Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
10/08/10
Esconderse en un rincón del mundo
Ter nas mans un libro de Jimmy Liao é ter unha obra de arte chea de poesía e de cor. Cantas veces temos falado del? Con cada libro que chega a min, non deixa de abraiarme.
Desta volta, Esconderse en un rincón del mundo fálanos dese lugar da imaxinación ao que todos recorremos de cando en vez para esquecer os problemas cotiáns e encaralos dende outra perspectiva, un noso refuxio particular.
E, como vén sendo habitual, a edición de Barbara Fiore é impresionante.
Desta volta, Esconderse en un rincón del mundo fálanos dese lugar da imaxinación ao que todos recorremos de cando en vez para esquecer os problemas cotiáns e encaralos dende outra perspectiva, un noso refuxio particular.
E, como vén sendo habitual, a edición de Barbara Fiore é impresionante.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Barbara Fiore, Recomendamos
Clásicos... ou non
Nesta páxina recóllense (podedes velos máis abaixo) "12 clásicos da publicidade sexista" que, realmente, dan coraxe. Pero ¿somos conscientes arestora de toda a publicidade sexista que vemos cada día sen nos inmutar? Porque segue a ser unha práctica corrente hoxe en día; estamos tan acostumad@s que non paramos a reflexionar sobre isto. (Vía)
Claro que podemos ver a publicidade desde outra óptica, que vén dando o mesmo resultado, é dicir, a desigualdade entre homes e mulleres. La Huella Digital recolleu algúns anuncios onde os homes semellan parvos que nada ou pouco saben facer:
Atoparalo en Igualdade, Muller, Publicidade
09/08/10
Todo lo que muere
Se sodes amante da novela negra, ou se simplemente necesitades un "chute" da súa forza, coma min, lembrade este autor: John Connolly. Xa vos falei unha vez del, e con este
libro, que tiña que ter lido primeiro, só fago reafirmarme. A verdade é que un tipo de lectura verdadeiramente feroz, que recorda aos máis clásicos americanos, cunhas descricións que non deixan lugar a dúbidas sobre a atrocidade das accións dos criminais. Impresionantemente violento. Desasosegante
E se digo que deberiamos empezar a Connolly por Todo lo que muere é porque aquí se nos describe o por que da súa situación posterior, do seu xeito de comportarse e mesmo desas estrañas criaturas que son os seus mellores amigos. Toda unha atormentada personalidade que se vai construíndo en cada páxina mentres el mesmo comprende que xa non hai volta atrás, que o mundo feroz que o rodea vén de sinalalo como unha vítima máis que deberá defenderse con unllas e dentes, caendo tamén el na máis terrible sede de vinganza. Viven nesta novela, como na outra que lin del, asasinos sen piedade, fanáticos do sangue que non teñen razón de ser. Non se buscan explicacións ao comportamento destes, son así, simplemente.
Vaia, que se queredes emocións fortes, leades esta obra. E creo que calquera deste autor. Cando menos, Todo lo que muere é, creo, unha obra mestra do xénero: eficazmente cruel en todos os episodios violentos -e non son poucos- que narra.
O comezo é brutal (gustaríame máis poñer unha expresión máis rotunda...)
libro, que tiña que ter lido primeiro, só fago reafirmarme. A verdade é que un tipo de lectura verdadeiramente feroz, que recorda aos máis clásicos americanos, cunhas descricións que non deixan lugar a dúbidas sobre a atrocidade das accións dos criminais. Impresionantemente violento. DesasoseganteE se digo que deberiamos empezar a Connolly por Todo lo que muere é porque aquí se nos describe o por que da súa situación posterior, do seu xeito de comportarse e mesmo desas estrañas criaturas que son os seus mellores amigos. Toda unha atormentada personalidade que se vai construíndo en cada páxina mentres el mesmo comprende que xa non hai volta atrás, que o mundo feroz que o rodea vén de sinalalo como unha vítima máis que deberá defenderse con unllas e dentes, caendo tamén el na máis terrible sede de vinganza. Viven nesta novela, como na outra que lin del, asasinos sen piedade, fanáticos do sangue que non teñen razón de ser. Non se buscan explicacións ao comportamento destes, son así, simplemente.
Vaia, que se queredes emocións fortes, leades esta obra. E creo que calquera deste autor. Cando menos, Todo lo que muere é, creo, unha obra mestra do xénero: eficazmente cruel en todos os episodios violentos -e non son poucos- que narra.
O comezo é brutal (gustaríame máis poñer unha expresión máis rotunda...)
Atoparalo en Lectura, Libros, Novela negra, Recomendamos, Tusquets
Welcome to Shell
Curta creada por Amnistía Internacional Reino Unido sobre as prácticas prexudiciais da Shell Oil no delta do Níxer. As décadas de contaminación alí deron lugar a graves violacións de Dereitos Humanos e teñen aos pobos da rexión vivindo na máis absoluta pobreza.
Atoparalo en Dereitos Humanos, Medio Ambiente
08/08/10
Xa che fixen ler
Seguimos admirando a publicidade da Libraría Gandhi, que fai ler... como sexa. Aquí vos deixo uns cantos exemplos. Máis, na súa páxina.


