Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/01/10

De Luis Calvo

Gañador do I Concurso de Arte e Animación:

Mad Dog from calvosaez on Vimeo.



Vía

A casiña de chocolate

Fermosa versión d' A casiña de chocolate dos irmáns Grimm esta ilustrada por Pablo Auladell e editada por Kalandraka na súa colección "Os contros do Trasno". Todo está dito deste libro, só subliñar as fermosas ilustracións que o acompañan e que converten este libro nun álbum imprescindible pola coidada edición á que a editorial Kalandraka nos ten acostumad@s. As ilustracións plasman perfectamente o desamparo dos dous nenos: os corvos, a madrasta, a bruxa, o propio bosque achegan ao lector a hostilidade e a inxustiza do mundo que os protagonistas teñen que vivir.




Paco

A editorial Kalandraka reedita este texto de Paula Carballeira, con ilustracións de Blanca Barrio na súa colección "Demademora". Fermosa e sinxela historia esta de Paco que xoga coa atracción constante que nos produce a lúa e unhas ilustracións moi axeitadas a ese espazo noitébrego que envolve o conto:

Paco mudouse alí porque lle dixeran que a lúa era de queixo fresco, pero en canto chegou e intentou comela, crebou os dous dentes de diante e púxose moi triste, porque botaba de menos a terra e todo o que deixara nela: os amigos, os ríos, as montañas, ata os gatos!; pero a lúa sabe moitas cancións que só ela coñece e que conseguen que Paco se poña contento de novo.



Desván de los Monjes

Non é lenda urbana, é verídico. Cando mo contaba Chus Pato non o podía crer; pero, ao mesmo tempo, sabía que non estaba de broma, que me estaba a relatar un feito acontecido no noso país con total impunidade. E eu sentía que me estaba a dar unha taquicardia: sinceramente, repito, non o podía crer. Pero si:
Don Roberto "Varilla" -que non Varela-, conselleiro de cultura da Xunta de Galicia, dixo o que dixo en FITUR: El Pino, Toro e Desván de los Monjes. Como testemuña, o alcalde socialista de Fene:

Estabamos tristemente acostumados a escachar de risa cada vez que aquel conselleiro de (suposta) Cultura do fraguismo, Xesús Pérez Varela, facía das súas e se refería a “Carmiña Burana” como unha fantástica cantante galega ou cando afirmaba que na programación do Xacobeo se incluían fantásticas actuacións como a de Ainhoa e mais a de Arteta, xunto con Berrugueto, Masive Atrak ou Cheminal Broters. Parecía imposíbel superalo, pero para sorpresas, contacten vostedes co goberno de Feixóo.

Se non fose pola cantidade de testemuñas presentes, diría que foi froito do meu malévolo maxín, pero resúltame difícil explicar a cara que puxen cando lle escoitei a semana pasada en FITUR ao actual conselleiro de Cultura, Roberto Varela, afirmar ante centos de persoas, profesionais do turismo a meirande parte, que o Camiño de Santiago pasa por localidades tan fermosas como “Toro”, enténdase Touro, ou “Desván de los Monjes”, que logo duns minutos de conmoción neuronal cheguei a asimilar que se trataba de Sobrado dos Monxes.

Mais aló do imperdoábel erro, por moito que lle intenten botar a culpa ao tradutor, o alarmante é o que denota, que non é outra cousa que o nulo coñecemento da realidade galega e o nulo respecto á nosa lingua que ten o conselleiro. Cando sae á luz a verdadeira alma deste goberno do PP é moito máis doado de comprender o porqué de aberracións como o decreto do galego.

Por iso, o problema non é que queiran introducir o inglés no ensino a costa do galego, que queiran facer un novo decreto ou incluso que algúns crean parvadas como que o castelán está en perigo en Galicia. O verdadeiro problema é que padecen galegofobia, que non cren na normalización do idioma e que o que lles gustaría de verdade é desterralo das aulas.

Ao tempo que o conselleiro patinaba en FITUR milleiros de persoas manifestábanse en Compostela a prol do galego. Non o sabían aínda, pero Varela estáballes a dar a mellor mostra de que a loita na rúa para protexer o noso idioma non só está xustificada, senón que é máis necesaria que nunca. Eles non, pero nós, a inmensa maioría do país, si que queremos galego!


