Ao rematar a súa intervención as nosas reporteiras fixéronlle a seguinte entrevista:
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
09/01/13
Con Ledicia Costas
Ao rematar a súa intervención as nosas reporteiras fixéronlle a seguinte entrevista:
Atoparalo en Actividades, Aulas, Escritores, Letras Galegas, Visitas
08/01/13
Posturas lectoras
Atoparalo en Fomento da lectura, Humor
Recitando a Celso Emilio
Atoparalo en Actividades, Aulas, ENL, Letras Galegas
07/01/13
DreamGiver
Volvemos ao mundo dos libros grazas a esta preciosa curta animada que nos vén dende Lleida:
Atoparalo en Animación, Curtas, Fomento da lectura
El niño perdido
A verdade, debín colgar este álbum ilustrado antes da noite de reis, pero como estaba en castelán, agardei até hoxe. El niño perdido de Tàssies, publicado por SM, foi Premio Internacional de Ilustración de la Fundación SM no ano 2008 e resultou asemade gañador da Bienal de Ilustración de Bratislava no ano 2009. E non me estraña! As ilustracións son realmente o mellor e o máis destacado do álbum, un álbum que, como digo, é tipicamente navideño porque a primeira e a última ilustración nos coloca diante das pezas dun belén. Logo vén a procura dese neno Xesús extraviado e na súa búsqueda semella que cheguemos a Palestina, polo que pensamos estar ante un álbum de denuncia social, xa que vemos como a xente malvive fronte ás adversidades. Logo remata o soño, pero sabemos que a destrución provocada pola guerra pode rematar porque é a esperanza infantil a que prevalece. Creo que nos di que o propio fillo de Deus decide marhar para aló porque non deberiamos celebrar nada.Era la noche de Reyes y el niño Jesús se había perdido.
Soñé que iba a buscarlo al fondo de un lago sin agua.
Intenté encontrar al niño Jesús entre las ruinas. Pero me distraje con las estrellas que caían del cielo.
Una mujer sin rostro me protegió con su cuerpo.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Recomendamos, SM
Mamá, saíume un dente!
Enxeñosa campaña contra o tráfico de marfil no Metro de Pekín:
(Tradución)
- Mamá, saíume un dente
-...
- ¡MAMÁ, SAÍUME UN DENTE!
-...
- Mamá, ¿non te alegras de que me saíse un dente?
Vía
Atoparalo en Medio Ambiente, Publicidade
06/01/13
Nen@s lector@s despois dos reis
Así estarán hoxe en todas as casas? Que sexan libros en galego!:
![]() |
| Ilustración de Anna Blackledge |
Ilustración d'Isabel Hojas
Ilustración de Angie Stevens - Doodlemum
Vía
Atoparalo en Fomento da lectura, Ilustración
Un faro na escuridade
Moitísimos parabéns a ambos, segue a ser unha literatura fantástica que ben nos cumpría e prognostico que seguirá a ter tanto éxito coma a anterior. Eu, desde logo, recoméndovola. Porque as páxinas pasan axiña, moi axiña, e o libro vaise devorando sen sentir que estás a comerte máis de trescentas páxinas sen sobremesa.
Atoparalo en Ilustración, Lectura, Letras Galegas, Libros, Recomendamos, Urco
Non á violencia contra as mulleres (CCXC)
Atoparalo en Igualdade, Muller, Violencia de Xénero
05/01/13
Ai, Filomena, Filomena!
Atoparalo en Ilustración, Kalandraka, Lectura, Libros, Recomendamos, Tradución
04/01/13
Oda a unha flor
Copio a tradución do que di directamente de Fogonazos:
"Tengo un amigo artista que suele adoptar una postura con la que yo no estoy muy de acuerdo. Él sostiene una flor y dice: «Mira qué bonita es», y en eso coincidimos. Pero sigue diciendo: «Ves, yo, como artista, puedo ver lo bello que es esto, pero tú, como científico, lo desmontas todo y lo conviertes en algo anodino».
Y entonces pienso que él está diciendo tonterías. Para empezar, la belleza que él ve también es accesible para mí y para otras personas, creo yo. Quizá yo no tenga su refinamiento estético, pero puedo apreciar la belleza de una flor.
