Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/05/14

Un perro andaluz

Versión Restaurada pola Filmoteca Española de Un Perro Andaluz de Luis Buñuel.

 “un clásico del cine de arte y ensayo, una obra única y de culto, fruto de la poderosa imaginación de dos jóvenes mentes -Buñuel tenía 29 años y Dalí 25- poseedoras de un talento tan singular como genial. ”

Vía

Brinca Vai!

Publica Kalandraka este novo disco-album de Paco Nogueiras con ilustracións de David Pintor: Brinca Vai! conquistoume sobre todo por dúas cancións: "A palabra ten vida" e "Nun libro". Aí xa souben que era definitivamente un CD para escoitar moitas veces. Como vai ser doutro xeito se podo cantar:

"En galego falo, en galego sinto,
en galego canto, sabes que non minto.
En galego todo podo facer,
en galego estou no mundo...
Meu o mundo é!
En galego leo, en galego escribo,
en galego bailo, sabes que non minto.
En galego todo podo facer,
en galego estou no mundo...
Meu o mundo é!"

Desde logo, se eu dese clase en primaria, tería a ben comezar cada mañá escoitando unha canción tan acaída deste disco, unha máis desa ducia que percorren momentos tradicionais do noso país coma o Samaín ou o Magosto, con variedade de estilos que van dende o tecno ao rap, do pop ao rock ou da música electrónica  á tradicional… iso, si, sempre baixo unha ledicia cómplice que nos contaxia dende o primeiro momento. Así que non tardedes en pór vós tamén ese chapeu azul que será a marca da casa deste inesquecible traballo.
    

Presumindo

Onte fun testemuña de excepción das deliberacións que a porta pechada realizaron os tres xurados dos Premios Xerais. Isto é porque fun acompañando a Mariña Castro Fontao, a miña nena, alumna do IES Pintor Colmeiro, quen formaba parte do xurado da VI edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil. Horas estiveron deliberando mentres eu puiden deleitarme coa contemplación do mar e as fermosas vistas que me asolagaron dende o Monte da Peneda. E é que a organización da editorial Xerais ten a ben realizar este encontros dos xurados no Castelo de Soutomaior, un lugar cheo de maxia que supoño que coñecedes, e que así de fermoso campaba:



O porqué deste post é sinxelo: fachendear desta rapaza que agardo teña sorte e poida ser valorada como merece no futuro. Non todos os anos o profesorado podemos contar con alguén así nos pupitres, con esta extraordinaria sensiblidade para a escrita e a lectura. E porque estou convencida das súas calidades, quero agradecer enormemente a Manuel Bragado a oportunidade que lle (nos) brindou para que ela estea aí, aportando o seu gran de area para os premios máis importantes do país.
Quero que coñezades a Mariña, por iso déixovos algunhas ligazóns que demostran o seu bo facer. Non esquezades que ten 14 aniños e cursa 3º da ESO!:

 




Pois si, quero presumir de vez,  ligazóns a algunhas das cousas que Mariña escribe:






Perdoade se me paso, pero é que son unha profesora ben presumida e lerchana.

E mirade que agasallo tan fermoso vén de recibir Mariña da editorial Xerais:



 Estou segura de que Mariña non esquecerá esta experiencia tan enriquecedora e especial. Para min é un honor acompañala nestes pasos que vai dando.
Reitero a miña gratitude á editorial Xerais.

30/05/14

Derailed


Vía

La invasión marciana

Este álbum publicado pola editorial A buen paso é de Catalina González Vilar e Miguel Pang Ly: La invasión marciana chama a atención polas ilustracións e pola orixinalidade textual. En canto ás primeiras, a cor, as crituras, as árbores, a urbe... cada unha das páxinas é digna de ser mirada detalladamente. En canto ao segundo, destaca o humor e a axilidade da narración, dende a estrañeza dos marcianos ata a cotidianeidade de telos entre nós; e iso que, a verdade, son bastante raros. Sobre todo, tentaremos comunicarnos con eles procurando saber o seu idioma. Cal será este?
“Aquel agosto el cielo se llenó de soles. Pero no eran soles, era la Invasión Marciana. La Primera Invasión Marciana, cuando aún no estábamos seguros de si ellos existían. Eso fue hace mucho, yo tenía entonces ocho años y miraba desde el balcón de mi casa como el cielo se llenaba de luces brillantes, gigantescas, como si realmente en vez de un sol hubiese docenas de ellos, y todo se volvía blanco, pálido, bajo aquella luz tan intensa.”







