Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/09/13

Eau vive



Vía

Wertgoña

29/09/13

Digades filla

Reproduzo (aínda non saín do meu abraio e impotencia) o imprescindible artigo que Valentina Formoso publicou en Prolingua:

Dime, hija, hija mía lozana...
No remate dun verán máis no que nais e pais falaron do moito tempo sen escola que teñen os rapaces e rapazas, do número de cadernos que fixeron para repasar (obviamente de “lengua” (castelá), de inglés e de matemáticas, quedando a nosa lingua maioritariamente excluída tamén dos deberes de verán), xa toca empezar co tema do novo curso académico e dos libros de texto.
Nas vésperas de comezar o novo curso, un máis a sumar no proceso de desgaleguización do que vimos dando conta nestas Voces, non pensen, lectores e lectoras, que o tema deste artigo vai versar sobre os libros que a sociedade do futuro ten que engulir en inglés para aprender algo sobre o toxo -cada vez máis queimado- dos nosos montes. Este plurilingüismo, mal entendido e mal enfocado, xa claramente plasmado noutra “voz” por Mercedes Queixas, véndeselle ás familias como a panacea dunha modernidade que, na realidade, encobre o desleixo pola lingua propia de Galicia e pola súa promoción e normalización. Disto, máis ou menos, xa estamos ao tanto. Pero escápansenos detalles que, se cadra, por non viren orquestrados en Decretos, non lle damos a importancia que teñen, pero que -non fondo- teñen a intención de reducir a nosa cultura, non só ao tamaño bonsai, senón ao de gañota, despois de cortala polo pé.
Volvamos aos libros de texto. Nun deles, o de Lingua castelá e literatura de 2º ESO da editorial SM, hai un bo exemplo destes intentos. Na páxina 128 (unidade 6) fálase do xénero lírico e os e as discentes que traballan con este material, teñen unha mostra de como se tratou o amor na poesía nas diferentes épocas da literatura (castelá). O primeiro texto, pertencente á Idade Media, está tirado, segundo reza no pé, dunha “Antología de la poesía medieval” da editorial Ágora. E de que poema da “poesía medieval española” pensades que se trata? Pois un que empeza: “Dime, hija, hija mía lozana...”, que vén sendo a tradución da famosa cantiga de amigo escrita en galego-portugués (dato que non se cita en ningures, por suposto):

Digades filla, mia filla belida
por que tardastes na fontana fría
Os amores hei...

Mais o que o alumnado pode ver e ler é:

Dime, hija, hija mía lozana
por que tardaste en la fría fuente?
Amores tengo
-Tardé madre en la fuente fría
porque los ciervos del monte el agua revolvían
Amores tengo
Tardé madre mía en la fría fuente
porque los ciervos del monte revolvía el agua
Amores tengo
-Mientes, hija mía, mientes por tu amigo
Nunca viu un ciervo que revolviese el río
Amores tengo

Ademais de presentaren estes versos sen ritmo nin rima, os mesmo que montaron o escándalo pola cita do artigo 5.1 do noso Estatuto ... argumentarán que este é un libro dunha editorial estatal que tanto se vende en Murcia, en Salamanca ou na Coruña e que teñen que “entendelo”... O que non escoitei aínda foi a explicación que lle dan a que aínda neste curso que pasou se lles ensinase aos estudantes de secundaria que as cantigas galego-portuguesas e as jarchas formaban parte da literatura castelá medieval,.... E que o peor deste intento de usurpación da nosa brillante lírica medieval non é que nun libro apareza unha cantiga traducida, senón que o profesorado de castelán en Galicia explique, ratifique e reafirme tal cantiga “medieval castellana” diante do alumnado... A este paso aínda teremos que escoitar que a que aparece no libro de “gallego” é tradución, ou unha copia, da de castelán...
Ao lado dunha política lingüística autonómica que está triunfando no intento de arrincar o galego desde as escolas infantís ata o bacharelato, hai outras políticas máis “sibilinas” pero que cumpren a mesma función des-normalizadora para a cultura galega en xeral e para a lingua en particular. A intención é arrasar, pero con menos fume ca o que botan os montes, de aí que cause menos estupor social, mais mostra o nulo interese polo patrimonio propio: histórico, cultural, lingüístico e ecolóxico.

Porque hay cosas que nunca se olvidan



Vía

El Galeón

Foi toda unha sorpresa este álbum que me encantou: El Galeón de Mordillo publicado por Kalandraka. Todo un clásico do humor dos anos 70 que se goza o dobre por non ter palabras. Ben, teño que confesar a miña predilección por estes álbums, que me serven na aula para que o alumnado poña letra á historia. Un barco pirata que procura o seu tesouro e que vivirá miles de aventuras. Divertido e imaxinativo. Poñédelle vós voz a este piratas intrépidos que poden con todo e que non se arremedan ante nada!



Non á violencia contra ás mulleres (CCCXXXI)

"La maleta de Marta" é un documental sobre a violencia de xénero que trata de rachar cos clixés contando a vida dunha muller que case morre trase ser apuñalada polo seu home.

28/09/13

C2C - Delta

Xenial traballo de animación 2d realizado por CRCR para o grupo de música electrónica C2C.