Pero al mismo tiempo, yo veo mucho más en la flor que lo que ve él. Puedo imaginar las células que hay en ella, las complicadas acciones que tienen lugar en su interior y que también tienen su belleza. Lo que quiero decir es que no sólo hay belleza en la dimensión que capta la vista, sino que se puede ir mas allá, hacia la estructura interior.
También los procesos, por ejemplo, el hecho de que los colores hayan evolucionado para atraer a los insectos significa que los insectos pueden apreciar el color. Y entonces se crea la pregunta: ¿El sentido de la estética también lo tienen las formas de vida menores de la naturaleza? ¿Por qué razón les resulta estético?
Toda clase de interesantes cuestiones de la ciencia que no hacen sino sumarle misterio e interés a la impresión que deja una simple flor, no entiendo cómo podría restárselo"
Ocultos. Animais extraordinarios
Atoparalo en Álbum ilustrado, Faktoría K, Recomendamos
O libro dos Reis Magos
Recoñézoo: dende que o vin no Facebook non parei ata atopar alguén que mo prestase. Ollo! prestado, que non houbo ninguén que tivese a ben engalanar a miña casa con este álbum tan fermoso ilustrado por Marina Seoane e de plumas femininas: Celia Parra Díaz, Eva Lozano Carpente, Yolanda Castaño, Elena Gallego Abad, Antía Otero, Rosalía Morlán Vieites, María Canosa, Lupe Gómez, Ledicia Costas, Concha Blanco, Teresa González Costa, Rosa Aneiros, Oriana Méndez, Helena Villar Janeiro, Beatriz García Turnes, Andrea Porto Mato, Clara do Roxo, María Solar, Paula Carballeira, Dores Tembrás, Inma López Silva, Mercedes Queixas Zas, Anxos Sumai, Fina Casalderrey, Ana María Fernández, Rosa Golmar.
Un álbum pensado para que os Reis Magos, chegando cansos de tan longa viaxe, poidan dirixirse a nenos e nenas na nosa lingua sen necesidade de consultar o dicionario porque... magos, si, pero ás veces semella que non coñezan a nosa lingua. Así que este álbum soluciónalle a vida e o momento: teñen o discurso ben preparado e é ben fermoso. Ademais, poden escoller, que máis queren!
En fin, que cando teñen unha boa idea, tamén haberá que dicilo, para unha que teñen!!! O malo do asunto é que os mortais que non somos Magos quedamos sen o libro.
Así que si, o álbum é realmente fermoso.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Galaxia, Recomendamos
03/01/13
Solitaria partida de ajedrez
A Estrela de Oriente
Tíñao que ler xa, antes de que chegasen os Reis ou que o Papa se decidise a eliminalos, como fixo cos pobres animais do belén. E seica son de Sevilla... Así que a fermosa historia que Pemón Bouzas nos conta en A Estrela de Oriente. Unha historia dos Reis Magos publicada por Xerais con ilustracións de Marcos Calo nada ten que ver coas previsións que a Igrexa Católica nos está a ofrecer. E ben que llo agradecemos! Porque o escritor devolvénos un raio de esperanza e de solidariedade neste relato curto onde soñamos con tres reis diferentes e vívidos que compoñen un novo "conto de nadal" na máis pura tradición oral chea de elegancia. Atoparalo en Lectura, Letras Galegas, Libros, Recomendamos, Xerais
Os ricos non crean emprego
Vía
Atoparalo en Economía
02/01/13
Fuxindo do libro
Fermoso libro con que Montse agasallo o novo ano: libros e historias xunguidas.
Atoparalo en Fomento da lectura
Carabuñas
—Vaia, ho! Caramuxo botou un foguete!
—Non son Caramuxo. Son Carabuñas,
o que nunca corta as uñas!
-contestou o bruxo, rabioso.
—Non me veñas con contos. Ti es Caramuxo!
—Dígoche que non. Son Carabuñas!
Atoparalo en Álbum ilustrado, OQO, Recomendamos, Tradución
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
