Dicídemo vós: podedes crelo? Non deberiamos pedir a súa dimisión XA?

Non á violencia contra as mulleres (CXXXII)

30/01/10

Black and White

Curta moi orixinal de Gabor Lendvai:



Vía Arte y animación

Día da Paz (IX)

Neste vídeo podedes escoitar a Uxío Novoneyra recitando "Vietnam". Moi axeitado para o Día de hoxe.



Mirade que carteis seleccionaron en Mesturas.
E no IES Fernando Esquío estoutros e estes documentos.
Carmela mándanos este poema:

A ILLA EN REBELION

Soño

cun mundo no que o ser humano

xa non desprecie o ser humano

onde reine o amor na terra

onde adorne a paz os camiños.

Soño cun mundo no que todos

se diexen ir polas sendas doces da libertade,

onde a cobiza non ensombreza os nosos días.

Soño cun mundo no que brancos e negros

sexa cal sexa a vosa raza,

compartan os dons da terra,

onde todo ser humano sexa libre,

onde a miseria vergonzante agachará a cabeza,

e a leticia como unha perola preciosa,

colmará os anhelos da humanidade.

Velaiqui o mundo co que soño.

Langston Hughes


No blogue do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria esta presentación sobre Gandhi:




En 20 idiomas no Castro de Baronceli.
Palabras de paz en Bibliomanía.
Dicionario da Paz en Tartaruga Lectora
Orbilmanía e a súa celebración
Vídeo en Ramirás.

Desde Mondego estes poemas:

Día da Paz (VIII)

A nosa pequena contribución para o Día da PAZ: o alumnado de 1º e 2º de ESO reflexionou sobre a importancia da solidariedade, o pacifismo, a humanización da humanidade... realizando ACRÓSTICOS sobre o tema. Aquí tedes unha pequena mostra do resultado:

(podedes quitarlle o son premendo na icona)


A paz converte
Moitos desexos en flores
O amor, dores en estrelas, e o
Riso, mellor que unha bágoa

(Lucía, 2º ESO-A)

Aniquilar as armas, o
Racismo, as
Mortes
Afastar a guerra
Só o podemos conseguir entre tod@s

Día da Paz (VII)

Segundo a súa autora, isto é "unha chorrada para o Día da PAZ": só busquei unhas caricaturas para espertar un pouco de interese entre a xente nova que seguro non coñece á maioría dos citados". Coma sempre, a modestia de Charo non ten parangón, e a tod@s nos encanta todos e cada un dos seus traballos:




Desde o CPI San Vicente de A Baña chéganos un sinxelo "Bos días: a paz comeza na casa" en alusión ao noso propio comportamento cotiá. Paz tamén é saber perdoar as diferenzas c@s nos@s compañeir@s. Paz é saber sorrir cada mañá.



Cartel do IES Ollos Grandes:



Cartel do IES Fernando Blanco:


E aquí máis recursos sobre o tema.

29/01/10

Día da Paz (VI)

Paul Éluard: El rostro de la paz (1951)


I
Conozco todos los sitios donde habita la paloma
Y el más natural de todos es la cabeza del hombre.

II
El amor de la justicia y de la libertad
Ha producido un fruto maravilloso
Un fruto que no se echa a perder
Tiene el sabor de la felicidad.

III
Que la tierra produzca que la tierra florezca
Que la sangre y la carne vivas
Nunca sean sacrificadas.

IV
Que el rostro humano conozca
La utilidad de la belleza
Bajo el ala de la reflexión.

V
Para todos pan para todos rosas
Todos hemos prestado juramento
Y marchamos con paso de gigante
No es tan largo el camino que nos lleva.

VI
Dejaremos el reposo dejaremos el sueño
Atraparemos albas primaveras
Prepararemos días y estaciones
A la medida de nuestros sueños.

VII
La blanca iluminación
De creer todo el bien posible.

VIII
El hombre en busca de la paz se corona de esperanza.

IX
El hombre en busca de la paz siempre tiene una sonrisa
Después de todos los combates para aquel que se la pide.

X
Fuego fértil de semillas de manos y palabras
Fuego de fiesta se enciende y abriga los corazones.

XI
Vencer se apoya en la fraternidad.

