Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/06/13

Som Sabadell flashmob

Performance sobre o tema principal da 9na Sinfoía de L. van Beethoven... co texto de F. Schiller "An die freunde" coñecida como "Oda a la alegría". 
Nunha praza, en Santander: 

Cenicienta




 Na liña do libro comentado anteriormente, temos esta Cenicienta -tamén dos irmáns Grimm- da mesma ilustradora, Kveta Pacovska publicado igualmente por Kókinos. Creo que aínda me gusta máis este libro có anterior! Unha Cincenta fermosísima que namora só con abrir a primeira páxina: unha explosión de cor e xeometría, orixinalidade, arte pura, vangarda artística na ilustración. Un novo conto e unha nova visión para soñar.







Caperucita Roja

Sempre chama a atención calquera libro de Kveta Pacovska, como esta versión de Caperucita Roja dos irmáns Grimm publicada por Kókinos. Por suposto, falamos dunha versión nada convencional na que seguimos a sentir sensacións e todo tipo de sentimentos, pero baixo unha vangarda artística especial onde cada páxina é unha obra de arte modernista onde o abstracto e conto clásico mestúranse e crúzanse constantemente. Como é habitual nesta artista, predominan as cores vivas, sobre todo o vermello, e as formas xeométricas.








Non á violencia contra ás mulleres (CCCXXIII)

Mulleres violadas posan ante a fotógrafa Grace Brown para "tomar o poder das palabras" e compartir as frases que escoitaron nun dos momentos máis terribles da súa vida. O 'Proyecto Unbreakable' (Irrompible) recibiu máis de mil fotografías que Brown publica no seu blogue, coas mulleres amosando unha cartolina coas frases dos seus violadores




           "Deixa de chorar, pequena zorra. Eu sei que en realidade gústache". Eu tiña 4 anos


                                     "Ti seducíchelo" -(dixo) a familia del. (Eu tiña 17, el 25)


                    "Desde o momento que termine, ninguén te quererá. Destruireite" -O meu atacante 
        "Traballas nun centro de axuda para vítimas de abuso sexual, debiches velo vir" -O meu irmán


"Estou profundamente namorado de ti" -Meu pai, eu tiña 13 
"Non podes demandarme, pasaron máis de 10 anos, xa expirou. Esquéceo" -Meu pai, eu tiña 50 Miña nai dixo que foi a miña culpa. A miña familia pensa que debo manter a boca pechada.


"El dixo que ti lle deches permiso. É a súa palabra en contra da túa"
"Obviamente, cometiches un erro de borracha e talvez esteas avergoñada de ser lesbiana" - Policía muller (adestrada para a investigación de casos de abuso sexual)


(Esquerda) "Esta noite faremos o que mami e papi están facendo" -O meu primeiro violador
(Dereita) "Esta é a única maneira na que eu podería estar cunha moza coma ti" -O meu último violador


                              "Es tan fermosa, nena. Por iso elexinte a ti" -O meu tío. 14

Vía

29/06/13

Typing



Vía

Aviones de papel


Publicado por Legua este orxinal álbum en dobre sentido de Angie Carretero: Aviones de papel lese por ambos lados, do dereito e do revés, porque conta a mesma historia dende dous puntos de vista diferentes ata toparse no medio. Unha historia de amizade intergaláctica e divertida para que a infancia goce plenamente coa lectura.

Mac Rí Éireann. El hijo del rey de Irlanda


Publicado por Legua Editorial e escritor por Caitriona Hastings e Andrew Whitson, Mac Rí Éireann. El hijo del rey de Irlanda é un álbum que chama a atención polas súas ilustracións, con miles de detalles, que abondan nesta historia tirada da tradición oral irlandesa.



28/06/13

See Saw


Vía

Dorothy. Una amiga diferente


Con texto de Roberto Aliaga e ilustracións de Mar Blanco, publica Cuento de Luz este álbum chamado Dorothy. Una amiga diferente. Un álbum sobre o poder da amizade por riba de calquera outro atranco, sobre a importancia desta por riba das aparencias, sobre a defensa daquilo que se quere por moi diferente que semelle. Un libro sobre os prexuízos sociais e o respecto e o amor polas diferenzas.

