Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

07/06/13

Un canguro polo Nadal


Descubrín hai pouco esta nova editorial Latas de Sal que na súa colección "Vintage" ten pensado publicar álbums coma este, escritos hai máis de 30 anos, e premiados nos seus países sen que nunca antes chegaran a España. A boa nova é que tamén están en galego!
Un canguro polo Nadal é de James Flora, e fala dun agasallo ben sorprendente. Un álbum divertido que nos arrincará máis dun sorriso. 
Agardamos por tanto as novidades da editorial!

Aula Fina Casalderrey



Estamos a rematar o curso e con el as actividades, que nos dous últimos meses semellaron inzar de tal xeito que estamos a acumular un cansazo desmedido. Como xa fixemos noutras ocasións, desta volta démoslle nome á aula de 1º ESO - A de Fina Casalderrey, quen tamén tivo a xentileza e a xenerosidade de se achegar ao noso centro.




E como en anteriores ocasións, ofrecémoslle un agasallo: converter o libro Dúas bágoas por Máquina en álbum ilustrado. Iso si, cambiando o final, xa que os nosos artistas teñen liberdade para crear e consideraron que o final argallado pola autora non era do seu agrado. Aí queda iso!

06/06/13

L'inventeur

L'inventeur from Gary Fouchy on Vimeo.


(Grazas a Marta e a Inacio por amosármolo)

A mordiscos

Precioso miniálbum sen palabras de Moni Pérez publicado por Kalandraka que nos fala de amor... ou de desamor, de amor con beixos, de desamor con mordiscos. Recoñezo que son unha das miñas debilidades (teño tantas!!!), pero dan moito xogo para a escritura nas aulas. En A mordiscos toparemos un pouco de todo: tristura e ledicia, medo e valentía, incertidumes e seguridades, sentimentos tan humanos e tan cotiás que, ás veces, poden dominarnos. Un libro para "ler" con humor.

Consellos para a primeira cita

Unha guía publicada en Estados Unidos en 1938 ofrecía ás mulleres solteiras consellos sobre como deben comportarse na súa primeira cita. Pensabamos que isto só sucedía en España, pero xa vedes, a nosa Sección Feminina non estaba tan afastada...




Non fagar esperar o citado e saúdao cun sorriso.
Vístete en tu vestidor para mantener tu atractivo. Mantente preparada para salir cuando la cita llegue; no lo hagas esperar. ¡Salúdalo con una sonrisa!




Nin se che ocorrar luxarlle o seu pano!
A los hombres no les gustan las mujeres que les piden prestado su pañuelo y lo manchan con carmín. Maquíllate en privado, no donde él te vea




 Se te aburres, fastidíate!
No te sientas con posturas desgarbadas, y nunca aparentes estar aburrida aun cuando lo estés. Mantente atenta y si debes mascar chicle (no recomendado) hazlo en silencio, con la boca cerrada





Por suposto, calquera signo de conversa intelixente debe ficar muda!
Las mujeres indiferentes no atraen a los caballeros. No hables mientras bailas; cuando un hombre baila es que quiere bailar





 Non sabes que hai que conducir atento?
No uses el espejo retrovisor del coche para arreglar tu maquillaje. Los hombres lo necesitan para conducir






A ver, a ver... como vas vestida?
Si necesitas sostén, lleva uno puesto. No le pegues tirones a tu faja, y cuida de que tus medias no estén arrugadas





 Aloumiños, os mínimos
No te muestres familiar con tu acompañante acariciándole en público. Cualquier muestra de afecto en público se considera de mal gusto, y normalmente le resultara vergonzosa o humillante





Emocións? Fóra!
No seas sentimental o intentes hacerle decir lo que no quiere manejando sus emociones. A los hombres no les gustan las lagrimas, especialmente en sitios públicos






Só existe o home que tes ao teu carón
No te muestres familiar con el jefe de comedor hablando sobre lo mucho que te divertiste con algún otro alguna otra vez. Los hombres merecen y desean tu entera atención





Fala do que el quere, non do que a ti che apetece
No hables sobre ropa ni intentes describir tu nuevo vestido a un hombre. Agrada y halaga a tu cita hablando de lo que a él le apetece hablar





 Se bebes non conduzas!
No bebas demasiado, pues un hombre espera que mantengas tu dignidad durante toda la tarde. Beber tal vez haga a algunas mujeres parecer inteligentes, pero la mayoría se vuelven tontas






 Nin mires para ninguén máis!
No seas conspicua hablando con otros hombres. El colmo es pasarse con la bebida. Lo único que conseguirás es que tu cita no te vuelva a llamar nunca mas

Vía

Tamén vos recomendamos consultar este "Manual de urbanidad para jovencitas" de fins do século XIX francés.

05/06/13

Alcatraz

Pareceume boísima esta curta de Raquel Bibián presentada aos premios Videoghit, con esta adaptación do tema de Ataque Escampe e que rersultou gañadora. Por suposto, toda a información en EtiColmeiro, argalladores do concurso dende hai tres anos.

