Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

20/04/09

Muros

Ás veces, os humanos erguemos muros invisibles para fuxir daquilo ao que lle temos medo: podemos construír muros contra a soidade, contra a dor, contra a inimizade... Pero non contentos con iso, somos quen de construírmos muros para afastarnos doutros pobos que viven ao noso carón, como sinal de vitoria e asoballamento. Así sucede, por exemplo, entre Israel e Palestina, ou entre EEUU e México. E entre Marrocos e o Sáhara Occidental.
Xa temos falado deles. Cando tratamos o tema do Sáhara como eixo central do noso club de lectura o curso pasado, incidimos na súa existencia. Agora traémosvos unha nova reflexión de man de Jordi Calvo Rufanges.
Un muro que é unha xigantesca barreira de pedras, area e arame, custodiada por máis de 125.000 soldados marroquís, armados por países como España e Francia, con máis de 5 millóns de minas. Símbolo da ocupación militar do territorio saharaui. Responsabilidade non exclusiva de Marrocos, xa que o Estado español, antigo colonizador, segue sen posicionarse claramente, pero, iso si, segue a vender armas a Marrocos.
E vivan os Dereitos Humanos.



Vía Libro de Notas


19/04/09

Pensións

O humor, que non falte para comezar ben a semana:


Antes de morirme

Non, non me vou queixar das bágoas derramadas ao ler este libro: a miña benquerida Paramio avisoume. Pero con este argumento, era completamente imposíble fuxir delas: unha moza que sabe vai morrer en pouco tempo quere cumprir unha serie de desexos... ata que atopa o amor. Este é o argumento de Antes de morirme, de Jenny Downham. Pero isto non significa que esteamos ante unha obra lacrimóxena, que se comprace na recreación da dor. Non, nada máis afastado. O libro enfronta a morte desde a narración da protagonista, que sente marchar a súa vida sen facer aquelas cousas que os demais poderán facer, ou non, por ter máis tempo para facelas. Que se enfada ante a súa propia dor, que se deixa levar por ela, que se indigna consigo mesma ou cos demais... pero tamén temos o relato do amor, do que este significa, da paixón, do sexo, do desexo conxugado nun mozo que a ama ata o derradeiro instante. Conmovedora e lúcida, ás veces aterradora, triste e fermosa.
Unha novela que deberiamos ler para entender a forza do momento, para non esquecer a ledicia da vida, para vibrar. Outra lectura para o voso verán, queridas nenas!


Ropa interior

Cando o amigo que me regalou este libro de poemas, Ropa interior de Javier Ruiz Taboada, me preguntou "que tal?", eu contesteille cun adxectivo que a min mesma me sorprendeu: "escaso". E este era o sentimento que me dominaba coa lectura dos poemas, uns poemas sinxelos, cotiáns, de amor, uns poemas de fácil entendemento que, porén, me producen esa sensación de escasez que vos comentaba. Contén poemas que me gustan máis ca outros, coma sempre, versos que me encantan, pero non chega a ter a forza que me gusta na poesía. Déixovos aqueles que a miña lectura subxectiva escolle, coma sempre:

Pasa.
La puerta está abierta.
Quítate la ropa
y ponte mi camisa.
Préstame los labios
que quiero tus besos,
que quiero tu risa.
Túmbate a mi lado,
y háblame al oído.
Dime que es un sueño
y no me despiertes.
Ámame sin prisa,
quiéreme despacio.
No cierres la puerta.


Mi cama huele a ti
cuando te marchas.
A tu viejo pijama,
a tu perfume,
a tu sexo,
a tu aliento,
a tu crema de manos,
a tu pelo mojado,
a tu te quiero.
En el hueco que dejas
en mi cama,
se acuesta la tristeza
a dormir cada día,
y también huele a ti.



Flores, para quen?

A fin de semana, xa sabedes, hai que rir un pouco:

18/04/09

Paradoxos

A nosa lectora "Iria" (gustaríame identificarte: é un honor terte entre nós) acaba de me deixar a ligazón, e esta pide ter o seu espazo aquí e agora (precisamente hoxe!).