XII
Crecer es sin límites.

XIII
Todos serán vencedores.

XIV
La cordura cuelga del cielo raso.
Y su mirada cae de frente como una lámpara de cristal.

XV
Lentamente la luz desciende hacia la tierra
De la frente más vieja pasa a la sonrisa
De los niños libres ya del miedo a las cadenas.

XVI
Y tanto tiempo el hombre le daba miedo al hombre
Daba miedo a los pájaros que había en su cabeza.

XVII
Después de haber lavado con luz de sol su cara
El hombre tiene que vivir
Tiene que hacer vivir y se une de amor
Se une al porvenir.

XVIII
Mi dicha es nuestra dicha
Mi sol es nuestro sol
Nos repartimos la vida
El espacio y el tiempo son de todos.

XIX
El amor trabaja es infatigable.

XX
Era mil novecientos diecisiete
Y guardamos la comprensión
De nuestra liberación.

XXI
Hemos inventado al otro
Como el otro nos ha inventado
Nos necesitábamos los dos.

XXII
Como el volar de un pájaro se confía en sus alas
Sabemos dónde va nuestra mano tendida
Va hacia nuestro hermano.

XXIII
Vamos a colmar la inocencia
Con la fuerza que nos faltó
Durante tanto tiempo
Ya no estaremos nunca solos.

XXIV
Nuestras canciones llaman a la paz
Nuestras respuestas son actos por la paz.

XXV
No es el naufragio lo fatal
Es nuestro deseo y lo inevitable es la paz.

XXVI
La arquitectura de la paz
Reposa sobre el mundo entero.

XXVII
Abre tus alas rostro hermoso
Impone al mundo la cordura pues nos volvemos ya reales.

XXVIII
Nos volvemos reales juntos por el esfuerzo
Por nuestra voluntad de disolver las sombras
En el brillante curso de una nueva claridad.

XXIX
La fuerza se hará más suave cada vez
Respiraremos mejor y cantaremos más alto.

Día da Paz (V)

Propostas que imos coñecendo para a PAZ:

Cuentos y Paz desde O CEIP SANWLABONSO en Huelva

Páxina con actividades e propostas, do Seminario galego de educación para a paz



30 de Xaneiro, Día Escolar pola Paz

Para que a paz sexa algo máis ca un conto

Manuel Dios Diz

Moitas persoas diante da idea de escribir, investigar, educar ou traballar sobre a paz e os conflitos, exclaman, ah!, pero..., é que estamos en guerra?. Esta actitude, de certa incredulidade, ese sorriso condescendente cando falamos de Cultura de Paz, colócanos -de inmediato- sobre unha realidade da que, ás veces, non somos plenamente conscientes, xa que para un bo número de cidadáns e cidadás, para moitos alumnos e alumnas, a guerra e os conflitos son, por sorte, horizontes afastados, nada que teña que ver coas súas propias vidas cotiás, máis ou menos acomodadas, na sociedade da opulencia e o benestar, nos barrios ricos do planeta.

Para outras, a guerra, a violencia, son un recordo vago, unha historia que se perde entre brumas pretéritas, salvo para aquelas que tiveron a desgraza de vivir e de sobrevivir á “Victoria” e non á Paz, ao medo e ao espanto, aos silencios que aterrorizaron a alma e enmudeceron a memoria. Por iso resulta imprescindible falar, estudar, investigar, reflexionar, sobre a guerra, as guerras e a violencia, entre outras cousas, para espantar ós nosos propios demos, os únicos que existen, aqueles que aniñan no máis profundo do noso corazón, así de sinxelo o dicía Mahatma Gandhi.

Sobre o pacifismo e os pacifistas, sobre as persoas que dedican toda (ou parte) da súa vida á causa da paz, fanse, en non poucas ocasións, comentarios máis ou menos afortunados, máis ou menos displicentes, sobre todo en privado, moitas veces descualificadores e negativos, afirmando por exemplo, que os pacifistas forman parte desa fauna de individuos que se engloban no que chaman “boísmo”, un conxunto de personalidades, canto menos, inxenuas, afastadas da realidade, a metade de camiño entre “utópicos” e “santóns”, cando non directamente inconscientes ou irresponsables, que ben merecerían o ceo, pero que aquí, na terra (din os auto-denominados “realistas”) non pasan de ser unha especie rara, caracterizada pola súa “bonhomía”, entendida así, paradoxalmente, como algo negativo, o cal non deixa de ser sorprendente.

