Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

28/02/17

X-Story

Curta sen palabras, un futuro  que asusta un pouco. Vía Arte y animación.



La caja sorpresa

A editorial La casita roja publica La caja sorpresa de Art Spiegelman, un cómic infantil dun dos máis grandes comiqueiros. Así que é un bo xeito de recomendar a lectura de cómics para un lectorado que se inicia e ademais é unha historia divertida e atraente, xa que o protagonista é un rapaz e o seu agasallo, unha caixa sorpresa que realmente nos dará moitas sorpresas a medida que avancemos na lectura. Resulta moi curioso como este autor ten especia querencia polos protagonistas animais, e desta volta nos ofrece un relato tenro e divertido que para min supuxo, asemade, unha auténtica sorpresa.

Vientres de alquiler

27/02/17

360 Google Spotlight Story: Rain or Shine



Vía

Haikus fieramente gays

Na editorial Manuscritos podermos atopar este libro de poemas  de Kevin Artai baixo o título Haikus fieramente gays, un libro bilingüe en español e inglés certamente interesante porque nos ofrece unha panóramica diferente, presentada dende o desexo homosexual en forma de haiku, unha composición pola que teño especial querencia. Amor e desamor en igual medida, a do haiku. Porque todas as olladas son necesarias, aínda que podo asegurar que universais, xa que cada haiku expresa tan só o desexo, ou o sentimento, fóra de quen o escribe ou a quen vai dirixido; por iso, de xeito illado, vese a necidade de querelos ver diferentes, falan estes haikus de sentimentos universais que todas e todos compartimos.

En todos los rostros
Tu rostro
Música de mi corazón.



Onde está ela?

A ONU lanza unha campaña chamada "Atópaa" para amosar a escasa inclusión das mulleres no emprego exipcio (en Exipto as mulleres só representan o 23% do mercado laboral) versionando o xogo "Onde está Wally". Así, hai que atopar a única muller en lugares de traballo dominados por homes. De paso, o cartaz lembra que atopar mulleres en tecnoloxía non debería ser tan difícil.
Esta campaña enmárcase no programa da ONU  Planeta 50-50 en 2030. Demos o paso pola igualdade de xénero, que quere animar aos gobernos a que eliminen as barreiras que impiden que as mulleres poidan ter o seu máximo potencial. Os cartaces pretenden por tanto amosar a importancia da igualdade de oportunidades.




Aínda que tampouco debería ser difícil topar mulleres en política:






E tampouco na ciencia:



E aquí tes as respostas:
1.-




2.-



3.-



Visto en Verne, do País.

26/02/17

Créme Caramel

Vós que opinades?:




