Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/07/16

Agustín neste blogue

Agora que me preparo para ir a Vigo a despedirme de Agustín, pensei en repasar o seu paso por este blogue. Tantas veces a súa presenza é efectiva nestes Ronseis que semella que non podo determe en todas. Se vos apetece pasear ou curiosear, non tedes máis que procuralo no buscador:

Quedo, sobre todo, con algúns recordos del ligado ao meu traballo.

Aquel día en que o meu club de lectura ficou completamente emocionado pola conversa virtual que nunha aula do IES do Carballiño mantivemos con el:

Que bo sabor de boca me ofrece o feito de terlle feito unha homenaxe en forma de nome de aula no IES Pintor Colmeiro, un centro no que traballei bastantes anos e que deixei hai tan só dous:




Procurei asemade o seu haiku para o noso Libro do Mal Amor:


E unha lembranza das súas manías:

Agustín Fernández Paz: Sempre escribe a man, en cadernos de follas amarelas da marca Uniextra e con rotuladores negros de 0,5 mm. Ademais, pon un título provisorio cando comeza unha novela, aínda que o título "de verdade" poñerao cando esta está rematada.


  Teño outros momentos con el que son meus e que prefiro gardar para min, coma o o seu doce sorriso  tan perfecto!
Ata sempre, meu amigo.


12/07/16

Orfos





Aínda conmocionada. 
Sabía que estabas ben maliño, dende a túa última carta fíxose o silencio, un silencio provocado por unha enfermidade contra a que loitaches canto puideches. E venceu. Eras demasiado bo para que non quixeran levarte a un alén que agora se me antolla máis vivible porque estás ti. E este mundo no que quedamos nós, orfo, é máis terrible dende hoxe. 
Cando comezou a nosa correspondencia? Lembro con ilusión cada nova comunicación na que me facías partícipe dalgunha entrada túa no teu blogue, na que me falabas dalgunha deste blogue... foi o noso amor pola palabra escrita quen permitiu que te coñecese, no mundo das bibliotecas escolares. E dende aquela fíxose realidade algo que sabía, a túa bonhomía, a túa xenerosidade, a túa dozura.
Permaneces e permanecerás connosco. Seremos capaces de construírmos a nación que querías, coa que soñamos? Agardamos que si. Hoxe o día fíxose noite e a noite alongarase demasiado. Pero por ti e contigo o día alumeará de novo nun país que falará a nosa lingua.
Non, a terra non te leva, quédanos a túa palabra, quedan os teus libros e miles e miles de lectores e lectoras que che agradecerán sempre que contigo se iniciaron e engancharon á Literatura Galega. Canto tes feito por todas e todos nós! Canto temos que che agradecer! Canto te queremos!
Grazas, prezado amigo, prezado mestre.




Horizonte de sucesos

Debido á miña última incapacidade lectora, acudo a axudantas para que me boten unha man. Grazas a Cristina Costela, de 4º de ESO, pola súa lectura deste libro de Anxo Fariña publicado por Xerais: Horizonte de sucesos.



Impactante. Así é como definiría este libro. Grazas a el podemos coñecer a vida dos nenos dentro do centro de acollida e o por qué de estar alí e non coas súas familias. Historias duras e tristes, nenos que ven como os pais maltratan as súas nais ou mesmo a eles, nenos que teñen que mendigar, nenos metidos no mundo das drogas e da miseria, nenos orfos... que non teñen máis remedio que ir a un centro de acollida, pensando que alí terán unha vida mellor cando non é así.
Os nenos definen o centro de acollida coma un burato negro, xa que unha vez que están alí non poden saír, xa que non coñecen outra vida nin outro munda ca o de estar alí metidos, onde lle dan cama, comida... e unha vez que saen non son quen de atopar o seu sitio no mundo.
No centro de acollida os rapaces tentan buscar “flotadores salvavidas” e non caer nese burato negro, ao que tanto lle temen.
Neste libro atópamonos con rasgos biográficos e creo que o autor tenta facer unha denuncia a través dos pacientes de dor crónica, coma neste caso o é o bolseiro que padece migrañas, xa que nun momento, o protagonista pregúntalle ó seu médico se lle daría a un fillo os medicamentos que lle receita a el.
Anxo Fariña cóntanos como un rapaz de dezaoito anos que estaba a piques de comezar o primeiro curso na facultade de Belas Artes entra como bolseiro educador na Escola Fogar do centro de acollida de menores Cidade Infantil Afonso X. Nesa aventura coñece a moitos rapaces e entabla amizade, con algúns máis ca outros, e preocúpase por eles, sempre tentando axudar e dándolles moito cariño, que é o que máis necesitan.