El mono de Hartlepool



Boísimo este cómic de Wilfrid Lupano e Jéremie Moreau publicado por Dib-buks: El mono de Hartlepool conta unha historia grotesca, triste e divertida sobre a estupidez humana, a xenofobia e o racismo; o odio irracional que nos cega cando nos cremos diferentes, e por iso únicos, é o eixo desta historia de necidade e cegueira dun pobo que desdeña a racionalidade e consente crer na simple aparencia. Ante tamaña idiotez, os autores saben manexar a maxia da arte escrita e ilustrada para transmitir ata unha tenrura extraordinaria na man dun mono disfrazado.
Extraordinario para a reflexión posterior. Unha boa opción para un club de lectura.





Ventre de muller - Vientre de Mujer



patriarcado 10


A sociedade patriarcal manda nos nosos comportamentos dende o noso nacemento, xa que nos impoñen modelos de beleza e xeitos de ser. Disto fala esta curta, de como fabricar mulleres sen conciencia crítica.



Vía

04/06/13

Pretty Little Things

Thea Glad fala da discriminación e o acoso ás mulleres no lugar de traballo a través das décadas dos años 1950 aos nosos días.

Vía

Libros




                                                 "Un libro es como una habitación más
o una ciudad nueva
u otro mundo en el que hay
alguien que quiere hablar contigo".
Namorada quedei deste libriño que pensaba antes de mercalo que ía ser un gran álbum e topei con que é un pequeno libro que de igual xeito permanecerá nos corazóns das persoas amantes e amatorias dos libros. Dos libros como obxecto e dos libros como parte de nós mesmo.
A editorial encargada de achegarnos esta pequena xoia é   Gustavo Gili : un clásico ilustrado, un libro sobre libros, creado en 1962 por  Murray McCain e John Alcornse. Nel pretenenden explicar -abofé que o conseguen- que é un libro, como se fai, para que serve, como se usa... sempre baixo un sorriso picaresco que nos atrapará. Preguntas e respostas, formas e cores, tipos de libros, tipos de palabras... todo tipo de sorpresas que os libros almacenan. Só temos que abrilos para descubrilos.
Un libro que en 1962 tivo o recoñecemento do  American Institute of Graphic Arts (AIGA) como un dos 50 mellores libros do ano e como mellor libro infantil do ano polo New York Times.




 John Alcorn (1935-1992) foi un célebre deseñador gráfico e ilustrador norteamericano. Deseñador dun bo número de portadas de libros, tamén ilustrou e deseñou diversos libros infantís e  foi o deseñador doos carteis dalgunhas películas de Federico Fellini

Escuchando al juez Garzón

 O documental "Escuchando al juez Garzón" gañou o premio Goya na súa categoría na edición 2012. Dirixido por Isabel Coixet, foi o escritor Manuel Rivas quen entrevistou ao ex-xuíz da Audiencia Nacional Baltasar Garzón.



03/06/13

Por activa y por pasiva

Sempre atopo cousas interesantes no Facebook de María Jesús Fernández. O outro día vin que poñía:

"XENIAL ESTA CURTA. Pero, quen toca a batería??"

Así que alá fun, claro está




Vía

Por el color del trigo

Ilustrado magnificamente por Iban Barrenetxea, Toño Malpica escribe Por el color del trigo, publicado por Fondo de Cultura Económica, para homanexear a Saint-Exupéry. Un libro sobre soños e amigos, a importancia de manter estes aínda na distancia e o difícil que pode ser unha vida sen elas. E fala tamén de manter ilusións e de como estas poden mandar na existencia propia ata que obrigan ao individuo a enderezar a vida segundo estas. E ao seu carón, unhas ilustracións marabillosas que nos enfeitizan.
Unha visión de como nacer o máis famoso libro do mundo, O principiño", antes o "Bribonzuelo", personaxe que cobrou vida propia. Pero, ollo! non é unha biografía, é unha preciosa lectura sobre a amizade e o que esta ofrece.

trigo 01 Homenaje ilustrado a Saint Exupéry en Por el color del trigo


  

Non quedes calad@

Cartoon Network e a Organización de Estados Iberoamericanos para a Educación (OEI) veñen de lanzar unha campaña para facer fronte ao "bullying" (acoso escolar por parte de compañeiros).
Esta é a web da OEI: http://www.oei.es/noticias/spip.php?article12302

 