Vía

Os nenos da varíola

Vén de me gustar, e moito, esta nova proposta que realiza María Solar a través da editorial Galaxia, Os nenos da varíola está baseada nun feito real, descoñecido para min, e que resultou ser de moito interese. Así pois, ofrécenos esta autora, unha historia novelada sobre un acontecemento que nos permite descubrir e respectar a vida e a miseria de comezos do século XIX, o amor e a entrega dalgunhas persoas que permiter que a humanidade avance. Non podería ser doutro xeito. Se a inmobilidade que protagonizan tantas veces relixión e estado fose o único posible, aínda estariamos situados na Idade Media. Porque este libro fálanos dunha xesta, dun enorme avance científico que desembou na desaparición dunha enfermidade, dunha lacra que, iso é o bo deste tipo de pestes, era democrática na súa matanza: daba igual que se fose rico ou pobre, a varíola atacaba e mataba unha de cada tres persoas. Así, na Europa do século XVIII, a varíola era o que anteriormente supuxera a peste; pero en América era moito peor, xa que mentres en Europa gran parte das persoas adultas estaban inmunizadas por teren pasado a enfermidade na infancia, en América provou unha auténtica hecatombe, xa que foi unha das enfermidades que lles levamos de "agasallo".
De aí xorde a necesidade de que se leve unha nova vacina para alá. E disto fala este libro. Disto e de máis cousas, claro está, porque María Solar constrúe unha narración que pon o seus intereses nuns nenos que viven na máis absoluta pobreza e soidade, feito que será o responsable de que sexan os escollidos para seren portadores da vacina: non hai peor soidade que a de que ninguén mire por ti. Estes nenos anónimos serán os heroes dunha epopea case descoñecida. O libro inventará a Ezequiel, un neno que todas quereriamos na nosa casa, un neno afouto e feito que aprenderá a ler en pouco tempo porque sabe que o acceso á cultura está ditaminado polas leis dos homes: só os poderosos teñen acceso a ela. E el non desaproveitará a oportunidade de topar o mellor refuxio na mellor catedral: a biblioteca. Desta volta, unha biblioteca científica que dará paso a que se poida falar asemade do motivo polo que se escribiu o libro: o invento dunha vacina (algo que non todos apoian por motivos ideolóxicos e relixiosos, ou sexa, incultos) e a súa utilización para rematar coa lacra da enfermidade.
Arredor da historia real tecerase estoutra historia, aquela con nomes reais e información veraz, esoutra con parte novelada e necesaria para manter atrapado ao lectorado (e non esquezamos que estamos ante un libro xuvenil) onde de todo hai, ata un amor platónico. E sobre todo, o que temos é a pintura da miseria, a verdadeira protagonista: un hospicio pobre onde sobrevivir é difícil e doloroso. E tamén teremos unha personaxe afouta que tenta ser avogada, xuíz e enfermeira (baseada na realidade). Esta mestura real-ficción está ben conseguida, abofé.
E como está, supoño, baseada en canto aconteceu, pouco se sabe do que alá foi, e isto constituirá a parte novelada que cada lector ou lectora pode perxeñar no seu caletre.
Moi recomendable.


Non á violencia contra as mulleres (DV)

TÚ ERES LA FLOR DE TU VIDA 
 IES María Pérez Trujillo 



25/02/17

Ciclope



Vía

Animalario cotián... entre irmáns

Con este título tan longo, Animalario cotián... entre irmáns, publica a editorial Xerais este divertido álbum de María Lires que pon de manifesto a rivalidade existente entre irmáns, as pelexas, os insultos (máis grandes canto maior é o anoxo)... e o amor que sobrevoa por riba de todo isto. Porque ao final, todos eses malos momentos, eses disparatados alcumes que se profiren nun momento dado, pasan ao esquecemento en segundos, porque sabes que esa familia é para sempre e que a necesitarás nalgún momento. Cada dobre páxina amosa as dúas faces: o irmán e a irmá.

#RosaliaTe no IES Laxeiro

Non podía dixar de traelo, a verdade. Pero síntome realmente orgullosa deste traballo que impulsamos dende a biblioteca. Agardo que vos guste, aínda que non tanto, cando menos un pouquiño:

24/02/17

Airiños, airiños aires

Pilar Aguilar

Coñecín a Pilar  no curso de Igualdade de Lalín. Dende entón, sígoa con fervor:


23/02/17

Ezetaerre - Mao a mà

Hip-Hop combativo de noso:


La niña del faro

Flipando quedei coa lectura de La niña del faro de Jeanette Winterson que publica Lumen. Que prosa! Que sensibilidade tan extraordinaria! Que uso da linguaxe! É unha auténtica marabilla que debo á prezada Luz Paramio, quen namorou dela antes ca min. Normal. Porque o libro é maxia, pura, das de verdade, desa maxia que se topa moi de cando en cando. E o importante non é o que conta, senón como o conta, xa que abraia a luz que transmite, a metáfora feita arte, o estilismo da súa prosa. Por iso, a súa lectura conmove, avisa, presiona, apreta, e solidifica no teu interior. O que si provoca, sen dúbida ningunha, é seguir lendo máis desta autora, porque o lectorado quedará coa intriga de saber se é posible repetir xoias escritas. Esta alfaia lévanos ao mar, ao amor, á soidade, ás historias, aos libros, á poesía. E sobre todo, a raíña do libro é a delicadeza.

Cuéntame un cuento, Pew
¿Qué clase de cuento, pequeña?
Uno con final feliz.
En el mundo eso no existe.
¿Un final feliz?
No, un final.

