Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/10/13

La física del café

Raro

Publicado en castelán como Extraño en en galego como Raro pola editorial Edelvives e Tambre, escribe Marcos Calveiro un conto para os lectores máis pequenos, un libro sobre o medo e as dificultades para solventalo e sobrepasalo, un libro sobre as diferenzas que cremos insalvables.
Un medo irrefreable que nos fai sentir diferentes, un medo ao descoñecido, ao inmenso, ao mundo en xeral. Ese medo consente que un neno non sexa quen de saír da súa casa ata que coñece unha nena que pode sentir algo semellante... ata que comprenden que, botando unha ollado ao seu arredor, ninguén é "normal", porque nas diferenzas é onde nos atopamos ben. Ou non?
É ese medo ao descoñecido, ao diferente, o que tantas veces move o medo nos homes e nas mulleres, o que fai estragar a humanidade, o que consente aberracións e malos tratos. E ese medo pode superarse grazas ao entendemento. E así será como este neno protagonista do relato de Marcos Calveio poderá saír da súa pechazón para entender que hai que ir avanzando, dando pasos, ollando arredor con outros ollos e sentirmos que, todos xuntos, formamos un conxunto que non debe desfacerse. Pero chegar ata aquí non é doado. Alguén dixo o contrario?








Un Salario Digno en Asia

30/10/13

L'Entre Deux


L'Entre Deux por Esma-Movie
 
Grazas, Susana

Fun Home

Fun Home. Una familia tragicómica é de Alison Bechdel e está publicada por Reservoir Books  Mondadori. A historia que conta é moi interesante, aínda que non me acabe de convencer a súa lectura, non sei se por ter unha prosa demasiado densa ou pola inxenuidade dos debuxos. Aínda así, é unha obra a ter moi en conta, polo interese que supón a historia en si mesma (o descubrimento da propia sexualidade, a relación con seu pai, a oculta homosexualidade deste...) e polo amor pola lectura que respira a obra. Isto destaca dende un principio: a autora amósanos personaxes lectores continuamente; os libros son e serán case o único vínculo con seu pai e serviranlle á protagonista de explicación para que o lector poida entender o carácter ben difícil da figura paterna.
E como todo, TODO, está nos libros, o suicidio do pai está en Camus, a sexualidade da moza está en Colette e a relación filiopaternal en Wilde. E isto é posible porque a literatura é a vida.
Xunto ao amor á literatura está o compoñente argumentativo principal que xira arredor dun pai que resulta ser o que non se pensaba; a autora consegue presentarnos o complexo mundo no que vive con sinceridade absoluta e cunha reflexión necesaria que se fai dende a honestidade e a procura de coñecerse a un mesmo e aceptarse. O que non sempre é doado.


Aparencias










Vía

29/10/13

Atención al cliente

Curta nominada á mellor Curta de Animación nos Premios Goia 2008:




Vía

O bosque é grande e profundo

Unha recomendación diferente na nosa literatura moi a ter en conta: O bosque é grande e profundo de Manuel Darriba publicada por Xerais. Por que diferente? Propón o autor unha prosa apocalíptica que nos lembra novelas como A estrada de Cormac McCarthy ou os recentes Intemperie de Jesús Carrasco e El niño que robó el caballo de Atila de Iván Repila. Unha desfeita humana -na primeira parte sen ningún nome- que provoca que as persoas teñan que volver ao bosque, aprendendo a sobrevivir nun lugar cheo de misterio e perigos. Vivir coma os homes primitivos é a única posibilidade de salvación. 
Na segunda parte temos a outra cara da moeda: como é a supervivencia nunha cidade en guerra. A fame é a verdadeira protagonista deste anaco da novela. Por iso, o único obxectivo dos personaxes é conseguir algo que botar á boca para chegar a mañá. E o día seguinte, outro tanto do mesmo.
É dicir, se na primeira parte tiñamos a apocalipse rural, na segunda témola urbana.
Pero... é posible a ética neste estadio de cousas?
Deixando esta pregunta no ar, que nos cuestionaremos mentres o autor nos propón unha lectura áxil con frases curtas e cun narrador coa perspectiva de cámara fotográfica, esvaécese o noso concepto de civilización. E sentiremos moito frío, no medio dun bosque ben profundo. Unha sensación de cataclismo que logra maxistralmente o autor coa súa proposta.
Desolador.
Como o momento que vivimos.


