Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

06/10/10

Matilda

Vimos de rematar de ler en 3º de Diversificación Matilda, de Roald Dahl, un libro que lles gustou e que os enganchou, e que podemos ler en galego. Logo vimos a película. O incrible foi que lles gustou máis o libro, e iso a pesar do traballo que lles supón pasar as páxinas. Son remisos á lectura. Pero ben saben que é o que lles queda este curso. A ver se conseguimos que se enganchen! Para eles, os primeiros minutos do filme, ata que Matilda alucina na biblioteca.



Que saibades que en You Tube podedes ver completa a película, outra vez, se vos apetece.

Linguas en contacto

Grazas a Xano Cebreiro, de Remexer Na Lingua, temos este vídeo didáctico sobre as linguas en contacto e os principais fenómenos que inflúen nesa convivencia.


Principais fenómenos das linguas en contacto from xanocebreiro on Vimeo.

Famosa labazada

A historia ten anos, pero convén ter memoria histórica para lembrar que a educación pode e debe dar convenientes labazadas sempre que sexa preciso. Foi así como me chegou ao correo aínda non hai moito, o que me fixo lembrar que xa ma mandaran, polo que me pareceu conveniente investigar a ver se todo era certo. O texto non é preciso de todo, é unha desas cadeas de "axúdennos a divulgalo" que nos confunde frecuentemente. Parece ser que a maior parte do que alí se di é verdadeiro, pero non o que "adorna" en derredor ao email.
É preciso, ademais, aclarar que Cristovam Buarque e "Chico" Buarque non son a mesma persoa. O primeiro é un político e o segundo un artista. O email fala de que é o ministro de educación en Brasil, pero maxino que é porque a cadea dende a que me chegou é antiga.


Co argumento de protexer a enorme riqueza natural da Amazonía, dende hai moito tempo escoitáronse voces pronunciándose a favor da "internacionalización da Amazonía", a selva tropical máis grande do mundo, cunha extensión aproximada de seis millóns de quilómetros compartidos por oito países, dos que Brasil posúe a maior parte. A iniciativa parece que xurdiu en grupos de poder dos Estados Unidos, aínda que foi reforzada por persoas como Pascal Lamy, director da Organización Mundial do Comercio, quen abertamente pediu que Brasis sexa castigado polo aumento da deforestación da Amazonía. Porén, semella que a proposta non é máis que unha forma velada de ocupación, tras a que están grupos interesados en explotar as incalculables riquezas desta rexión, aínda pulmón do planeta.

No email di que que lle preguntaron ao ministro que pensaba sobre a internacionalización da Amazonía nun debate nunha universidade de Estados Unidos. Realmente non foi alí nunha universidade, senón en Nova Iorque, no Hotel Hillton, nun encontro do "State of the World Forum". E foi en setembro do ano 2000, cando no email o presentan como algo recente e novidoso.

A persoa que lle plantexou a pregunta advertiu que agardaba a resposta dun humanista e non a dun brasileiro. E a resposta é a seguinte (tal como a recibín e tal como está publicada en diferentes lugares):

“Realmente, como brasileño, solo hablaría en contra de la internacionalización de la Amazonía. Por más que nuestros gobiernos no cuiden debidamente ese patrimonio, él es nuestro.

Como humanista, sintiendo el riesgo de la degradación ambiental que sufre la Amazonía, puedo imaginar su internacionalización, como también de todo lo demás, que es de suma importancia para la humanidad.

Si la Amazonía, desde una ética humanista, debe ser internacionalizada, internacionalicemos también las reservas de petróleo del mundo entero. El petróleo es tan importante para el bienestar del la humanidad como la Amazonía para nuestro futuro. A pesar de eso, los dueños de las reservas creen tener el derecho de aumentar o disminuir la extracción de petróleo y subir o no su precio.

De la misma forma, el capital financiero de los países ricos debería ser internacionalizado. Si la Amazonía es una reserva para todos los seres humanos, no se debería quemar solamente por la voluntad de un dueño o de un país. Quemar la Amazonía es tan grave como el desempleo provocado por las decisiones arbitrarias de los especuladores globales. No podemos permitir que las reservas financieras sirvan para quemar países enteros en la voluptuosidad de la especulación.

También, antes que la Amazonía, me gustaría ver la internacionalización de los grandes museos del mundo. El Louvre no debe pertenecer solo a Francia. Cada museo del mundo es el guardián de las piezas más bellas producidas por el genio humano. No se puede dejar que ese patrimonio cultural, como es el patrimonio natural amazónico, sea manipulado y destruido por el solo placer de un propietario o país. No hace mucho tiempo, un millonario japonés decidió enterrar, junto con él, un cuadro de un gran maestro. Por el contrario, ese cuadro tendría que haber sido internacionalizado.