A nova podedes lela aquí, no Faro de Vigo, baixo o titular

Un informe de FAES tacha de extravagancia la normalización del gallego durante 30 años.
La fundación de Aznar afirma que esta lengua sobrevivió por el "analfabetismo del campesinado"


“La última de las extravagancias que atraviesa la historia de Europa”. Así define la normalización lingüística del gallego un artículo que publica la Fundación para el Análisis y los Estudios Sociales (FAES), que preside el ex presidente del Gobierno José María Aznar. El documento, cuyo autor es el filólogo clásico y profesor de Lengua Española Andrés Freire, afirma que la normalización, una denominación que tampoco considera afortunada, fue un “experimento” ante el que “se inmolan la educación, la política cultural, la economía, los derechos individuales y el sentido común”.
El filólogo defiende que el proceso de evolución histórica del gallego representa la construcción de una “lengua reconocible” a partir de una “suma de variantes lingüísticas” cuya “supervivencia” en los “entornos populares” se debió al “aislamiento” de Galicia y al “analfabetismo del campesinado gallego”. Todo ello, prosigue en su artículo, se reforzó cuando, en un romanticismo “tardío”, una “minoría intelectual luchó por convertirla en lengua literaria, creando un gallego poético algo artificioso”.
En el documento, que se puede consultar en la web de la Fundación FAES, Freire explica que este proceso llevado a cabo “en los últimos 30 años” ha “puesto en entredicho” el “fenómeno de expansión” del castellano que “desde Alfonso X” –del que olvida que es autor de las “Cantigas de Santa María”, en gallego– “se convirtió en la lengua de prestigio” en la Península.
“La ignorancia de algunos y el interés de otros han aunado esfuerzos por revertir este proceso de siglos con la excusa de que estamos ante una anormalidad resultante de un supuesto “imperialismo castellano”, afirma en su artículo Andrés Freire, quien engloba bajo el mismo paraguas no sólo las políticas lingüísticas del bipartito, que en la comunidad gallega han sido contestadas por “Galicia Bilingüe”, sino también las de su predecesor en el cargo, el popular Manuel Fraga.
Así, señala que esta política lingüística se ha desarrollado y “crecido independiente del partido en el Gobierno”. “Muchos, con mejor razón que la mía, han puesto sus ojos en la conculcación de derechos que implica”, comenta. “Empezaron con solicitar el bilingüismo oficial, prosiguieron con la discriminación positiva, avanzaron hacia la desaparición del castellano como lengua oficial de facto en Galicia y ahora sueñan con que el uso de éste pase a ser excepcional con la excusa del derecho a “vivir en galego”, proclama el autor.
Este experto en griego y latín niega que existan ataques al gallego “salvo en los foros nacionalistas”. “Nuestros vecinos de allende los Pirineos disponen también de catalán y vasco y nadie ha convertido sus escuelas en centros de expulsión de la lengua”, asegura en su artículo de la revista “Papeles FAES”.

Pero ao mesmo tempo chega ao meu correo o texto íntegro da tese do señor Andrés Freire, titulado
"Las paradojas de la normalización"

que vos deixo en formato "Issuu", xa sabedes, podedes amplialo para lelo comodamente.



Eu alucino.


O xornal é sagrado

Un anuncio ben simpático, aínda que lle sobra algo, non?:



Vía Islas Cíes

Mitose cantada

Estou pensando en estudar Rosalía, Curros e Pondal a ritmo de muiñeira. Que vos parece? Aprobaredes mellor? Desde logo, a mitose nunca pensou ter tanto ritmo:



Vía No sólo libros

17/04/09

Baile de cellas

En publicidade todo vale. A min póñenme un pouco nerviosa, que conste.



Vía Recogedor

Voces que afectan

Susan Boyle, de 47 anos, cunha pinta un tanto rara, seica, fíxose famosa no Reino Unido e na rede debido á súa actuación o pasado sábado no programa de televisión "Britain's Got Talent". Interpretou Soñé un sueño (I Dreamed a Dream) de Los Miserables dun xeito que pon os pelos de punta. A min emocionoume, desde logo. A ver a vós.

