Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/01/18

Tomás o bromista

Divertido álbum este de Jorge Rico Ródenas con ilustracións de Anna Laura Cantone que publica Kalandraka: Tomás o bromista posúe aquelas características que enganchan o lectorado máis novo: rimas, repeticións e acumulacións adubiadas de moito, moito humor. Un humor que se reforza coas ilustracións extravagantes e coloridas.
Iso si, o noso personaxe bromista algo vai aprender!

30/01/18

Mulleres porteadoras

Acabo de descubrir no Intermedio este drama terrible. Mulleres que son o último chanzo da sociedade por seren fortes e valentes, por dar de comer ás súas familias, por morrer na fronteira, por sufrir o maltrato patriarcal. Novamente. Cargan con máis de 60 Kg de peso para gañar uns poucos euros. Mentres, miramos para outro lado.





29/01/18

Migration

Nun lugar de pescadores vive un vello e solitario mariñeiro que soña coas súas viaxes no seu barco. Ata que un día recibe unha visita inesperada; un paxaro ferido. O mariñeiro coidarao e xurdirá unha bonita amizade.



Por que?

Magnífico este álbum sen palabras que nos trae Kalandraka: Por que? de Nikolai Popov. Todo comeza cunha ra que ten unha flor. Pero hai un rato que tamén a quere. Ambos piden axuda aos amigos e comeza unha batalla feroz. O final, presupoñémolo. Pero... por que?  Son as únicas palabras, porque non cómpre ningunha máis, as ilustracións dino todo, convídannos a reflexionar sobre o comportamento dos humanos e asemade convídannos a desexar a paz. Unhas ilustracións que pasan do humor á traxedia en cada páxina.


28/01/18

El cuento fantasma

Encantoume este álbum ilustrado que leva por título El cuento fantasma de Jaime Gamboa e Wen Hsu Chen que publica Amanuense. Cando me acheguei a el pensaba que ía ser un libro que falase de fomento da lectura ou algo semellante e logo sorprendeume realmente: a realidade é que este libro fala da interacción entre aqueles que len cos ollos con aqueloutros que len cos dedos. Unha relación amorosoa entre o libro e a súa lectora cega. Unha relación plasmada con delicadeza polas ilustracións que acaban estoupando de cor.
Unha marabilla.

Non á violencia contra as mulleres (DXLIV)

 A RAE chama "fáciles" ás mulleres que teñen sexo con quen desexan.

Iso si, os académicos (poucas académicas, por suposto) veñen de actualizar o dicionaio con máis de 3000 incorporacións e reformas, pero esta non lles supón problema:

Fácil: “Dicho especialmente de una mujer. Que se presta sin problemas a tener relaciones sexuales”.  

Para que engadir que isto é PEXORATIVO????








27/01/18

Rozalén e Estopa: "Vivir"

"Vivir" de Rozalén e Estopa, a beneficio da loita contra o cancro de mama a través da Asociación Española Contra o Cancro:


Sin fronteras

Un libro Sin fronteras de Imapla que publica Libros del Zorro Rojo. Un libro xogo que axuda a crear un mundo sen límites, un mundo novo, un mundo máis divertido e máis aberto que o que temos. Porque este libro ofrece a posibilidade de facer fusións que antes criamos imposiblres. Porque un mundo que non presuma de fronteiras, nin de muros, sería mellor. E ese é o que temos entre as mans. Unha mestura de barreiras e estandartes que baixo o nome de bandeiras conducen a atrocidades. E así paseamos cun sorriso con todas as propostas que  este libro nos fai. Mesmo poderemos debuxar novas bandeiras, esas si, as que non pechan corazóns.

26/01/18

Interpretacións

 Diferentes interpretacións ante as mesmas actitudes:


25/01/18

Ningún deporte é de homes

Campaña contra o machismo nos deportes.
Aquí saberás máis.


24/01/18

Sempre hai un lugar para a poesía (CXLVII)

Autorretrato

Considerad, muchachos,
Este gabán de fraile mendicante:
Soy profesor en un liceo obscuro,
He perdido la voz haciendo clases.
(Después de todo o nada
Hago cuarenta horas semanales).
¿Qué les dice mi cara abofeteada?
¡Verdad que inspira lástima mirarme!
Y qué les sugieren estos zapatos de cura
Que envejecieron sin arte ni parte.
En materia de ojos, a tres metros
No reconozco ni a mi propia madre.
¿Qué me sucede? -¡Nada!
Me los he arruinado haciendo clases:
La mala luz, el sol,
La venenosa luna miserable.
Y todo ¡para qué!
Para ganar un pan imperdonable
Duro como la cara del burgués
Y con olor y con sabor a sangre.