"Mi amiga Dorothy es muy, muy grande;
siempre deja caer miguitas cuando come
 y muchas veces se le posan pájaros en la cabeza
sin que ella se dé cuenta..."





"Gústame": non chega

Campaña da organización Crisis Relief Singapur que advirte os problemas sociais non se solucionan cun "Gústame" nas redes sociais. Hai que ir máis alá.








Vía

27/06/13

Invulnerable

Subtitúlase "Corto gay": un profesor portador do HIV e curta con premios.



Juan Hormiga



Gustavo Roldán publica en A buen paso este moi bo álbum chamado Juan Hormiga. Un álbum sobre a importancia da palabra, dos soños, da narración, da aventura... Un libro para gozar cun sorriso permanente que poderá rematar cunha gargallada benévola polo final, tan auténtico e tan pouco moralesco.

Juan Hormiga

Juan Hormiga

26/06/13

The bench / le banc

De Kitty Crowther & Bruno Salamone:

 

The bench / le banc , de Kitty Crowther & Bruno Salamone from Bruno SalAmone on Vimeo.

Caperucita Roja



Encantoume esta versión de Caperucita Roja publicada por M1C e ilustrada por Pedro Perles porque non ten palabras: unha reinterpretación chega de misterio que convida a contar un conto en base ás imaxes que el nos propón.

Caperucita Roja/Little Red Cap
Caperucita Roja/Little Red Cap
Caperucita Roja/Little Red Cap
Caperucita Roja/Little Red Cap

Cun bo mestre

Todo comeza cun bo mestre, precioso vídeo:


25/06/13

Poesía nas aulas: Antía Otero

Fátima Bouzada e Tamara Pereiras tiveron a oportunidade de coñecer a Antía Otero por videoconferencia. Estas son as súas impresións:


Esta experiencia foi algo novo para nós, xa que nunca antes tiveramos a oportunidade de falar cun escritor, e aínda por encima, cun autor, neste caso autora, de poesía, ese xénero tan descoñecido para nós, porque á hora de ler decantabámonos máis por novelas, debido a que viamos a poesía como algo aburrido.
Con esta oportunidade acercámonos á poesía da man de Antía, e descubrimos que todos levamos poesía dentro, aínda que non a exterioricemos.
Unha das cousas que máis nos gustou desta experiencia foi o descubrimento dunha nova maneira de expresar a poesía, facendo colaxes; porque é unha maneira orixinal de expresar sentimentos a través de simples recortes de revistas, periódicos, etc., e o proceso de  elaboración dun colaxe é o mesmo que o dun poema, xa que  en ambos  se seleccionan determinados recordos ou materiais que nos evocan un  sentimento, que no caso da poesía se expresa en palabras, nos colaxes con imaxes.
En resumo, encantounos esta experiencia, esperamos poder repetila pronto, e agradecémoslle inmensamente a  Antía que traballase con nós e que nos permitise coñecer un pouco máis da súa poesía. 






Nestoutro vídeo repiten o recitado:
          


Cuando las casas regresaron flotando


Marabilloso, absolutamente marabilloso, paréceme esta álbum sen palabras do xenial Einar Turkowski publicado por Libros del Zorro Rojo: Cuando las casas regresaron flotando é convidar ao lector a crear unha historia con cada páxina, non cómpre nada máis que observar e imaxinar: 
. Quen vive nesas casas?
. Pensan os peixes?
. Andan os raposos a vixiar os nosos soños?
. O ceo ten ceo?
E moitas cuestións máis! Porque, como é habitual nel, as imaxes surrealistas cheas de detalles e extravagantes combínanse entre si para crear esta obra de arte.


