Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

10/10/16

De paraugas

Paco Martín e Daniel Puente Bello son os artífices deste libro de relatos que publica Xerais: De paraugas presenta a orixinalidade da escritura dos textos a partir das fotografías dun elemento tan importante na nosa cultura como é o paraugas. E arredor deste elemento, o autor vai tecendo diversas historias, algunha verdadeiramente magnífica, que nos lembra que a súa presenza forma parte da nosa vida cotiá. Non en todos os relatos sabemos dende un principio a comunicación entre imaxe e texto, pero en todas haina, dun xeito ou doutro. 
Este era, quizais, o país da choiva noutro tempo, neste outono tan seco -despois dun verán tan caloroso onde os incendios protagonizaron a nosa vida estival- e así queren constatalo os autores, que recrean diferentes posibilidades de uso... ou de comercialización. Un exercicio literario onde o paraugas é sempre o protagonista non humano arredor do cal xira a vida humana, ou a que tenta selo. Porque hai algún relato ben conmovedor!



Sempre hai un lugar para a poesía (CXXXVIII)

Topei este poema en Mujerícolas:


  
«Advertencia»
Cuando sea vieja, vestiré de morado,

 con un sombrero rojo que ni haga juego,

 ni me quede bien,

 y me gastaré el dinero de mi jubilación
 en coñac y guantes de verano,

 y sandalias de raso.

 Y diré que no hay dinero para mantequilla.

 Me sentaré en el pavimento

 cuando esté cansada

 y devoraré muestras de las tiendas

 y oprimiré los botones de alarma

 y rasparé con mi bastón los barandales de las calles.

 Y compensaré la austeridad de mi lejana juventud.

 Saldré a caminar bajo la lluvia en zapatillas,

 y arrancaré flores de jardines ajenos

 y aprenderé a escupir…

Pero, tal vez debiera practicar un poco todo eso desde ahora.

 Así la gente que me conoce no se asombrará,

 ni se escandalizará al ver que, de pronto,

 soy vieja y me empiezo a vestir de morado.

Warning («Advertencia») de Jenny Joseph

09/10/16

La Buena Madre

Unha historia real:


La Madre Buena (The Good Mother) Film from Sarah Clift on Vimeo.

Vía

Aurelio

Divertido álbum para peques de Antonio Rubio e Federico Fernández que publica Kalandraka: Aurelio é un nome que contén as cinco vocais, así que si, imos xogar coas vocais e con palabras que as conteñan todas ou que conteñen unha soa delas. Ocorrésevos algunha? Pois a xogar!!!
Queda claro que é un libro idóneo para a lectura en voz alta e a implicación do público lector, un público que terá que espremer a súa cabeciña para procurar as palabriñas. O texto é rimado e contén palabras con unha, dúas ou tres vogais que facilitan a sonoridade, o xogo, a memoria e mesmo procura unha aprendizaxe do alfabeto.
A carón deste divertido texto xogado e poético, unhas ilustracións que procuran as letras, buscando analoxías e cheas de cor e humor, que tamén queren xogar co lectorado, posto que será este quen teña que observar con  atención para encontrar as letras agochadas.
Publicado en follas duras para facilitar o seu manexo.

Non á violencia contra as mulleres (CDLXXXV)

Por la Calle / Pola rúa

08/10/16

Míster Magnolia

Encántame Quentin Blake. Por iso, é unha alegría que Kalandraka nos agasalle cun dos seus libros na nosa lingua. Míster Magnolia (publicado en 1980) é unha delicia rimada, un álbum co que os máis pequenos e pequenas aprenderán os primeiros números e no que procuraremos unha bota... sexa da cor que sexa e da forma que teña. Porque o noso protagonista fai miles de actividades pero non pode seguir cun pé nu... Un libro divertido, excéntrico, no que o autor deixa claro a súa facilidade para transmitir coa ilustración, unha ilustración que xera un sorriso continuo denda a portada ata a fin da historia.

Rivas namorounos

Vale, comigo non o tiña difícil, porque xa o estaba (aquí vese ben claro)



 pero podo asegurar que Rivas namorou o meu alumnado e a todo o claustro que pasou nalgún momento polo Salón de Actos do IES Laxeiro, que agora xa é o Salón de Actos Manuel Rivas.


Non adoito traer ata aquí as actividades que realizamos no centro, posto que xa as colgo no blogue da biblioteca, e non me gusta repetirme. Pero hai datas especiais, que me marcan dun xeito indeleble, e que quero traer ata este meu espazo persoal porque forman parte da miña propia esencia. Hai un ano falábavos do acto inaugural con Ángel Carracedo, ese científico humilde e xenio galego que nos conquistou coa súa presenza. Hoxe, un ano despois, traio nas miñas mans a pegada de Manuel Rivas.