Igualdade para a audiencia

Esta simpática curta feminista de 'College Humor' consiste en que catro mulleres diríxense a unha cadea de televisión norteamericana para esixir igualdade de trato. Din que están fartas de ver tanta teta na súa programación mentres os penes brillan pola súa ausencia.


Vía

28/10/13

Lighthouse


Vía

Luna Parc en pijamarama

É o segundo libro destas características que nos agasalla a editorial Kalandraka e ségueme perturbando... como é posible esta técnica que nos abraia? Pois iso, "imaxes que se animan como por arte de maxia". Eu case lle tiraría o "como" da frase e quedo coa maxia. Como xa comentara en Nueva York en pijamarama esta técnica non me vou repetir: con premer na ligazón xa o tedes. Con Michaël Leblond e Frédérique Bertrand tedes este Luna Parc en pijamarama para non durmir e ir ao parque de atraccións... sen pagar nin marearvos! Así que xa sabedes, non tardedes en pór a camisa de durmir para poder abrir este libro e transportarvos.

No Woman, No Drive

Tres activistas saudís versionan o mítico single de Bob Marley para criticar a lei que impide conducir ás mulleres no país árabe. A gravación foi difundida o sábado nunha xornada na que algunhas mulleres saíron ás rúas conducindo para reclamar os seus dereitos.
A estrofa da canción di: "Lémbrome onde adoitabas sentar, na parte traseira do coche familiar". Tamén afirma que "as raíñas non conducen" pero poden cociñar, e que os pés son o "único transporte" das mulleres.
As mulleres non poden conducir nin tampouco viaxar fóra do país sen un varón da familia, entre outras restricións.

27/10/13

El puente



Vía

Infancia

Publicado por Rinoceronte, Infancia de J. M. Coetzee novela a primeira parte da vida do autor. Como gran escritor que é, os seus libros adoitan ser un prodixio literario. E dicindo isto, teño que confesar que a min estes libros de memorias non me enchen. Hai xa tempo lin Verán -agora tamén en galego grazas a Rinoceronte- e pasoume o mesmo. Supoño que nada hai comparable ao efecto que en min fixo Deshonra, insuperable certamente.
Escolle o autor o período de tempo que discorre entre os nove ata os catorce anos, mesturando a particular historia da Suráfrica de mediados do século XX, pero refuxiándose nalgunhas anécdotas que nos permiten ver un neno malvado e cruel que non quere enfrontarse a si mesmo e a quen lle gusta facer sufrir á súa nai. Quizais escolla escribir en primeira persoa para afastarse precisamente diso que foi e buscar un tipo de redención, non sei. Pode ser un xeito de ir pechando portas que mentres permanezan abertas aínda doen. Pór as cartas boca arriba. Confesarse. Un acto de expiación? O libro é, en si mesmo, ese paso que hai que dar para deixar atrás a infancia e superar todos os medos que transporta.
De fondo, esa sociedade en permanente tensión, unha burla cruel cara a aqueles que non son iguais, en termos relixiosos ou en termos de cor da pel. E comprobamos a difícil convivencia entre brancos e negros, entre ingleses e afrikaners, entre protestantes, católicos e xudeus. Vaia, entre ricos e pobres, que é a historia desgraciada da humanidade.
Pero tamén vemos como o propio protagonista non sabe moi ben a que clase pertence. O único que adoita ter claro é que pertence á granxa da súa familia, único lugar onde non debe autocastigarse nin ser culpable nin ser perfecto. Tan só, ser el mesmo.





Non á violencia contra as mulleres (CCCXXXIV)

Leslie Morgan Steiner: Por que as vítimas de violencia doméstica non marchan?

26/10/13

All about you

Ruído de fondo

Daniel Salgado é o autor de Ruído de fondo publicado por Xerais. Poemas que falan do caos, da desorde, de balbordo, do tempo. A rutura do poema para falarmos de violencia e angustia, de escuridade e claridade.  Unha escrita que pasea por versos de arte coma un malabarista de circo, onde se rachan as sílabas en versos diferentes e se procura a música das notas musicaris reconvertidas en vogais, en consoantes, en palabras que son capaces de manexar eses fíos imposibles dun malabar que nos abraia, entre ruídos silenciosos dos que non saímos indemnes.
Un poemario ligado ou uns poemas soltos? Propón o autor unha desorganización organizada por un ruído de fondo que serve de ligazón e metáfora desta maldita época convulsa que vivimos. Ogallá a resposta social sexa a axeitada.

a necesidade
de desmantelar o artificio
imponse.
velaí se xogan as distancias,
a época, o reparto
de responsabilidades.
as flores negadas.