¡Para qué hemos nacido como hombres
Si nos dan una muerte de animales!
Por el exceso de trabajo, a veces
Veo formas extrañas en el aire,
Oigo carreras locas,
Risas, conversaciones criminales.
Observad estas manos
Y estas mejillas blancas de cadáver,
Estos escasos pelos que me quedan.
¡Estas negras arrugas infernales!
Sin embargo yo fui tal como ustedes,
Joven, lleno de bellos ideales,
Soñé fundiendo el cobre
Y limando las caras del diamante:
Aquí me tienen hoy
Detrás de este mesón inconfortable
Embrutecido por el sonsonete
De las quinientas horas semanales.

                 Nicanor Parra 

El rey del cielo

Nicola Davies e Laura Carlin constrúen en El rey del cielo, publicado por Mil razones, un fermoso álbum sobre a inmigración, aínda que tamén sobre a amizade. Un rapaz que chega a un novo país, a unha nova cidade, e bota de menos todo canto tiña: a súa lingua, as cores, os olores... e a morriña invádeo de contino. E a tristura apodérase do protagonista e do texto, do álbum escrito para ser lido con dozura e a modo, procurando as metáforas e a humanidade.
As ilustracións son brumosas, como a nostalxia. Evocadoras, como as palabras. Potentes, como o instinto das aves. Confidenciais, como a amizade. Doces, como a tenrura final. Esperanzadoras, como a certeza final. Poéticas, como o tratamento dun tema tan difícil con esta precisión.


23/01/18

Intemperie


Xa falaramos hai tempo desta marabillosa novela de Jesús Carrasco, que agora atopamos en cómic: Intemperie, de Javi Rey, publicada por Planeta. Se o libro era durísimo e impactante, o cómic aínda o é máis, porque atopamos esas escenas dun xeito explícito, mentres que antes podían ocupar a nosa imaxinación. Agora, temos esa violencia, esa soidade, esa desolación... diante dos nosos ollos. A natureza confúndenos e a sequía abáfanos. A histora en imaxes déixanos sen alento. O lectorado queda desolado por completo.




22/01/18

O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas

Xa coñecemos ao Cociñeiro Martiño. E agora temos unha nova aventura, da man de Xerais. O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas de Iago López e Macus Romero segue o mesmo procedemento acumulativo ca o anterior pero desta volta o noso protagonista terá que verse cun coello pillabán que rouba cenorias... cun fin loable que o cociñeiro non será quen de castigar. Así que terá que utilizar o seu enxeño para saír adiante. Pero desta volta contará cunha axuda inestimable: o fillo e a filla do rei serán axudante ou pinches de cociña por un día. E ante iso non hai quen poida!
 

21/01/18

Apegos feroces

En Sexto Piso poderemos atopar esta gozada de novela autobiográfica de Vivian Gornick, Apegos feroces. A verdade, cheguei a el polo "boca a boca", e collino antes ca outros pola súa extensión (xa se me está pegando o cataclismo lector do meu alumnado: cantas páxinas ten?). Foi acertado facelo. Porque lin que é un libro, sobre todo, honesto, e iso pareceume chamativo. 
Un libro que fala dos paseos cotiás que realizan unha nai e unha filla, e mentres pasean, lembran, discuten, contan a historia das súas vidas. Todo está neses paseos. Unha relación ás veces difícil; unha relación ás veces amable; unha relación ás veces odiosa; unha relación ás veces envexable. Pero sobre todo unha relación entre dúas mulleres feitas de historias rodeadas doutras mulleres que falan e senten o amor e a sexualidade (hai homes na historia, si, pero elas son as protagonistas). De aí que o libro sexa profundo, porque a autora debe analizarse a si mesma, debe atravesar todas as fisuras para ser quen de tentar pechalas e reconstruírse, debe saber visibilizarse e converter a fouteza en rebelión. Debe saber que ese apego feroz non pode con ela. Nas súas páxinas topamos os nós que imos formando na vida, no camiñar continuo que consiste en capacitarnos para seguir andando, para sortear as coiteladas que a vida nos depara. A ferocidade dos apegos reside na dependencia ou na influencia que moi a pesar noso recibimos aínda que a rexeitemos. Quizais sexa certo iso de que o odio e o amor están preto. Cadaquén que o analice para si.


