tamén realizan unha poxa de debuxos orixinais para axudar as estas vítimas do Tsunami. Unha boa idea para un agasallo, non si?



Vía Todas

Guía lectora non discriminatoria


Galix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) vén de presentar esta nova guía onde se recollen propostas lectoras e suxestións de traballo con elas. Un magnífico traballo que podedes consultar premendo na imaxe.





03/04/11

Falsa alarma



Vía Pinzellades al món

De ratos fantásticos lectores

Non é unha publicidade calquera. Un rato que é quen de achegarnos miles de libros por arte de maxia, unha fada boa que os le...
Boísima:




Por certo, anuncian unha libraría on-line india.

Vía Miguel Calvillo


O bebedor de rakia

Guerra e violencia son as chaves de O bebedor de rakia de Xesús Manuel Marcos, publicado por Xerais. Violencia familiar antes da guerra, violencia en calquera guerra, violencia xerada pola guerra. Abatemento, frustración, soidade, horror. Que monstros provoca nunha persoa a guerra?
Curiosamente, imos á guerra dos Balcáns, algo que non sucede moi frecuentemente na nosa literatura. Unha guerra cruenta que nos sacudiu hai ben pouco e moi preto. Unha desas ocasións nas que preferimos pechar os ollos e seguir vivindo a nosa máis fácil vida cotiá. Guerras que fan estragos, onde só hai vítimas por moito que se proclamen vencedores. Onde a denominación "misión de paz" é unha metáfora máis que nos venden e que nós mercamos para acalar conciencias. E nesta novela somos testemuñas da misión "humanitaria" destes soldados.
Esta situación, a narración dos horrores da guerra, é o corpus principal da novela. Un ex-soldado casco azul lembra os terribles pesadelos vividos nos Balcáns, algo que lle marcou tan profundamente que arestora é agresor nun típico caso de violencia de xénero. A outra parte da novela é a perspectiva da irmá, non contada en primeira persoa, pero case (posto que o narrador é totalmente omnisciente). Esta parte está en cursiva, algo que non me acaba de convencer, posto que o lector debe implicarse suficientemente no texto para averiguar que parte é cada cal. Pero aínda que máis curta é imprescindíbel para coñecer a realidade violenta do protagonista, que acha unha escusa perfecta no seu sufrimento vivido na guerra pero que comprenderemos que é, outra volta, só iso, unha escusa, posto que a herdanza do pai e a súa propia personalidade abondarían para coñecer o maltratador que leva dentro.
Gustoume. Gustoume para engadilo á lista de libros optativos do meu alumnado e saber a súa opinión. Gustoume porque ao autor non lle cómpren miles de páxinas para condensar o sufrimento, para denunciar a parafernalia dos cascos azuis, para construír un carácter machista e violento, para destapar un frasco da sociedade que preferimos deixar cerrado.



Non á violencia contra as mulleres (CXCVI)

Recoñezo que teño moita sorte: grazas a este blogue coñezo xente interesante e moitos traballos que se fan no noso país que me enchen de admiración e de orgullo, reconciliándome con esta nosa profesión. O domingo pasado, nunha entrada coma esta, deixáronme a ligazón ao blogue e ao traballo que sobre este tema realiza o alumnado de 2º de ESO do IES Elviña. Recoméndovos a súa visita con tempo para saborear o bo da educación.
Alí toparedes presentacións coma esta:



informacións, glogs...:




Parabéns ao alumnado pola implicación e ao profesorado pola dedicación!

02/04/11

Cada peza no seu lugar



Vía

Ilustrado Saramago

El secreto



Vía

Día Internacional do Libro Infantil


Nesta edición o cartel é do ilustrador Jüri Mildeberg e o texto do manifesto da escritora Aino Pervik da sección do IBBY de Estonia: "O libro lembra".