Atoparalo en Fomento da lectura, Publicidade
07/08/10
Another brick in… Irán
Un grupo de rock iraniano radicado en Toronto (Blurred Vision) versiona a Pink Floyd adaptando a canción "Another brick in the wall" á situación que se vive en Irán para denunciar a presión dos ayatolás sobre a sociedade civil: liberdade de expresión, marxinación da muller, represión, relixión omnipresente, música prohibida... e un longo etc.
Os cambios letrísticos son escasos: cambiáse "profesor" por ayatolá": “Hey, ayatolás, deixen a estes mozos en paz”.
Os beneficios, para Amnistía Internacional.
Os cambios letrísticos son escasos: cambiáse "profesor" por ayatolá": “Hey, ayatolás, deixen a estes mozos en paz”.
Os beneficios, para Amnistía Internacional.
Vía Mangas Verdes
Atoparalo en Dereitos Humanos, Música
06/08/10
Son un adicto
Pero teñen máis:
Eu recoñezo que tamén son unha adicta á lectura e aos libros en xeral, sexa cal sexa a súa forma ou o seu uso:
Atoparalo en Fomento da lectura, Publicidade
Tamén as houbo
Só coñecemos a Hipatia de Alejandría grazas ao filme de Amenábar... pero houbo máis mulleres que contribuíron ao desenvolvemento da Ciencia na historia.
Vía
En Galicia temos estes tres vídeos sobre a historia da muller:
Vía
05/08/10
Small wonderland
Vídeo realizado polo deseñador nipón "Keitaro Sugihara".
SMALL WONDERLAND from KEITARO SUGIHARA on Vimeo.
Vía Recogedor
El secreto del calígrafo
Ler un libro de Rafik Schami é viaxar ao mundo de Las mil y una noches da man de Sherezade para nos converter no Rei Shahriar. Case non se necesita ler: coa súa prosa chea de mosaicos podemos pechar os ollos e ser un personaxe máis da historia que pasea por Damasco e que, sobre todo, quere recuperar a habilidade do calígrafo e ser quen de construír ta
nta beleza. Entres as miles de historias e personaxes que camiñan por esta cidade atopámonos con que a arte da escritura é pura maxia e queremos saber máis. De aí a mágoa que sentimos cando rematamos a súa lectura, unha lectura que permanecerá bailando no noso interior moito despois de pechado o libro e comezado outro novo. Porque El secreto del calígrafo é un libro que consegue conquistarte, que se fai dono de ti mentres admiras e rexeitas unha sociedade árabe que descobres non tan semellante á idea que temos actualmente. O peor da historia: que remate. O mellor: o tapiz de personaxes, rúas, sentimentos, olores, soidades, costumes, imaxes.... cosidos con habelencia extrema e maior xenerosidade.
- ¿No es exagerado tener a tres mujeres viviendo en tres calles apartadas? -preguntó el farmacéutico a un amigo. (…)
- Mis esposas nunca vivirán lo bastante alejadas; al cabo de una hora se sacan los ojos –dijo el elegante invitado-. Aún sería mejor que tres océanos las separasen. (…)
- A mí tampoco me vendrían mal tres desiertos que me separasen de mi mujer –repuso el farmacéutico-, pero para nosotros los cristianos el matrimonio es único, como la muerte. Vuestro profeta era un hombre de mundo. Nuestro Cristo, un revolucionario; no tenía ni idea de mujeres.
nta beleza. Entres as miles de historias e personaxes que camiñan por esta cidade atopámonos con que a arte da escritura é pura maxia e queremos saber máis. De aí a mágoa que sentimos cando rematamos a súa lectura, unha lectura que permanecerá bailando no noso interior moito despois de pechado o libro e comezado outro novo. Porque El secreto del calígrafo é un libro que consegue conquistarte, que se fai dono de ti mentres admiras e rexeitas unha sociedade árabe que descobres non tan semellante á idea que temos actualmente. O peor da historia: que remate. O mellor: o tapiz de personaxes, rúas, sentimentos, olores, soidades, costumes, imaxes.... cosidos con habelencia extrema e maior xenerosidade.- ¿No es exagerado tener a tres mujeres viviendo en tres calles apartadas? -preguntó el farmacéutico a un amigo. (…)
- Mis esposas nunca vivirán lo bastante alejadas; al cabo de una hora se sacan los ojos –dijo el elegante invitado-. Aún sería mejor que tres océanos las separasen. (…)
- A mí tampoco me vendrían mal tres desiertos que me separasen de mi mujer –repuso el farmacéutico-, pero para nosotros los cristianos el matrimonio es único, como la muerte. Vuestro profeta era un hombre de mundo. Nuestro Cristo, un revolucionario; no tenía ni idea de mujeres.
Atoparalo en Lectura, Libros, Recomendamos, Salamandra
Os muros que non caeron
Un post de hai meses do blogue As Mariñas que nos lembraba os muros que aínda seguen en pé. Un mundo cheo de valados que dividen países e familias. As razóns? Mellor dito, as senrazóns? "Combater" a violencia, a inmigración... cun único resultado: o odio.
Para reflexionar (Premede na imaxe):

Para reflexionar (Premede na imaxe):
Atoparalo en Dereitos Humanos, Igualdade, Sociedade, Solidariedade
04/08/10
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.






