Sometimes the Stars from The Audreys on Vimeo.
Vía
Blogue de Gracia Santorum e de Anxo Fernández, de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Sometimes the Stars from The Audreys on Vimeo.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Barbara Fiore, Música, Recomendamos
, e co cambio climático de fondo, temos momentos para a gargallada e para o odio, posto que, xa digo, o personaxe principal é covarde, egoísta, mentireiro, manipulador... Un home totalmente imposible, a quen no fondo non lle importa nada nin ninguén agás el mesmo. Resulta mesmo esperpéntico.Atoparalo en Anagrama, Lectura, Libros, Medio Ambiente
Atoparalo en Cómic, Libros, Mondadori, Recomendamos
Atoparalo en Álbum ilustrado, Recomendamos, Sleepyslaps
Atoparalo en Álbum ilustrado, Recomendamos, Sleepyslaps


Atoparalo en Dereitos Humanos, Guerras
Publicidade creada para McDonalds realizada por Kompost.
Apple Tree - McDonalds from Kompost on Vimeo.
Atoparalo en Animación, Publicidade
Por se no futuro alguén esquece para que serve, unha pequenas indicacións:
Vía Miguel Calvillo
Atoparalo en Fomento da lectura, Humor, Libros
ectura do que saín axiña salaiando porque quixera que a novela fose máis longa. Di a publicidade que "resulta imposible deixar o libro unha vez comezado" e é totalmente certo. Imposible pousar o libro.Atoparalo en Lectura, Libros, Novela negra, Recomendamos, Siruela
A semana que vén terá lugar a inauguración do centro comercial Marineda City, preto da Coruña. A campaña de publicidade xa comezou hai uns días, con anuncios unicamente en castelán tanto no seu canal de Youtube como na TVG. "¿De que presume Galicia?", din, e a actriz María Castro responde "De tener complejo... el mayor complejo comercial de España". A precisión sobra: podían dicir que teñen "complejo", sen máis. "Complejo" de seren galegos, pois non doutra maneira se explica o total desprezo á nosa lingua do que fan gala, tamén no sitio web, dispoñible en (deficiente) castelán e que ofrece un PDF informativo en inglés, mais nada, absolutamente nada, no idioma propio do país.
O compañeiro de ProLingua Xabier Cordal envioulles a seguinte carta, que compartimos con todos os lectores por se queredes facer vosa a súa iniciativa:
Ofrézome como asesor publicitario e dígolles a vostedes, de maneira totalmente gratuíta, que a campaña de lanzamento do seu centro comercial se dirixe a unha Galicia que non existe. Ninguén discute que haxa centos de miles de persoas que falan habitualmente en castelán no noso país; o que parece incrible é que ignoren vostedes que máis do 50% da poboación se expresa en galego. E como demostran as campañas doutras empresas con menos prexuízos ca esta (vid. "R"), o uso do noso idioma na publicidade é un elemento de prestixio e de interese para o público. Co uso exclusivo do castelán, incluso na TVG!!, parecen insinuar vostedes que non lles interesa o cliente potencial máis numeroso, o que usa o galego -por fortuna, cada vez con menos complexo; incluso cando o usa pouco e, en moitas ocasións, tamén orgulloso del mesmo cando non o usa-. Se pensan que a imaxe de modernidade e a lingua deste país son incompatibles, máis ca unha boa estratexia de publicidade precisan terapia nun centro de ensino medio. Pode que estes detalles e estas reivindicacións lles parezan irrelevantes. Pero eu, como coruñés, farei o posible por que a miña familia, que son uns cantos membros, non pisen o centro comercial mentres non mostre respecto por TODA a clientela e non unicamente por aquela que, con criterio cosmopailán, parecen asociar vostedes aos "grandes" (?) números. Están a tempo de rectificar. Se non o fan algúns seguiremos indo ao pequeno comercio, tan necesitado de apoio, e garántolles que faremos o que estea na nosa man por espallar este desprezo persoal e colectivo. Cando digo "faremos" se cadra pensen que somos catro. Continúan calculando mal. Que teñan un bo día.
Se queredes contactar con Marineda City, podedes facelo a través deste formulario ou ben directamente no correo xeral comunicacion ARROBA marinedacity.es
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.