Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

24/05/10

Guía de lectura de Makinaria

Xa falaramos neste noso espazo deste libro que nos encanta.



Pois ben, arestora a nosa benquerida amiga, compañeira e colaboradora habitual, Rosa Salgueiro, vén de agasallarnos a toda a comunidade educativa cunha estupendísima Guía de Lectura de Makinaria, este libro de poemas de Carlos Negro que todos deberiades ler, que será o libro que peche a nosa andaina no Club de Lectura.
A proposta foi elaborada en formato LIM e presenta dúas versións diferenciadas segundo o nivel de lectura e o tempo do que se teña para traballar o libro:
.- Gozar da paisaxe (versión completa de 40 actividades)
.- Ir polo atallo (versión reducida de 30 actividades)

Moitas grazas, Rosa, por este traballo en particular e por toda a túa páxina que tantas dificultades nos soluciona, e pola túa xenerosidade de sobra coñecida.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Paréceme un traballo extraordinario esta guía de lectura.Parabéns á autora.Creo que lle imos sacar moito proveito, co teu permiso.
María Souto

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.