Jamás debes dudar de la persona a la que amas.
Pero puede que no te diga la verdad.
No importa. Dile tú la verdad.
¿Qué quieres decir?
No puedes ser la honradez de otra persona, pequeña, pero sí puedes ser tu propia honradez.
Entonces ¿qué debería de decir?
¿Cuándo?
Cuando ame a alguien.
Deberías decirlo.




Es cierto que las palabras se desvanecen y a menudo
las cosas realmente  importantes no se dicen.
Las cosas importantes se aprenden en los rostros, en los gestos,
no en nuestras lenguas encarceladas.
Las cosas auténticas son demasiado pequeñas
 o demasiado grandes, o en cualquier caso,
no tienen el tamaño adecuado para encajar
en el templo llamado lenguaje

Micromachismos, forma sutil de violencia

Visto aquí 
























22/02/17

The Short Story of a Fox and a Mouse

5 pintoras españolas

Maruja Mayo.- (1902 - 1995)
María Blanchard.- (1881 - 1932)

Ángeles Santos Torroella.- (1911 - 2013)
Amalia Avia.- (1930 - 2011)
Juana Francés.- (1924 - 1990)



Visto aquí

21/02/17

El banco azul

En Babulinka Books podemos atopar este delicioso álbum ilustrado de Albert Asensio, El banco azul. Os bancos do parque, os bancos das rúas, calquera banco. O banco como protagonista xa o lemos nun inesquecible cómic do que xa vos falei. Desta volta temos un banco testemuña, impasible, sobre o que se viven diferentes historias. Historias de xogos, historias de coñecementos, historias de amor. Mesmo historias de novas oportunidades, coma esta que nos ocupa. Volver a empezar sempre é posible. E todo isto narrado delicadamente cunhas ilustracións que convidan a soñar. Son chamativamente tenras e sutís.



A pobreza é sexista. Poverty is Sexist

Ninguén é igual, ata que o sexamos todos e todas.
“Ninguna persona vivirá en igualdad hasta que en todo el mundo, todas vivamos en igualdad” 

Campaña da ONG ONE para denunciar o sexismo que existe en todo o mundo e, sobre todo, entre as mulleres que viven en situación de pobreza. Vía "El País".
Existen 130 millóns de nenas en todo o mundo a quien lles son negados os seus dereitos básicos.

20/02/17

Lingua encadeada

Por deLombaos e Ceive. Vía Carta Xeométrica

 

La vaca que leía libros

Adélia Carvalho e Till Charlier son artífices deste álbum que fomenta a lectura publicado pola Editorial La fragatina: La vaca que leía libros é unha historia preciosa -para quen ame a lectura- e divertida, xa que estamos a falar dun animal que quere ser culto, que non se conforma co seu destino e que será autodidacta; pero o seu esforzo verase recompensado grazas xa que será quen, mesmo, de transmitir o seu saber, algo que ata lle agradecerán aqueles e aquelas que exercen a nosa profesión.



#Resistiré

19/02/17

Une Femme Coquette



Vía El País

Trazado. Un atlas literario

En Impedimenta podemos atopar esta marabilla de Andrew DeGraff con textos de Daniel Harmon: Trazado. Un atlas literario é unha fiestra, desas que de cando en vez algunha editorial nos agasalla para que poidamos mergullarnos no universo sen límites que as Letras e a Literatura nos ofrece. Este libro álbum é unha viaxe que nos engula para meternos no máis íntimos dalgunhas obras literarias, 19, para sermos exactos, das que ademais teremos novas visións grazas á harmónica unión de texto e ilustración que temos nas mans. Supoño que habería que ter lido todas estas obras, que non é o caso, pero creo que esta lectura ten a virtude de meter gañas de ler estes clásicos. Pero dá igual, con Trazado percorreremos eses libros, lidos ou non, dun xeito descoñecido, cun mapa na man, que nos aporta unha viaxe pletórica, chea de emocións e coñecemento.
Unha marabilla lectora.




Trazado: Un atlas literario from Editorial Impedimenta on Vimeo.

