Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

15/11/08

Men In Film

Desde A Nosa Biblioteca chéganos este vídeo feito coa técnica de morphing, que xa ensinamos en máis ocasións. Turno agora para famosos:





E neste blogue, morphing:

En dúas palabras

Frida Kahlo en morphing

La muerte de Amalia Sacerdote


O último libro de Andrea Camilleri, La muerte de Amalia Sacerdote, II Premio Internacional de Novela Negra RBA, non é a típica novela negra, xa que non hai ningún detective que queira resolver o caso, se é que hai alguén en toda a trama que desexe facelo, cousa que dubido; isto non é só o atípico da novela, senón que Camilleri abandona o comisario que o fixo famoso, Montalbano -chega ata a nomearse no propio libro- para se centrar nas argalladas da mafia que dominan toda Sicilia. É que o asasinato só é a base da que parte o autor para nos falar delas, do clientelismo, da submisión, do medo, do deixar facer, mesmo dos réditos que se poden tirar dun asasinato que, polo que se ve, non importa a ninguén. O protagonista non é o heroe reivindicador de xustiza, senón que é un personaxe máis enmarañado nesta sociedade á que non vemos solución: unha persoa que se aproveita continuamente e que bebe como o que máis das intrincadas falsidades sociais. Unha novela desenvolvida a base de díalogos e socarronería típica de Camilleri, sen descricións nin apenas narración. Unha obra curta que require unha lectura atenta. Unha lectura, por outra parte, moi recomendábel.


Que facer cos dedos...

Xa, xa, ás veces non sabemos onde meter as mans... pois mirade cantas cousas se poden facer cos dedos que as adornan!:

14/11/08

Ahí va la hostia!!!

Estes sempre con tanto humor; novamente para a fin de semana:


Non á violencia contra as mulleres (LII)

Outro spot contra o mesmo tema; realizado por Momento Escuro: Denuncia!

Warda e o muro

Curta de animación realizada a partir das voces e os debuxos de 12 nen@s palestin@s; falan de solidariedade, esperanza e da forza da imaxinación para facer fronte a este noso mundo inxusto e intolerante. E é que Israel está a construír un vergoñento e á vez xigantesco muro de 700 quilómetros para arredar ao pobo palestino, muro que non respecta os Dereitos Humanos deste pobo, afastando comunidades e familias dentro do territorio ocupado de Cisxordania.
A curta "Warda" está en versión orixinal en árabe, con subtítulos en francés e música de Alain e Antoire Pierre. Se puideramos contar con ese lapis...!




Vía Iguales en las Tres Mil


13/11/08

Non á violencia contra as mulleres (LI)

Ahégase o Día. Pero a loita é diaria, non un día só:

Lección de vida

De Randy Pausch






Grazas, Julia

Aínda non existe

Baixo o título "Pídello a Al Gore", Acción contra a Fame pon en marcha unha campaña que pretende convencelo para que financie unha película sobre a fame no mundo, que leve o seu poder mediático a esta causa, igual que o fai en contra do cambio climático.

Entra en www.pideseloaalgore.org e pide ti tamén a Al Gore que faga este filme.



Vía La Huella Digital


12/11/08

Adeus a Mamá Africa

A artista africana máis coñecida no mundo enteiro vén de morrer en Italia aos 76 anos dun ataque ao corazón, logo de participar nun concerto organizado polo escritor Roberto Saviano, quen loita contra a "Camorra".
Nada en Johanesburgo viaxou nova a EEUU, onde denunciou o Apartheid -as condicións oprobiosas do terrible réxime de Suráfrica: a poboación maioritaria deste país, negra, era segregada sistematicamente-, cantando non só a música ancestral senón que a combinaba co jazz e o pop.
A súa morte conmoveu ao continente africano, que chora unha das figuras máis destacadas da loita contra a segregación racial. "Era a primeira dama da canción sudafricana e merecía o título de Mama Africa. Era a mai da nosa loita e da nosa xove nación", lamentou Nelson Mandela.

Esta canción, Mayibuye, é unha invitación a todos os habitantes dos “townships” surafricanos a unirse e resistir contra o racismo:




Pata pata:



Con Paul Simon:



Vía Libro de Notas


A voz dun profesor

Unha estudante quere coñecer mellor a un profesor e é transformada no proceso. As matemáticas son fermosas e están en todo. A clave do estudo é a sensibilidade.
Para ti, querido compañeiro.




Vía Digizen

Ler debería estar prohibido

"Ler volve ás persoas, perigosamente, máis humanas": Campaña de incentivo á lectura:



Grazas, Fernando

11/11/08

Trailer de Demon Cleaner

Trailer de Demon Cleaner, obra de Miles Gunter e Víctor Santos que publicará proximamente Dolmen Editorial dentro da súa liña Siurell. Parece que a banda deseñada toma posicións.



Vía La BD


Gústame ler

Vídeo promocional da nova páxina de Random House Mondadori: www.megustaleer.com.