Sen dúbida que estamos diante unha forma de subverter os conceptos, as cualidades, os valores, para identificar e presentar publicamente como “malo” algo que, obxectivamente, debera ser recoñecido e valorado positivamente polas persoas, os media, as institucións e as sociedades. Con esas descualificacións de “boísmo”, “bonhomía”..., en definitiva, o que se persegue non é outra cousa que descartar o pensamento e as propostas, as iniciativas, as demandas, os desexos da sociedade civil en xeral, e do movemento pacifista en particular, das grandes personalidades que veñen reiterando, desde moi distintos ámbitos, a necesaria e urxente substitución da cultura da guerra, do belicismo e da violencia, do armamentismo, pola cultura da paz, e que fan do diálogo, da concordia, da desobediencia civil e da palabra, as súas mellores ferramentas. Líderes que coinciden, desde a súa radical insatisfacción, en reclamar e soñar outro mundo posible, firmes partidarios da esperanza nun porvir que será pacífico ou non o será.

E non é casual que isto ocorra si temos en conta os poderosísimos intereses que se moven ao redor da cultura da guerra, da violencia e da industria do armamento. Como lle dicía Dwight Eisenhower no seu discurso de despedida da presidencia, alá por Xaneiro de 1961, ó seu sucesor, John F. Kennedy: “tan só existe un poder no mundo superior ao teu” e alertábao sobre o desproporcionado papel que desempeñaba, o que cualificou coa expresión -xa moi repetida- do “Complexo Industrial Militar”.

Moitas das campañas, abertas ou sutís, contra o “boísmo” e a “inxenua bonhomía”, ou si preferimos, de desprestixio público dos máximos representantes dos movementos sociais altermundialistas, teñen aquela interesada orixe, como a tiveron antes, por exemplo, as enormes e efectivas campañas de animación ao consumo de tabaco propiciadas desde as grandes compañías tabaqueiras e os numerosos informes “científicos” que pretendían demostrar que fumar non era prexudicial para a saúde...por poñer só un exemplo relevante.

A paz deséxase na misa cristiá, démonos fraternalmente a paz, shalom din os xudeus, salam repiten os musulmáns, pero logo, con moi diferentes argumentos “realistas”, xustificamos a guerra e a violencia, mesmo apoiamos as ocupacións militares, os bombardeos e a morte de inocentes, o uso da forza indiscriminada e desproporcionada, o tráfico ilegal de armamento, as cadeas ocultas, a tortura, os centros de interrogatorio clandestinos, a pena de morte... e facémolo con diferentes argucias, máis ou menos eufemísticas, tales como que nos enfrontamos aos “inimigos da civilización, da razón, da liberdade, ou da dialéctica da historia...”. e tranquilizamos a nosa conciencia falando de danos “colaterais”, intervencións “humanitarias”, accións de “limpeza”, “cirúrxicas” ou de “guerras preventivas” , “bombas intelixentes”, así, como si nada...

A nosa actividade, todo o noso traballo durante os últimos 25 anos (1985-2010), pretende difundir, na escola, na vida e na sociedade, que a paz é moito máis que un fermoso conto infantil, de pombas e globos... para representar cada ano a finais do mes de xaneiro, no cabodano da morte do Mahatma Gandhi.


Xogo: Vai estalar a PAZ

E un conto pola PAZ desde Moaña:




Charo indícanos que podemos acudir á plataforma Agrega: Bibliotecas pola PAZ


Día da Paz (IV)

Desde o IES Afonso X o Sabio un interesante traballo colaborativo con dous centros de fóra de Galicia deu como resultado esta selección de "Textos pola Paz" elaborada polo alumnado do IES Vallecas Magerit:



E os microrrelatos realizados polo seu alumnado:



Desde o CEIP de Esteiro unha presentación con carteis:




Desde o IES Fernando Esquío, máis frases:



e películas.

Desde Quintela (Moaña), entre outras cousas, esta presentación cos Premios Nobel (falta o último, pero non non cómpre tanto, non?)



Está claro: As Bibliotecas Escolares son incansables!