Durante este encuentro, las Naciones Unidas están realizando el Foro del Milenio, pero algunos presidentes de países tuvieron dificultades para participar, debido a situaciones desagradables surgidas en la frontera de los Estados Unidos. Por eso, creo que Nueva York, como sede de las Naciones Unidas, debe ser internacionalizada. Por lo menos Manhattan debería pertenecer a toda la humanidad. De la misma forma que París, Venecia, Roma, Londres, Río de Janeiro, Brasilia… cada ciudad, con su belleza específica, su historia del mundo, debería pertenecer al mundo entero.

Si Estados Unidos quiere internacionalizar la Amazonía, para no correr el riesgo de dejarla en manos de los brasileños, internacionalicemos todos los arsenales nucleares. Basta pensar que ellos ya demostraron que son capaces de usar esas armas, provocando una destrucción miles de veces mayor que las lamentables quemas realizadas en los bosques de Brasil.

En sus discursos, los actuales candidatos a la presidencia de los Estados Unidos han defendido la idea de internacionalizar las reservas forestales del mundo a cambio de la deuda. Comencemos usando esa deuda para garantizar que cada niño del mundo tenga la posibilidad de comer y de ir a la escuela. Internacionalicemos a los niños, tratándolos a todos ellos sin importar el país donde nacieron, como patrimonio que merece los cuidados del mundo entero. Mucho más de lo que se merece la Amazonía. Cuando los dirigentes traten a los niños pobres del mundo como Patrimonio de la Humanidad, no permitirán que trabajen cuando deberían estudiar; que mueran cuando deberían vivir.

Como humanista, acepto defender la internacionalización del mundo; pero, mientras el mundo me trate como brasileño, lucharé para que la Amazonía sea nuestra. ¡SOLAMENTE NUESTRA!”



Polo feito de vivir

A muller como reprodutora da especie e ocupando os roles tradicionais de nai, esposa e ama de casa, ademais de traballadora en diferentes áreas, sofre unha presión social cargada de expectativas. Feitos naturais como a menopausia non só a deixan fóra da etapa reprodutiva, senón que socialmente obstaculizan a construción doutros signos identificatorios unidos a novas prácticas sociais.




Vía

05/10/10

O Carrabouxo

Vídeo piloto de Flocos Tv. da serie de animación que adaptou os populares debuxos realizados por Xosé Lois. Os seus capítulos xiran ao redor das tres peculiaridades do personaxe: o viño, a moto e os cartos.



Vía

O segredo de Marco Polo

Francisco Castro lévanos de viaxe en O segredo de Marco Polo á Venecia -marco intemporal de calquera novela- do século XIII para nos falar do tema máis universal: o amor -tema atemporal e recorrente-. Amores fieis que permanecen no tempo, amores paternais, amores incipientes, amores frustrados, amores filiais... Por suposto, tratándose do mítico viaxeiro, ademais de percorrer as ruelas venecianas, viaxaremos ata China e Mongolia, ata países daquela impensables e descoñecidos: un xeito de devolver a fascinación da nosa nenez por ese mítico personaxe a quen ninguén foi capaz de crer agás neste libro o pequeno Marco, quen sente latexar dentro de si os mesmos anceios de viaxe e aventura que sentiu o vello Polo; estas aventuras están repartidas pola novela, non condensadas nun só capítulo, o que provoca que o lector, coma Marco, queira seguir escoitándoas. Creo que detrás hai un gran labor de documentación.
As personaxes femininas aínda que menos presentes na obra son interesantes desde o punto de vista propio: dotadas ou non de fermosura, son valentes, libres, algo que semella case incrible naquel tempo. Gústame que lle dea esas ás. O que menos me gusta é, ás veces, ese narrador omnisciente que mesmo dá a súa opinión sobre o que está a acontecer, que se inmisce na historia, que resulta repetitivo. E o final, sempre previsible, non sei se inevitable na literatura xuvenil.
Unha novela para ter en conta e recomendárllela aos mozos e mozas dos nosos centros de ensino.


Freeheld

Laurel Hester é unha muller policía de New Jersey -Estados Unidos- que adicou 25 anos á súa profesión. Porén, veñen de diagnosticarlle un cancro de pulmón terminal que só lle permitirá vivir algúns meses máis. Dende entón, Laurel emprende unha conmovedora loita para que, antes de morrer, lle sexa recoñecida a pensión de viuvez a Stacie Andree, a súa compañeira sentimental.
Así como as parellas heterosexuais teñen pleno dereito a recibir esta pensión de xeito automático, a loita desta parella de lesbianas ante os tribunais será cruenta.
FREEHELD é un extraordinario documental que está obtendo un gran recoñecemento internacional, todo un alegato contra a discriminación das minorías sexuais.