Obrigadas a casar

Documental estremecedor de Stephanie Sinclair.

25/10/13

One Giant Leap



Vía

El azul es un color cálido

Marabilloso este cómic de Julie Maroh publicado por Dib-buks: El azul es un color cálido é unha historia de amor, de busca de identidade, de procurar un lugar no mundo, de botar as confusións ao lixos e enfrontarse aos sentimentos máis reais e menos sociais... é unha historia real, triste, solitaria... desgrazadamente diferente. Porque a descuberta da homosexualidade é terrible cando se enfronta á familia e amizades, cando socialmente non se acepta. Pero a marabilla deste cómic é que se vai descubrindo sen présa pero sen pausa, dun xeito totalmente verosímil e que cando o amor sexa correspondido verase tan forte e capaz para enfrontarse a quen hai arredor. E as dúbidas desaparecerán. O debuxo encantoume, destacando esa cor azul sobre os grises que me chamou dende o primeiro vistazo ao seu interior. E convértese nun fío argumental importante e necesario durante toda a obra.
E o amor. A paixón. A dúbida. O enfado. O arrepentimento. O pracer. A reconciliación. A dor. O tempo. Todos os sentimentos que calquera de nós teña sentido nalgún momento da relación amorosa están aquí, a carón do azul.






Contra a Pobreza

#ContraLaPobreza

24/10/13

Pipas

Manuela Moreno trata a educación orixinalmente utilizando o número pi...
Curta gañadora da XI edición dl 'NoTodoFilmFest


Día da Biblioteca

Ilustración de Barbara Sansó

 Hoxe é o Día da  biblioteca
 Un espazo común que latexa e dá vida a toda a comunidade. Un lugar que debería estar sempre aberto, de libre acceso, integrador e promotor. Un lugar que aínda hoxe moitos queren matar. Será que a cultura non convén? Ou que simplemente non interesa?
A min gústame que os libros voen de man en man.
Ilustracióm de Benoit van Innis
Ilustración de Carll Cneut
Ilustración de Chris Sheban

Ilustración de Dick Sargent

Ilustración d'Emily Gravett

Ilustración d'Errol de Cain

Ilustración de Franco Matticchio

Ilustración d'Eva Vázquez
Ilustración de F. Haeusermann

Ilustración de Jacob Lawrwnce

Ilustración de Jimmy Liao

Ilustración de Jokin Mitxelena

Ilustración de Jon Clary

Ilustración de Mai Ohno- Denali

Ilustración de C.V. Favre

Ilustración de Mónica Pironio

Ilustración de P.J. Crook

Ilustración de Oliver Jeffers

Ilustración de Rebecca Campbell



Ilustración de Nan Lawson
 
Vía Pinzellades, por suposto.

Pero ¿qué pasa?


Fermosísimo álbum publicado por SM este Pero ¿qué pasa? de David McNeil e Tina Mercié. Un álbum despregable cheo de sorpresas porque nada é o que parece. Na dobre páxina aparece a pregunta e a ilustración. Podemos contestar o que vemos... pero cando despregamos a páxina a resposta do libro é diferente ao noso primeiro impulso, e aí reside a habilidade do álbum: ningunha resposta é mala e nada é o que semella.



23/10/13

The Me Bird

Reinterpretación do poema de Pablo Neruda "El Pájaro Yo":


ME llamo pájaro Pablo,
ave de una sola pluma,
volador de sombra clara
y de claridad confusa,
las alas no se me ven,
los oídos me retumban
cuando paso entre los árboles
o debajo de las tumbas
cual un funesto paraguas
o como una espada desnuda,
estirado como un arco
o redondo como una uva,
vuelo y vuelo sin saber,
herido en la noche oscura,
quiénes me van a esperar,
quiénes no quieren mi canto,
quiénes me quieren morir,
quiénes no saben que llego
y no vendran a vencerme,
a sangrarme, a retorcerme
o a besar mi traje roto
por el silbido del viento.
Por eso vuelvo y me voy,
vuelo y no vuelo pero canto:
soy el pájaro furioso
de la tempestad tranquila.

