Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

04/09/12

Viño uruguaio

 Precioso spot para promocionar o viño urugaio. Chégame, como non, grazas a Capítulo 0.


La recta y el punto

Encantoume! Ademais de orixinal, divertido, diferente, romántico... La recta y el punto, de subtítulo Un romance matemático, de Norton Juster publicado por Fondo de Cultura Económica, é un clásico escrito en 1963... case nada!
Como o amor non ten fronteiras, unha liña namorada dun punto moi chulo decide facer de todo para conquistar o corazón deste...e fai marabillas! Para mostra, unha imaxe:


Un deses "ilustrados" imprescindibles nas nosas bibliotecas.


03/09/12

Shoe

Tenrísima curta animada:


Vía

Castelao. Titoán

Xa falamos aquí do outro cómic de Inacio e Iván Suárez, O pobre tolo, publicado por Demo e Libraría Kómic. Arestora imos co que sería o primeiro deles, Castelao. Titoán, cómic que recibiu o Premio Castelao 2011 e que  foi escrito con anterioridade pero que veu a luz máis tarde. Teño que dicir que este encantoume. Gustoume moito a historia, e encantoume o xeito de relatala. Non sei se é que xa estaba preparada por ter lido o outro, pero recoñezo que este chegoume máis. 
Coñecemos agora un Castelao mozo (en 1918) e namorado, que quere casar e quere ser artista, posto que a profesión que o seu pai lle elixiu non lle gusta. Conta algúns dos seus recordos como universitario e sobre todo céntrase na figura dun cabezudo feito por el e que é idéntico a un veciño seu, o que lle proporcionará algún que outro malestar pero tamén lle brindará unha eterna amizade.
O orixinal da obra é que temos a Castelao como protagonista e como autor, xa que asistimos a unha viaxe que o autor realizou en tren e na que ideou un dos seus relatos, Peito de lobo, publicado en "Retrincos" en 1934, pero asinado en Praceres (Marín) en 1918. Moitas das frases que lemos foron, de feito, extraídas ou ben dos seus artigos ou ben dos seu labor como narrador e debuxante.
Non é doado achegarse á personalidade deste heroe do nacionalismo galego sen caer no maniqueísmo, e isto é o bo destes cómics. Lemos a presenza humana dun persoeiro a quen admiramos, pero tamén lemos literatura en forma de cómic, que é o que máis admiramos. Parabéns!
 



Por qué soy vegetariano de lunes a viernes

Unha convicente suxestión e Graham Hill a engadir aos argumentos de que ser vexetariano é bo para o medioambiente e os animais. Recoñezo que a min segue a gustarme comer carne...

02/09/12

Tango, Chaos et Rouge a levres

Alegoría sobre a vida e o amor, contado co suspenso do tempo no maxín dos seus personaxes.



Vía

¿Y si pongo una palabra?

Cantos anos pasaron dende que o meu prezado compañeiro de Departamento no IES do Carballiño, onde comecei a traballar, me regalou unha cinta de Antonio Vega? Cinta que me acompañaba no coche, naqueles longos percorridos por estradas desertas que me levaban cada día ao traballo. Tantos, tantos anos! E agora topo este libro publicado por Demipage xa no 2009, ano en que el nos deixou. De feito, o libro estaba rematándose cando el faleceu, o seu último proxecto.
Non podo ler ¿Y si pongo una palabra? de Antonio Vega como un libro de poesía calquera. Váiseme a cabeza ao ritmo e en lugar de ler, tarareo. Pero que letras! Son 27 poemas os que se recollen, algúns convertidos en caligramas, cun deseño que lles confire personalidade. Gústame, sempre me gustou. Coa súa voz, e sen a súa voz. Porque el cantaba poesía.


Un momento en un agenda,
una décima de segundo más.
Vuela, va saltando de hoja en hoja
mil millones de instantes de que hablar.

