Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

19/12/13

Ollo co que comes!

Simpática publicidade:


vía

El regalo


Chamoume a atención xa pola portada este libro da editorial SM onde destacan sobre todo as fermosísimas, ricas e orixinais ilustracións de Ofra Amit con texto de  O. Henry, un vello texto que non perde a súa contemporaneidade en ningún momento. El regalo é unha preciosa historia moi acaída para estes tempos de Nadal xa que fala dese espírito de sacrifico e solidariedade que seica sentimos nesta época máis ca nunca e fala, sobre todo, de Amor. De Amor incondicional e profundo, de Amor xeneroso, de Amor compartido. Este Amor consegue que o álbum sexa idóneo para todas as idades. E máis cando comprendemos que nestes tempos de crise o libro cóntanos unha historia familiar que pode ser moi achegada.










Explosións nucleares

O artista xaponés Isao Hashimoto creou un mapa para reflectir nun vídeo animado as 2.053 explosións nucleares que tiveron lugar entre 1945 e 1998. O vídeo amosa as explosións de cada ano, onde se realizan y o país que as fai.



vía

18/12/13

Hazte extranjero

Campofrío volve a reclamar o carácter diferencial do español. Vénnos moi ben ler este artigo en Zona Crítica:
Mensaxe reaccionaria e xenófoba.


17/12/13

Teu nome por mar e terra

A fermosa canción de A Cada Canto contada en mil e pico post-its polo Terser Home.



Visto no Face de Paz

Sementes de papel

Coñecín este libro o outro día nunha libraría en Santiago, e cal foi a miña ledicia que a editorial Baía nolo traía tamén en galego! Bea e Silvia Gil falan en Sementes de papel do respecto que deberiamos sentir pola natureza (e que en Galicia semella que ninguén sinta), construíndo unha fermosa fábula que convida a que cada un de nós plante unha semente e coida a Terra na que habitamos. Porque se non somos quen coidamos o medio ambiente... quen o vai facer? O espírito do bosque?


Ilustración del libro




Bos días, princesa

Este vídeo do cole de Cespón está arrasando na rede. Non me estraña.


16/12/13

Madiba Tribute

Flashmob  que se realizou nas tendas Woolworths en Johanesburgo en homenaxe a Nelson Mandela. Unha sorpresa esta representación dunha canción gospel chamada "Asimbonanga" (Non o vimos).


Vía

CoraSons

Estes días ando no coche sempre cun mesmo CD: o que acompaña a este libro-luxo que vén de publicar Kalandraka. Si, xa sei, tería que dicir, "libro-disco", pero como eu creo que é todo un luxo prefiro chamarlle desoutra maneira.  Ademais, como xa vos indiquei onte, ando namorada, así que maxinade o que supón escoitar continuamente un disco que vai diso, do corazón. Porque os sons do corazón reprodúcense neste CoraSons mentres que no libro se nos ofrece as imaxes que latexan baixo un mesmo anagrama. Unha inmensa ledicia que supón o Amor en galego-portugués en estado puro.
Así, teredes que cada imaxe é cantada ou que cada canción conta unha imaxe; non creo que a orde de factore altere o produto! Sexa como sexa, é unha auténtica marabilla. Ollo, a ver se pensades que estou a falar de ñoñerías. Non, falamos de sentimentos, de emocións, de latexos, de corazóns. De todos e todas nós. Porque o ser humano sente e precisa da música para desenvolverse, así como da lectura para medrar e da imaxe para fornecerse. Aquí tedes todo compiladiño. Alguén dá máis?
Caramba, non me digades que non sabedes que ides regalar neste Nadal.




A trata de nenos e nenas non é un xogo

Spot contra a trata de nenos con fins de explotación sexual.  Save the Children.

15/12/13

Pañales


Pañales por dm_523e02e4c6a97

vía

A pantasma da Casa da Matanza

Onte namorei. Si, foi un frechazo que me sacodeu enteira e que me fixo vibrar. Tan só o puiden posuír uns minutos, o xusto para encherme del, para respiralo, tocalo, miralo, sentilo, lelo. Logo, pasou a outras moitas mans e o meu ataque ciumento foi in crescendo: custábame respirar. Agora, devezo por volvelo ver. Necesito telo comigo e ser a súa dona.
A ver. En que estaredes pensando? Cando vexades este libro, vós sentiredes exactamente o mesmo. A pantasma da Casa da Matanza, poesía -conto rimado- de Miro Villar e ilustracións de Xosé Cobas, está deliciosamente editada por Biblos. Aínda por riba, é unha homenaxe a Rosalía. Que álbum!
Unha vagamunda lectora que vive nas sombras da casa e que é fonte de inspiración para a mesma Rosalía. De seguro que tamén o será para vós!

 Xa vedes que non teño nin a portada. A ver se alguén me le e fose tan amable de ma enviar...