Foi unha semana sen durmir. Xa sabedes, os meus nervios, as ocorrencias de última hora, as ideas que pouco a pouco van collendo forma e sentido... Este curso teño un equipo de biblioteca envexable e o traballo tornou maleable en moitas mans. Sen Pilar, Cruz, Noche, Emilia, Xabier, Mar, Elsa... isto sería moito máis difícil. Por iso quero darlles as grazas, polo apoio incondicional, polos risos picarescos das tres Marías e o latín de Noche, polas propostas, polas comidas sen nervios e a miña histeria, pola convivencia. Por esas horas que me aturan e que me apoian, polas burradas que asustan a quen nos oia, polo clima de amizade creado...

 (ás 10 da noite e de esmorga)

Transformamos o patio do centro. Así, literalmente. As nosas artistas Mar e Elsa deron o seu toque persoal e logo realizamos unha especie de performance cos seus libros. Estaba irrecoñecible!





Por suposto, a música, a voz de Tamara... un ano máis, a miña emoción contida por ver que todo transcorría ben, que o traballo daba o seu froito. Pero o abalo máis grande é estar a carón de Manolo Rivas, vibrar coas súas palabras... e sabelo emocionado e agradecido. El xa me recalcara que non era amigo de grandes recoñecementos, da "doazón do seu ego ao Chuac", e é por iso que o apreciamos máis, pola súa humildade, un valor de todo imprescendible e tantas veces esquecido...


Rivas falounos e contounos. Falounos de anécdotas por el vividas como xornalista e na súa vida persoal ("busca un traballo no que non te molles", berroulle a súa nai cando era pequeno, farta desa vida escrava do seu home albanel) e contounos contos que nos fixeron rir e pensar. Explicou o poder da Literatura, da palabra, da necesidade do ser humano de contar, de deixar constancia do seu maxín, de explorar a pegada do medo tentando escorrentalo coa invención de historias, de nomear os lugares ("esta Galicia que nomea cada con, cada recuncho, cada fonte e que ten máis topónimos que calquera outro lugar do mundo") e engaiolounos. O silencio mudo dun alumnado orgulloso de telo no noso centro, un pequeno instituto do rural que medra con cada visita e que dende agora pasará cada día diante dunha porta que campa co nome de Manuel Rivas.


Esta, foi outra noite sen durmir, repasando cada detalle, vibrando coa emoción de telo ao noso carón. Que viñese onte ao Laxeiro, que pasase todas esas horas connosco, foi un soño cumprido dende hai anos. Pero o mellor dese soño foi descubrir que Rivas é un home, non un escritor afamado, que Rivas sabe agradecer os agasallos do alumnado dándolles o valor por seren rapaces e rapazas, que Rivas emociónase e agradece. Coido que este xesto di moito del:



Si, namoramos de Rivas. Sería imposible ou impensable o contrario. Pero ademais de Rivas, eu estou namorada do meu alumnado, un alumnado responsable que sabe agradecer e respectar, que admira un xenio e que lembrará este día como un dos mellores da súa etapa educativa. Que estivo atento a cada palabra e que me escribe agradecendo a oportunidade, como vén de facer agora mesmo Carla.

Grazas.

Aquí, as tres Marías. Son moi afortunada por telas este curso comigo.



Todas as fotos aquí.

07/10/16

Eu non teño prexuízos

Furious Monkey House - "Run"

Contra o acoso feito coa Fundación Anar :


06/10/16

Álvaro Saltarín

Aurora Ruá e Guridi son os artífices deste simpático álbum publicado pola Guarida: Álvaro Saltarín é un libro longo e estreito que nos amosa canto pode saltar -ou voar- un intrépido neno que ata trae un medidor para quen queira saltar moito e precise saber se chega a alcanzar os saltos do noso protagonista... e os sustos da súa nai. Pero se ata a letra do nome -na cuberta- voa!!! Iso si, voa máis alto ca un paxaro, para darnos unha idea do que nos imos topar dentro, que non é outra cousa máis que un texto sinxelo e divertido ideal para contar en voz alta, para gozar da lectura e da fantasía que esta nos proporciona. 
Xunto co texto, unhas ilustracións que xogan á súa vez coas perspectivas e os tamaños do que nos ofrece, con planos xerais e detalles nimios, e sobre todo con moita alegría, alegría pintada e alegría compartida, porque o álbum déixanos cun gran sorriso debuxado na face.