Como non podo colgar o vídeo debedes premer na imaxe para velo directamente en YouTube:


Vía

16/04/09

Lembremos

Dende a Coordinadora Galega de ENDL enviámosvos este novo correo para lembrar os actos convocados este próximo sábado 18 de abril e para informar da marcha da recolla de sinaturas dos ENDL ao texto aprobado na xuntanza do 28 de marzo.

1. O sábado 18 de abril ás 10:45 quedamos convocados á entrada da Estación de Autobuses de Santiago de Compostela para ás 11:00 darlle entrada no Rexistro da Xunta ao documento avalado polos ENDL . Esta é unha primeira entrega de sinaturas que se fai coincidir coas datas de posesión do novo goberno da Xunta. Posteriormente faranse novas entregas de sinaturas a medida que se vaia desenvolvendo a campaña de recollida de adhesións dos equipos. É importante que se achegue o maior número de docentes de todos os niveis educativos e dos ámbitos público, concertado e privado a este primeiro acto ao que tamén se convocará á prensa. Por todo isto, animámosvos a que vos acheguedes e a que fagades partícipes aos compañeiros e compañeiras dos vosos centros desta entrega de sinaturas.

2. Posteriormente, ás 11:30 dará comezo a asemblea da Coordinadora Galega de ENDL no MUPEGA, Museo Pedagóxico de Galicia, situado no barrio de San Lázaro e moi próximo ao Pazo de Congresos (entrada norte a Santiago de Compostela pola AP9). Nesta xuntanza abordaranse cuestións organizativas da recén constituída coordinadora e estudarase un primeiro programa de actividades na procura de establecer dinámicas de colaboración entre os diferentes equipos.

En relación á campaña de adhesións ao posicionamento público dos ENDL ante a derrogación do Decreto 124/2007 por parte do novo goberno da Xunta, temos que felicitarnos todos e todas pola boa acollida que está a ter entre os equipos xa que neste momento, apenas pasados 5 días hábiles dende que se habilitaron os mecanismos para a recollida de apoios, son máis de 200 os ENDL que se sumaron á iniciativa. Con todo, quedan aínda moitos centros por sumar, de aí que sexa necesario facer un esforzo de comunicación participando activamente todos e todas nós na súa difusión e na recolla de sinaturas.

Lembramos a continuación as vías habilitadas para facer chegar os apoios:

a. Enviando un fax ao número 981800064.

b. A través da páxina web http://www.coordinadoraendl.org/.

Para calquera información ou suxestión, apartir de agora podedes dirixirvos aos seguintes enderezos electrónicos: correo@coordinadoraendl.org e coordinadoragalega.endl@gmail.com



Vocapeople

A ver se vos gusta:


O Crepúsculo de Thalía

Unha das miñas queridasnenasdevoralibros quere recomendarvos -moi a meu pesar- esta lectura súa de Semana Santa (as outras lecturas dela destes días xa está nas Estelas dos Ronseis: premede aquí e pasade a saber cales son as súas recomendacións).
Así que segundo Thalía Troitiño o libro Crepúsculo de Stephenie Meyer é unha apaixoante historia de amor entre un vampiro e unha mortal. Desenvólvese en Forks, novo lugar de residencia da moza, a onde se muda a vivir co seu pai.
"Este libro fíxome sentir que en todo momento eu era a protagonista do libro. Envolveume de tal xeito que cada vez que o collía quería chegar ata o final. Xa estou ansiosa por ler a segunda parte.
O que me levou a lelo foi o feito de ver a película. Foi unha das que máis me gustou nos últimos tempos. E o libro aínda é mellor, xa que hai partes marabillosas que non aparecen na película.
Estou segura de que lle vai gustar a calquera persoa que o lea, de verdade. A min fíxome sentir moitas emocións, ledicia, euforia, tristura. Lédeo, paga a pena. É moito máis que a típica historia de amor imposible. Garantido".

Tele ou lectura?

