Vía
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
10/07/12
Arte de libro
Vía
09/07/12
Casa de verano con piscina
Volve a editorial Salamandra a publicar a Herman Koch, autor de La cena e deste Casa de verano con piscina. Koch ten a habilidade de construír personaxes odiosos coa fin de facer unha crítica social da sociedade burguesa e de analizar sentimentos encontrados ante unha situación ben difícil, así como o feito de analizar unha cuestión ben interesante: as aparencias, ese "quedar ben" imperante na nosa sociedade, non sei se por extrema educación ou por extrema hipocresía. Unha das virtudes de Koch é propór preguntas implícitas ao lector, o feito de cuestionarnos tantas cosuas inda contando coa distancia que mantemos cos seus personaxes... porque mira que me caen mal!!! Homes de miradas lascivas, médicos amargados, autores decrépitos, xuventudes enganosas...Atoparalo en Lectura, Libros, Recomendamos, Salamandra
De postre, currículum
Atoparalo en Educación
08/07/12
Grazas, Agustín!
A patria do escritor é a súa lingua, recoñeceu novamente Francisco Ayala.
A lingua galega tense convertido tamén para o noso escritor Agustín Fernández Paz, no apoio óptimo para esvaír o fío imperceptíbel entre quen le e quen escribe e para, asemade, amplificar o convite social a xogar coas palabras que a lingua nos ofrece sempre, porque seguramente o noso veciño, profesor, parente, amigo e/ou compañeiro de viaxes, Agustín, participa e exemplifica a máxima de Cortázar, logo de ter viaxado a Galiza e se aproximar ao seu pobo: Os galegos respiran polo idioma.
Agustín Fernández Paz foi quen de arrombar conscientemente a diglosia errática herdada e aceptou, sen prexuízos, desde a raíz do coñecemento, a lingua propia, o galego, para guiarnos por multitude de viaxes reais e imaxinarias, itinerarios tecidos cos fíos da vida, trazados en tempo presente, pasado e futuro, da man de personaxes novos e adultos, mesmo daqueles invisibilizados. Porque na obra narrativa de Agustín, unha sensibilidade exquisita provocou que as mulleres, as nenas, tamén se teñan convertido en protagonistas activas e heroínas desenmascadoras que merecen o primeiro plano do relato, nunha evidente aposta metonímica pola agardada igualdade a todos os efectos no noso día a día.
E xa postos a recoñecer, con xustiza, porque se cadra a nosa vida é cativa e convértese nunha resolución de prioridades nas que acreditar, o esforzo da escrita foi máis aló. A Agustín Fernández Paz deberemos sempre a súa aposta pola visibilización da literatura infantil e xuvenil galega como un xénero literario maior, vestido de gala, fronte a quen se empeñar en lle apoñer sempre a etiqueta de “produto de segunda”, “xénero facilón, oportunista e escolar”, “literatura de instituto” ou “de público limitado”. Eis o reto persoal: converter, a contrafío, en realidade visíbel, tanxíbel e veraz unha literatura infantil e xuvenil propia, en galego, contada desde nós, mais con vocación de universalidade. O reto está conseguido. A obra narrativa en galego asinada polo noso escritor está sometida a reedicións constantes, porque o lectorado galego o demanda; é traducida a varias linguas, porque outros mercados editores e lectores así o requiren; é premiada reiteradamente porque os xurados, os compañeiros de profesión, a crítica literaria, os libreiros e o lectorado recoñecen a súa calidade. E finalmente, por se aínda houber algunha físgoa de incredulidade, varios dos títulos con que nos ten agasallado recolleron premios promovidos por organismos non galegos, como o Premio Lazarillo, o Premio Nacional de Literatura Infantil, concedidos polo Ministerio de Cultura español, ou o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil y Juvenil, isto é, para alén do Padornelo e do Cebreiro, fronteiras para nós unicamente xeográficas, demostrando que a literatura galega, como a cultura de noso en xeral, nin é limitada nin moito menos (nos) limita ou ailla.
Porque o escritor traballa incansábel desde o centro do mundo, creando un produto literario universal, dirixido a toda a humanidade que o quixer acoller, desde unha lingua á que aínda hoxe non se lle coñecen máis barreiras que as mentais ou ideolóxicas de quen non entende que só se pode ser universal desde as propias raíces.
As palabras son médicos dos azos enfermos, sentencio Esquilo, creador da traxedia grega. Neste tempo que partillamos, realmente tráxico a todos os niveis, con preocupación polo presente e futuro da lingua galega e da cultura que esta alimenta, agradecemos a túa palabra e acción coherente. Precisamos, Agustín, dese pensamento honesto que te conduciu á non aceptación daqueloutro premio institucional hipotecado pola agresión organizada á cultura que representas.