 

Moito xa se falou de min, malvados
e atravesados foron os comentos;
mais, queiran ou non, andan ben errados.
Estade, meus amigos, ben atentos
e escoitade esta historia ben sentados.
Voume antes presentar, pois educada
e cortés hai que ser. Isto primeiro
cómpre saber facer antes de nada.
Eu son a Negra Sombra. Eu non cheiro.
Sonvos como a dozura da almofada.
Coñecín moitos mundos, mais un día
quixen quedar na casa da Matanza,
porque aquí coñecín a Rosalía.
Devezo pola música e a danza
e fascíname o son da poesía.
Co recendo dos figos da figueira
olleina escribir versos nesa fiestra,
aproveitando a luz nesa cadeira.
E lía en alta voz coma unha mestra,
verso a verso, a estrofa toda enteira.
Escoiteina reler os seus Cantares
e os versos repasar de Follas Novas.
Eu corría detrás dos seus andares
na busca de palabras, vía as probas,
collía unhas, deixaba as máis vulgares.
Rosalía aprendeume devagar
os segredos da escrita do poema:
unha sílaba aguda vai sumar,
a esdrúxula restar, pensar bo tema
e nun branco papel todo apuntar.

Non á violencia contra as mulleres (CCCXL)

Queremos ver-nos livres!

14/12/13

Sang d' Encre

O grúfalo


o-grufalo
Por fin temos a sorte de contar con este simpático álbum na nosa lingua, grazas á editorial  Patasdepeixe. O Grúfalo de Julia Donaldson coas ilustracións de Axel Scheffler é unha fábula sobre o poder do maxín, pero tamén do medo. Realmente, é un libro delicioso que xa é un clásico. Ten web oficial, na que nos conta as orixes deste conto rimado publicado en 1999, preséntanos á súa autora e ilustradora e mesmo oferta xogos.

Pezliz Navidad

Para felicitar o nadal dun xeito diferente, acode a Oxfam Intermón.

13/12/13

BIG GAME



Vía

A illa de todas as illas

Estou situada ante a miña propia deturpación. Explícome. Se leo un libro dunha persoa a quen lle teño cariño e que ademais está ilustrado por unha persoa á que adoro, sei firmemente que non vou ser obxectiva. Como selo se cando o abro as miñas mans tremen coa emoción do recendo das letras que vén de escribir Xabier Docampo e as ilustracións marabillosamente inconfundibles, doces e delicadas do meu ilustrador preferido Xosé Cobas? Non. Non son obxectiva. E iso fai que desconfíe de min mesma. Hai demasiados sentimentos polo medio.
A segunda contrariedade tamén emana do meu xeito de ler este tipo de lectura, cunha parte do pensamento no meu alumnado, tentando averiguar se eles gozarían do libro que teño nas mans ou non, se lles interesaría. Mesmo cavilo: "son eles e elas amantes das illas?"
Aínda por riba, fixen outra trampa e comecei polo final. A illa de todas as illas,  nunha fermosa edición que a editorial Xerais nos ofrece nun lene papel e nunha colección que xa nos conquistara canda Un rato díxolle á lúa , engade como epílogo un ensaio informativo sobre libros que lle serviron ao autor como fonte de inspiración destoutro que temos nas mans; útil para calquera persoa, imprescindible na miña profesión. Profesión que o autor leva no sangue, claramente; algo que se agradece. “Viviremos, se queremos, nunha illa deserta” é un recoñecemento, ademais, a este tipo de libros de aventuras que el ama intensamente.
Si. A illa de todas as illas é unha homenaxe aos libros de aventuras que transcorren en illas e á literatura en xeral. Por iso, os protagonistas que nos enredan vivirán na metaliteratura, posto que moitos dos acontecementos que lle suceden serán vividos como parte dalgúns deses libros escollidos polo autor e formarán parte asemade do propio libro escrito por Docampo. Todo un exercicio literario no que Xabier se manexa con soltura. A imaxinación ao poder, case podería ser a frase que describa a lectura. Pasear da man de Stevenson, Golding, Defoe, Verne, Tournier, Scott O´Dell… ao mesmo tempo é un luxo, abofé. Salferidas ademais a páxinas con frases que o autor introduce para contaxiar ese pracer lector que el sente:  “cando les sen atender a cousa ningunha que non sexa a historia que estás lendo, todo canto alí sucede, pásache a ti”. Que lemos, un soño? Unha fantasía? A néboa tamén nos envolverá a nós para esmorecer na nosa propia realidade; que bo xeito de nos evadir!
Porén, eu atopo unha tacha no libro, algo do que xa nos avisara o autor no epílogo (porque o lin antes!): que os parágrafos en inglés hai que buscalos para saber o que din... se non sabes esa lingua, claro. Para o meu gusto, e pensando tamén no meu alumnado -un tanto lacazán algúns deles- consíderoo un erro. Non sei se debería estar traducido ou se debería ter unha anotación á marxe coa tradución se o autor considera imprescindible que estea nese idioma para darlle maior credibilidade á historia, pero é algo que a min, particularmente, non me gusta. De feito, saltei os parágrafos con total impunidade. Mea culpa! Ese didactismo que conleva este feito, unha vez máis, é a parte negativa do relato. Sempre desde a miña óptica particular. Agora mesmo, ao rematar os exames, procuro algunha alumna lectora para que me dea a súa opinión... e ogallá sexa eu a errada!

Masculinidade Disney

12/12/13

Science World Ice Cream TV ad by Rethink

 Vino no Facebook de María Jesús e chamoume a atención inmediatamente. Como non!:

Coñeciades esta calidade da vainilla? Interesante. Fixádevos que é un anuncio feito por Science World. Pura ciencia.
 

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.