Non sei se é un chiste ou é a realidade que temos:



Vía

15/04/09

Escritoras Españolas en Cervantes Virtual

Un Portal que nace como recoñecemento e homenaxe a aquelas escritoras que loitaron contra os convencionalismos sociais da súa época e lograron, coa súa actitude firme e decidida, abrir as portas deses espazos literarios e culturais vedados á muller daquela. Este é un proxecto dirixido por Mª Ángeles Ayala Aracil, e contén unha completa base de datos dedicada ás mulleres literatas, con artigos, estudos, bibliografía e fonoteca: un catálogo cun listado completo de títulos que comezou dando visibilidade ás escritoras pertencentes ao século XIX e que vai ampliándose cada día.
O Portal inclúe unha bibliografía actualizada dos principais estudos de carácter xeral dedicados a estas mulleres que fixeron oír a súa voz a través da palabra escrita.


Vía Todas

Pódelle pasar a calquera

A organización National Coalition for the Homeless vén de lanzar a campaña "Pódelle pasar a calquera", con música de Radiohead: moito para reflexionar.



Vía Migramundo

Mulleres

Buscando en YouTube atopei estes tres estupendos vídeos sobre a situación da muller e a súa historia na voz e opinión de Eduardo Galeano, de quen temos falado varias veces aquí. Poderedes descubrir figuras que seguramente non coñeciades.
Estes vídeos foron gravados polo Canal Encuentro da Televisión Arxentina. Máis que recomendábel!




14/04/09

Día da República

Hai 78 anos as urnas provocaban a fin da Monarquía e o inicio da II República. Oito anos despois as armas acabaron coas voces libres.



La sonrisa etrusca


A nosa benquerida alumna Andrea Díaz, quen normalmente (si, normalmente) se deixa aconsellar, vén de ler este libro que quedou na miña memoria como unha lectura marabillosa que sempre recomendarei: La sonrisa etrusca de José Luis Sampedro.
Pois ben: parece que nela produciu algún efecto porque agora achéganos o seu parecer para compartilo con tod@s vós e tratar de vos contaxiar o mesmo entusiasmo que agora ambas compartimos.
Ela di así:

Xenial. Precioso. Emocionante final que se ía elaborando na miña mente mentres lía como o neno berraba "¡no-nno!". Creo que o final é xenial e que é o mellor punto final para unha historia tan bonita e tan ben contada.

Siddhartha

Laura Carballo Mato proponnos a seguinte reflexión:

Siddhartha
Herman Hesse
Galaxia

Siddhartha pareceume un libro fermosisísmo. Xa dende as primeiras páxinas souben que era un libro diferente aos que lera antes, e fixo que me encantase desde as primeiras páxinas ata as últimas.
É incrible como un neno, intelixente e querido, decida abandonar xa dende pequeno á súa familia para dedicarse a atopar a paz.
Gustoume como Siddhartha nunca se atopaba completo, e aínda sendo o mellor decide abandonar esa vida para tentar ser un Buda- E con iso tivo tamén o valor de abandonar ao seu fiel amigo.
Chamoume moito a atención cando comezou a meterse no mundo matinal e era capaz -ao principio- de conseguir todo o que desexaba só cos valores que aprendera na súa etapa espiritual: xaxuar, pensar e agardar.
Nesa etapa coñeceu o amor dunha muller e caeu en todos os vicios que tanto detestaba. Esta parte, sen dúbida, foi a que menos me gustou xa que a imaxe de Siddhartha, aquel ser case perfecto, botouse á perda, na miña opinión.
Pero logo deuse conta e deixou ese mundo. Gustoume que fixese iso, aínda que podería facelo antes.
Tamén me pareceu moi interesante a figura do barqueiro, xa que se lle deu pouca importancia e pareceume un personaxe fantástico. Ensinou moitas cousas a Siddhartha.
E como non, o final, un final que non me sorprende xa que o maxinaba dende as primeiras páxinas e é o mellor final que podía ter este libro.

Aconsello ler Siddhartha xa que a min pareceume un libro diferente, e ata agora o que máis me gustou dos que lin. Ten moitas cousas que fan reflexionar e encontoume a maneira de falar e todo o que di Siddhartha.
É un libro marabilloso

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.