Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

22/04/12

en el bosque del perezoso

 Non é ningún segredo que me encantan os pop-up. Hoxe tráiovos un precioso, con texto de Sophie Strady e ilustración de Anouck Boisrobert e Louis Rigaud. En el bosque del perezoso está publicado pola editorial Hipotesi. Si, eu tampouco a coñecía.

Pero non é un pop-up calquera. É un libro para defender a natureza e o medio ambiente da agresión constante e salvaxe do home. Aquí fálase da ameaza constante dunha especie en concreto: o perezoso de tres dedos. Pero se o texto alerta da acción do home e da deforestación, tamén deixa lugar para a esperanza, unha esperanza provocada tamén pola humanidade, a única que pode impedir a deforestación.




 
«Todo está verde, la vida lo es todo, en el bosque del perezoso. Los pájaros gorjean, los felinos se ovillan a la sombra de las palmeras, los osos hormigueros sorben a los insectos como con una pajita… y el perezoso –¿lo ves?– se balancea tiernamente entre las hojas.»

Non á violencia contra as mulleres (CCLIV)

Hoxe traemos unhas ilustracións que vimos hai tempo neste blogue chichí que nos encanta, Pinceladas en el mundo. Tiñan nel precisamente para conmemorar o Día da violecia de xénero estas ilustracións dun artista canadiano chamado Ben Tour, quen reflicte a dor e a amargura así :











21/04/12

Erotismo xeométrico

Xa que este mes andamos a voltas coas mates, vénnos moi ao xeito esta curta realizada por Studio AKA: Yeah Just There.



Vía

Letras nos cordóns


Dozura feita libro. O novo álbum que nos ofrece Kalandraka é iso e moito máis: é amor, é sensibilidade, é un soño... Letras nos cordóns é de Cristina Falcón Maldonado con ilustracións de Marina Marcolin. E detrás desta dozura tan inmensa que comprobaredes só abrir o libro, está o valor da lectura, a importancia de saber, a pobreza que fai chorar e da que se quere saír, a tenrura máis forte... e non poderedes evitar que unha bágoa fuxidía atravese a vosa face, libre, mentres tedes nas vosas mans unhas letras que conforman un álbum, unhas ilustracións que vos apertan... para converter un libro nun feito entrañable de lectura que quereredes compartir.




Non hai mañá

Documental sobre o problema enerxético e ecolóxico da nosa civilización: "No hay Mañana" (There's No Tomorrow)

http://www.crisisenergetica.org/
http://crashoil.blogspot.com/
http://www.decrecimiento.info/
http://www.colectivoburbuja.org/




Vía

20/04/12

La teua defensa és la paraula

Preciosa esta publicidade que descubro aquí, gañadora do concurso de animación organizado pola Fundació per la Pau:



Jack e a morte


Gustoume moito este álbum de OQO con texto de Tim Bowley e ilustracións de Natalie Pudalov: Jack e a morte lémbranos que vida e morte son complementarias e que ambras precísanse para teren sentido. Versión dun conto tradicional británico, a morte neste conto non é un drama, senón que con serenidade explícanos que esta é inevitable e mesmo necesaria. As ilustracións magnifican o relatado posto que son poderosas metáforas: chaman a atencións as mans da morte, afastadas do corpo pero pertencentes a ela, ademais de requirir unha dobre atención pola exuberancia detallista que nos agasalla.

Límite circular III

Animación sobre o Límite circular" de M.C. Escher.
O matemático Vladimir Bulatov fai algo que non vos podo explicar porque non o entendo. A ver se os matemáticos que andan por aquí preto teñen a ver comentalo.
De todos os xeitos, se ides á fonte, aquí, tedes máis información.


19/04/12

Out Of The Game

Vía Librosfera, música na biblioteca:

El escondite


Un novo libro de Ian Rankin e do seu inspector John Rebus na imparable serie de novela negra de RBA, aínda que a orde das publicacións non se corresponde coa escrita. Aínda estamos cun Rebus non demasiado amargado que investiga sucesos no Edimburgo dos baixos fondos.
Os libros de Rankin son entretidos e non defraudan, o seu inspector é humano, cunha chea de problemas sentimentais e fisicos, pero bondadoso. Un detective que se deixa querer, aínda que a min gustoume máis Nudos y cruces.

Salvar a Amazonia

Dende Greenpeace lanzan esta mensaxe:

Busca o teu amigo brasileiro e pídelle que asine pola Amazonia





Busca un amigo ou unha amiga do Brasil e pídelle que se una! É moi doado, anímate!!!

18/04/12

O galego nas rúas (de Ourense)

Vino en Carta Xeométrica e tamén o trouxen, que ao fin e ao cabo a terra dos pais tira... Se vos fixades, veredes unha "tenda Santorum" para procurar nas raíces. En fin, unha iniciativa para aplaudir de alumnado, que aínda ten moito que dicir. So do IES Blanco Amor.