Una ráfaga de aire frío,
un molino de viento hace girar.
Sigue, va rodando sobre su eje
describiendo una trayectoria más.

Y es que no hay nada mejor que imaginar,
la física es un placer.
Es que no hay nada mejor que formular,
escuchar y oir a la vez.
Mide el ángulo formado por ti y por mi,
es la solución a algo muy común aquí.

Ahora tú no dejes de hablar,
Somos coordenadas de un par.
Incógnita que aún falta por despejar.

Busca un libro que diga "como",
luego otro que se titula "si",
un tercero llamado "nada",
es la forma del círculo sin fin.
Y es que no hay nada mejor que revolver
el tiempo con el café.
Es que no hay nada mejor que componer
sin guitarra ni papel.
Paralelas, vienen siguiéndome.
Espacio y tiempo juegan al ajedrez.

Ahora tú, no dejes de hablar.

Non á violencia contra as mulleres (CCLXXII)

Recollo este irónico e boísimo artigo de Juan José Millás publicado no "Faro de Vigo" o domingo pasado:

 Siempre nos quedará el Supremo

Cuando ya habíamos perdido la esperanza de hallar un átomo de racionalidad en este áspero mundo, llega el Supremo, siempre al quite, y rebaja la condena impuesta por otro tribunal a un maltratador laureado. El alto tribunal, en su sentencia, se extraña de que el juez de primera instancia no tuviera en cuenta que el individuo en cuestión, acusado de agredir a su esposa, poseía varias condecoraciones militares. Más aún: había participado en misiones internacionales en las que hubo de emplear la fuerza, por lo que estaba acostumbrado a la violencia.
Temíamos que el Supremo tardara en recuperarse del paso del corrupto Dívar por su presidencia. Pero no. Cuando las instituciones son sólidas, lo resisten todo. He ahí una sentencia ejemplar que valora el contexto en el que se produjeron los hechos. ¿Acaso un individuo con siete u ocho cruces al valor obtenidas en el campo de batalla no tiene derecho a pegarle una bofetada a su esposa? Pues claro que sí, hombre. Estamos hablando de un guerrero, de un tipo que para conservar la vida ha de disparar antes de preguntar. ¿Acaso un hombre que ha recorrido esos mundos de Dios defendiendo el orden internacional ha de reprimirse, al llegar a casa, si le apetece dar unos azotes a su mujer? Por Dios, por Dios, ¿en qué mundo vivimos?
Menos mal que ahí está el Supremo para corregir estas desviaciones basadas en un respeto excesivo a la integridad femenina. No decimos que a la mujer no haya que respetarla, pero con ciertos límites. Si tú, por ejemplo, trabajas de auxiliar administrativo en una compañía de viajes, no tienes ningún derecho a maltratar a tu cónyuge. El papeleo no genera violencia doméstica, o genera muy poca. Vale que le tires un plato a la cabeza, pero de ahí no pases. Pero supongamos que eres carnicero que te pasas el día descuartizando reses. Aquí la cabeza, aquí los cuartos traseros, aquí el hígado, etc. Eso, quieras que no, acaba insensibilizándote un poco respecto a la visión de las vísceras y de las entrañas. ¿No es lógico entonces que al llegar a casa cojas un cuchillo de cocina y le saques el apéndice, por ejemplo, a tu esposa? Pues claro que sí, hombre, digan lo que digan los juzgados de primera instancia. Siempre nos quedará el Supremo.

01/09/12

Gabin

Gabin (gaah-ban) é un dueto integrado por Filippo Clary e Massimo Bottini. A historia do nome da banda remóntanse ao magnifico actor francés -arquetipo do antiheroe- Jean Gabin. Ao dar por acabado o primeiro tema do seu álbum debut, A maison, o dúo bromeaba chamándose a si mesmos os Jean Gabin de Roma, polo sabor francés do tema.... (extraído do Facebook de Ramón Cabanelas Rodríguez)

...Con locura, amor y malos tratos

Ofrécenos hoxe a nosa prezadísima colaboradora Carme un cómic sobre violencia contra a muller que eu non coñecía, polo que o agradecemento mensual é dobre. Non só a lectura é interesante, senón que a reflexión final envolve o malestar que nos sacode a unha parte do país coa política reaccionaria que estamos a vivir ultimamente.