The Red Drum Getaway

Jimmy Stewart pasea por un mundo que combina filmes de Alfred Hitchcock e de Stanley Kubrick. Impresionantemente ben feito.

The Red Drum Getaway from Gump on Vimeo.


vía

11/07/16

Pinocho antes de Pinocho

Nunha soa palabra: delicioso.  Femosísimo este álbum case sen palabras de Alessandro Sanna que publica Libros del Zorro Rojo: Pinocho antes de Pinocho é unha obra de arte que non sei definir, xa que non sei se é un cómic ou un álbum pero si sei que é unha pasada de orixinal. Unha animación dun pauciño de madeira que vai vivir diferentes aventuras, nunha figuración do que tamén ocorre no libro de Pinocho, que non viña a ser outra cousa que unha fábula sobre a perda da inocencia. 
E toda a "novela" transcorre sen palabras, mais non deixaremos nós de pasmarnos ante unhas ilustracións a acuarela que son realmente fermosas e poéticas, xogando con cores que se esvaen ou que estoupan para falar do Universo. A partir dunha póla que segue tamén o seu propio camiño e que errará ou non porque ten que ser quen decida os seus pasos. O destino facémolo nós.
Non deixedes de achegarvos a el!







Blast. El apocalipsis según San Jacky

Segunda entrega desta tetraloxía de Manu Lacernet publicada por Norma: Blast. El apocalipsis según San Jacky. Unha segunda parte que non desentoa con respecto á primeira e que nos convida a seguir coa lectura. Profundamos nunha personaxe moi especial que nos vai contando as súas peripecias mentres tentamos averiguar se é realmente culpable ou non. Desta volta coñeceremos un personaxe primordial, "San Jacky", que tamén é interesante para a policía, e en quen recae o protagonismo deste tomo; un personaxe que atrae pola súa complexidade e polos aspectos tan distantes que nos presenta, coma se fose un antagonista de si mesmo; e  é que o ser humano é así de contraditorio. Seguimos a ter a incógnita que se nos presentaba ao principio da saga, xa que a narración ten un ritmo lento segundo o protagonista queira ir desvelando o caso, algo que ás veces semella estar máis preto da loucura que dunha confesión normal.



10/07/16

Non á violencia contra as mulleres (CDLXXII)

Campaña realizada en Australia contra a violencia de xénero que pretende transmitir a idea de que o maltratador xéstase na infantica, os nenos aprenden a ser violentos ante a impasibilidade de quen os rodea.
Visto aquí.


09/07/16

Bananas

Alguén quere un plátano? Están por todas partes:


Vía

08/07/16

Madre. Entre el sol y la noche

Que fermosísimo álbum este de Stéphane Servant e Emmanuelle Houdart que publica Libros del Zorro Rojo!  Madre. Entre el sol y la noche é un cántico de amor dun fillo á súa nai, unha oda chega de tenrura e de vinculacións sempre presentes, pase o tempo que pase, ou simplemente, pase o que pase. Ao mesmo tempo que se destaca esta relación, a través das ilustracións pasearemos por un xardín misteriosamente poético, onde a metáfora colorista destaca por riba de todo e onde o símbolo do amor maternal acompaña o texto de vén a resumir a calidez do amor dunha nai, e que este amor perdura no tempo para non desaparecer nunca.
 



