Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/07/08

Poesías e Fábulas

Tiziano, pintor da Corte do Emperador Felipe II, recibe entre os anos 1553 e 1562 o encargo de realizar unha serie de cadros de temática mitolóxica aos que chamará "Poesías e Fábulas", escenas que presentarán un forte contido erótico e que se inspirarán nas Metamorfosis de Ovidio. O primeiro cadro será "Danae", no ano 1554, ao que lle seguirá "Venus e Adonis"; "Diana e Acteón" e "Diana e Calixto" serán enviados a España en 1599, cadros de enorme sensualidade e moito colorismo que se materializarán en influencia sobre Rubens, Velázquez... Nos anos seguintes Tiziano pintará "O rapto de Europa", "A Morte de Acteón" e "Perseo e Andrómeda", polo 1562. A serie cerrarase con "Tarquinio e Lucrecia", pero a relación entre Tiziano e o Emperador será continua até a súa morte.




Vía Bajo el Signo de Libra

American Gangster

O verán, ou as vacacións, permite achegarnos a libros e películas aos que non tivemos tempo durante o curso. Onte vin esta peli que vos recomendo se vos gusta este mundo dos gángsters, situada esta vez nos anos 70 americanos. Dirixida por Ridley Scott e protagonizada por Denzel Washington e Russell Crowe, está baseada nunha historia real. Creo que ambos actores realizan moi boas actuacións, como era de esperar, e tanto a fotografía como a música están á altura, pero sempre lonxe da insuperable "El Padrino". Para o meu gusto, recréase demasiado en escenas de xente drogándose, pero supoño que é algo inherente a min, o feito de ver as agullas... Por outra parte, case nos fai amar ao "malo" da peli, sempre interesante desde ese punto de vista, ao igual que nos presenta a un poli "bo" pero cheo de matices odiosos; é dicir, o máis real é esa visceralidade dos personaxes que resultan inclasificables para o espectador: quen é o bo e o malo?. Por suposto, como boa película americana que se precie, triunfa a moralidade.



Waitomo

Esta constelación de luces é o teito da cova de Waitomo, en Nova Zelanda, unha bóveda poboada por centenares de vermes luminosos dispostos a atrapar calquera forma de vida que se mova no seu interior.

A Arachnocampa luminosa é un mosquito exclusivo de Nova Zelanda que pasa a maior parte da súa vida en forma de larva, cazando na máis completa escuridade. Para iso, o verme desenvolveu unha técnica de caza similar á das arañas: tece pequenos fíos de seda que deixa caer desde o algo da cova coma se se tratase de canas de pescar.
Unha vez tendidos os fíos, a larva agarda pacientemente e produce unha pantasmal luz azulada no estremo da súa cola para atraer ás presas. Hipnotizados por esta misteriosa luz, todo mosquito ou pequeno insecto que deambula pola cova remata por caer na súas fauces.

A súa técnica de caza sofisticada chega a que os vermes con fame emiten máis luz que os que acaban de comer.



O singular espectáculo que produce a bioluminiscencia destes vermes remata por atraer tamén a centos de turistas, que acoden a contemplar os teitos estrelados das covas.





Vía Fogonazos

10/07/08

Agardando o bus

Non hai nada como agardar o bus coma se estiveramos na casa. Aquí podedes ver unhas cantas ideas moi orixinais:




Vía Capítulo 0

Non tan vellos

Acabo de ver na Huella Digital esta publicidade que me encanta, será pola identificiación da idade... aínda que xa se me pase un pouco, que lle imos facer. Os anuncios de Coca Cola son xeralmente boísimos, con músicas pegadizas e xeitos de lembrar, pero a verdade é que estes dous atácannos directamente ao corazón. Polos menos aos que imos vellos... ou non tanto!



E o do ano pasado:



Non vos arranca un sorriso?