Non á violencia contra as mulleres (DIV)

Publicou Ana Colmeiro no seu Facebook:

La Otra - Se quemó

18/02/17

Carrot Crazy



Vía

Filemón y Baucis

En ediciones Ekaré podemos atopar este pequeno álbum de Lemniscates, unha versión dun relato das Metamorfosis de Ovidio: Filemón y Baucis é un fermosísimo relato de amor, de compaixón, de reflexión, de solidariedade. Un magnífico xeito, asemade, de achegarse aos mitos e obras antigas, xa que este libriño é claro, directo e sinxelo. As ilustracións semellan gravados en branco e negro, con algo de vermello, feito que confire dinamismo, xa que as imaxes son moi narrativas.
Moi recomendable.




Sin vías legales, dinero a raudales

"Sin vías legales, dinero a raudales" é o lema de CEAR (Comisión Española de Axuda ao Refuxiado) para denunciar as desastrosas consecuencias que teñen as políticas europeas para as persoas refuxiadas e migrantes.



Aquí máis información.

17/02/17

Siempre hemos vivido en el castillo

Unha máis que curiosa novela esta de Shirley Jackson que publica Minúscula: Siempre hemos vivido en el castillo é unha narración gótica de maldade maquiavélica que tardamos en descubrir. Certo é que toda a ambientación é realmente curiosa dende un principio, facendo partícipe ao lector da atmosfera opresora na que viven os protagonistas, xa que unha delas padece agarofobia e non sae da casa e a outra, a voz poderosa que nos conta todo canto acontece é... en fin, ata aquí podería dicir. E quedamos con esta voz, coa súa enerxía, coa seu retorcemento interior baixo a apacible face que maxinamos. 
A novela ben podería estar disfrazada de conto de fadas: ten moitos elementos comúns; o castelo, a casa; a princesa... e o dragón. Pero este dragón será unha auténtica sorpresa e o argumento será absolutamente sinistro. A perversidade que se agocha consegue un auténtico bombazo cando nos percatamos da dimensión do drama que temos ante os nosos ollos, cando sucumbimos tamén nós a unha maldade que semella gratuíta. 
E este tipo de maldade nunca deixa de sorprendernos.






A ciencia non é para ti

Polo xeral, as mulleres non chegan aos niveis xerárquicos e de responsabilidade aos que si chegan os homes.




  

O vídeo e o texto pertencen á Cátedra de Cultura Científica de la UPV/EHU, sumándose así á iniciativa de Nacions Unidas para celebrar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

Vía Fogonazos

16/02/17

O amor, en igualdade

Dende a biblioteca do IES Laxeiro andamos a argallar para todo este trimestre unha serie de actividades que promovan a caída dos mitos do amor romántico, falando de amor en igualdade e afastándonos da falsa idea do amor eterno e heterosexual como único posible. Entre outras propostas, unha é o reparto desta guía propoñendo lecturas e filmes "en igualdade".


#Amítambién me ha pasado

As mulleres vivimos situacións diferentes, variadas, como somos tamén nós; algunhas mulleres sofren agresións, explotación, opresión; outras non. Pero podemos dicir que todas deberiamos ser feministas, porque o feminismo loita para que as mulleres non sufran desigualdades, nin acoso, nin sometemento. 
Este vídeo fala precisamente diso: de que ningunha muller consegue fuxir da desigualdade.

15/02/17

Knit to the last day of my life

Curta animada sen palabras sobre o testáns que podemos chegar a ser:




Visto aquí

Sempre hai un lugar para a poesía (CXLII)

 Publica Pilar Aguilar no seu Facebook:

Porque o amor tamén é desamor, este poema de Idea Vilariño:


Ya no será,
ya no viviremos juntos, no criaré a tu hijo
no coseré tu ropa, no te tendré de noche
no te besaré al irme, nunca sabrás quien fui
por qué me amaron otros.

No llegaré a saber por qué ni cómo, nunca
ni si era de verdad lo que dijiste que era,
ni quién fuiste, ni qué fui para ti
ni cómo hubiera sido vivir juntos,
querernos, esperarnos, estar.
Ya no soy más que yo para siempre y tú
Ya no serás para mí más que tú.
Ya no estás en un día futuro
no sabré dónde vives, con quién
ni si te acuerdas.
No me abrazarás nunca como esa noche, nunca.
No volveré a tocarte. No te veré morir.