Vía No sólo libros

Con face da nenez

O éxodo continúa na República Democrática do Congo. Desde que hai dous meses se retomaron os enfrontamentos entre as milicias Mai-Mai (aliada do Goberno de Kinshasa) e os rebeldes tutsis do Congreso Nacional para la Defensa del Pueblo (CNDP), miles de civís -arredor de 250000- tiveron que abandonar os seus fogares. Nos últimos días, case 100000 persoas deixaron as súas casas. Delas, o 60% eran nen@s que foron separados das súas familias. O último punto abandonado foi Kiwanja, ao este do país. A reanudación dos combates é consecuencia do enésimo acordo de paz fallido. A poboación ten medo e prefire retomar a súa vida nun campo de refuxiados que volver á zona do conflito. Pero nestes campos tampouco a situación é boa: non todos os desprazados reciben axuda humanitaria.
Pero hai máis: o país ten unha historia de abuso, explotación e violencia en gran escala, ademais do problema do recrutamento de nenos por parte dos grupos armados.
Dende que comezaron os conflitos no Congo, en 1996, a violencia causou a morte de cinco millóns de habitantes, na maioría dos casos debido a enfermidades e fame.





Vía Libro de Notas

10/11/08

Sempre hai un lugar para a poesía (XLVIII)

Poema de Pedro Casariego Córdoba, do seu libro Poemas encadenados:

Dentro de mí
caen los rayos
con la fuerza de una boa
otro día perdido
antes de que empezara
serpientes y no serpentinas
forman la docena dolida
de mis brazos y mis dedos
parca en luces para mí
la mañana luminosa
estas palabras son
los minutos que van con ellas.

Blacksad: Alma roja


Este libro presenta unha historia clásica dentro do xénenro negro, pero protagonizada por animais. Estamos nos Estados Unidos dos anos 50, e asistimos á resolución dun caso de investigación do detective privado John Blacksad: unha conspiración política decidida a eliminar a un influente grupo de comunistas. O peculiar é que este libro está escrito por dous españois, e non por franceses, máis previsible: Juan Díaz Canales (guionista) e Juanjo Guarnido (debuxante). Paréceme un cómic moi bo, unha auténtica "animalada" onde os personaxes-animais representan tipos-home, con gran forza cinematográfica. Un luxo que vos recomendo.
Veño de saber que ten dúas primeiras partes. Mágoa non haber comenzado polo principio!

Blotch


Como podedes comprobar, ultimamente fago moitas incursións na banda deseñada, por mor dun proxecto ao que andamos a dar voltas. E como o meu compañeiro de Plástica, Bernardo, gusta tanto deles coma min, está a me proporcionar material sen descanso. Onte lin este que vedes, Blotch, de Blutch, cuxo verdadeiro nome é Christian Hincker (1967). Fálanos dun tipo odioso que se cre máis ca ninguén, e que moralmente está por baixo de calquera outro. Faise realmente antipático, que supoño que é o que pretende o autor: representar un mundo feo e decadente, un home fracasado que se cre vitorioso, un macaco mesquiño, en fin.




El niño con el pijama de rayas, o filme

Sinceramente, tíñalle bastante medo ao visionado deste filme, non só porque ver unha película despois de ler un libro é normalmente un fracaso, senón pola propia trama en si mesma. Por suposto, o bo do libro, o final (o resto non me parece como para tanto éxito), é sabido, polo que me interesaba saber como o director, Mark Herman, tiña pensado ofrecérnolo. E é, desde o meu punto de vista, o mellor da cinta. O resto é un pouco frío, pero non sei se habería moitas posibilidades de destacar a inxenuidade do neno ante os acontecementos doutro xeito. Aínda que eu non me acabo de crer que un neno sexa tan cego, igual me ocorreu ao ler o libro. En fin.
Agora agardo os comentarios do alumnado de Diver, para saber que lles pareceu a eles, porque nunca estiveron tan calados, polo que intúo que debeu ser un éxito.

09/11/08

Poemas para unha voda

Onte foi un día moi especial, xa que un ex-alumno invitoume á súa voda (non todos me odian!), unha voda "diferente" por tratarse dunha voda homosexual con temática dos anos 60. A "oficianta" puxérase en contacto comigo para formar parte da cerimonia, e pensei que o mellor que podía ofrecerlle a Fran era a poesía. Cando saín, vin como quedaba abraiado: sabía das outras persoas que ían falar pero non contaba comigo. Despois de explicar a nosa relación tan especial, expliquei que dúas eran as razóns que me empurraban a estar alí: falar e ler en galego nunha voda íntegra en castelán, e a segunda e non menos importante, a presenza da poesía, porque Amor e Poesía van intimamente unidos e porque Fran era un gran amante desta. Aquí comezou a chorar e non puido parar ata que finalicei. O mozo, inmigrante, comentaba que debía ser moi bonito o que eu lía pero que el non entendía nada, e Fran seguía a chorar... E eu comporteime, aínda que creades que non! Foi moi emotivo.
Tiven que escoller entre estes poemas que levaba para que non se fixera tan longo, pero aquí volos deixo:




Grazas, Rosa, pola axuda, coma sempre.
Que sexas moi, moi feliz, Fran.

E para que botedes unhas gargalladas gratuítas aquí me tedes anos 60:








Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.