06/07/16

Viruta FTM - Normal es un Programa de Mi Lavadora

Blast I. Bola de grasa

Encántame Manu Lacernet, de aí que me achegara a esta obra con moito interese. Este é a primeira entrega de catro, así que seguiremos informando. Blast I. Bola de grasa está publicado por Norma e é un cómic que convida á reflexión; escrito en forma de interrogatorio, o interrogado vainos deixando unhas cantas perlas das súas reflexións que o levan a vivir dun xeito moi especial a súa vida.
Chamoume a atención o debuxo, os rasgos tan peculiares dos personaxes, a escuridade e o ton empregado, o enigma que encerran e o lado surrealista.
Este é, de momento, a primeira entrega. E promete.


…Ustedes quieren que simplifique mi historia en una secuencia lógica que les lleve hasta… Carole… sé que es la moda del momento… se cree que el misterio solo existe para ser disipado…se cree que todo se puede explicar, que basta con ir a buscar las repuestas a internet… ¡mi historia no es matemática! se resume enteramente en la colisión del azar con mis… obsesiones… ¡ esas cosas no figuran en internet!

Cousas da "Lei mordaza"

Dende Amnistía Internacional España:

"Amanece un nuevo día de sol, toros, sangría y libertinaje descontrolado" Así celebra Loulogio (Ophicial o algo) el añito de la puesta en marcha de la Ley de Seguridad Ciudadana (esa ya vieja conocida como "ley mordaza") 
¡Porque tenemos ‪#‎DerechoAProtestar‬!


05/07/16

At the Opera

Imposible non chorar!


 
 

Soy Pilgrim

Cando me vin mergullada nesta crise lectora, motivada por moito máis que polo cansazo da fin de curso, recomendáronme que me achegase por fin a este libro que descansaba na miña mesa de noite dende había un bo tempo e que se vía condenado a ir cara abaixo por mor dos novos títulos que o ían engulindo e que agora agardan a que teña verdadeiras ganas de os coller. 
E menos mal que fixen caso! Terry Hayes constrúe en Soy Pilgrim, publicado por Salamandra, unha novela irresistible que vén a ser unha novela de aventuras combinada cunha novela negra, cunha novela de detectives cunha novela política cunha novela de... Todo cabe nas súas máis de 800 páxinas que semellan moitas menos pola velocidade que irresistiblemente lle imprimimos.
Dicimos que é novela de espionaxe porque partimos dun axente da intelixencia americana que debe actuar contra un bioterrorismo incontrolable; pero ademais as páxinas van medrando en intriga e en tensión, organizándose nun puzle que ten anacos en lugares inimaxinables polo que iremos dende Estados Unidos ata Gaza, pasando por Turquía, Rusia, Grecia, Francia... e Afganistán. Menos España, sae de todo! Do lado do "maligno" teremos un personaxe extraordinario que tamén dará moito de si, ou sexa, veremos dúas intelixencias en acción, aínda que saibamos quen gaña porque está contada en primeira persoa.
Unha delicia pasar o tempo entre as súas páxinas!




Camisola ROSALIA

Novo modelo de camisola ozoqueira.
®OZOCOgz


04/07/16

Luminaris

Curta de stop motion con actores reais.



vía

03/07/16

Get it right from a genuine site

Consecuencias e impacto da piratería:



vía

Non á violencia contra as mulleres (CDLXXII)



Identificar el maltrato es fácil cuando es físico. Pero, ¿y el maltrato psicológico? Este no se percibe, es un maltrato “silencioso” en el que todo queda entre dos personas, mientras todo el mundo goza de desconocimiento.
El maltrato físico se combina con el maltrato psicológico. Incluso nos atreveríamos a decir que puede haber maltrato psicológico sin maltrato físico, pero no puede haber maltrato físico sin maltrato psicológico.
El maltratador sabe que su palabra tiene el poder. Por eso la utiliza. De hecho, el maltrato psicológico es mucho más efectivo que el maltrato físico. Éste deja una huella, problemas que perdurarán en el tiempo.
Muchas son las personas que afirman que estos golpes invisibles duelen mucho más que cualquier maltrato físico. Muchos prefieren una paliza que varios años dedicados a superar los problemas inculcados a causa del maltrato psicológico.