Días que non foron

Como en todo libro de relatos, hai algúns que me gustan máis e outros menos. Isto é o que me ocorre con Días que non foron de Luís Rei Núñez publicado por Xerais
O primeiro relato, baseado no afundimento do "Prestixe" encantoume e emocionoume; o autor mestura os feitos coa crise persoal que está a sufrir o protagonista, un xornalista que debulla as mentiras dunha prensa ao servizo do goberno e as súas mentiras. Non hai aquí dúbidas nin dobras: os responsables políticos desta traxedia aparecen con nomes e apelidos. Neste contexto, o protagonista mergúllase activamente na axuda que xorde neses días, nesa "marea branca" que tanto nos enorgulleceu. Precisamente, este heroe colectivo é tamén personaxe no relato, como a loita contra o poder e o despropósito.
Destaco tamén o relato “Con Franco na Zapateira”, pola achega que supón a presenza dun neno de trece anos, orfo dun asasinado por ideas contrarias ao réxime, cando se converte no caddie favorito de Franco. Que posibilidades ten el de elixir? Pode realmente cambiar a súa propia historia? Debe ser fiel á memoria do seu pai ou debe entregarse a un posible golpe de sorte que o tire da fame? Namentres, o autor pode relembrarnos cantas atrocidades se comenteron con total impunidade na posguerra coruñesa. 
E xa postos a destacar, teño que dicir que  “Unha voda por poderes” non me gustou, unha historia que soa a coñecida cun donxuán sen vergoña que se aproveita da muller de aldea, descoñecedora ata do marido alén do mar.
Con todo, coido que paga a pena a lectura dun libro que se pasea polos últimos anos da Historia de Galicia dende a Guerra Civil até a Guerra de Irak.




Mañá vou á folga

A verdade sobre a educación: o mundo segundo a LOMCE


Claro que o goberno asegura que son unha irresponsable con traballo fixo.

Aquí, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.



 Esta é unha ilustración , biografía pictórica dunha mestra, de Kana Handel: 




22/10/13

El Pájaro y El Hombre

Un vídeo sobre a fugacidade da vida

El club de lectura del final de tu vida

Para calquera amante dos libros e da lectura, este El club de lectura del final de tu vida de Will Schwalbe publicado por RBA convértese en esencial porque sobre todo é unha declaración de amor aos libros. E ademais deses que se agradecen que teñan ao final unha compilación das lecturas da que se fala.
O libro conta unha historia real en primeira persoa, a dunha nai que é diagnosticada de cancro terminal e un seu fillo que constituirá con ela unha relación lectora, sobre todo ("¿Qué estás leyendo?" é a pregunta que se fan nunha das primeiras visitas ao hospital e a partir desta pregunta casual nacerá este club tan especial constituído por dúas persoas). Non só se fala de libros, claro está, tamén está enxalzada a figura desta muller que resulta totalmente sorprendente e comprometida cos Dereitos Humanos. Ao mesmo tempo, asistimos a proceso evolutivo e terminativo desta terrible enfermidade. Non xoga con esperanzas, sabemos o final desde o primeiro momento. Pero isto non lle resta un ápice ao interese da lectura. Non procura sorpresas nin solucións, tan só vai describindo o proceso lector no que se mergullan co paso do pouco tempo que lle queda á nai, así como o estado de ánimo no que toda a familia vive. 
E si, derramei unhas cantas bágoas. Son así de sensibleira! Pero o libro non é duro nin lacrimóxeno, posto que o autor non pretende regodearse na enfermidade, senón que a tenrura domina sen caer no sentimentalismo barato. Iso si, é un testemuño do amor do escritor pola súa nai e pola literatura. E esta faceta é a que nos subxuga: polas súas páxinas desfilan libros de todo tipo: “Mujercitas” de Louisa May Alcott, Jane Austen,  “La elegancia del erizo” de Muriel Barbery; “Una lectora nada común” de Alan Bennet, la Biblia, “Alicia en el país de las maravillas” de Lewis Carroll, Agatha Christie, Dante, Dickens, T.S. Eliot, Los pilares de la tierra de Ken Follett, Anna Frank, Sue Grafton, Henrik Ibsen, John Irving, Jerome K. Jerome, Erika Jong, Stieg Larsson, Donna Leon, Toni Morrison, Ian McEwan, Shakespeare… Só falan en profundidade dalgúns deles, obviamente, e resulta interesante ler a reflexión que fan. Claro que eu só coñezo unha pequena parte de todo ese culturón literario que eles os dous amosan.