28/01/10

Día da Paz (III)

Seguimos coas propostas bibliotecarias galegas.

Desde Cadernos de Vide, unha fermosa historia: Wangari e o colibrí


Este é o conto que contou Wangari:

Todo o monte estaba ardendo e o incendio espallábase máis e máis.
Os animaís fuxían espantados buscando o río para tentar salvarse.

Nisto viron como un colibrí voaba cara o lume.
- Que cousa máis rara- dicían- ese paxaro está tolo, nós fuximos e el vai cara o lume. Está tolo!
E pararon a ver que facía.

O colibrí voou ben alto no ceo ata o centro do incendio, e dende alí soltou, con moito cuidado, unha pinguiña de auga que levaba no peteiro.

O colibrí ía e viña, deixando cair cada vez unha pinguiña de auga.
- Ehhhhh!!!!- berráronlle os outros animais- que fas? Estás tolo?
O colibrí, case sen folgos, pousouse na pola dunha árbore e dixolles:
-Eu? Eu estou facendo TODO O QUE ESTÁ NO MEU PODER para parar este incendio.

Adaptación en galego do conto"Wangari y los árboles de la paz, una historia verdadera" da editorial Ekaré feita por Sabela

Un canto tradicional do Congo en lingua lingala que van cantar os nenos e as nenas de Vide:



E Charo, desde Mesturas, ofrécenos a explicación sobre as mil grúas cunha recompilación fotográfica fermosísima:

Unha lenda xaponesa antiga promete que se unha persoa é quen de facer mil grúas de papel lle será concedido un desexo, normalmente relacionado coa saúde ou a recuperación despois dunha longa enfermidade. Tamén é frecuente regalar grúas de papel nas vodas como desexo de longa vida e felicidade aos noivos. .

Recentemente as mil grúas convertéronse nun símbolo colectivo para reclamar a paz e reivindicar os dereitos humanos a través da historia de Sadako Sasaki, unha moza xaponesa afectada de leucemia debido á radiación durante o ataque atómico a Hiroshima. A súa historia está contada no libro Sadako e as mil grúas de papel.

Desde o IES San Paio estoutra Antoloxía poética:



Moitas grazas por tanto traballo.

Día da Paz (II)

As Bibliotecas Escolares Galegas quentan motores, un ano máis, para o Día da Paz. E nós ímosvos ir amosando as súas achegas, tentando non esquecer ningunha. Se iso ocorrese, pedimos desculpas de antemán.
O cartel desde o IES Río Cabe, un ano máis, unha efeméride máis. Imprescindible.



Desde O Segrel, como non, selección de poemas e cancións.



Libros e cine desde o CEIP Andrade:



Recopilación poética sobre a Paz desde o CEIP A Paz:




Busca do Tesouro do CEIP de Covas.

ALFIN e Paz desde o Recanto de Mik, así como a compilación de recursos: caderno de pescudas. E como non paran, esta información sobre Cine e PAZ.
E este vídeo:




Webquest
elaborada polo CEIP Isaac Peral (Ferrol).

En Reboreda, Redondela, infórmannos sobre a lenda da "Árbore da Paz"

O CEIP Frián de Teis ofrécenos algúns recursos atopados na rede.

En Bibliocaxado un magnífico conto.

Contribución do IES Ribeira do Louro, O Porriño.

Marabillosa canción "Sueños de un niño", dende O lar de frianciño, CEIP Frian - Teis (Vigo), xunto co seu Proxecto.

A miña planta de laranxa lima

Cheo de lembranzas, un libro marabilloso para todas as idades que hai que ler nalgún momento da vida: A miña planta de laranxa lima de José Mauro de Vasconcelos, publicado pola editorial Primerapersona. Iso si, cun pano ao voso carón, non coñezo a case ninguén que sexa capaz de reprimir as bágoas.
Cando llo levei por primeira vez ao Departamento, leuno a miña querida Teresa. Cando mo volveu, prohibiumo ler. Sempre desexa evitar que eu sufra! E daquela obedecín, claro. Pero como non lelo? Si, efectivamente, o libro é dunha tristura inconmensurábel. Pero, tan sumamente tenro...
Foi o último libro proposto no club de lectura. Pero, curiosamente, acabouno lendo medio instituto. Sobre todo, gran parte do profesorado. Un boca a boca que funcionou sen case a miña intervención. Do Departamento de Galego ao de Español, deste ao de Inglés, de aquí ao de Historia, Música... Todo un éxito!
Seguramente a maior parte de vós xa o coñecedes. Se non o lestes aínda, non tardedes moito, é unha auténtica fermosura. Dá igual os anos que teñas, podes lelo con dez ou con oitenta: vaiche gustar. O contario é impensábel. Ou imposíbel.

