Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/11/18

Novos amigos

Xenial álbum de Tomi Ungerer publicado por Kalandraka: Novos amigos, unha crítica ao racismo e a todo tipo de intrasixencia, e faino mediante a burla dos prexuízos. Ungerer realízao lembrándonos que non hai que rexeitar o que poida chegar ás nosas vidas sen antes analizalo porque moitas veces todo isto pode facernos mellores e pode axudarnos a medrar como persoas. Un álbum cheo de cor e de luz que se enriquece páxina a páxina coa mestura de culturas e que se basea sobre todo na amizade. O libro tamén nos fala da reciclaxe, un xeito de salvar o planeta que neste libro se amosa tamén como posibilidade artística.
Lembrar ao lectorado máis novo que a variedade cultural é necesaria e enriquecedora é necesario, xa que se non aceptamos unha sociedade plural nunca acadaremos a necesaria tolerancia para vivir en paz.

29/11/18

Cándido e os demais

Con texto de Fran Pintadera e ilustracións de Christian Inaraja preséntase Cándido e os demais, libro que mereceu o XI Premio Internacional Compostela de álbum ilustrado que publica Kalandraka. Unha refelxión que semella sinxela pero que se torna profunda polo abano de posibilidades que ofrece: un personaxe diferente, único, que se sabe distinto e por tanto incomprendido, o que nos leva a reflexionar sobre a nosa propia personalidade, sobre como a sociedade quere uniforminarnos e rexeita aqueles que se saen da norma... aínda que sempre hai algúns puntos en común porque, ao fin e ao cabo, somos humanos e como tales sempre hai algo que nos une. Sexamos como sexamos, miren como nos miren, o álbum relémbranos que algo nos une, como especie, como humanos. 
Especial álbum que nos leva por novos camiños mentre percorremos vellos carreiros de tenrura e grafismo infantil totalmente sedutor.


28/11/18

Line Riders - Beethoven's 5th

27/11/18

MICROMACHISMOS (Cadigenia)

26/11/18

Imagina tu meta

25/11/18

25 N

Incansables, seguimos aquí. En positivo, sabendo que a violencia de xénero desaparecerá algún día e que chegará a forma parte da "memoria histórica" da sociedade, aprendendo dos erros para non volver caer neles.

 

24/11/18

Non á violencia contra as mulleres (DLXXIII)

La prostitución, ¿una profesión como otra cualquiera? 
A prostitución, unha profesión coma outra calquera?


23/11/18

A escada da violencia

Contra a violencia machista, o alumnado de 2º da ESO de Igualdade do IES Laxeiro realizou esta performance baseada na "Escaleira da violencia" que explica Carmen Ruiz Repullo.



E aquí podedes vela plasticamente

Non á violencia contra as mulleres (DLXXII)

Hola, soy tu machismo 
Ola, son o teu machismo



22/11/18

Non á violencia contra as mulleres (DLXXI)

Y entonces, respiras 
E entón, respiras 

 http://intercambia.educalab.es/?p=8013

21/11/18

Non á violencia contra as mulleres (DLXX)

Paréceche normal? Pois ao revés tampouco

http://adolescentesinviolenciadegenero.com/normal-al-reves-tampoco/






20/11/18

Non á violencia contra as mulleres (DLXIX)

19/11/18

Non á violencia contra as mulleres (DLXVIII)

18/11/18

Non á violencia contra as mulleres (DLXVII)

16/11/18

Os esqueletos divertidos

Janet & Allan Ahlberg son artífices deste divertido álbum que nos propón Kalandraka: Os esqueletos divertidos é unha historia chea de óso con tres esqueletos protagonistas (nada terroríficos, por certo) que viven nun soto e que contan unha historia acumulativa e redonda, xa que o final é igual que o comezo. Historia dun paseo nocturno que nos amosan unha serie de gags que provocarán os nosos continuos sorrisos xa que a pesar da súa intención de asustar non o darán conseguido... e é que asustar non é tarefa doada! Así que o que podería ser un álbum medoñento convértese con mestría en todo o contrario, e iso que a priori poderiamos pensar nalgo totalmente diferente: son esqueletos despistados con ganas de xogar.
Asemade, a posta en escena do álbum é tamén un xogo, xa que combina o formato cómic con viñetas e bocadillos e alternan os tamaños das tipografías. Outra cousa a ter en conta é que os diálogos están en maiúscula para facilitar a lectura do prelectorado. A pa.abra máis utilizada é "escuro" porque o autor e a ilustradora seguramente nos propoñen ese xogo de pensar no sinistro contrapoñendo esta idea coa tenrura da ilustración e coa diversión do libro en si.
Debo recoñecer que os meus xuízos feitos a priori ultimamente non dan no cravo! O cal constitúe unha alegría, neste caso cando menos.