A día de hoxe, e no que vai de ano, morreron máis de trinta mulleres, vítimas da violencia de xénero, e as vidas de moitas delas seguramente gardaban algún paralelismo coa protagonista desta obra de banda deseñada, publicada no 2010 por Panini Cómics. Con guión de Sylvain Ricard e debuxos de James, en ...Con locura, amor y malos tratos nárrase a historia dunha parella na que se reproducen estereotipos sexistas que desembocan en distintos tipos de agresións por parte da figura masculina.
Algunhas palabras do léxico del, todas pronunciadas antes de comezar a relación sentimental, amosan axiña connotacións pexorativas (“petardas, zorra, puta”). O primeiro golpe, tras casar, xustifícase polas dúas partes. El di: “púxose completamente histérica”. Ela afirma: “xuroume que non volvería facelo”,“o meu caso non era tan grave”. Cando as malleiras se fan habituais e ela decide contarllo á nai, personaxe que non deixa de sacudir con cada unha das súas frases, esta quita ferro ao asunto con “todos os homes son un pouco violentos. É hormonal” ou “casaches con el para o bo e para o malo”.
Como elementos formais que inciden na significación da narración, en primeiro lugar, está a ausencia de diálogo entre os dous, aínda que comparten ben viñetas; en segundo lugar, que as súas caras teñen trazos animalizantes e, por último, que non se coñece o seu nome.
Resulta terrible escoitala a ela, na conversa cunha amiga, dicir “ e prefiro cen veces a un home que me queira, que me desexe, que mo demostre a cada momento…aínda que as caricias vaian acompañadas de bofetadas”e non menos desacougante, ler que el, cando o funcionario na comisaría sostén que “unha denuncia sobre unha persoa nunca é unha parvada” , responde “ pero…non é unha persoa, é  a miña muller”.
Libros coma este terían que ser lidos e traballados nos centros de ensino de maneira obrigatoria. Por iso, cando escoito e leo os contidos retirados da materia de Educación para a Cidadanía polo poder político, argumentando que son susceptíbeis de  “adoutrinamento ideolóxico”, non podo menos que botar as mans á cabeza e lamentar o retroceso secular ao que nos están sometendo.

31/08/12

Le Voyage dans la Lune: Apollo 11

Filme de George Méliès de 1902, unha das primeiras películas da historia do cine e da ciencia ficción, baseada no relato de Verne.
Nesta montaxe combínanse imaxes da curta orixinal con música electrónica e escenas da misión do Apolo 11 en 1969.


Vía

Uñas y dientes

Novela negra de Ian Rankin, Uñas y dientes está publicada por RBA. Xa teño falado deste autor en máis ocasións e non defrauda. O malo é a orde en que se publican os seus libros no estado, xa que esta foi publicada en inglés no ano 1992, e aquí a comezos deste ano. É dicir, é a terceira novela da serie, que rollo!
Parece ser que Ian Rankin é un fenómeno literario en Escocia, tanto que existe unha ruta turística (están de moda!) nas localizacións dos seus libros. Pero nesta novela o noso protagonista viaxa a Londres para axudar nun caso dun asasino en serie, o que tamén será unha escusa para xogar cos choques de caracteres entre ingleses e escoceses, o que serve para introducir algunha nota de humor nas súas páxinas.
A pesar de que é un lío non poder seguir a evolución deste personaxe, que é ben interesante, este autor dentro da novela negra gústame ben.