O pasado sábado 30 de xuño, na Homenaxe Nacional promovida na honra do escritor desde a plataforma cidadá ProLingua, varios centos de persoas tivemos a oportunidade de nos achegarmos un pouco máis a Agustín, ao traballo inxente, ininterrumpido e comprometido de varias décadas a prol de valores irrenunciábeis: a normalización lingüística, a literatura galega, a xustiza social e o ensino público en galego.
Un pracer grande e un orgullo, persoal e profesional, poder partillar esta xornada de recoñecemento a un home de palabra e da palabra. Unha nova paisaxe nun novo día para gardarmos na memoria deste longo camiño en que contigo, somos e construímos a nación, como sentenciou na súa breve intervención o escritor Xabier P. Docampo.
Neste duro contexto regresivo para a maioría social en que as hemerotecas han testemuñar a responsabilidade dos actuais representantes políticos, galegos e españois, á hora de desactivaren, e mesmo pecharen, pola vía de afogamento económico a rede de bibliotecas públicas, de eliminaren axudas á tradución de libros entre linguas cooficiais, de non apostaren por plans de lectura ou de ignoraren o forte retraemento da edición en galego, máis unha vez fomos quen de demostrarmos a resistencia histórica do pobo sementador que agarda para apañar e entregar a colleita das palabras de afecto, do orgullo solidario, da emoción amical, do agradecemento por unha obra creada en clave de pensamento colectivo.
Grazas, Agustín, por tanta xenerosidade; grazas por tanta felicidade cómplice ao abrigo das letras galegas.
Atoparalo en Artigos de prensa
Un día de pasos alegres
Atoparalo en Álbum ilustrado, Narval, Recomendamos
07/07/12
Palabras para armar tu canto
“…La memoria es el baúl donde guardamos los recuerdos y en ella la infancia deviene en geografía fértil para la evocación y posterior escritura de poemas. Escribir para niños nace de escribir desde el niño que somos y nunca dejaremos de ser. Esto conlleva su dosis de asombro, inocencia, descubrimientos, humor, aventura, musicalidad, travesura lúdica de los sonidos y de los significados; es decir, equilibrio en un pie y en otro ¿el pie del lapicero? ¿o el dedo índice en las teclas? al saltar sobre la rayuela de las posibilidades infinitas de la imaginación…”
“Un libro que invita a cantar con el corazón, un libro que pide subirse a un árbol y leerlo en voz alta. O a decirlo casi en silencio cerca de tus sueños. Un libro que juega a la rayuela con sus sílabas. Lo dibujé con las hojas abiertas -con las alas abiertas- en las manos de los niños. Arma el rompecabezas de tu emoción cuando pases sus páginas. Disfruta sus versos y guárdalos cuando siembres en la palma de tu mano sus semillas, porque sus palabras son tuyas solamente”.
Atoparalo en Faktoría K, Lectura, Libros, Poesía, Recomendamos
Sempre hai un lugar para a poesía (XCVI)
Atoparalo en Poesía
06/07/12
Grandes ahorros
Atoparalo en Actualidade, Artigos de prensa
Hijo, hazte futbolista
Artigo de Isaac Rosa, en El Diario.
Atoparalo en Artigos de prensa, Deporte, Educación
Castelao. O pobre tolo
Atoparalo en Cómic, Demo, Lectura, Libros, Recomendamos
Interpretación
Vía
Atoparalo en Actualidade, Humor
05/07/12
Much Better Now
Atoparalo en Animación, Curtas, Fomento da lectura
Aire negro
Atoparalo en Lectura, Letras Galegas, Libros, Recomendamos, Xerais
Salva o Ártico
Atoparalo en Medio Ambiente
04/07/12
Ave María
Grazas, Isa
Atoparalo en Música
Los peces no cierran los ojos
"Conocí entonces e peso y la amplitud del pronombre nosotros. Era un experto, no excluía a los demás, consternaba a los poderes. Llevó a las cárceles las revueltas y los libros, que no existían allí. Son la más potente contradicción de los barrotes, los libros. Al prisionero tumbado en un catre le abrían de par en par el techo"."Desde allí arriba, desde la cima de los besos, puede uno descender después a los gestos convulsos del amor".
"Era tan hermosa de cerca, con los labios ligeramente abiertos. Me conmueven los de una mujer, desnudos cuando se aproximan para besar, se desvisten de todo, de las palabras hacia abajo".
"El amor sería una parada breve entre los aislamientos. Hoy pienso en un tiempo final en común con una mujer, con la que coincidir como lo hacen las rimas, al término de la palabra".
Atoparalo en Lectura, Libros, Recomendamos, Seix Barral
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.