02/06/13

Galaxy Chocolate



Vía

Un rato díxolle á lúa

Non sei ata que punto estará ben recibir este tipo de agasallos, porque un pódese malacostumar e logo esixir demasiado...
A verdade é que o agardaba, pero non tan cheo de emocións: tres artistas que me deixan alí a súa sinatura!
E claro, estaredes a vos preguntar, que raios lle pasa a esta?
Estou a falar dun libro que vén de publicar a editorial Xerais. Si, un libro de poesía chamado Un rato díxolle á lúa. Non o coñecedes? Pois non tardedes, por favor, en ilo buscar.
Un rato díxolle á lúa é unha antoloxía poética. Está realizada por Fran Alonso, quen xa nos demostrou que sabe realizar este tipo de traballos con Poetízate. Agora selecciona poemas de Antonio García Teijeiro; Xosé Cobas ilumínaos. Paco Ibáñez mesmo lles dá voz. 
Entón, pódese pedir máis?
 Abride o libro. Un libro calquera é un cofre de tesouros. Un libro de poesía é un tesouro que envolve tesouros. Un rato díxolle á lúa é ese cofre que contén, ademais, a lúa. Unha lúa que xoga co lector a abrir e pechar os ollos: abrilos á verdade social, á realidade que ás veces nos queren agochar ou que se nos antolla demasiado afastada; pechalos para soñar, para sorrir, para falar cunha lúa xoguetona e inqueda que tamén é quen de palpebrexar. E por suposto, a música. Ler os poemas deste libro significa irremediablemente sermos cantantes. Non podemos ler sen cantaruxar. Para demostralo, non hai como poñer o CD e arrouparnos coa voz de Paco Ibáñez. Ollo! Se estades a conducir, seguide cos ollos na estrada. Este CD é altamente perigoso. O defecto é a súa pouca duración.
Seguiría falándovos do libro, pero xa sabedes o que opino: mellor é que o leades. Iso si, non esquezo as ilustracións dun home que é pura sensibilidade; se nos embriaga coa súa voz, que fará cos seus debuxos! É capaz de transmitir tal dozura e delicadeza en cada un dos seus trazos que conmove con só pasear polas páxinas.



Grazas, Helena!


Non á violencia contra ás mulleres (CCCXIX)

Spot da campaña Ruban blanc 2010 contra a violencia machista:


01/06/13

His palette

Motion graphic ao actor Jim Carrey:




Vía

O gardián invisible


Puntual coma un reloxo suízo, volve Carme coa súa recomendación mensual. Desta volta, tráenos un libro que me agarda na mesiña e que terá que agardar ata o verán. 

 
Sempre resulta estimulante ler novelas de xénero policíaco na nosa lingua, por iso, cando topei con O gardián invisible (2013), de Dolores Redondo, publicada en Xerais, devoreina nun par de días.
                As pesquisas da inspectora Salazar para descubrir o asasino de varias mozas lévana a ter que lembrar episodios terribles do seu pasado e descubrirse no seu presente, para poder así afrontar o futuro;  quizais resida aí o punto forte da novela, en como as analepses se van entretecendo coas investigacións policiais, revelando as verdades dunha familia onde tamén se agocha a maldade. Os personaxes secundarios, convenientemente trazados (Montes, Flora, Iriarte…),  acompañan á protagonista nun perigoso percorrido por Elizondo e os seus arredores, vila onde se sitúa a trama, a cal sorprende no seu desenlace, que se antolla precipitado, non de todo ben resolto e cun pouso de serial televisivo.
Ademais, ao longo da lectura renxen algúns aspectos da tradución (sono por soño, pronomes átonos mal colocados…); a inclusión do basajaun (“ o señor do bosque”), ser da mitoloxía navarra, na historia; a intervención de Aloisius Dupree, mentor da protagonista durante a súa estancia no FBI en Nova Orleáns, na segunda parte do capítulo 37, non se acaba de entender; certos comentarios acerca da maternidade que revelan un conservadurismo rancio  (“Eu creo que nigunha muller en idade de concibir pode estar completa se non ten fillos, e iso asegúroche que pode ser unha carga enorme, secreta e escura. Quérote, pero se non tivese fillos, eu sentiríame incompleta” páx. 400); e, por último, determinadas pasaxes que máis ben parecen extraídas desas noveliñas rosas de hai  décadas (aínda existen?), e perpetúan un ideal de amor romántico (“Amaia pensaba no máis íntimo que só el a podía facer sentir realmente muller” páx. 38).
Aínda así, estou encantada de que estas historias se traduzan, se vendan e se lean.

Presumindo de alumnado

Xa contei o outro día o éxito que tivemos no concurso que organiza Coca-Cola. O 1º e o 2º premio escribiron estes textos que vos deixo aquí. A proposta foi escribir un relato curto que contivese estes catros versos de Rosalía. Lédeos, e xa me diredes se é para estar ou non fachendoso!

1º premio da zona de Santiago da quinta edición do Concurso Coca Cola Novos Talentos de Relato Curto. Realizado por David Cabaleiro Otero de 2º de ESO - B:



Texto que recibiu o sengundo premio no Concurso Coca Cola Novos Talentos de Relato Curto. Realizado pola alumna Mariña Castro Fontao de 2º de ESO - B:

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.