Clases de ballet

Máis cervexa, máis machismo, máis...


27/01/10

Publicidade pola PAZ

Vino no Blogue do IES Fernando Esquío:

Bali Rai n'O Carballiño

Adiándonos ao Decreto(!!!), o ENDL, o Departamento de Galego, a Biblioteca e o Departamento de Inglés do centro realizou unha actividade o pasado mércores día 20 ben interesante: coñecer e escoitar o escritor Bali Rai, de quen lemos en lingua galega o seu libro Un casoiro ben mal amañado. En dúas sesións, unha para 4º de ESO e outra para 1º de Bacharelato, queremos destacar sobre todo o comportamento do alumnado de 4º, quen escoitou atentamente as explicacións do escritor en inglés sen necesitar en ningún momento que a tradutora acompañante axudase. Fixeron un montón de preguntas e saíron moi satisfeitos da experiencia.
Agradecemos á editorial Sotelo Blanco esta oportunidade. E a Bali Rai á súa disposición.

Contra a SIDA

A asociación francesa que loita contra a SIDA, Aides, encargou a Creativity realizar un anuncio que comunique aos máis novos a necesidade de utilizar o preservativo nas súas relacións. O resultado é esta orixinal publicidade que ademais pode servir como denuncia do estado dos W.C. públicos. A imaxe fala por si soa, como adoita suceder.


26/01/10

Made in heaven

Con dirección de Marc Gibert, a partir da idea de Carlos Alejandro, unha homenaxe a dous grandes mitos da música.



Vía Recogedor

Que parvos son os camaleóns!


Escrito e ilustrado por Pablo Prestifilippo Que parvos son os camaleóns! é un álbum cheo de cor que paga a pena tan só polas ilustracións, aparentemente sinxelas, que rebelan que un libro SEMPRE ensina algo, algo tan doado como "atopar un camaleón". O neno protagonista teno tan claro que ata é quen de debuxar o camaleón coméndoo... Para evitalo, inventará varios xeitos de atrapalo, igual que fará a súa nai con el cando chegue e tope todo destrozado.






Con texto adaptado dun conto popular ruso por Eva Mejuto e ilustracións de Sergio Mora, A casa da mosca chosca ten como protagonista unha mosca -estraño, non?- que decide instalarse en lugar de andar dun lado para outro. Con tal motivo organiza unha festa e co arrecendo da torta van chegando personaxes que se van engandindo á historia (novamente, o recurso de engadir para aprender a contar da literatura infantil) ata que ao final un oso...
As ilustracións "abranguen" o propio texto, en plena comuñón ambos, enormes cores e figuras deliciosas.
Topeino aquí contado por nen@s.

Outro xeito de escoitar Imagine

O Imagine de John Lennon cantado en linguaxe de signos. Este fragmento pertence a un capítulo da serie de TV Glee que na actualidade emite a canle americana FOX e que está protagonizada por un coro estudantil.



Grazas, María.

25/01/10

Le petit dragon

Curta realizada en stop-motion dirixida por Bruno Collet. Mellor curta europea en Anirmau 2011.



Vía Recogedor

Día da Paz (I)

Desde O Segrel, esta recopilación musical pola PAZ:





No blogue do cole de Mondego, aínda máis propostas de música.
E un recurso interesante para traballar coas cancións.
Na Biblioteca Canistrel agasállannos coa súa propia produción musical.

E algo máis:
Irmaus
Paz a través da música

O nadal de Thalía

Thalía, coma decote, aproveitou o Nadal para ler, ademais de estudar Bioloxía, claro. E achéganos as súas reflexións.



El Aleph
Borges

Este libro en principio facíase moi pesado e non me animaba moito a lelo, pero segundo ían pasando as páxinas comeceino a entender e a disfrutar. Non é un libro que pola miña propia iniciativa lería, pero doume conta a posteriori que sería un erro non facelo.