O prezo dunhas Nike

NIKE


“Nike despide a máis de 400 traballadores téxtiles de Camboia por declararse en folga. Os traballadores queren que a empresa lles pague 14 dólares máis ao mes para axudar a pagar o transporte, o  aluguer e os custes de saúde. Piden un salario mínimo de 74 dólares mensuais”.

http://www.publico.es/internacional/457357/nike-despide-a-mas-de-400-trabajadores-textiles-de-camboya-por-declararse-en-huelga

 


Vía

24/06/13

Slimtime




Vía Todas

Colores colores

Falar de calquera libro de Kuêta Pacovská é falar de explosión de cor e ilustración. Máis neste caso, onde o libro titúlase Colores colores, por suposto publicado por Kókinos. Todo un xogo cromático con xogos, roda s de cor, composicións, personaxes divertidos... un libro, novamente, único e especial desta artista incrible.



La merienda


Publicado por Kókinos, novamente estamos ante un orixinal álbum de Kveta Pacovska, La merienda. Como é habitual nela, estamos ante un álbum cheo de imaxinación e arquitectura, cun texto moi breve con personaxes fantásticos. O que destaca, por suposto, é esa ilustración tan característica dela, as súas cores brillantes, os vermellos.

23/06/13

Poesía nas aulas: Celsiño

María e Lara pasaron unha mañá enteira con Celsiño en Lalín, unha mañá inesquecible de risos e poesía.


La reina de las ranas no puede mojarse los pies



Quizais un dos mellores álbums deste ano 2013 sexa este que vos traio hoxe, publicado por Libros del Zorro Rojo: La reina de las ranas no puede mojarse los pies é de Davide Cali e está ilustrado por Marco Somà.
 «Había una vez una charca, y en la charca había ranas. 
Las ranas se pasaban el día haciendo cosas de ranas…».
Unha fábula sobre o absurdo do poder e a malicia que este reporta a quen pode manexalo... e a forza dos oprimidos cando hai unión para loitar contra as inxustizas. Unha historia por tanto moi actual que nos serve de reflexión para falar sobre o absurdo que resultan certos comportamentos que varían segundo o cristal como se mire e que poden ser revirados segundo se estea dun lado ou doutro. De aí a importancia de que estas ras se comporten como humanos, algo que as propias ilustracións indican posto que lle son engadidas características física e aparentes humanas.





Non á violencia contra ás mulleres (CCCXXII)

22/06/13

Poesía nas aulas: Lupe Gómez

Rebeca e Esperanza traballaron a poesía de Lupe Gómez. Así se expresan as rapazas:


Moi boa poeta e por todo isto que nos fixeron sentir os seus libros foi o motivo polo que a escollimos para o noso traballo. Foi unha auténtica pena que non puidera colaborar connosco pero igualmente gozamos coa actividade!



La librería encantada

Publicada por Periférica, La librería encantada de Chistopher Morley vén sendo unha segunda parte de La librería ambulante. De lectura tranquila e relaxada, que introuduce unha trama de atentados na segunda parte do libro para facela máis atraente, é unha novela cargada de referencias bibliográficas a obras daquela época, transcorrendo a maior parte da trama na propia libraría. Unha historia sinxela de anécdotas sobre os libros que calquera amante das librarías debería ler. A protagonista do libro anterior queda relegado a un segundo plano, pero segue a ser unha novela absolutamente deliciosa e entrañable... aínda que eu, particularmente, quedo coa primeira.

"Esta librería está encantada por los espectros de tanta gran literatura como hay en cada metro de estantería.
...Tenemos eso que usted busca, aunque usted no sepa aún cúanto lo necesita.
La malnutrición del órgano lector es una enfermedad seria. Permítanos prescribirle un remedio"
 
 
"Un libro te sigue y te sigue hasta que te arrincona y te obliga a leerlo.
... Justo cuando uno cree haberse librado, aparece, cualquier día, un cliente que empieza a hablar ingenuamente del libro y entonces uno sabe que se trata de un agente involuntario del destino"
 

…y déjeme decirle que el negocio de los libros es muy distinto a otros. La gente no sabe que quiere los libros. Usted, por ejemplo. Basta con mirarlo un instante para darse cuenta de que su mente padece una tremenda carencia de libros y, sin embargo, ahí sigue, dichosamente ignorante. La gente no va a ver a un librero hasta que un serio accidente mental o una enfermedad los hace tomar conciencia del peligro. Entonces vienen aquí. (p. 17)