Non á violencia contra as mulleres (DXLIII)

El machismo mata
O machismo mata

20/01/18

Un mundo de palabras

Agustín Fernández Paz deixounos Un mundo de palabras (publicado por Xerais), para ler e reler. Compilación de artigos e conferencias súas que teñen en común o amor pola lectura e pola palabra, ese seu amor que sobresaía en cada palabra del, en cada xesto, e que plasma nestas páxinas como unha paixón que se converte en necesidade de vida, non só para el senón tamén para quen o le. A defensa do papel das Bibliotecas, da lectura en voz alta, as reflexións sobre oas lecturas obrigatorias (materia pendente con tanta parte do profesorado noso) que non deben existir son partes que cómpre destacar. Asemade, amosános consellos para que o noso alumnado lea máis e apórtanos algunhas das súas experiencias persoais como profesor-lector.

19/01/18

Soy Jazz

Imprescindible álbum para falar de transexualidade este Soy Jazz de Jessica Herthel e Jazz Jennings ilustrado por Shelagh McNicholas que publica a editorial Bellaterra. Conta en primeira persoa como nacendo neno nunca sentiu que encaixaba nese corpo ata que os seus propios pais se dan conta e finalmente pode converterse nunha nena feliz e aceptada.
Para saber máis sobre transexualidade, pódese ir á Asociación Transkids Purple Rainbow Foundation.

de bares

Patrimonio Islas Cíes

18/01/18

Azul. Un cuento contra el abuso

Deses libros que poñen os pelos de punta, deses álbumes que sabes que falan de verdades que non deberían existir, deses libros que prenden na memoria porque obrigan a mirar a realidade que ás veces non queremos ver ou que, simplemente, esquecemos. Falamos de Azul. Un cuento contra el abuso de José Andrés Murillo e Marcela Paz Peña, publicado por Thule. Se é terrible sufrir abuso cando es pequeno ou pequena, como pode ser que logo non que fagan caso? A indiferenza é o peor que pode ocorrer no medio dese terrible sufrimento; que necesario é saber escoitar, que obrigado é crer e axudar a recuparar a confianza. Se o libro é tremendo, resulta aínda peor cando descobres que autor e ilustradora saben ben do que falan.
Tremendo.
E absolutamente imprescindible.


17/01/18

Mexique

María José Ferrada e Ana Penyas ofrecénnos en Libros del Zorro Rojo este Mexique, el nombre del barco, un álbum situado en plena guerra civil, canto 456 fillos e fillas de republicanxs embarcaron nese barco para ir a México; sempre se penseou que irían tan só por uns mese, pero nunca puideron volver á súa terra. Terrible, lémbranos unha vez máis cantos dramas se viven por culpa das cruentas guerras, de xeito delicado vemos a tristura, a morriña, a inseguridade, e a incertidume do que vai vir. O tráxico da situación, a pena, a dor.
Destacan as ilustracións, que cargan a traxedia da historia.
Ao final hai unha explicación dos acontecementos reais que inspiraron a existencia do álbum.
 Imprescindible


16/01/18

Noite de temporal

Gustoume esta proposta que nos fai Manuel Núñez Singala a través do noso selo da editorial Santillana O que leo: Noite de temporal conta a historia dun naufraxio nas nosas costas: o do vapor Santa Isabel o 2 de xaneiro de 1921. Levaba 270 persoas a bordo e o libro céntrase nesas horas terribles dende que comeza o temporal ata a salvación dalgúns deles ou a súa morte. Pero ademais lémbranos a heroica actuación dos habitantes da costa, destacando un monllo de mulleres que, na realidade, foron homanexeadas como heroínas. E isto bótoo un pouco de menos, que non haxa maior afundamento nesta parte. Por outra parte, o libro sérvenos para saber máis (ou algo para quen nada sabía) sobre este acontecemento, e serve asemade para percatarnos de como sería calquera outro nesas épocas.
Destaca, por outra parte, a documentación que aporta o autor ao final da obra e aquela na que tivo que indagar para escribir o libro.

15/01/18

SAHARA.PAZ. PALABRAS DE CARAMELO.