Amanecer
Stephanie Meyer

O último libro desta saga é o máis completo e á vez extenso. É tamén o que máis me gustou.
Saber finalmente como rematan os acontecementos desta gran historia de amor esperta en min un sentimento magoento, porqeu non vai haber máis, pero tamén de satisfacción porque descubro o final.
Neste libro temos a transformación, o nacemento tan anceiado e temido. Unha das partes que máis me gustou é a da batalla cos Vulturis: mantíñame intrigada o final. Non me defraudou nada. Ten partes moi divertidas e outras que quizais sexan menos amenas, pero sen dúbida paga a pena lelo.



Plenilunio
Antonio Muñoz Molina

Este é un gran libro. É moi duro, reflcte moi ben a dor, a crúa realidade dunha violación; fala do que senten as vítimas, a familia, o propio violador. O libro invita á reflexión, a dármonos conta da nosa propia inconsciencia. Tentar pedir axuda sen conseguilo; a desesperación non tería importancia para os máis. É un gran libro que TOD@S debemos ler.



La fundación
Antonio Buero Vallejo

Esta obra de teatro gustoume moito. É unha forma moi animada de representar o que era estar no cárcere.
O personaxe de Tomás pareceume moi entretido. Ao principio non entendía por que el vía todo iso, pero finalmente todo ten sentido.
Gustaríame vela representada, porque se está ben léndoa, que será vela no teatro???


Moitas grazas, Thalía, unha vez máis. Xa sabes que seguimos contando contigo e as túas lecturas.


24/01/10

En perigo de extinción

Protexe a túa lingua


(des)prestige

Texto de Marga Romero en A Nosa Terra:

Esta vez non son 77.000 toneladas de petróleo. Mais botaron o barco á Ría, quéreno levar a mar aberto e afundilo ben lonxe. Como se pesa, como se mide, como se conta a dignidade dun pobo, a súa existencia. Como se poden achar as toneladas que vale unha lingua. Din levar o paquebote esmaltado cara ás Illas Británicas, mais volven enganar, saben que así ninguén aprendera a ler as súas liñas no horizonte. Afástano, arrédano das costas portuguesas, non vaia ser o demo, que no varadoiro prenda na silveira. Estamos tod@s no barco e ese NÓS, é inconmensurábel. Quen non desexa navegar por novas rotas polos infindos ríos da Europa. Polos mares do sur. Descubrir as fontes do Nilo. Hai quen arela outros portos sementados nas beiras do Orinoco ou do Amazonas, petar noutras portas e entrar nunha casa en Chachauí, sobre do cume do Cúndur-Cundúr ou en políglotas tabernas, paradas necesarias para ascender polas serras do Cáucaso ou polas neves do Himalaia. Aprender outras rotas non é cegar camiños que ascenden polo Xares a Trevinca ou coma serpes acompañan o paso dos mil ríos do país. É saber do estripeiro, aínda que aéreas, as raíces nesta terra. O 21 de xaneiro nós con roupa de domingo pola rúa coa forza da razón e da palabra, en chegando de todos os nomes do mapa de Fontán,constataremos na mellor das descubertas que leda vai a nao. E contra tanto mercenario, nós, que soñamos camiñar do Courel a Compostela por terras liberadas, demostraremos que tanto amor non pode ser inútil. Sen teas soñadoras, nin un paso atrás Galiza. En galego, coma sempre, nós, tamén navegar.

Pancho

Antonio Santos é o autor e ilustrador de Pancho, un libro que nos fala da inocencia dun elefante que se namora dunha fermosa tea que os homes usan; desobedecendo aos seus pais, cae nunha trampa e é capturado para traballar nun circo, onde soñará coa liberdade e con seus pais. A última páxina ábrese á esperanza cun "case fin" que desexamos. As ilustracións son sinxelas, trazadas esquematicamente, o que lle dá, curiosamente, unha gran viveza ao texto, escaso pero suficiente, do libro. Son cartolinas recortadas de cores, un tanto ríxidas, coma un collage.
Como afirma o autor, o libro fala dos desexos erróneos que calquera de nós pode sentir, devecendo polo afastado e non priorizando o realmente importante: o que xa temos e non deberiamos perder.
Foi galardoada co II Premio Nacional de Ilustración Infantil, máximo recoñecemento á ilustración dentro de España, convocado polo Ministerio de Educación.