Grazas á OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil) e á sección galega, GALIX, podemos acceder ao tríptico que presenta o texto de Aino Pervik nas catro linguas do Estado, e gozar del en galego:

“Cando Arno chegou á escola co seu pai, as clases xa comezaran.”
No meu país, Estonia, case todo o mundo coñece esta frase de memoria. Así comeza un libro. O título do libro é “Primavera”, que se publicou en 1912 e foi escrito polo escritor estoniano Oskar Luts (1887 – 1953).
“Primavera” narra a vida dos nenos dunha escola rural dun pobo de finais do século XIX en Estonia. Oskar Luts escribiu dos seus anos escolares. Arno é en realidade o mesmo Oskar Luts na súa infancia.
Os investigadores estudan documentos antigos e escriben libros de historia segundo estes. Os libros de historia falan de sucesos que tiveron lugar algunha vez. Nos libros de historia un non entende ben como era a vida da xente corrente daquela época.
Non obstante, os libros históricos costumistas lembran feitos que non atopamos nos documentos históricos, como por exemplo o que pensaba un rapaz como Arno cando hai cen anos ía á escola. O libro lembra os soños dos nenos, as súas dúbidas, os seus gustos e as súas afeccións. Tamén lembra aos pais dos nenos, como lles gustaría ter sido a eles e o que desexaban para o futuro dos seus fillos.
Por suposto que hoxe en día tamén se poden escribir libros de tempos pasados e estes son adoito apaixonantes. Pero en realidade, un autor de agora non sente os olores, os sabores, os temores e os gustos dos tempos remotos. El xa sabe o que aconteceu, o que o porvir lle tiña velado á xente daquel tempo.
Os libros lembran a época na que foron escritos.
Coas novelas de Charles Dickens sabemos que lle parecía a un neno a veda nas rúas de Londres a mediados do século XIX, cando Oliver Twist paseaba por elas. A través dos ollos de David Copperfield –que eran os mesmos ollos de Dickens- tamén nós vemos toda clase de tipos que vivían na Inglaterra de mediados do século XIX, cales eran as relacións entre eles e cales eran as ideas e emocións nas que se fundamentaban. Como David Copperfield é en gran medida Charles Dickens, este non tivo que inventar nada; el simplemente sabía.
Os libros dannos a coñecer o que realmente sentían Tom Sawyer, Huckleberry Finn e o seu amigo Jim ao navegar polo Mississippi a finais do século XIX, no momento no que Mark Twain narraba as súas aventuras: el coñecía profundamente o que a xente da súa época pensaba dos demais, porque el mesmo vivía entre eles. El era un deles.
As obras literarias que foron escritas na súa mesma época, cando a xente daquel tempo aínda vivía, son as que falan de xeito máis auténtico da xente do pasado.
O libro lembra.

Aino Pervik



01/04/11

Cellegratonia


Cellegratonia from NEWWORDS on Vimeo.

¿Cuánta tierra necesita un hombre?


Nórdica Libros publica este marabilloso relato de Lev Tolstói: ¿Cuánta tierra necesita un hombre? acompañado das fantásticas ilustracións de Elena Odriozola. Un relato imprescindible que tamén podemos ler en forma de novela gráfica grazas a Edelvives. Curioso: acabo de toparme coas dúas versións, e ambas me encantan. De feito, James Joyce afirmou que este é o relato mellor escrito de todos os tempos. Un parábola sobre a codicia e o capitalismo, un conto sempre de moda porque o ser humano pouco evolúe: sempre querendo máis e máis. Isto é algo que critica Tolstói neste relato.
Se optades polo cómic, o libro ofrécevos algún relato máis. Creo que as imaxes captan perfectamente o sentido do relato inicial.
Se preferides o libro con ilustracións, veredes tamén como Elena Odriozola capta de marabilla a esencia do texto.
Calquera das dúas opcións paga a pena.




Xornadas de Banda deseñada e Ilustración

Vídeo resumo do traballo desenvolvido durante as Xornadas de Banda deseñada e Ilustración no CPI Don Aurelio de Cuntis na última semana de febreiro.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.