Interesante vídeo e moi bo traballo o que nos chega dende o CEIP Plurilingüe da Espiñeira-Aldán:

Aquí tedes unha presentación sobre o Sahara no século XX e na actualidade, axudándonos da lectura previa de "Palabras de Caramelo", Gonzalo Moure; Fernando Martín Godoy (il.), edicións Xerais. Moitísimas grazas a Beatriz Bruna, Milagros Lemos e a todas as demais persoas que colaboraron neste labor.  Música: " Kul Enhar U Kul Leila"  interpretada por Ghadur.

14/01/18

Non á violencia contra as mulleres (DXLII)

A moral patriarcal quere impór as súas medidas:



13/01/18

Instrucciones para leer tu cuerpo como un mapa

Recibín un agasallo inesperado que me emocionou pola súa estética, un libro de poesía de Jenaro Talens que leva por título Instrucciones para leer tu cuerpo como un mapa e que está traducido ao galego por Chus Pato, pero que sobre todo destaca pola súa edición: a editorial é Segundo Santos Ediciones e publica de xeito artesanal, paga moito a pena coñecer algún dos seus traballos; papel feito a man de liño e algodón libre de ácido. Este libro que nos ocupa en particular conta coas acuarelas de Luís Vidal e mesmo aporta páxinas despregables para goce dos sentidos e da estética. O poemario é "un diálogo con Paul Celan" ,  unha declaración de amor realizada en nove poemas que falan de sexo, paixón, desexo, amor.

Deixa que as miñas palabras acalmen no teu ventre.
Despois de trocadr os nosos silencios, tras a canseira do pracer,
de volta á rutina misteriosa que sucede ao amor,
as letras do teu nome baterán alas nos teus ollos pechos,
coma enruga dunha luz que convide a habitar o soño e o repouso...



12/01/18

Cómo hacer un poema feminista con canciones machistas


Martínez crea unha historia na que aparecen versos de máis de vinte cancións. Hai para todos os gustos: Noche de sexo, segue con Carolina, pasa por  19 Días y 500 noches de Sabina e tamén por   Mala mujer, de C tangana

11/01/18

As estrambóticas aventuras do barón de Munchhaüsen

 Pinto & Chinto ofrecen en As estrambóticas aventuras do barón de Munchhaüsen publicado pola editorial Bululú unha reinterpretación das aventuras do barón de Münchhausen en clave de humor e de esaxeración, tal como o título nos lembra: divertidas ou mellor surrealistas son as páxinas das que poderemos gozar en gran formato. Imposible non quedarse con algúns destes episodios singulares onde o barón fala en primeira persoa para lembrar que a pesar do estrambótico, ata podería ser verosímil. De aí que o discuro sexa áxil e as ilustracións absolutamente acaídas e cribles, como unha pefecta combinación entre o real e o fantástico.

10/01/18

Discurso de Oprah Winfrey nos Globos de Oro 2018

Un discurso para emocionarse e reflexionar. Por todas as nenas que soñamos, que viven, que loitan, que queren...


09/01/18

Na tundra de Carlos

Andei algo afastada destas terras. Tanto, que nin sequera vos falei da presentación deste libro, Tundra, de Carlos Negro. Unha presentación que tivo lugar na nosa vila (xusto antes de comezar as vacacións do nadal) e que me ofreceu a oportunidade de estar canda el e a súa familia. Vaia, de estar entre coas amizades, que sempre presta.
Tundra, XVI Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, publicado por Espiral Maior, supón un cambio na poética á que nos tiña acostumadas Carlos, cando menos respecto aos seus últimos traballos que tantas satisfaccións nos dan nas aulas.
E Carlos falou:

Tundra significa fuxir dos camiños andados. Non saber se existe algo máis alá do xeo, no alén da distancia. A palabra equivale a un equipo de supervivencia nun clima extremo. Mínima, ao límite de si mesma. Mochila de aire, fogueira, cabana, bocalada de osíxeno un intre antes da extenuación do explorador. O amor é apenas unha runa de inverno, pegadas perdidas na neve, a calor dos corpos a loitar contra a hipotermia, o logo do instinto a ouvear fóra, osmando o desexeo. Máis alá do desexo, o universo podería chamarse Siberia. 
Máis alá da palabra, está a Montaña. Un límite do sublime. O abismo romántico. O non pronunciable, por moito que o intentemos. A Montaña dise Candán, a memoria da nevarada, o inverno, o frío convertido en segunda pel da infancia.
Na tundra a linguaxe sobrevive como un monstro expulsado do paraíso, como eco dun ouveo primixenio que ninguén traduce. Algo que nos atrae máis alá do horizonte. O xigante ártico, o deus anterior a todos os deuses.




