Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

19/02/11

Ano do Coello

Para celebrar o ano do coello o grupo de artistas "Frater" crearon esta peza:

Year of the Rabbit from Frater on Vimeo.



Vía

Un poema para curar a los peces


Esgotadísimo este álbum, téñoo grazas ao CEIP Présaras, quen amablemente mo deixou. (E grazas a Carlos, quen mo suxeriu).
Fermoso texto de Jean-Pierre Simeón e ilustracións de Olivier Tallec, Un poema para curar a los peces está editado por Kókinos. Unha busca da poesía que comprende que esta poderá procurala en todas as partes porque forma parte de nós. As ilustracións, ao igual que o texto, son pura fantasía e humor, unha invitación á reflexión poética da que todos e todas somos partícipes, posto que cada resposta á mesma pregunta vai tecendo un poema que construirá o texto completo.

Un poema
es como llevar el cielo en la boca.
Es como el pan recién hecho,
el gusto que queda en la boca
después de comerlo.
Un poema
es escuchar el latido
del corazón de las piedras.
Es cuando las palabras quieren volar.
Es un canto desde la prisión.
Un poema
pone las palabras del revés
y ¡ale hop! el mundo es nuevo.


Mozart Group

Unha amiga mandoumo de agasallo ao Facebook para arrincarme sorrisos:

<

18/02/11

Paranoia



Vía Recogedor

Nova entrega da Muller Lamprea

Gran Hermano enriquécenos:



Lembremos o vídeo que orixinou a nosa carraxe (recoñezo que me resistía a publicalo aquí porque provócame náuseas) :



E o traballo d'A Profa desenvolvido, tan pertinente:


Suxestións de actividades:

- Recompila os diferentes prexuízos que expresa a concursante ao longo das súas intervencións.
- Compartes algún ou algúns destes prexuízos?
- Por que cres que ao ler un texto en galego di que o vai traducindo?
- A situación escolar que describe cres que respecta a legalidade escolar en canto ao tratamento de linguas en Galicia no ensino nos últimos anos?
- Analiza as reaccións da súa interlocutora.
- Atopamos algún tipo de prexuízo na interlocutora?
- A visión que dá a protagonista da situación lingüística da mocidade galega cres que responde á realidade?
- Cal é a conclusión final da protagonista?
- Consideras coherente a conclusión á que chega co seu discurso anterior? Xustifica a túa resposta.
- Cambiou a imaxe previa que tiñas desta concursante de GH despois de ver o vídeo? En que sentido? Xustifica a túa resposta.
- Cres que poderíamos atopar este tipo de intervencións en concursantes procedentes doutras comunidades autónomas? Por que?
- Como galega ou galego, que sentes despois de ver este vídeo?

Poesía galega.org

Quen adoite pasear polo blogue vería que hai xa uns días aumentou o número de ligazóns do lateral dereito, no apartado de "Culturicémonos". Pero como varias persoas me comentaron que o anunciase tamén aquí, aí vai. Estamos a falar dunha nova ferramenta web onde temos toda a poesía galega. Hai que salientar o material audiovisual e os libros que se poden descargar de balde para a súa lectura, como todos os da desaparecida editorial Letras da Cal. O proxecto naceu na USC, da man de Arturo Casas e un grupo de colaboradroes, e pretende ser un repositaro da crítica sobre poesía galega






Oceans

Sol Linero crea este clip como campaña persoal de concienciación cara ao medio ambiente.


Oceans from Sol Linero on Vimeo.



Vía

17/02/11

Hezarfen

Historia de persecucións nas rúas de Estambul:

Hezarfen from Hezarfen on Vimeo.



Vía

Xabier Docampo en Forcarei

Caían chuzos. Lóstregos, raios, tronos, saraiba... A mañá estaba totalmente desapacible, o instituto quedou sen Internet, ás veces sen luz, outras sen teléfono. Pero chegou el e a aula iluminouse co seu sorriso. Contra todo prognóstico temporal, Xabier Docampo veu a Forcarei. Porque debía cumprir a palabra dada. Porque sabía que o alumnado o agardaba con ilusión. E el non decepciona.
Desde que comezou a falar, conquistounos. Palabras xenerosas para comigo e para os dous alumnos de Diversificación que o presentaron. Logo, os risos. A súa vida non prolífica, os seus degoiros máis humanos... a necesidade da lectura. E dende aquí estableceu un diálogo co alumnado que deixou de preocuparse por ese temporal que semellaba nos ía prexudicar. Pero estabamos a salvo baixo a palabra de Xabier. Con el viaxamos ao mundo dos contos e con el aprendemos o valor da literatura.
Non, non falou do seu libro. Para que? Xa o leramos. Fixo algo moito mellor: transformou os 50 minutos da súa visita nun salaio que apenas sentimos.
Deixemos que sigan petando na porta pola noite. Nós nos temos medo. Saboreamos un recordo indeleble que coido este alumnado sabe apreciar.