Todo lo que un filólogo no sabe que sabe hacer

29/05/14

Nexus


Vía

El pirata de la pata de pata

José Carlos Andrés e Myriam Cameros Sierra publican en edicións Nubeocho este álbum: El pirata de la pata de pata é un álbum divertido sobre o medo e o feito de perdelo, iso si, cheo de humor, ao igual que as ilustracións, que resultan moi divertidas.


Sempre grosa


Sobre "a operación Bikinazi", de Erantzu Verela, de Factoria Lila.


Vía

28/05/14

Monkey Rag

Curta musical:


Vía

Conversación de sombras en la villa de los papiros

 Conversación de sombras
Pareceume súper-orixinal esta proposta que mestura cómic e texto de Max e que publica La Cúpula: Conversación de sombras en la villa de los papiros é, como digo, unha novla gráfica en viñetas e a aportación de textos básicos nesta historia: a carta de Epicuro a Meneceo -que condensa os puntos máis importantes da súa filosofía- e dúas carta de Plinio o Novo a Tácito onde conta a morte do seu tío na explosión do Vesubio. O mérito do libro está, pois, nesa conxunción e na cesión a  voces orixinais da época: “La muerte nada es para nosotros, pues mientras no somos, la muerte no está presente, y cuando la muerte se presenta, nosotros no existimos”. Na primeira parte do libor, aquela que é novela gráfica, o autor preséntanos un filósofo maior e un estranxeiro recén chegado que desexa iniciarse na filosofía epicúrea, un diálogo que se pecha bruscamente polos acontecementos históricos que significaron a desaparición de Pompeya e Herculano.
Unha proposta magnífica.

Decálogo para unha poesía que se cadra non existe

 
No blogue da editorial Xerais publican este Decálogo de Carlos Negro ben interesante e que recollemos, claro está, completo:

  • A poesía orientada a un público xuvenil carece de pasado, polo que só existe en futuro. Permite a aventura, porque as súas fronteiras aínda non están delimitadas por ningún sacerdote da tribo.

  • Aínda que minoritario, existe un público para a poesía; aínda que invisible, existe un público para a poesía xuvenil; aínda que ameazado, existe un público para a poesía xuvenil en galego. Non son frases baleiras, senón certezas empíricas.

  • Todo poema destinado a un público xuvenil, polo feito de selo, está condenado a loitar a morte contra esa conxunción concesiva que condiciona, a priori, as valoracións lectoras da mocidade: “Este libro, a pesar de ser de poesía, resultou…”

  • A revolución da poesía xuvenil consiste en fender estereotipos, mais non desde unha trincheira ideolóxica, senón desde a dinamita das emocións.

  • Un poema xuvenil ten o mesmo dereito a citar a Justin Bieber que un poema para adultos a Charlie Parker. E Celso Emilio Ferreiro pode cantar un verso a carón de Beyoncé. Porque a poesía é libre, ou non é nada.

  • Tres principios básicos para escribir un poema xuvenil: rigor lingüístico, ambición estética e debate ético. En definitiva, ansia de facer versos que non resulten estatuas de sal na vitrina dun museo arqueolóxico.

  • Practicar a poesía xuvenil é un deporte de alto risco: fala para lectoras e lectores mutantes, en proceso de cambio, distint@s e distantes.

  • A poesía para adolescentes debe ser xulgada do mesmo xeito ca de adultos: como boa ou mala literatura, é dicir, como algo que enche ou como algo que sobra.

  • A poesía xuvenil é aquela que permite ler tamén toda aquela que xa non é xuvenil.

  • Se a poesía xuvenil aínda non existe… que ou quen nos impide inventala?