Vía La Huella Digital

Intelixencia animal

Os logros da intelixencia humana deben ser atribuídos á complexidade do cerebro humano. Köhler explicaba a aprendizaxe e a intelixencia como comprensión súbita, fenómeno que segundo el xa se daba en animais superiores coma a mono. E para comprensión, a que nos amosan neste vídeo:



Vía Antes de las cenizas

Fusión

Vin en Capítulo 0 esta fusión de fotografía e ilustración que me encantou, polo que decidín traérvola. Espero que vos guste:



Vía Capítulo 0

09/07/08

Premio: un amigo


Se o primeiro post de hoxe foi ensinarvos unha curta atopada en Youtube, non podo pechar o día sen amosarvos a información extra que me chegou dela grazas a un amigo tan especial que, ademais, ten a paciencia de lernos cada día. Grazas a el, sabemos que esta curta é obra dos taiwaneses Poliang Lin e C. Jay Shis, e que está baseada nos libros infantís do ilustrador Jimmy Liao. O título: "Peixe que sorrí" ou "Peixe sorrinte". Mellor curta de Animación na LVI edición do Festival Internacional do Cine de Berlín. Ademais, aquí tedes a curta completa.
(Montse, agardo que che sirva esta nova información!)



Topado en...

Estrépitos naturais

O glaciar Perito Moreno, ubicado na rexión andina da patagónica provincia arxentina de Santa Cruz, podería rexistrar en pleno inverno a ruptura da súa lingua de xeo que chega a terra, un dos grandes espectáculos da natureza. Este espectáculo é digno de ver: ocorre cada certo tempo cando a presión da auga rompe a conexión entre o xeo do glaciar e a terra. É un fenómeno bastante frecuente, pero o raro é que teña lugar en pleno inverno, algo que non sucedía desde 1917. Aínda así, os científicos advirten que non se debe vincular co cambio climático.

O túnel de xeo ten unha extensión duns 150 metros e varios metros de espesor e por debaixo del circulan a alta velocidade enormes caudais de auga, mentres que a caída de grandes bloques de xeo producen estrondosas explosións.
A ruptura do glaciar, que pode seguirse desde o seu sitio web oficial, cerra por completo o paso das augas no Canle dos Témpanos, formando un dique natural de xeo.
Na súa desembocadura, a súa fronte de catro quilómetros elévase máis de 60 metros sobre o nivel da auga e provoca que se desprendan con estrépito xigantescos bloques de xeo cun ruído comparable aos tronos.



Vía e Información

De paseo


Aínda que se realizaron moitos estudos desde hai máis de 50 anos, aínda non se sabe con exactitude o mecanismo que fai que as rochas da zona de Racetrack Praia, no Val da Morte, se movan dun lugar a outro deixando tras de si un ronsel de pegadas sobre a lama seca. A teoría máis aceptada parece ser que o movemento prodúcese principalmente pola forza do xeo: cando a praia se inunda uns poucos centímetros de auga, conxélase na superficie, formando unha capa de xeo. O movemento da auga e o vento produce o desprazamento na capa de xeo que á súa vez fai rodar as pedras, trasladándoas de lugar.




Vía Microsiervos

Iguais

O primeiro dos Dereitos Humanos, liberdade e igualdade



Youtube

Con premio

Mergullándonos en YouTube atopamos fermosuras coma esta, da que como único dato nos din que foi premiada en Berlín:

08/07/08

Non á violencia contra as mulleres (XLII)

O Ministerio de Igualdade vén de lanzar unha campaña contra o maltrato: "Ante o maltratador, tolerancia cero", que enfatiza o illamento social do maltratador; as mulleres non se presentan maltratadas, senón que defenden os seus dereitos

Non se che ocorra poñerme a man enriba:



Mamá, faino por nós:



Cando maltratas a unha muller, deixas de ser un home:

Os filmes da miña vida (VI)


En tierra de hombres


Esta película amosa todas as facetas de machismo e violencia contra as mulleres que unha sociedade pode ofrecernos. É perfecta para traballar o machismo na súa expresión máis plena dentro das aulas. A súa protagonista, Charlize Theron, interpreta maxistralmente a vida real de Josey Aimes, en quen está baseada, unha muller que tan só buscaba unha vida digna. Con ela, os dereitos femininos laborais cambiaron. Cun trato un tanto elegante na exposición dos temas máis crus e con final esperanzador, que non todo vai resultar malo!

Kiribati

Os habitantes da pequena nación de Kiribati, un arquipélago do Pacífico composto por 33 atolóns, buscan unha nación que os acolla ao resignarse á desaparición da súa terra debido ao cambio climático. Isto significa sobre todo que o quentamento global é inexorable e que o seu poder é inexorable, e que os humanos pouco ou nada podemos facer ante isto.



