Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
07/03/12
As catro ecoloxías
Atoparalo en Medio Ambiente
06/03/12
Inventario de animais
A obra é delicada, para contemplar cada día, para compartir a información, para aprender un pouquiño e para gozar coas exquisitas ilustracións que nos ofrece. Sobre todo, para lembrar e ensinar que todo remata e que o ser humano é quen de preservar -ou non- cunha riqueza que só a natureza é quen de ofrecer. Se a deixamos.

Atoparalo en Álbum ilustrado, Ciencia, Faktoría K, Recomendamos
05/03/12
El redentor
irmalo nesta súa última obra, El redentor, publicada por RBA na súa Serie Negra. Seguimos co mesmo detective, Harry Hole, un home que segue loitando contra a súa dependencia do alcol e que está máis só ca nunca, un home complexo que convive con miles de pantasmas, un personaxe fascinante e redondo con aristas que cortan, que dificilmente sabe relacionarse coas persoas de carne e óso que o rodean pero que sabe analizalas... mentres loita contra o frío intenso do mes de decembro de Oslo; porque este frío arrepiante é un personaxe máis da historia. A novidade é o Exército de Salvación noruegués, que eu, por suposto, non coñecía, e do que se nos ofrece abondosa información xa que son os seus membros os asasinados. E de Oslo coñeceremos tamén a súa face menos amable, a corrupción, a drogadicción, a inmigración, a indixencia.É a xustiza capaz de poñer as cousas no seu xusto lugar ou somos nós quen ás veces debemos darnos esa licencia? Dúbidas interesantes e adiviñas propostas que nos farán reflexionar. Porque a ambigüidade ou a desobediencia do protagonista fannos plantexar ao lector estes e outros interrogantes para nos enfrontar ao mal. Ou á vida.
Iso si. Contade con que se colledes o libro non ides facer outra cousa ata rematalo. É imposible.
Atoparalo en Lectura, Libros, Novela negra, RBA, Recomendamos
04/03/12
Aventuras de un oficinista japonés
O tamaño do libro é considerable, con catro viñetas por páxina, dende un mesmo plano, que axuda a ver todo o que ocorre en cada escena. Detallista ata o máximo, quizais necesitemos de varias "lecturas" para chegar ao fondo do contido.

Atoparalo en Bang, Cómic, Lectura, Libros, Recomendamos
Non á violencia contra as mulleres (CCXLVII)
Documento de María Xosé Silvar: "Para, contra a violencia, recuperamos a lingua":
Atoparalo en Igualdade, Linguaxe, Muller, Violencia de Xénero
03/03/12
Caligrafía de los sueños
tas. Os tres de Literatura Galega xa están no blogue, así como algúns outros. Comezo a encher os ocos coa lectura desta Caligrafía de los sueños de Juan Marsé publicado por Lumen. Unha novela lenta, intimista, pero tamén luminosa. Nela non pasa case nada, non é acción precisamente o que enche as páxinas da novlea, hai unha historia sobre outra, unhas esperanzas dun neno que comete dous erros, que tentará solucionar na súa adolescencia, hai un espello temporal da pobre Barcelona da posguerra, hai amargura e hai dor. Pero tamén hai futuro.Se ben a lectura pode facerse moi lenta en determinados momentos, o libro é quen de nos envolver, de sumirnos na súa escuridade e buscar a luz canda el. Esa lectura demorada precisa dun tempo lento, adicado a esas páxinas que tan ben transmiten ese devir lento do paso da infancia á adolescencia, da pobreza social, da busca dun propio, dos soños que se verquen en dedos que se esgazan, en pianos inexistentes, en músicas imposibles. Detrás, amor ou desamor, sentimentos universais e necesarios, unha vez máis, que se converten en escusa de narración e busca de inocencias perdidas. Amores tráxicos e amores imposibles, amores que sofren e amores que loitan. Sexo que se descobre.
E coma sempre, a boa prosa de Marsé.
A mediados de los cuarenta, Ringo es un chiquillo de quince años que pasa las horas muertas en el bar de la señora Paquita, moviendo los dedos sobre la mesa, como si repasara las lecciones de piano que su familia ya no puede pagarle.
Atoparalo en Lectura, Libros, Lumen, Recomendamos
Mapa de cultivos tranxénicos
Arredor do 42% de todos os traballos e investigacións que se desenvolven en Europa teñen lugar en España. E hai que sumar os cultivos de máis de 65.000 hectáreas de maíz tranxénico MON 810, 11.500 menos que en 2008.
Atoparalo en Medio Ambiente
02/03/12
El higo más dulce
Un álbum máis que recomendábel.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Fondo de Cultura Económica, Recomendamos
La llave verde

Atoparalo en Álbum ilustrado, Edelvives, Infancia, Recomendamos
O medo manda
Eduardo Galeano fala do medo, a arma máis poderosa do mundo:
Via
Atoparalo en Actualidade, Personaxes, Sociedade
01/03/12
Un can e un gato
As ilustracións son moi axeitadas para os máis pequenos, resaltando o fondo branco que se emprega en todas elas.
Atoparalo en Álbum ilustrado, OQO, Recomendamos
De bosques e homes
Atoparalo en Medio Ambiente
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.