27/05/14

Sinceridad

O movemento Radical Democracy organizou un concurso de curtas sobre a situación da crise na que viven algúns países do continente. A pasada semana déronse a coñecer os dez traballos gañadores, entre os que aparece este vídeo de Andrea Casaseca Ferrer, titulado 'Sinceridad'. 
Un mozo anuncia a seus pais quetopou traballo...


Vía

Los caminos de los árboles


Da editorial La fragatina é este álbum de Pep Bruno e Mariona Cabassa: Los caminos de los árboles é un libro cheo de dozura e poesía, desa poesía que convive connosco cada día e que ás veces nin vemos nin intuímos. Porque a poesía está, xustamente, nas persoas queridas. E estas serán as que nos dean eses pequenos momentos de felicidade que son os máis importantes para compoñer as nosas vidas. Con eles, con eses instantes, encheremos de comprensión e ledicia as nosas vidas.
Un pensamento cheo de vida. Unhas ilustracións que nos asologan de alegría.

"El abuelo miraba el atardecer mientras
el niño observaba el árbol.
- Abuelo - preguntó el nieto -,
¿tú crees que yo podría subir
a lo alto del ciruelo?..."
 

Historia crítica del Feminismo español

26/05/14

Amar a mares

Las gafas de ver


Margarita del Mazo xunto con Guridi publican este divertido álbum en Edicións La fragatina: Las gafas de ver é unha lección para recordarnos que debemos mirar ben o que temos máis preto sen empeñarnos en mirar o inalcanzable tan só. Porque aquí ao noso carón agárdannos cousas marabillosas que podemos ocultar sen darlles oportunidade ningunha. Isto é o que significa o título do libro, procurémonos unhas gafas metafóricas que nos permitan ver as cousas sinxelas, as que temos preto e que cremos que son prescindibles porque estamos obnubilados antes o que está máis afastado, o que é inalcanzable e polo que loitamos innecesariamente.
Ilustracións e texto son un todo, un conxunto que sinala a forza e a unión que existiu entre os dous creadores á hora de realizar este libro.


Entrevista a Carlos Negro

25/05/14

Ne m'oublie pas - Cie Philippe Genty

El gourmet solitario


Un manga de Jiro Taniguschi e Masayuki Kusumi publicado por Astiberri que interesará moito a aquelas persoas interesadas na cultura xaponesa, xa que El gourmet solitario é, sobre todo, un catálogo de comidas típicas daquel país. E parece ser que en Xapón o manga de xénero gastronómico, con ou sen fantasía, é o moi popular. Algo que a min, cando menos, chama a atención. Claro que tamén me chama a atención que este cómic estea publicado en sentido de lectura occidental, sen respectar a orixinal como debería ser, digo eu.
Este libro xira arredor dun personaxe que polo seu traballo ten que comer só. Iso constitúe a ponte para que as súas reflexións sobre gastronomía xaponesa cheguen a nós. E consegue interesarnos sen acción! Dividido en 19 capítulos de 8 páxinas, o protagonista pasea por Tokio ou Kyoto, e decide comer nun restaurante, o que da pé para falar de platos tipicamente xaponeses.




Non á violencia contra as mulleres (CCCLXIII)

24/05/14

SOCAS APP

Este é o gañador dos Videoghit 2014. Marcha o premio para Dodro. Parabéns! 
Recoñezo a  miña querencia persoal polos gañadores do ano pasado, pero esta curta tamén é boísima. Toda a información, claro está, en Eticolmeiro.

"Números" - "Cores"


Que sorte ten a rapazallada máis pequena contar con este rato molón chamado Frederick que axuda a saber as Cores e os Números. Así é como Leo Lionni, en galego grazas a Kalandraka, pescuda con poesía o traballo de ambas facetas a base de textos rimados que non son independentes, senón que van fiando ou desfiando un nobelo numérico do 1 ao 10 mediante situacións cotiás ou tinguindo os ratos de diferentes cores asimilándoas aos estados de ánimo diferentes. Claro que esta editorial devólvenos estes textos con historia coidando todo, dende o formato en páxinas duras axeitadas para esas manciñas que os van suxeitar ata o resultado final do libro. Unha gozada ter este ratiño poeta e sabichón na casa!