As pedras de San Lourenzo



Documental sobre o proxecto arqueolóxico do Castro de San Lourenzo (Cereixa, A Pobra do Brollón, Galicia), que iniciou a súa andaina en 2016. Dirección: Manuel Gago. Pedras que falan en todos os tempos, pedras que agochan segredos, que teñen memoria. Pedras que saben falar a quen sabe escoitar.
 

05/10/16

La visita

Gustoume moito este álbum ilustrado que publica a editorial Tramuntana: La visita de Antje Damm. E gustoume sobre todo polas ilustracións, tan diferentes, aínda que o texto fala de vellice, de soidade, de medo. É dicir, da vida. Unha vida que pode cambiar se se deixa entrar un soplo de aire fresco, unha posibilidade, unha oportunidade de que convertela en algo menos escuro e medoñento. E, xa dixen, esas ilustracións, como de recortes de papel mesturado co debuxo do fondo e o xogo das cores, escuras nun principio, intensas ao final.
Porque a intensidade vén acompañada de emoción...



Censurando a primavera

Publicidade ben feita do Corte Inglés vén de ser censurada
Violeta Assiego:

"Si la compañía que fundó Ramón Areces, y que ahora dirige Dimas Gimeno, ha decido borrar de su servidor el anuncio de dos papás que están envolviendo los libros de texto de su hijo, es porque, en realidad, su ideario como sociedad mercantil está más cerca de la ideología de la plataforma Hazte Oír que la de las leyes españoles que reconocen y protegen la diversidad familiar y que por tanto, se puede compartir o no, pero se tiene que respetar."



04/10/16

Sen aire, luz, tempo, espazo

Tira cómica a partir dun poema, “air and light and time and space”, de Bukoswki no que ironiza sobre as supostas condicións óptimas para a creación artísitca.



Visto en Cultura Inquieta.

03/10/16

Dalí e Alicia, marabilla

Na década de 1960 un editor de Random House encargou a Dalí unha edición exclusiva de Alicia no país das marabillas. Resultou ser unha edición cobizada polos coleccionistas. Pero para o 150 aniversario esta colaboración vén de ser reimpresa por Princeton University Press, cunha introdución que explica a conexión de Dalí e Carroll, e a investigación do matemático Thomas Banchoff sobre as matemáticas que atopamos nos traballos e as ilustracións de Dalí.
Visto aquí.













02/10/16

Tres días y una vida

A última novela de Pierre Lemaitre que nos trae Salamandra é Tres días y una vida, un libro ao que queren encadrar dentro do xénero negro (para vender máis???) e que eu considero que non ten nada de negro e si moito de intimista, xa que o que nos proporciona o autor desta volta é un debate sobre a culpabilidade e todo o que conleva. Aínda que o tema é prometedor e a novela déixase ler ben, non é do mellor que nos ofrece, moi afastada de todos os seus libros que son realmente bos. O personaxe principal, ese que nos debe axudar a reflexionar, non acaba de empatizar connosco, e hai moitos momentos prescindibles onde semella que o nobelo enróllase máis e máis para non dar novas perspectivas. Porque á hora de desenmarañala non sentimos un particular interese por tentar que a culpa inerte ao longo dos anos no personaxe diminúa e desapareza, quizais porque non o sentimos cheo de vida nin achegado a nós, fáltalle alma, fáltalle mesmo corpo e presenza. E iso a pesar de que o argumento gusta, xa que o tema do rapaz irado e a convivencia nunha vila pequena dá de si; hai momentos bos, a presenza do mal que se estende no lugar, esa ollada incisiva ao veciño cando calquera pode ser culpable, ese destino que nos desalenta porque semella que non se pode loitar contra el... Por suposto, estamos ante un autor que domina a técnica, pero coido que con esta novela non alcanza a altura da súa outra non negra, Nos vemos allá arriba.


Non á violencia contra as mulleres (CDLXXXIV)

No estás sola, Sara 
Non estás soa, Sara


01/10/16

Mas Macarena

Sempre hai un lugar para a poesía (CXXXVII)

Un poema de Julio Cortázar a Alejandra Pizarnik




 Poema de Cortázar na morte de Alejandra

"Puesto que Hades no existe,
seguramente estás allí,
último hotel, último sueño,
pasajera obstinada de la ausencia.
Sin equipajes ni papeles,
dando por óbolo un cuaderno
o un lápiz de color.
Acéptalos barquero: nadie pagó
más caro el ingreso a los Grandes
Transparentes, al jardín donde
Alicia la esperaba."

Gafas que insultan

Novamente, a publicidad insulta as mulleres. Desta volta, por non termos a figura que manda o cánon oficial. Outra vez si, a cosificación da muller.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.