Agradezco humilde y sinceramente la devolución de este libro que, tras sobrevivir a los peligros de la biblioteca de mi amigo, regresa ahora a mí, sano y salvo, en condiciones razonablemente aceptables.
Agradezco humilde y sinceramente que mi amigo no le diera este libro a su hijo como si fuera un juguete ni lo usara como cenicero para sus puros, ni para afilar los dientes de su mastín.
Cuando presté este libro lo di por perdido: me resigné a la amargura de verlo partir para siempre; nunca pensé que volvería a ver sus páginas.
¡Pero ahora que mi libro me ha sido devuelto, me siento pletórico de regocijo y gratitud! Traedme aquí al gordo marroquinero para reencuadernar el volumen y ponerlo en su lugar de honor en mis estanterías: pues mi libro prestado me ha sido devuelto.
Ahora, por lo tanto, tendré que devolver algunos de los libros que yo mismo he tomado prestados.
(p. 69-70)

Fracasados por el mundo

Boísima e aceda, para comezar a fin de semana:

21/06/13

Poesía nas aulas: María do Cebreiro

Desta volta son Eva e María as que nos convidan a coñecer unha poeta: María do Cebreiro.

Quedaron absolutamente encantades de coñecela e de poder compartir esta conversa:




María comenta sobre Os hemisferios:


Despois de facerlle a entrevista a María do Cebreiro e botarlle unha ollada a todos os seus libros de poemas, volvín ler este porque foi un dos que ela máis nos falou, de feito dixo que era o que máis lle gustaba. A min persoalmente non foi o que máis me gustou, xa que non conseguín entender moitos dos poemas, eu buscaba como ela nos dixo a relación entre os planetas e as cousas que hai aquí entre nós, pero moitas veces non encontrei o sentido que ela lle quería dar. Chamoume moito a atención o diálogo en verso que había en varios dos poemas.

El coche de bomberos ligeramente defectuoso o El geniecillo de aquí para allá

Este álbum que case está sen título foi o gañador do National Book Award en 1972 e compreino, literalmente, porque me chamou a atención a portada. Está publicado por Narval e o seu autor é Donald Barthelme. Unha historia surrealista que sorprende de principio a fin, ilustracións incluídas por ser gravados antigos. Unha nena que quere sobre todo e ante todo un coche de bombeiros. Así que todo o sorprendente que lle acontece e que discorre ante os seus ollos -e con eles os ollos do lector- non serán nada se non consegue o seu obxectico: un anceio que será o verdadeiro fío condutor da historia.




X

Por que o 'x' é o símbolo do descoñecido? Por que é sempre a incógnita que hai nos problemas? Nesta charla, Terry Moore dá unha resposta sinxela e sorprendente. 



Vía

20/06/13

Poesía nas aulas: Yolanda Castaño

Ana Brandariz e Sofía Neto cóntannos a súa experiencia de coñecer a :
Yolanda Castaño

Foi o 3 de Maio de 2013, marchamos de Bandeira a Santiago en bus. Aló subimos ao tren. Cando chegamos a   A Coruña agardábanos Marcos, para achegarnos ata o bar "Delicia", onde sería o encontro con Yolanda. Cando chegou ela, entramos para o bar, pedimos de beber e explicámoslle o que tiñamos que facer. Unha vez todo claro comezamos coa entrevista. Contounos como comezara a escribir, os seus libro favoritos, o moito que viaxa polo mundo... Unha vez rematada a entrevista seguimos falando aínda  unha media hora máis con ela de moitas cousas. Queremos agradecerlle que nos covidara. Foi unha experiencia que nunca esqueceremos, xa que falar cunha poeta así tan de preto non se fai todos os días. Pensamos que isto nos incitou a afondar máis na poesía, e que nos empezará a gustar moito máis.
Darlle as grazas a nosa profe Gacia por mandarnos este traballo, que nos gustou facer, e a Yolanda por buscar un anaquiño de tempo para nós, xa que sabemos que anda moi atarefada, e que nos atendera tan amablemente foi para nós unha gran sorte.


Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.