“Es mucho más fácil dedicarse a perseguir la felicidad cuando se tiene suficiente dinero para pagar el alquiler”.
“Veo libros electrónicos a menudo, pero nunca me persiguen. Me hacen sentir, pero no puedo sentirlos. Son alma sin carne, sin textura ni peso. Se te pueden meter en la cabeza, pero no pueden asestarte un golpe físico”.
“Cuando veía a mi madre dar las gracias al personal médico con gesto radiante, caí en la cuenta de una cosa que había intentado inculcarnos desde siempre: el agradecimiento encierra auténtica alegría”.
“Lo que entendí de súbito fue que una nota de agradecimiento no es el precio que se paga por haber recibido un regalo, como creen muchos niños, una especie de tributo mínimo o cuota, sino una oportunidad de agradecer lo que se tiene. Y la gratitud no es lo que se da a cambio de algo, sino lo que se siente al saberse afortunado: afortunado de tener familia y amigos que se preocupan por ti, y que quieren verte feliz. De ahí la alegría de dar las gracias”.
“Todos estamos en deuda con el prójimo por todo lo que acontece en nuestra vida. Pero no se trata de una deuda con una persona en concreto: en realidad estamos en deuda con todos por todo. Nuestra vida entera puede cambiar en un instante, así que cada una de las personas que evitan que eso ocurra, por pequeño que sea el papel que desempeñen, también es responsable de todo ello. Ofreciendo amistad y amor, uno consigue que las personas a su alrededor no se den por vencidas, y cada expresión de amistad o amor puede ser lo que cambie las cosas por completo”.
“Me encantó conocer gente en todos mis viajes. Me encantó oír sus historias, llegar a conocerlos y averiguar qué podía hacer por ellos, si es que podía hacer algo. Enriqueció mi vida más de lo que soy capaz de expresar. Naturalmente, podrías hacer más cosas, siempre se puede hacer más y se debe hacer más, pero aun  así, lo importante es que hagas lo que puedas cuando puedas. Haz lo que esté en tu mano, eso es lo único que puedes hacer. Mucha gente recurre a la excusa de que no cree que pueda hacer gran cosa y acaba por no hacer nada en absoluto. Nunca hay una buena excusa para no hacer nada, aunque solo sea firmar algo, o enviar una pequeña contribución, o invitar a una familia de refugiados recién llegada a comer el día de Acción de Gracias”.
“Tienes que decir todos los días a los miembros de tu familia que los quieres. Y asegurarte de que sepan que también estás orgulloso de ellos”.


As mulleres deberían ser escravas

 Unha campaña da ONU usa frases sexistas de Google 


Coa fin de poñer de relevo o grao de desigualdade de xénero que existe no mundo, a ONU vén de lanzar unha campaña usando datos recollidos das procuras máis frecuentes de Google que conteñen a palabra "mulleres"

Se se teclea en Google as palabras "women shouldn't" (as mulleres non deberían), as palabras que se suxerin para seguir son "ter dereitos", "votar" ou "traballar".


Estas son as frases que emprega a ONU mulleres, unha entidade do organismo internacional que trata cuestións de xénero na súa última campaña.






Outra das oracións que aparecen na campaña sobre fotografías de diferentes mulleres nunha ventá de procura de Google son "as mulleres no poden conducir", "as mulleres deberían quedar na casa" ou "as mulleres necesitan ser controladas".



 Tamén en español dan resultados sexistas e homófobos. Así, se un escribe "as mulleres necesitan...", Google ofrece entre as súas opcións "sentirse deseadas" ou ·"atención".


21/10/13

Ultra Reality

Swingin Christmas


Unha das novidades máis fermosas que nos chega neste mes de outono -o mes máis bonito do ano, por outra parte!- é este Swingin Christmas da editorial Edelvives, un relato de Olivia Ruiz que conta co luxo desenvolvido nas ilustracións por Benjamin Lacombe. Poderiamos dicir que é un álbum fermoso só polas ilustracións, que nos ocorre sempre que abrimos calquera libro deste ilustrador. Pero deixádevos mexer pola historia e o amor, así como pola música de jazz. Non hai mellor tributo a este tipo de música que deleitarse con estas ilustracións mentres escoitamos o CD que acompañan e soñamos, nós tamén, cunha historia, un lugar, un vello e a súa soidade, a necesidade de amar e sermos amados... e un xeito de medrar diferente grazas á cultura que nos proporciona a lectura e a música. 
Que non está todo isto nun só libro? Abrídeo e comprobádeo. Veredes como non minto un ápice. Escoitade o CD... e a pedir máis! Porque este libro é pura sedución.






Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.