Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

20/08/16

A lotería da indecencia

Visto en "Mujeres sin descafeinar":

Sobre a non liberdade das mulleres. Conseguirémola a base de respecto e solidariedade entre nosoutras.


18/08/16

El hombre sin talento

Yoshiharu Tsuge é o autor deste manga publicado en 1985, El hombre sin talento, publicado por Gallo Nero. O cómic conta a triste historia de Sukezo Sukegawa, un debuxante de manga sen éxito que se converte en vendedor de pedras e de cámaras fotográficas, fracasando en todo aquilo que comeza, co conseguinte desprezo familiar e social, de aí que sexa a crónica dun fracaso existencial que se transmite á perfección e que nos asologa de tristura a medida que avanzamos na lectura. Outra das reflexións que nos proporciona o libro é o feito de sermos ou non útiles na sociedade, algo que conecta directamente co pensamento xaponés.
Pero ao mesmo tempo é unha mostra da sociedade nipona, unha sociedade que vén de sufrir un gran cambio nos últimos anos.
Un manga que transmite pesimismo.


17/08/16

Blobby

En "Canal Cultura" atopei este vídeo sobre a soidade e a vellice.


Blobby from Laura Stewart on Vimeo.

Todo canto fomos

Un "bravísimo" para Xosé Monteagudo por esta novela que publica Galaxia: Todo canto fomos tívome fascinada dende a primeira páxina ata a última, e coido -coidamos- que vai colleitar moitos premios. Un monllo de personaxes e situacións que nos van dando pistas das relacións que existen entre eles para rematar ao final nun tecido poderoso no que todo cadra, deixándonos ao lectorado unha serie de reflexións que impedirán coller un novo libro ata ter ben repensado este. De fondo, a historia da nosa Galicia durante todo un século, dende a emigración ata a República, a Guerra Civil, o fascismo, o bando perdedor... e sobrevoando todo sentimento humano complexo: o amor, a amizade, as conveniencias sociais, a desigualdade da muller, os prexuízos sociais... Si, pasearemos devagariño por moi diferentes escenarios e tempos, para comprender que unha familia pode ser o espello da sociedade de noso mentres percorremos un século enteiro de crequenas, para non facer ruído e non enterpecer unha lectura que nos ten atrapada nas súas liñas.
Interesantísimas as páxinas da nosa historia política nas que saberemos do Partido Galeguista e do alzamento fascista en Pontevedra, pero tamén lembraremos a ruptura social que supón toda Guerra Civil, crueldade entre irmáns, e a traxedia que isto supón. 
Unha gran novela. Lin que era a mellor do ano, pero aínda queda moito ano por publicar. Non dubido, iso si, que é do melloriño que teño lido nos últimos tempos.

Mitos falsos

Rachar cos mitos. Estupendad iniciativa.


16/08/16

Compendio médico del Dr. Podalirius

Pastel de Luna publica este sorprendente álbum de Hittouch: Compendio médico del Dr. Podalirius, un libro sobre insectos e bechos pequerrechos que o doutor ten que curar. Así, cun texto longo que vén mediado polas ilustracións -que resultan deliciosas e sorprendentes-, aprenderemos sobre algúns insectos que poboan o noso mundo, os problemas que os humanos lles ocasionan... Un libro que fala do respecto pola natureza e de que dela debemos aprender moito para saber máis de nós mesmos.




Yegna

A música é un xeito de reivindicadr os dereitos das mulleres. De aí que Zebiba Girma, Selome Taddesse, Lemlem Hailemichael, Melat Kassahun e Rahel Getu, cinco mozas etíopes que se coñecen baixo o nome de Yegna (que significa "nosoutras" en amárico), formasen un grupo de música impulsado pola ONG británica Girl Effect.
Cal é o seu obxectivo? Crear conciencia e reivindicar os dereitos das mulleres etíopes, falando daqueles problemas aos que se enfrontan: matrimonio infantil, mutilación xenital, difícil acceso á educación, violencia de xénero... E farano coa súa música e creando un programa radiofónico de ficción, unha especie de radionovela feminista con estes personaxes: unha moza que vive na rúa, unha estudante, unha moza introvertida, unha moza que debe facer os labores da casa e outra que vive cun pai violento. O éxito deste programa non deixa lugar a dúbidas: ten unha audiencia de cinco millón de persoas.




Visto en En femenino

15/08/16

Tegan and Sara - Hang on to the Night

 Tegan and Sara falan da ansiedade e os sentimentos e pensamentos que aportan. Esta canción nace despois de sentiren a morte de preto. O vídeo explora o aspecto rexenerativo da noite para enfrontarse a un novo día. 
O protagonista é un cabalo violeat que pasea colocando estrelas no ceo mentres se acompaña de diversas criaturas.





Vía

Cuaderno de vacaciones

Sorprendente é a palabra que define este Cuaderno de vacaciones de Carlos Grassa Toro e Isidro Ferrer que publica Libros del Zorro Rojo, porque o que temos por diante non é o que agardabamos polo título nin moito menos, senón que é un exercicio artístico que converte en vacacións o momento que queiramos dispor para realizar algunha das actividades que nos indican en cada páxina. Porque estas páxinas convidan a crear, a reinventarse, a divertirse, a pasar tempos alegre e enxeñosos. Afastarnos do típico "caderno de vacacións" nos que hai que aburrirse facendo exercicios de repaso durante o verán é o que nos propoñen dun xeito ben disimulado os autores, porque o lecer é diversión, e esta obra é precisamente isto, imaxinar os retos propostos cunha gargallada.
As ilustracións son composicións de obxectos, recortes e fotografías.