Deforestación da Amazonia

Vídeo en timlapse elaborado por Google con imaxes captadas polo satélite Landsat que amosa a deforestación da Amazonia nos últimos anos.




Vía

30/08/12

O primeiro comercial da historia

Grazas, novamente, a Mar, chego a este vídeo considerado o primeiro anuncio cinematográfico  da historia: feito polos irmáns Lumière promociona o Licor Cointreau. Data de 1900, sen exactitude.

O silencio

Por fin, ben tardei en chegar a este poemario de Mario Regueira chamado O silencio e publicado por Xerais. Poemario intenso e diferente cun tema inhóspito e delicado: a guerra. Calquera guerra, ou a Guerra, posto que o libro comeza cun ton épico de vencedor que pode ser calquera resistencia que constrúe futuros que precisarán novas resistencias. Porque o círculo nunha se pecha. Guerras, resistencias, silencios... e volta a comezar. Si, finalizada a guerra vén o silencio. Un silencio que pretende ocultar as consecuencias daquela, como tamén teremos que mirar para o outro lado se non queremos ver o que tamén debe ocultar a resistencia. Nada está limpo, nada nin ninguén está libre de culpa. A manipulación de todos os bandos chegará cedo.
Que implica o silencio? As causas da guerra, a necesidade de resistir, a situación do vencido, o odio que se xera... e que implicará novas guerras. Claro debe quedar que a guerra é consecuencia do imperialismo, e ante isto non debe existir o silencio. Para que todo isto non ocorra, hai unha arma intanxible e inmellorable: o amor.
Impresiona este poemario e paréceme do mellor que teño lido ultimamente.


HAI UNHA GUERRA

Hai unha guerra entre os que din
que neste libro hai unha guerra
e os que din que non a hai.

Pendulum Waves

O período dun péndulo é proporcional á raíz cadrada da corda da cal pende o péndulo. É dicir, canto máis longo é o péndulo máis lentamente se balanceará. 
Os estudantes de Cambridge construíron un dispositivo cunha serie de 15 péndulos en liña, sendo cada un máis longo que o que ten ao seu carón. Ao poñelos en movemento, este é o fantástico resultado:

29/08/12

I dream

Eu soño


Vía

Luna de miel

Da mesma colección da que falamos anteriormente da editorial Nórdica, temos este relato, Luna de miel, de Leonard Michaels, un autor do que nada tiña lido. Aínda que din que parece que non é o mellor relato del,  estráñame que o comparen co tamén escritor xudeu Philip Roth, quen creo poder situar a unha altura moi superior. 
O relato sitúanos ante personaxes atormentados que non esquecen os seus soños pero que saben xogar con destinos tráxicos, coa sexualidade como fondo de amores prohibidos e os sinais de identidade xudeus presentes nas súas páxinas. Pero non é un relato maxistral que me indique que deba coñecer a obra deste autor: non lle vexo sinais de mestría. Aínda que ao comezo pensei que ía estar ante un relato exquisito, non foi esa a sensación ao transcorrer das súas páxinas, xa que os personaxes non son profundos e "non me chegan". O mellor é o final, un tanto ambiguo, pero que, todo hai que dicilo, estabamos desexando que chegara.

Cartas de mamá

A editorial Nórdica -moito me gusta!- ofrece unha colección que deu en chamar "minilecturas: grandes relatos de la literatura universal para leer en el tiempo que dura una película de cine y al precio de una entrada". Dentro desta atopamos este Cartas de mamá de Julio Cortázar, un relato integrado dentro do libro Las Armas Secretas de 1959 e que retomei agora grazas a esta edición deste ano.
Non hai moito que engadir: a sensación de vivir nun mundo falso que vén dado por un costume cómodo de eludir a realidade ou de cubrila para tentar non vela fai do relato circular unha pequena obra mestra deste autor imprescindible da Historia da Literatura.




28/08/12

Pocas nueces

Dirixida por Sylvia Vivanco



Vía

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.