A cebra Camila



A cebra Camila, de Marisa Núñez e ilustrado por Óscar Villán presenta unha fermosa historia que segue os parámetros clásicos dos contos infantís: repeticións que van engandindo frases a medida que a historia avanza.
Unha cebra que chora por causa dun "vento bandido que lle esfarrapou o vestido" vai atopando a solidariedade do seu contorno que a axuda a ir perdendo bágoas e tristura para encontrar ledicia, unha alegría que será total canda a súa nai a acabe de protexer. Unha historia tenra que arrinca sorrisos continuos e conmovedores.
As ilustración son totalmente encantadoras: fixádevos na portada: a que é incrible ese xesto de alucine que ten? Ilustración e texto son dúas partes independentes que poderían vivir soas pero ao mesmo tempo conxuntas son unha auténtica delicia.
Topeina aquí en castelán.


Non á violencia contra as mulleres (CXXXI)

23/01/10

Kungfu Bunny

Especial e magnífica curta en tres partes do animador chinés Vincent, Kung-Fu Bunny; nelas combina debuxo xunto a imaxe real e conta a historia de que o autor tenta botar da súa casa un coello da súa propia creación. Pero este coello é experto en artes marciais e non se deixa, polo que Vicent adestrará o can para vencer.







Vía Recogedor

Valados

Agustín Fernández Paz demostra en Valados que non son necesarias grandilocuencias nin rimbombancias para denunciar a realidade do noso mundo; ese que nós, os humanos, nos empeñamos en empozoñar cada día, construíndo valados arredor nosa: coa indiferencia, co odio, co medo, co silencio. Cal é a explicación a tanta destrución? Falamos estes días e horrorizámonos coa traxedia de Haití, un valado máis, produto da destrución do home cara á natureza. Lembramos de cando en vez o que supuxo o nazismo e a construción do muro de Berlín. Aprendemos cada día sobre valados vergoñentos que ninguén quere destruír en tantos lugares do mundo: Palestina, Sáhara, Ceuta... Sobre todos estes en conxunto e ningún en particular escribe Agustín, unha lección de emoción sobre uns nenos que, afastados por un valado, inventan mil e un xeitos de destrozar ese muro. Por que non deixar paso ao optimismo? Seremos quen de erguernos un día e descubrir que por fin comprendemos que tod@s somos iguais e alzarnos da man para derrubar todos os valados -reais e imaxinarios- que existen? Serán eses nenos capaces de medrar coa intención de loitar contra as pantasmas dos adultos?
Un libro especial que o noso alumnado debe ler e traballar, para que a educación sexa tamén esa pinga de sentido común que a sociedade do futuro necesita.
As ilustracións de Xan López Domínguez, un dos nosos mellores ilustradores, son esenciais acompañantes neste texto fermoso e profundo que deixa paso á esperanza.

Lingua proletaria de mi pipol

Unha compañeira do PLAMBE mándanos este poema que quizais coñezades... se sodes convenientemente plurilingües. Viva o decretazo!





e outra compañeira mándanos tamén a súa versión, monolingüe, do mesmo poema. Para que logo digan que a poesía non serve para nada!

Eu fáloa porque si

Eu fáloa porque si, porque me gusta.

Eu quéroa porque si, porque me mola.

Eu quéroa porque é parte de min.

Eu quéroa porque é miña, e chega.

Eu síntoa miña porque me criou desde pequeño.

Eu respéctoa porque son as miñas raíces.

Eu elíxoa porque si, porque vale a pena.

Eu fáloa porque me sae pola boca.

Eu aloumíñoa porque me fai máis feliz.

Porque me dá a vida.

Porque me fai soñar.

Eu seméntoa para que se multiplique.

Eu régoa para que non se murche.

Eu sóñoa para que a abale a lúa.

Eu cántoa para que o vento a zoe.

Eu navégoa porque estou a salvo no barco que me leva.

Eu esquézoa para lembrala unha e outra vez.

Porque grazas a ela podo escribir estas palabras.


Moitas grazas a ambas as dúas

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.