14/08/16

Virtual Actors in Chinese Opera

Unha pasada!:



Virtual Actors in Chinese Opera from Tobias Gremmler on Vimeo.

El paraguas

Fermoso álbum sen palabras este El paraguas que publica a editorial Pastel de Luna, de Jae Soo Liu e Dong Il Sheen (premiado polo New York Times como un dos mellores libros ilustrados no 2002 e recomendado polo IBBY para nenos con discapacidade). O libro amosa dun xeito infinitamente delicado a travesía que percorre un paraugas amarelo, un paraugas que nun principio semellaba só pero ao que se irán sumando outros paraugas de todas as cores, ata chegar ao lugar ao que se dirixían todos eles -ou os seus propietarios e propietarias- para seren pechados e descansares no paragüeiro. Porque, obviamente, situámonos nun día de chuvia. O libro trae un CD con música de piano que evoca a choiva e as sensacións que espertan as imaxes: cada canción explica unha imaxe, e conecta as artes da música e da ilustración. Isto é fermosísimo, xa que o álbum deixa a cada lector/a explorar o seu propio maxín, sentir a propia historia debaixo dese paraugas, é dicir, o libro bríndanos un momento de liberdade para decidir que ocorre e quen leva o paraugas.




Non á violencia contra as mulleres (CDLXXVII)

Piel 


13/08/16

Sofía o el origen de todas las historias

Unha vez máis, Rafik Schami non decepciona, desta volta con Sofía o el origen de todas las historias publicado por Salamandra. Un libro que engancha dende principio a fin, e que tamén nos amosa máis da vida de Siria xusto antes da guerra que arestora estase a vivir, unha ditadura onde a espionaxe calaba calquera síntoma de disensión, o terror que perfora a superficie para continuar nun soto de medos escuros. Por iso, a historia de Siria é un personaxe máis da novela
O libro conta dúas historias que se xuntarán ao final, a historia de Karim e a de Salam, con tintes autobiográficos; estas dúas historias conteñen á súa vez moitas outras que semellan contos de por si, como é habitual neste autor. De fondo, o amor, a paixón, os ciumes, a infidelidad, a amizade -que estará por riba do amor-, sementado coa poesía do autor que é quen de transmitir todas estas emocións para sentilas nós tamén. Por iso faise un libro inesquecible impregnado de optimismo que reivindica o amor e a amizade como sentimentos salvadores en calquera momento da vida. E é que si, é que sempre cómpren porque nunca saberemos cando os necesitaremos.





Mulleres que cambiaron o mundo

12/08/16

Cancións feministas (V)

Sin ti liberada - Las insumisas 


 Estas mozas tinguen de violeta as letras machistas dalgunhas cancións. Esta é unha versión feminista de ‘Sin ti no soy nada’ de Amaral.




Vía

11/08/16

¿Y mi sombrero?

Curioso álbum este de Masanobu Sato que publica a editorial Pastel de Luna: ¿Y mi sombrero? é, como o seu título indica, a procura do sombreiro do protagonista que esixe a nosa atención. Así, o lectorado poderá axudar a atopar o sombreiro perdido, que voa por todas partes e camúflase en calquera lugar. Ilustracións en branco e negro cheas d detalles que farán a delicia de calquera neno ou nena que se achegue ao texto, xa que do que se trata é de estimular a capacidade de observación destes.


Cancións feministas (IV)

  ‘Acabado en A’ (El canto del loco)


No seu disco  ‘Personas’ podemos atopar este tema con contido feminista.



Vía

10/08/16

¿Para qué sirve un libro?

Chloé Legeay teno claro e así nolo explica neste álbum publicado por BiraBiro: ¿Para qué sirve un libro? é unha resposta en cada páxina a cargo de dous irmáns que nos amosan unha illa, unha aventura, unha solución, unha viaxe, unha lembranza, ou mesmo unha solución aos problemas. Porque para todo isto e moito máis serve a lectura, para fuxir, para enfrontarse, para vivir, para comprender, para soñar, para viaxar, para coñecer... Si, quizais souberamos a resposta do título, pero as ilustracións divertidas xogando con títulos de obras coñecidas da literatura universal xunto cos personaxes fan deste álbum un agasallo inesperado.



Cancións feministas (III)

 ‘Girls just wanna have fun’ (Cyndi Lauper)

Converteuse nun himno feminista, xa que é unha réplica a quen cuestiona ou xulga o papel da muller na sociedade.


Vía

09/08/16

La máquina de fabricar besos

Fermoso álbum da editorial Tramuntana, La máquina de fabricar besos está asinado por Agnès de Lestrade e Charlotte Cottereau. Un libro sobre o poder do amor, do cariño, da tenrura, da ilusión. Con textos sinxelos e curtos, destacan as ilustracións, lenes coma o texto que acompañan.
Un conto dos de antes, con bruxas e feitizos, nun álbum encantador.


Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.