A nova no Faro de Vigo, onte.

Do Xapón para a Galiza

Aqueles que seguides este blogue saberedes que o curso pasado traballei no IES nº 1 d'O Carballiño. Alí volvín a compartir horas con moitos vellos compañeiros, entre os cales un resultoume estrañamente cercano. Estrañamente, porque cando cando o coñecera, hai moitos anos, non se producira este filin que agora nos achegou. Tanto, que se converteu nun deses colaboradores esporádicos que o noso blogue ten a sorte de posuír. Estou a falar de Xulio Álvarez.
Cando o coñecín era un profesor-modelo: sempre preocupado polo seu alumnado e porque o ensino mellorara. Del tiven moito que aprender, aínda que daquela non me dei conta.
Sei que me vai berrar por escribir todo isto; porén... como demostrar senón o meu agradecemento?
Xulio agora pode presumir do seu fillo tradutor do xaponés. E a súa xenerosidade é tal que me fai partícipe deste "post" feito nun principio para o blogue de normalización do seu centro. Así que moitas grazas aos dous, pai e fillo, por permitirme participar na publicación da admiración propia: porque teño que dicir que o tradutor é autodidacta. Non me digades que non é como para non admiralo!
Esta é a carta que nos envía dende o Xapón Gabriel Álvarez Martínez:

Foi no verán entre primeiro e segundo de Bacharelato cando comecei a estudar xaponés. Após unha intensa etapa de afección pola banda deseñada europea (Tintin, Le Petit Spirou…) e estadounidense (Daredevil, The Punisher…) durante a ESO, adentreime no mundo do manga (sempre preferín os clásicos como as obra de Osamu Tezuka, o “Deus do manga”, ou Nausicaa do Val do Vento, ou as obras de Jirô Taniguchi). A afección pola BD nipónica e a paixón polos idiomas (aí tivo moito a ver o feito de estudar grego antigo e latín) leváronme a comezar a estudar xaponés pola miña conta, con material que encontraba nas librarías e na Internet. No comezo limiteime a estudar a lingua, mais aos poucos foi xurdindo o interese por diversos aspectos culturais: a música, o cinema, a gastronomía, o folclore, a relixión… E, finalmente, o anceio de visitar o país e coñecer as súas xentes.
Algúns anos despois, estou a vivir o meu soño en Kobe, unha cidade de 1 millón e medio de habitantes ao sul da illa de Honshu (a máis grande das catro illas principais que forman o Xapón).
Quero enviar un saúdo a toda a mocidade galega: loitade polos vosos soños sen esquecerdes nunca o que sodes e de onde vindes.
Déixovos un tema do anime Evangelion, un clásico nos karaokes xaponeses que fala sobre amor, futuro e superación:






























Traducións do xaponés ao galego:
Mona Imai
Gabriel Álvarez Martínez
Editorial Galaxia
Rinoceronte Editora


16/02/11

Ricardo Paz en Forcarei

Onte á tarde tivemos unha charla moi especial: Ricardo Paz, compañeiro de Filosofía do IES nº 1 d'O Carballiño veu falarnos dos nenos soldado. O alumnado que asistiu foi 2º de ESO e mais 3º de Diversificación.
Aprendemos moito con Ricardo. Aprendemos, sobre todo, que temos moita sorte por termos nado aquí, e non en calquera outro lugar. Ricardo falounos das diferenzas sociais, das lecturas dirixidas, do xeito de ver o mundo sen comparar, sen preguntarnos por que. Ensinounos como hai xente que si sabe que as diferenzas non son xustas e que pretende eliminalas. Amosounos música e cine que loita por suprimir barreiras. Sentimos o sufrimento deses nenos que se ven inhabilitados para amar. Soubemos o por que das armas, do tráfico destas, dos intereses creados por un primeiro mundo ficticio que se sostén vendendo destrución.
Grazas, Ricardo, por vires e por acompañarnos nesta tarde tan fermosamente didáctica.

Bon Appetit

Bon Appetit from Kilogramme on Vimeo.



Vía

Caos calmo

O Premio de Novela Europea 2009 reacaeu en Caos Calmo de Sandro Veronesi, libro levado ao cine no ano 2008 co mesmo título.
O libro gustoume, sen ser dende logo "o libro da miña vida". Profundamente melancólico, un pouco reiterativo, unha busca da calma no medio do caos que supón na vida a perda da persoa amada. Por iso o propio protagonista serán quen lle dea nome ao título, porque na súa procura imparable da calma darase conta de que esta só é posible dentro do caos que é a vida, non a súa só, senón a de cantos lle rodean. E como os seres humanos necesitamos comprensión, será testemuña involuntaria de moitos testemuños de loucura, tristura e afán por se superar que suporán para el unha serie ininterrumpida de pensamentos sobre a propia existencia. Unha loucura de vida "calma" que só a inocencia da infancia pode rachar. A novela convértese nun labirinto de paixóns, de bágoas, de sexo, de amor, de envexa, de poder... un mosaico de vidas que só nós, ao final poderemos descifrar: é unha loucura o afán do protagonista? Ou é o heroe ao que tod@s nos queremos parecer?
Ao que si podemos dar resposta é ao que inmediatamente nos provoca a lectura deste libro: dor, melancolía, tristura... ás veces un pequeno sorriso e mesmo paixón.
Publica Galaxia.