Las Sinsombrero

A vida das escritoras e artistas olvidadas da Xeración do 27:


Xa o publicaramos, pero convén lembralo, e vimos de velo aquí.


14/02/17

A Lunch Break Romance



Visto aquí

Feliz Feroz. O lobiño riquiño

Publica Xerais na súa colección Sopa de Libros este libro de El Hematocrítico con ilustracións de Alberto Vázquez: Feliz Feroz. O lobiño riquiño é a versión dada a volta da idea que temos dos lobos, pois tal como nos indica o título, o noso protagonista vai ser un lobo riquiñez, ou sexa, un animal tan bo e obediente que a súa propia familia avergóñase do seu proceder. Así que tentan reeducalo, para que se comporte como se agarda del, como un lobo feroz e malo que, por exemplo, comería a Carapuchiña de topala. Pero o noso protagonista non está polo labor, así que será o noso amigo dende a primeira páxina. Como non nos vai gustar este lobo tan humanamente tenro!!!
Unha auténtica louvanza do respecto á individualidade e o respecto a poder sermos diferentes.

13/02/17

Tracy Chapman "Stand By Me"

Encántame esta muller:


Las alas del avecedario

Fermoso libro de poesía tanto por contido como por ilustracións este que nos agasalla Kalandraka para os sentidos: Las alas del avecedario contén poemas de Antonio Rubio e ilustracións de Rebeca Luciani. Avecedario, claro, porque o autor contempla un abecedario real, aquel que realiza segundo a orde das letras escollendo paxaros singulares, comúns, coñecidos ou descoñecidos, reais ou desaparecidos. E de todos eles ofrécenos datos, ás veces en ton humorístico, outras en ton informativo, procurando esa rima necesaria en poemas infantís e máis nestes poemas que suxiren o constante bater das ás dos paxaros; porque ben é certo que ao pouco de comezar a lectura sentiremos que estamos rodeados do canto dos paxaros, eses que van desaparecendo dos nosos ceos e das nosas árbores pouco a pouco, esa paza que vai desaprecendo da nosa natureza e que só eles saben transmitir coa súa particular fala. Quen non bota de menos os seus cantos!
Por certo, como dato curioso, o nome do paxaro vén acompañado do seu nome científico. Aí é nada!
E que dicir das ilustracións, coloridas e chamativas, ás veces humanizando, outras transmitindo tanta vida e tanta paixóns, saboreando audazmente un poemario que se me antolla imprescindible.

Hyperlapse Around the World




Vía

12/02/17

Baile

Sen palabras pero moito baile:


Matilde

Matilde é un deses álbums que namoran só con abrilos na primeira páxina (a pesar do meu prexuízo polo tamaño); logo, dunha ollada, xa intúes que a ausencia de palabras pode dar moito xogo e logo vén a "lectura" atenta e múltiple que ocasiona. Unha gozada esa perspectiva que nos ofrece Sozapato na editorial Kalandraka: Matilde é unha nena curiosa que necesita formar o seu propio mundo e este tamén precisa a súa propia liberdade, e ambos son quen de converter o gris en cor, xa que vivimos nun mundo rancio que precisa da capacidade ilimitada do maxín. Esta capacidade pode ser máis ben un poder, o poder do inimaxinable, ese poder que se lle outorga ao guía ou a quen poida aportar coa súa arte o inicio dunha nova aventura.
Fermosísimo álbum

Non á violencia contra as mulleres (DIII)

Aldaolado. Contra a violencia machista. 



11/02/17

O sombreiro do mago

Ánxeles Ferrer publica en Xerais -colección Merliño- O sombreiro do mago, unha historia de amor entre dous coellos que procuran a liberdade; a pesar do título e da importancia que poida ter o mago, coido que esa é a verdadeira historia, a dun amor que semellaba imposible pero que non o foi grazas á astucia e á sabedoría dun animal fronte a un ser humano. Tamén o é a maxia, que fai posible que ese sombreiro sexa un pozo de sorpresas. Así que maxia e amor conxúganse para un final feliz.
De todos os xeitos, boto de menos que a autora non aproveitara a historia para darlle a volta ao conto de sempre: príncipe afouto que salva princesa encarcerada, aínda que aquí falemos de coellos. Precisamos máis relatos que cambien o conto, e este non o fai. Unha mágoa.