Tus palabras me hacen daño

El maltrato psicológico implica palabras que hacen daño, degradaciones, desprecio… Todo esto, en principio puede ser muy sutil, para que la persona maltratada no se dé cuenta y poco a poco vaya entrando en el juego del maltratador.
Con el maltrato psicológico se está buscando el poder de someter a esa persona sin que esta sea consciente de ello. ¿Quieres aprender a detectar a un maltrator psicológico? Ten en cuenta estas características de un maltratador psicológico:
  • Te insulta, te grita, te ridiculiza y te menosprecia haciéndote sentir que no vales nada, que tu vida en sí no vale nada. Lo hace de tal forma que te sientas incluso agradecida por estar con alguien que esté contigo a pesar de esto.
  • Tiene celos excesivos y te controla todo el tiempo. Eres su posesión más preciada y al mismo tiempo la más despreciada, una incoherencia que te confunde, pero te somete.
  • Te aísla de tus amigos y tu familia. Tiene el poder de controlar con quien quedas y cuándo alguien puede disponer de tu tiempo o no. Decidirá por ti, serás su marioneta. Ya no eres libre, sino alguien que está sometido a los deseos y caprichos de otro.
  • Las constantes amenazas te hacen sentir un temor constante. Puede amenazar con abandonarte o con otras cosas que sepa son tu debilidad.
  • La presión emocional y sexual que ejerce sobre ti hace que tengas sentimientos de culpa. Realmente, te hace sentir culpable de algo de lo que no eres culpable. En otros términos, le puede dar “la vuelta a la tortilla” a absolutamente todo.
Si te has encontrado alguna vez con alguien que tenga alguna de estas característica, probablemente hayas estado en contacto con una persona que maltrata psicológicamente.
Aunque es cierto que en alguna ocasión pueden utilizar la fuerza física si ven que la presión psicológica no les está siendo suficiente, la verdad es que no suele ser algo que realicen “a menudo”.

Quiero liberarme de tus golpes invisibles

La verdad es que es difícil ayudar o que se deje ayudar una persona que está siendo maltratada psicológicamente. Para empezar, ella misma no sabrá si está en lo cierto, ni si se merece protestar por ello. El maltrato es tal que le hará pensar que es merecedora de tal situación, que no es buena persona y que se merece todo lo que le hagan.
Aquí nos encontramos con una autoestima totalmente destruida. Una autoestima rota, una vida sin sentido, rodeada de dolor, de miedo y de necesidad de satisfacer a alguien que continuamente te hace daño. Aun cuando alguien es consciente de que está siendo maltratado psicológicamente, llega el momento de buscar ayuda y ¡sorpresa! ¿Dónde la encuentras?
El maltrato psicológico es silencioso por algo, ¿cómo demuestras que te están maltratando? Será tu palabra contra la de tu maltratador y aún hay mucha gente escéptica que creerá que son cosas tuyas o que te estás volviendo loco.
También puede ocurrir que aunque seas consciente de que te están haciendo daño, tú desees seguir y proteger a esa persona que te está dañando. ¡Cuántas personas maltratadas defienden a sus propios maltratadores! A esto se le denomina “síndrome de Estocolmo“.
Es importante decir que esta situación aunque la sufran en proporción más mujeres que hombres, es cierto que hay hombres que también sufren de maltrato psicológico.
Lo importante es saber identificarlo y si así lo desea la persona maltratada ayudarle si permite ser ayudada. En ocasiones, por mucho que hagamos no podemos hacer nada. El desgaste mental es tal que el maltratador al final consigue su verdadero objetivo. Eso sí… invisible.

 

 

02/07/16

You look scary

Quen dixo medo? Curta animada sen palabras




Vía

Osos


En Libros del Zorro Rojo podemos atopar este fermoso álbum de Sean Taylor, Osos, un libro familiar de papá e fillo onde tanto ilustracións como texto resaltan o amor entre ambos e a paciencia que cómpre para educar, virtudes constantes que resaltan na lectura, así como a vontade do oso fillo de non aminalanarse ante os contratempos. A voz narradora é precisamente a do osiño, quen quere medrar en sabedoría. A fermosura do libro vén dada pola complicidade que viven entrambos.





Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.