Phantom of the Floppera

Cando Johann Sebastian Bach escribiu a súa célebre Tocata e Fuga en Re Menor no século XVIII, seguro que non maxinou que esta fermosa música podería chegar a escoitarse coma neste vídeo. Os "instrumentos" usados son vellas disqueteiras, elaborando a melodía cun Midi.


15/02/11

La torre del tiempo

Esta curta tamén estaba nominada aos Goya este ano:

De museos en Vigo

O pasado 1 de febreiro o alumnado de 3º e 4º da ESO fomos a Vigo: ao Museo do Mar, ao Verbum para asistir á representación dunha obra de teatro e ao Marco para ver a exposición de Virxilio Vieitez, xa que era de Soutelo de Montes, veciño de gran parte do alumnado, que puido identificar nas fotografías xente e lugares coñecidos.
A obra de teatro foi magnífica. A min, persoalmente, encantoume. Tanto, que o meu querido alumnado aplaudime ao saír da representación. Porque eles non comprenderon o seu significado: o valor da nosa literatura. E reproduzo:

Verbum Fahrenheit achega a historia dos homes libro presente na novela de Ray Bradbury Fahrenheit 451 escrita en 1953 e levada ao cine por François Truffaut en 1966.
Verbum Fahrenheit é a historia de dous homes, dous presos que comparten un mesmo delito: ler. Ler nunha sociedade onde a lectura está prohibida e os libros son queimados por bombeiros incendiarios.
Lectores castrados nunha sociedade na que os libros son preservados na clandestinidade alén do mar, na terra dos homes libro. Neste lugar cada persoa esqueceu o seu nome e tomou o do libro que preserva e protexe na súa memoria. Xan agora é Longa Noite De Pedra de Celso Emilio e transmíteo de xeración en xeración agardando o día en que remate a represión e os libros poidan volver a imprimirse. Combina a narración, a música en directo e os monicreques para contar a historia dos homes libro.
Limiar Teatro
.





La vida nocturna de los árboles


De cando en vez as editoriais fan este tipo de agasallos: libros que non semellan libros senón verdadeiras obras de arte, xoias que un teme perder. Isto é o que ocorre con este libro da Faktoría K: La vida nocturna de los árboles é unha homenaxe á natureza e á imprensión dun libro, así como un achegamento á mitoloxía.
Os autores Bhaiju Shyam, Durga Bai e Ram Singh Urveti comparten o mesmo universo mítico posto que son da comunidade dos "Gond", do corazón xeográfico da India. Para eles, as árbores son o centro da vida. E demóstrano neste libro: as árbores son espíritos que nos ofrecen en cada unha das páxinas a súa alma chea de poesía.




Earth song

Desde o PLAMBE chega este vídeo do que non coñeciamos a súa existencia: o vídeo prohibido de Michael Jackson, chamado "Earth Song". A letra fala de sobrepesca, polución, medio ambiente... e foi filmado en África, Amazonia, Croacia e Nova Iorque. Estivo censurado nos Estados Unidos.




En Youtube, a letra en inglés.

14/02/11

Lover come back

Moi apropiada esta publicidade para o día no que estamos, San Valentín. Vai para aqueles que o celebrades:

Yahoo! Mail 'Lover Come Back' from Blacklist on Vimeo.



Se vos soubo a pouco, unha curta de agasallo. Para que serve o amor?:



Vía

Las sirenas de Belpescão


Las sirenas de Belpescão é "unha historia escrita e ilustrada por Magali Le Huche" e publicada pola editorial Flamboyant. Un álbum ilustrado moi, moi diferente, onde as protagonistas son tres mulleres adultas que procuran a súa liberdade. Como se da viaxe de Ulises se tratase, as tres deciden botarse ao mar e darlle a volta aos mitos: tres mulleres coa suficiente afouteza como para se converter en sereas que coa súa voz chegarán ata os seus homes que as buscan en terra.
Ademais, as ilustracións tamén se afastan dos canons aos que estamos afeitos: describen as escenas con moito humor, mesmo cunha emoción contida. Mesmo a tipografía do álbum é diferente.
Non coñecía nin editorial nin autora, pero está claro que deberemos botarlle un ollo aos seus outros traballos.

«Las tres amigas terminaron en el fondo del mar, en medio de burbujas y crustáceos. Lejos de desanimarse, se pusieron a nadar. Estimuladas por todas esas nuevas emociones, volvieron a hallar el placer de cantar. Muy pronto se sintieron como peces en el agua».

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.