Versos para conversar

Xoán Carlos Domínguez Alberte achégase ao público infantil publicando en Galaxia este poemario  nomeado Versos para conversar, un libro sobre a importancia do diálogo, propoñendo ao lectorado diferentes voces líricas que xogan lingüísticamente con aquel, introducindo fantasía e recursos retóricos como onomatopeas e aliteracións que inciden nese papel da linguaxe como xogo, tan importante na poesía infantil. Asemade, existe unha pluralidade de elementos da natureza escollidos con coidado e agarimo, como tamén do mundo antropolóxico pleno de trabalinguas; un brinquedo constante dende o primeiro poema ata o último, onde a sonoridade e o optimismo agrúpanse para alentar na lectura dun libro que de seguro dará moito xogo nas escolas.
Ilustracións de Pablo Rosendo.



10/02/17

Help a Dane

09/02/17

Composition in the films of Xavier Dolan

 Este video de Sharon López amosa a harmonía cinematográfica do director canadiano, acompañada pola melodída da toda a súa filmografía “New Error” de Moderat. Se dividimos a toma en oito partes iguais, destacando o punto central da imaxe, vemos que Xabier Dolan respecta en todo momento a simetría nas súas películas. As súas composicións están sempre moi ben coidadas.
Visto, unha vez máis, en Cultura Inquieta.



Composition in the films of Xavier Dolan from sharonlopezt on Vimeo.

#CuentoContigo




A campaña #CuentoContigo procura chamar a atención sobre o acoso escolar ou bullying a menores por razóns relacionadas coa orientación sexual e identidade de xénero nas escolas e tentar desenvolver espazos educativos nos que se conviva sen este problema. A campaña está promovida pola Rede Iberoamericana de Educación LGBTI (RIE-LGBTI, formada por cinco organizacións que traballan en favor dos dereitos das persoas lesbianas, gais, bisexuais, trans e intersexuais).






Vía

08/02/17

Sementes

Que alegría de paquete veño de recibir! E, por suposto, a miña ollada dirixiuse primeiro ao álbum ilustrado que ocupaba gran parte da caixa. Chama a atención pola súa portada, e unha vez aberto polas ilustracións; pero iso non queda aquí. Unha vez lido o texto, un texto en clave metafórico que proporciona unha fonda e sentida reflexión da sociedade actual, da nosa alienación, do pouco respecto pola natureza, ficamos en silencio un longo anaco de tempo. Non pode ser doutro xeito, porque a introspección é necesaria canda este. Permanecen nas nosas pálpebras as imaxes, esa moza encarcerada por saltar as normas dunha sociedade totalitaria: esa que semella que vai volver á nosa sociedade, vendo o que está a ocorrer ao noso arredor.
Este álbum, Sementes, é de Sonia García e está publicado por Xerais. Aínda por riba vén cun CD con banda sonora, conto locutado e montaxe en vídeo.
Gozada.

07/02/17

O cuarto das abellas

Publica Antía Otero en Xerais O cuarto das abellas, un libro que recorre ao símbolo da colmea para levarnos á casa, ao íntimo, xogando con estes dous mundos que podían semellar tan distante e que por boca -ou por aguillón- convértense nun só onde a palabre orienta os versos terapéuticos. E é que din os especialistas que o futuro da humanidade está ligado ao das abellas, e ambos están en perigo. Repasemos con Antía esa ausencia de futuro para mirar presente e pasado. Ao volver a vista atrás ollaremos un mundo que se perde para deixar paso a un mundo consternado. Consternación porque seguimos a sorprender e a ser sorprendidos, a pesar de todo, tentando sobrevivir nun mundo tan alleo, tan incredulamente complicado. E nese mundo posible, tentaremos non "a cagaremos". Aínda que isto é ben difícil, a verdade...
É doado sentir o zunido das abellas como música de fondo dun libro que fala do cotiá e do fogar, da casa e da vida.

as abellas nunca teremos
cintura de avespa


O día
que a raíña morreu
xuntáronse os abázcaros
para repartir versos


Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.