Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
14/10/12
Performance book
Atoparalo en Arte, Fomento da lectura, Libros
13/10/12
A punta de pistola
Hai persoas -ás que admiro profundamente- que levan esculpidas na súa face a bondade, e son capaces de reter esa bondade e practicala toda a súa vida nesta tremenda sociedade na que vivimos. Así é Fran Alonso, alguén á quen aprecias desde o momento en que o coñeces. Ou iso é o que me sucedeu a min.Atoparalo en Lectura, Letras Galegas, Libros, Premios, Xerais
Cécile Presente
12/10/12
As mulleres tamén rin
Veño de topar este artigo que coido é moi interesante:
¿De qué se ríen las mujeres?
La ideología patriarcal ha utilizado el humor para ridiculizar a las mujeres que se “salían de la norma establecida”
|
O corazón de Xúpiter
Falo d ' O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas, publicado por Xerais. Un libro que nos leva da man a un percorrido pola adolescencia, cos seus conflitos, cos seus perigos, coas súas festas, cos seus amores. Unha novela que dende o primeiro capítulo nos engaiola para sabermos o resultado, mentres compartimos eses momentos vertixinosos que -eu penso no meu alumnado- na adolescencia se pode vivir. A homosexualidade, tratada con total naturalidade, o acoso -ai! sempre detrás unha explicación que ás veces tentamos esquecer-, a Internet, a fuxida ás estrelas, a incomprensión paterna... en calquera destas partes poden os mozos e mozas sentírense reflectid@s, e logo poderán cavilar sobre os seus propios movementos, a súa deixadez, o esquecemento de que non todo é doado. E a morte. A morte está aí, en varias ocasións, porque igual que o amor forma parte da vida, igual que aquel é quen de proporcionar estadíos de tristura suprema que hai que superar. Atoparalo en Lectura, Letras Galegas, Libros, Recomendamos, Xerais
Lendo "Os fillos do mar"
Atoparalo en Actividades, Aulas, ENL, Fomento da lectura, Fotografía
11/10/12
Ovos duros
Gustáronme moito as ilustracións polos trazos delicados e suxestivos que ofrecen.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Letras Galegas, OQO, Recomendamos
Malala Yousufzai
Malala Yousufzai, de 14 anos, tiroteada polos talibáns por reivindicar o seu dereito de ser muller e estudar.
Atoparalo en Fundamentalismos, Igualdade, Muller
10/10/12
Música do bosón de Higgs
Vía
Atoparalo en Ciencia, Música, Tecnoloxía
Tonas de laranxa
Recoñezo que fiquei pampa. Por vez primeira era testemuña da construción dunha obra de arte; esa é a sensación que transmite cada nova páxina: o pintor engade un novo brochazo ao lenzo, o escultor acada unha nova curva, o arquitecto estrutura unha nova liña, o compositor escribe unha nova sintonía..., eu soa, ante o Creador (es), chegando a me preguntar nalgún momento "esta palabra, quen a engadiría? A cal deles se lle ocorreu estoutra?" Abraiándome en cada nova páxina ante un libro que ía cobrando un arrecendo especial. Como non sentir ese olor a laranxa cada vez que cerraba o libro? Collédeo para gozalo lentamente, non o gorentedes para devoralo: ante os vosos ollos veredes pasar música, pintura, escultura, arquitectura, natureza... arte tecida con filamento de papoulas que, ao abriren, recompoñen e murmuran palabras. Palabras que veñen para quedar.Atoparalo en Lectura, Letras Galegas, Libros, Premios, Recomendamos, Xerais
09/10/12
Bob Dylan Subterranean Homesick Blues
Unha experiencia lectora:
Atoparalo en Música
Conto cinco sentidos
Atoparalo en Álbum ilustrado, Infancia, OQO, Recomendamos, Tradución
08/10/12
Duerme bien, pequeño oso
“A veces, el pequeño oso le da un beso de buenas noches a la luna… y entonces se queda dormido”.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Lóguez, Recomendamos
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.


