Achégate ao galego, que ten todo o que buscas

Vídeo do IES Fentem Albei de Fonsagrada, presentado ao certame do Correlingua 2012:




Temos unha cultura, temos un idioma.
Se ti non o usas o esquecemento será quen o coma
como pasou no pasado, séculos escuros superados
pero non nos dan axudado a esquecer tamén a Franco,
un galego impuro que dicía que esta lingua non servía.
Claro que non serve se a túa vida se basea na hipocresía.
Así que mira e aprende, escoita e comprende
que a nosa lingua serve para todo, todo o que se propoña a xente,
polo que proponte usar o galego para comunicarte.
Non tes porque cortarte diante doutros falantes.
Dá igual o teu acento, dá igual o teu dialecto
porque xa nos teñen dito que este idioma é perfecto,
sen desprestixiar ó resto, pero queremos o que é noso.
Se ves isto no Tuenti de seguro que lle dás a "Gosto"
en agosto ou setembro, dá igual cal sexa o momento.
Cos avós ou cos netos. Nunha festa ou nun convento
usa o galego tal como o usan na televisión.
O creador de Shin Chan dixo que a nosa é a mellor tradución
porque semella máis picarón. Ata lle gustamos a Xapón!
Xa estamos vendo en galego os carteis de toda New York!
No século doce esta era a lingua da península.
Agora o seu uso mingua, vivimos nunha ínsula.
Quérennos illar do mundo pero nós non queremos.
Usaremos o galego para acabar con este medo.
Pero dinos, que é para ti o medo?
É ter que calar por non poder expresarte e estar ledo?
É non poder dicir nada na túa lingua nativa, quedar quedo?
Ou simplemente é a vergoña de que oian en galego?
Neno, nena, non sabemos cal é o problema.
Nós usamos sempre o galego para contárno-las nosas penas,
para sacar sangue das veas, para as conversas das ceas,
para usar o diálogo en vez de meternos en leas.
Ea, ea! lles facemos ós bebés para que durman,
cantámoslles en galego porque en castelán non lles gusta
e lles asusta porque están criados en Galicia.
Dous idiomas, dobre intelixencia que se desperdicia
con desperdicios da sociedade que din con claridade
que o galego é dos da aldea e non dos da cidade.
Veña vale, pero despois non veñas pedindo identidade.
Galego é aquel que aprecia o galego nas súas carnes,
na súa alma, na súa mente, no seu corazón.
Todo o noso corpo sente esta sensación
e con razón, o galego vai máis alá da expresión.
Unha paixón de poder usar unha lingua sen represión
xa que agora na escola este idioma é obrigatorio.
Algo que pedían escritores anteriores nos seus folios
de maneira xusta coa que opresores se ofuscan.
ACHÉGATE AO GALEGO, QUE TEN TODO O QUE BUSCAS.

O principio



Non sei como se senten as persoas millonarias que atesouran obras de arte ou xoias de gran valor. Pero case podo asegurar que eu síntome moito mellor cando atopo alfaias librescas coma esta. Porque abrir este libro e quedar pampo é todo un: non leredes o texto ata pasado un tempo, porque as ilustracións demandaranvos o voso interese total: demorarédesvos admirando as caras, os sorrisos, cada detalle desta ilustración hiperrealista que vos conquistará.
Estou a falar da novidade que nos ofrece Kalandraka: O principio é un texto de Paula Carballeira coas ilustracións de Sonja Danowski. Un deses álbums inesquecibles e tan apropiados para lermos en secundaria como inicio dunha reflexión, porque o que se agocha detrás é moito máis do que vemos. A esperanza, o instinto de supervivencia, a parte do ser humano como ser que sobrevive á calquera devastación é a mensaxe de esperanza que nos transmite esta lectura. Unha lectura que non esquece tamén que a destrución dos libros dará pulo para crear uns novos, porque a palabra é o tesouro máis importante do ser humano e esta impoñerase sobre o estrondo das armas, tanto na fala coma na escrita. Esa é a grandeza do ser humano... cando se esquece de ambicións e covardías.

Sinxelamente indispensable.

Glogsters para Carlos Negro

O alumnado de 3º de Diversificación andou a traballar o autor que nos vai visitar en breve, despois da lectura de Makinaria:









17/04/12

Skhizein

Curta de animación que pon do revés o mundo tridimensional. Moi acaída para estes días "matemáticos" que andamos a argallar no centro.



Vía

Crónica dunha crise anunciada

Hai unha semana, de inicio de Anirmau, puiden emocionarme coa versión cinematográfica de Arrugas, despois de ter nas mans un Premio Goya. Volve Paco Roca a mostrar a súa xenialidade con este resumo da crise económica en formato cómic, publicada no País Semanal. Está claro que entre outras moitas, a banda deseñada pode ter unha función didáctica importante, en palabras do propio Paco Roca: "Si hubieran explicado las hipotecas en formato cómic, se habrían firmado la mitad". Grazas, Bibliomelide.



Crónica de una crisis anunciada, por Paco Roca

Stephen Colbert entrevista a Neil deGrasse Tyson

Divertida charla sobre ciencia entre o humorista Stephen Colbert e o astrofísico Neil deGrasse Tyson, vía Libro de Notas:

16/04/12

Vexetariano



Vía

Lobo grande & lobo pequeño


Fermoso álbum publicado por Jaguar de Nadine Brun-Cosme con ilustracións de Olivier Tallec: Lobo grande & lobo pequeño fala sobre a soidade e o valor da amizade. Un álbum que desata tenrura e un sorriso a medida que avanzas nas páxinas e descobres un par de lobos que nada teñen de feroces. As ilustracións de cores vivas crean un mundo intenso.

Por primera vez, esa tarde,
Lobo Grande no come.
Por primera vez, esa noche,
Lobo Grande no duerme.
Espera.

Por primera vez, reconoce
que aun pequeño, incluso muy pequeño,
ocupaba sitio en su corazón.
Mucho, mucho sitio.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.