Vía

04/10/10

Parigot

Curta da escola francesa de animación Georges Méliès.



Vía

Desencuentros

Coma todos os libros de Jimmy Liao, Desencuentros é unha auténtica obra de arte onde atopamos poesía en estado puro e ilustracións que son cadros dun corredor nun museo calquera. Ilustracións que falan de soidades no medio das multitudes, de afastamentos estando pegados, de expresividade pictórica. Mentres, o texto confúndenos poeticamente sobre o destino que achega ou afasta ás persoas, fálanos de días cincentos e grises, de primaveras e de optimismos, de posibilidades imposibles. Un libro fermosísimo que retomaremos de cando en vez, que nos chamará desde os andeis da nosa biblioteca para repasar as ilustracións, para ver un novo detalle que anteriormente fuxira, para recrearnos na fermosura...

Ambos están convencidos
de que los ha unido un sentimiento repentino.
Es hermosa esa seguridad,
pero la inseguridad es más hermosa.



Os riscos de desafiar o Decreto

Frases coma esta: "O decreto de plurilingüismo é unha aposta da Xunta para facer desaparecer o galego da nosa sociedade" poderedes escoitala nesta segunda entrega que nos ofrece Galicia Confidencial. Nela podemos ver ao noso antigo compañeiro do Ribeiro, Xosé Cabido.

03/10/10

Merde!!!

O Reversador

Nunha aula de tecnoloxía calquera:

O Reversador from Ana Moreiras on Vimeo.



Esta e outras consecuencias do decreto:






Vía

Lectores con dereitos

O Recanto de Mik tráenos dez propostas de lectura enfiadas cos famosos Dereitos do Lector formulados por Daniel Pennac:


Non á violencia contra as mulleres (CLXVI)

02/10/10

Con ritmo

Por que estás lendo

Xa sei que o título pode resultar pouco claro. Cando me chegou este pps "Historia de la computadora" pareceume interesante amosárvolo sobre todo porque aclara a que grazas a todos estes inventos tecnolóxicos vós sodes quen de arestora estar a ler, por exemplo, un blogue. Marabillas da técnica!

01/10/10

McDonald's: Bebe

Un home impuntual

Escrito por Pepe Cáccamo e ilustrado por Manuel Pizcueta, Un home impuntual (da editorial Galaxia) é un libro que me encanta, un deses pequenos álbums que xustifican e me reafirman na idea de que este formato non é necesariamente literatura infantil. Con tristura, lemos a desgraciada vida dun home que non é quen de chegar xamais a ningún lugar onde quedara á hora prevista; tan tarde se lle fai sempre que ata a súa morte xoga co seu horario. O pobre seguirá camiñando sen reloxo polas páxinas en branco que poidan quedar no libro mentres o lector poderá pechalo para si chegar puntual a calquera cita posíbel.
Unha reflexión sobre o tempo que nos amarga, sempre suxeitos ao seu mandado, sempre ollándoo de esguello para manter o ritmo de vida que a sociedade actual nos impón. É o reloxo o fundamento da nosa existencia, quen nos guía e nos indica cada actividade?
As ilustracións van en consonancia co texto, dándolle luz "atemporal".
Gustaravos. Garantido.

Contos para nenos que dormen deseguida

Precioso libro publicado por Kalandraka de Pinto & Chinto: Contos para nenos que dormen deseguida son 28 relatos curtos, cheos de humor e maxinación. Cada historia presenta un protagonista diferente que nos sorprenderá precisamente polo seu afastamento cos contos clásicos, a base de chiscadelas cara a estes e con xiros sorprendentes, intelixentes e agudos que me encantan. Condensados en poucas liñas, cada páxina é ocupado por un conto con candansúa ilustración, acompañantes inquebrantables e necesarias destes contos que axudan a unha nova reflexión e a novos xiros máis que ocorrentes. Un libro para ter na mesiña de noite e facer exactamente o que recomenda o título: ler un cada noite. Aínda que sexa un sacrificio non ler máis.

A primeira montaña que houbo no mundo era unha montaña moi ambiciosa. A primeira montaña que houbo no mundo quería ser aínda máis alta do que era. Púxose a crecer, a crecer...


Paseando insectos

Nun campo de desprazados en Gulu, cidade do norte de Uganda e epicentro do conflito que enfrontou durante máis de 20 anos á guerrilla do LRA e ao goberno de Kampala, os nenos collen insectos e úsanos como mascotas, como xoguetes. Algo tan sorprendente que o propio Hernán Zin, quen ten viaxado por todos os lugares en conflito, asegura que nunca antes vira nada semellante.
No medio da devastación da guerra, @s nen@s seguen sendo nen@s, futuro incerto alí.



Vía

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.