Vía Mangas Verdes

Nada grave

Nas miñas mans, por fin, o último libro de Ángel González, Nada grave, que xa lin e relin varias veces. "Dos palabras fuertes, nada y grave, se unen de manera irónica para restarle importancia a un estado sentimental de crisis profunda. La ironía, como forma de pudor, vuelve a convertirse en una clave del pesimismo vitalista del poeta" (Limiar). Dá gusto ver a propia tristura reflectida en versos tan fondos, saber que outros senten o mesmo:

Leo poemas al azar,
leo casi sin pensar en lo que leo.
Cuando me encuentro un verso triste,
siento en el alma como una caricia.
No es que me alivie la tristeza ajena;
es que me siento menos solo.

Sin ti la poesía
ya no me dice nada,
y nada tengo que decirle a ella.
La única palabra
que entiendo y que pronuncio
es ésta
que con todo mi amor hoy te dedico:
nada.

Esperar la desdicha,
¿es una forma de esperanza?
La menos peligrosa, en cualquier caso.
La que no puede defraudarnos nunca.

La madre que me parió,
en el momento de alumbrarme,
no sabía que daba a luz un pedazo de sombra (...)

Al lector se le llenaron de pronto los ojos de lágrimas,
y una voz cariñosa le susurró al oído:
-¿Por qué lloras, si todo
en ese libro es de mentira?
Y él respondió:
-Lo sé;
pero lo que yo siento es de verdad.

Seguiría escribindo versos, mentres os leo unha vez máis (os subliñados son meus). Así é Ángel González: sempre estará aquí porque sempre teremos os seus versos. A verdadeira maxia da poesía.



07/07/08

Sempre hai un lugar para a poesía (XXXIII)

Nesta ocasión, un poema de Lêdo Ivo, poeta brasileiro, narrador e ensaista.

SONETO DA NEVE

Quando te amo, penso sempre na neve,
em uma neve branca como o esperma.
Penso sempre na neve quando te possuo,
na neve branca que cai entre as bétulas.
Em minha meninice sempre desejei
ver a neve cair, atravessar a branca
oscuridão da neve que, entre o dia e a noite,
devolve ao mundo negro um branco seminal.
Eu sempre desejei que o mundo fosse a alvura
da neve, da brancura virginal
do alvo lenVol imune a qualquer mácula.
E a neve cai em mim e cai na desolada
noite escura da alma, a neve do silêncio,
a inmaculada e frígida alvura do nada.



Contra a contaminación

Os habitantes de Helsinki puideron contemplar unha enigmática nube verde sobre a cheminea máis alta da súa cidade. Esta forma parte dun proxecto artístico (un potente raio láser sobre o fume da principal central eléctrica) que pretende informar e concienciar aos cidadáns sobre o nivel do seu consumo enerxético e a necesidade de reducilo polo ben do medioambiente
A nube verde, situada sobre os 155 metros de altura da cheminea, medra ou non en función da actividade dos habitantes da cidade en cada momento, e permita facerse unha idea dos excesos enerxéticos que cometemos sen lles dar importancia. Se a nube se fai máis pequena, o consumo da poboación está medrando, mentres que se a nube medra significa que o proceso de aforro enerxético está dando resultado.




First 30 seconds of Green Cloud goes online from HeHe on Vimeo.


Vía Fogonazos

Cosecha roja

Volver aos libros de Dashiell Hammett é regresar ao pasado e ver o mellor cine negro nas súas páxinas. Non o dou evitado: ver a Bogart, ou a Cagney mentres lía este primeiro libro do mestre da novela negra. Neste libro, como non, fálase de caciques e mafiosos, de detectives, de corrupción e de poder, con diálogos interesantes nas mans deste mestre do misterio. A principal novidade deste tipo de detectives que nos presenta Hammett é que non son investigadores "ao uso", non utilizan só a lóxica para chegar a unha conclusión, senón que son manipuladores e actúan sen observar as leis, mesmo ás veces contrariándoa ou sendo sospeitosos de asasinatos.
O raro é que non teña unha película tirada do libro, aínda que parece que tres filmes si se inspiraron nel. Pero se vos gusta este xénero non dubidedes en lelo, non vos defraudará. Garantido.

06/07/08

De aldeáns

Curta realizada por Edu P. Lavandeira, gañadora do I certame Curtas na rede.



Vía Brétemas

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.