E agora que xa o lin, que podo eu engadir ás súas palabras? Só a recomendación de que paseedes pola tundra de Carlos, pola montaña silenciosa, polo branco primixenio. O compás deixa de ser preciso nesta nosa viaxe onde o poema precisa de poucas palabras, onde a civilización deixa a súa pegada inexistente, onde arrefría o tempo da escrita e da verba non suxerida. U-lo lume da paixón? Porén, a paixón é unha palabra repetida, devorada por “microclimas adversos”, sen un refuxio que nos cubra dese monstro sen nome, sen voz, sen gorxa, e mesmo efémero.  
A tundra agárdanos, paseemos por ela.


07/01/18

Alias Grace

Gustoume este nova proposta de Margaret Atwood que publica Salamandra: Alias Grace, un libro duro que se basea na vida dura que deben vivir algunhas persoas no século XIX, sen tempo para a compaixón nin para mirar para outro lado. Un libro que ás veces nos deixa sen palabras: estas xa as pon ela. Baseándose en feitos reais. E sen ser un libro de lectura doada, xa que o seu ritmo é lento, por veces demasiado pausado.
Dúas voces e dúas vidas opostas, diferentes. Porén, vainos interesar moito máis a vida dela, da coprotagonista, cando é ela quen fala e nos confunde: amosa frialdade, incapaz de sentir? Como é ela en realidade? É a maldade máis pura a que manda no corazón de Grace ou é inocente e tan só un produto triste das desigualdades sociais?
E queremos sabelo. Imposible fuxir dese desexo. Con ela iremos tecendo, literalmente, como ela, e iremos reconstruíndo de xeito fascinado a súa historia, como fai o doutor. Arredor, unha fotografía exacta da sociedade daquela época, as clases sociais, as desigualdades, os prexuízos, as modas. Un espello que nos devolve a desvergoña social, a hipocrisía, o feito de gardas as aparencias en favor do puritanismo e a relixión. E por suposto, o amor polo sensacionalismo barato (Agora mesmo podemos falar do pouco que temos avanzado neste campo). Asemade, unha crítica exacerbada contra o machismo daquel momento, cando unha muller tiña calquera cousa difícile, e máis se es unha criada nova e fráxil.
Cumprirase o noso desexo de saber? Será a autora quen de cumprir as nosas expectativas? Ou nunha decidida aposta permítese xogar connosco para que esa acción deite a dúbida nas nosas mentes? Será esa dúbida eterna para resolvermos nós quen é Grace?


Non á violencia contra as mulleres (DXLI)

Desexos para o novo ano:


03/01/18

Pájaro

Se vén da man de Beatriz Martín Vidal, éxito asegurado. E non podía ser doutro xeito con este Pájaro que publica Thule. Con pouca cor (brancos e grises entre os que destaca o dourado) e sen palabras, este álbum conquista para falar de moitos temas diferentes segundo o lectorado escolla, pois de nós dependerá a interpretación que lle queiramos dar, ou sexa, seremos nós quen poñamos o tema e as palabras. O resto vénnos dado de agasallo. Sobre todo, o pracer de ollar, unha e outra vez.


02/01/18

Prodigios. Una antología de poesías árabes

Cando unha persoa abre este libro non é quen de deixar de exclamar ante tanta beleza: é unha pasada. Prodigios. Una antología de poesías árabes, ilustrado por Rachid Koraïchi con prólogo de Pedro Martínez Montávez é un deses libros que publica Libros del Zorro Rojo que son unha verdadeira alfaia, unha combinación de poesía e de imaxe que resulta unha experiencia de paixón, de pescuda das voces diferentes que temos neste libro,  voces que veñen de lonxe no tempo e de máis preto. 52 poetas que falan de temas universais: Zaydún Ibn Ibn Arabi e Ibn Quzman; Anna Greka Mahmud Darwish, Adonis e Nizar Qabbani. 
Pero non só: asemade temos contextualizados os poetas historica e literariamente.
 O dito: unha alfaia

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.