15/11/18

Con voz

¡África tiene voz! - Sani Ladan, activista africano por los Derechos Humanos sobre migración


13/11/18

¡Dídola Pídola Pon!

Que Maurice Sendak era un xenio estaba claro. Con libro coma este déixao aínda máis claro. É que ¡Dídola Pídola Pon! o La vida debe ofrecer algo más é todo un reto de imaxinación e destreza. O libro fala duna cadeliña que ama a comida por riba de todo pero que está asolagada por un estraño espírito de aventura. Podería ser normal o argumento, pero o autor trátao maxistralmente, xa que é quen de achegarse ao descoñecido, a unhas zonas escuras que non adoitan formar parte de libros infantís; pero el elixe afrontar todo tipo de retos, onde os nosos temores máis agochados non suporán ningún tremor, xa que no fondo da escrita hai amor e respecto polo lectorado. E iso nótase.
Grazas, Kalandraka.


11/11/18

Non á violencia contra as mulleres (DLXVI)

Pensa. Fálao . Vive 


10/11/18

Las niñas serán lo que quieran ser

Segue Raquel Díaz Reguera un camiño iniciado xa hai un tempo cos seus álbums ilustrados de empoderamento das nenas. Como esquecer o marabilloso e necesario Yo voy conmigo??? ou Cuando las niñas vuelan alto??? Agora tráenos este título tan pouco suxestivo pero tan identificativo, Las niñas serán lo que quieran ser, publicado por Lumen. Un álbum para lembrar que por moitas pedras que ás mulleres non poñan no camiño (aquí baixo o nome de "Noloconseguirás"), todas somos quen de perseguir os nosos soños e sermos aquilo que nos propuxemos. Porque se queremos, podemos. E non hai máis.




08/11/18

Descoñecidos na rede

Vídeo sobre os perigos de falar con descoñecidos por internet.
grooming


06/11/18

De Blancanieves a Moana: las princesas Disney han cambiado con nosotras

05/11/18

Vermella

Sabela Losada Cortizas resultou gañadora do I Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade con este pequeno álbum que trae do prelo Baía  con ilustracións de Minia Regos: Vermella. Moi interesante que un tema tabú que coido non ver con anterioridade na nosa literatura infantil, a menstruación,  sexa tratado con divertimento, coma se dunha investigación policial se tratase.


 

04/11/18

Non á violencia contra as mulleres (DLXV)

 Publicado na Voz de Galicia:
Coreografía sobre violencia machista no "Got Talent" francés.


A reconquista

Antía Yáñez resultou gañadora do I Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade con este pequeno álbum que trae do prelo Baía con ilustracións de Ana Pedreira: A reconquista. Unha obriña que fala de solidariedade e de liderado feminino dende dúas voces narrativas que sinalan ficción e divulgación.

02/11/18

Kusuma

Encantoume Kusuma, o libro con que Héctor Cajaraville gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil que convoca a editorial Xerais e que publica coas xeniais ilustracións de María Lires. Sabe o autor manexarse coa rapazallada e constrúe unha fábula necesaria sobre a inmigración e a solidariedade, sobre o medio ambiente e o seu coidado, sobre as consecuencias perigosas que supoñen especies invasoras e sobre o respecto á natureza. Todo isto nun libro que se le dunha sentada e que se deleita con cada palabra. Ao mesmo tempo nos lembra a invasión dos eucaliptos na nosa terra e con esta a nosa riqueza. Vaia, un libro completísimo onde o autor non deixa escapar ningún elemento necesario para a educación medioambiental e do respecto aos dereitos humanos.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.