Mujeres bajo sospecha

Mulleres baixo sospeita (memoria e sexualidade 1930 – 1980):


23/05/14

Multiplicar doutro xeito

Curioso método para realizar multiplicacións sen necesidade de utilizar a táboa de multiplicar. Suficiente con trazar unhas liñas e contar puntos...
Para Anxo e Cibrán, matemáticos de raíz... cadrada!


Vía

As redes de Inés

 Elvira Riveiro publica en Xerais, na súa colección Merliño, un fermoso poemario infantil que conta coas ilustracións de Fino Lorenzo. Teño para min que estamos ante unha das figuras que serán máis importantes da poesía galega destes tempos, posto que cada novo libro que publica constitúe unha mellora respecto á anterior. E non é doado, pois lembrarmos aquel fermosísimo Palabras brancas que se nos antollaba insuperable.
Nesta ocasión, Elvira realiza un poemario infantil, un máis que debe estar en todas as escolas e debe ser lido por nenos e nenas para que a linguaxe poética forme parte das súas vidas dende sempre. Coido que é isto moi importante, a ver se conseguimos que a poesía deixe de ser para a adolescencia un obxecto estraño e rexeitable que máis parece de extraterrestres. Se lográsemos que a amasen dende a infacia, teremos unha nova oportunidade. Ogallá.
E de que nos fala Elvira? Dun oficio tradicional, o de redeira. A protagonista do poemario é Inés, unha redeira que herda e que leva baixo o seus ombreiros o pasado mariñeiro do pobo.
Por suposto, tal como adoita suceder na poesía infantil, os poemas son curtos, rimados, xogando coas palabras e a súa expresividade. Quizais haxa algún léxico difícil pero... para iso están os mediadores, non si? Coñecer novas palabras non impide poder gozar asemade dos poemas. Máis cando estas pertencen a un léxico que a nós, do interior, nos resulte máis descoñecido. Así que a gozar e a traballar co mar!!!
 
Inés está no peirao
dende o amencer,
ata que te ata
o verde cordel.

E eu sei que ela sabe,
ela sabe que eu sei…
…que nunca se enlean
as redes de Inés.


"Piñeiro", "Violín" e "Zapato"



 Aprender a amar os libros e aprender a ler grazas á editorial Kalandraka. Unha vez máis, recurro á sabedoría de María Jesús, quen adoita adiantárseme e recollo as súas palabras. Vou ter que lle pagar dereitos de autor e cafés varios polo favor!
Tres novos títulos "Piñeiro", "Violín" e "Zapato" na súa estupenda colección "Do berce á Lúa", dirixida aos máis pequenos. Repiten a fórmula coñecida de pictogramas poéticos, nun formato perfectamente adaptado ás pequenas mans dos receptores. O texto de Antonio Rubio, destinado a ser aprendido e reproducido polos nenos e nenas que aínda non len, constrúese a base de ritmo, repeticións, rimas e onomatopea, e as ilustracións teñen a expresividade e a calidade que lle son propias a Óscar Villán (Premio Nacional de Ilustración). Ilustracións que son sinxelas e recoñecibles, lenes, sutilmente axeitadas. Grafía idónea e texto coherente e repetitivo. Pois si que dan ganas de ter unha netiña ou un netiño para gozar con eles e estes libros!
 

Animais lectores

Dende un deses blogues imprescindibles para min:














22/05/14

Butts

De cus:


Vía

Espíritu maligno



Peer Meter e Gerda Raidt son os autores de Espíritu maligno publicado pola Cúpula, un cómic magnífico sobre a nostalxia dos recordos. Os autores cóntannos unha historia sobre o que supón recordar, sobre a infancia e como esta é decisiva na formación humana. E é que en contra do que poida parecer, este cómic é moi realista e foxe dos contos de pantasmas aínda que aquí os haxa. Retrato humano que se forma en páxinas formalmente fermosas e ilustradas magnificamente. Presente e pasado mesturánse perfectamente e unha vella libraría é o contrapunto ideal para a recreación da historia. Unha historia que, por outra parte, está chea de silencios, onde tan só a delicadeza e a forza das imaxes son as que contan esa historia que lemos sen palabras e sentimos plenamente.





Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.