Vía

A historia dos bonobos con lentes

Pasoume unha cousa ben graciosa con este libro: a ledicida de recibir un novo álbum pola igualdade de Adela Turín sumouse o pouco tempo para degustalo polo traballo do inicio do curso, polo que decidín levárllelo a ler ao alumnado antes de facer unha lectura en solitario. Cando cheguei a primeiro de Bacharelato e lles expliquei quen era a autora, os libros que tiña... pasei a lerlles o título, e o escándalo foi total: desde ese momento a esmorga adolescente era case imparable. Pero que ocorría? Pois nada, que eles, moi sabedores, coñecían esta raza dos bonobos polo seu costume de arranxar todos os problemas co sexo, así que maxinade: calquera ilustración era susceptible de chanza. Cando calmamos o azos e todo volveu á normalidade, o álbum serviunos, unha vez máis, para reflexionar.
A historia dos bonobos con lentes de Adela Turín e Nella Bosnia vén de ser publicado por Kalandraka, editorial a quen moito lle agradezo o esforzo constante de recuperación deste tipo de libros imprescindibles e esgotados dende hai tempo. Unha historia sobre unha tribo moi singular onde as bonobas andan ocupadísimas para que eles coman e pasen o día sen nada que facer. Tanto traballaban que non tiñan dereito a aprender... o que aprendían con só escoitar. Pero, iso si, sen dereitos. E como todo cansa, as bonobas decidiron reberlarse e cambiar de vida.
Un álbum que constiúe un fermoso alegato reivindicativo do papel loitador da muller, superando unha sociedade machista que establece límites absurdos sobre os roles de ambos sexos: unha socidade machista que se permite establecer o destino de cadaquén sen preguntar nin respectar.


.


Unha colección imprescindible!

Agricultura sa

Birke Baehr, de 11 anos, é un agricultor orgánico precoz. Presenta de xeito claro e contundente a súa visión dunha fonte importante da nosa alimentación: as afastadas granxas industriais. O rapaz argumenta que se promove un panorama irreal sobre a agricultura intensiva. Caracterízase polo seu férreo ataque contra o sector agroalimentario industrial, encabezado pola empresa Monsanto.




Vía

27/09/13

Princesas de bo falar

Que raro, pór unha muller na cociña. Unha muller analfabeta a quen lle ofrecer o Dicionario da RAE coma un deterxente que limpa. Non vaia ser que volva o home despois de traballar dez horas e se poña violento...



Vía

Todos somos

Desde logo, non escollín peor ocasión para a (re)lectura deste libro, impresionada como estou polos acontecementos vividos en Santiago e que me saltaban ao maxín con cada liña da novela. Falo, claro está, de Todos somos de Marcos Calveiro, publicado por Xerais. Non sei se é unha mala broma da vida, que ás veces ten este tipo de ocorrencias e comete unhas chiscadelas que son realmente crueis, pero así foi a lectura deste Todos somos, cunha interesante e necesaria reflexión sobre a xestión que este tipo de noticias realizan os medios de comunicación, amosando continuamente o seu lado máis esgrevio que procura só aumentar o índice de audiencia a costa da dor dos demais e non dubida en procurar unha violencia social que, desgrazadamente, está a flor da pel, agochada durante moito tempo e que logo se transforma e toma vida cruel nas nosas miradas e solucións. Como tamén é chamativa esta violencia que me recorda a eses berros que onte escoitei estarrecida nunha transmisión da nosa actualidade galega e como un acontecemento así é quen de desgastar a vida de tanta xente que por un motivo ou por outro estaba ben preto da desgraza.
Creo que é unha boa lectura para recomendar ao meu alumnado e un bo libro para un posible club de lectura, posto que dá pé a moitas reflexións, tan necesarias na nosa sociedade. Unha sociedade que a min, particularmente, cada día me asusta máis.




Comisión da Verdade

26/09/13

A mellor comunicación: dar

Unha compañía tailandesa de telefonía móbil chamada True Move vén de conmocionar a medio mundo coa súa última campaña “Giving is the best communication“. Seguramente, pola potencia e a calidade cinematográfica que lle deron ao spot. De feito, cando ao vin pensei que era un anaco dunha película!
Hai que destacar a universalidade da mensaxe a transmitir, unha mensaxe humana e solidaria

Un paseo polo parque

Supón unha ledicia enorme recibir na nosa lingua este álbum dun dos grandes,  Anthony Browne, da man da editorial Kalandraka: Un paseo polo parque preséntanos dous tipos de familias, unha de clase alta e outra de clase media que coinciden no parque con cadansúa mascota. O autor ofrécenos unhas chiscadelas inconfundibles para comprendermos que só os prexuízos están instalados nos máis maiores, sen sentido ningún. Volvemos ter un álbum no que as ilustracións xogan un papel crucial para construír o significado do texto. Volvemos gozar coa mellor literatura en galego. Volvemos agradecer ás nosas editoriais estas oportunidades de termos o mellor en lingua galega.

Desechad@

25/09/13

Tombed



Vía

En pequenas doses

E seguimos!

Campaña antitabaco ben orquestrada e ben sinistra, por certo.


Vía

24/09/13

Tumor

Tremenda campaña contra o tabaco:

Algodón en Harlem

Coido que esta será unha das últimas novelas negras deste ano. Pero tiña que solucionar algúns erros, como non ter lido nada deste clásico, Chester Himes, que é publicado por RBA na súa Serie Negra: Algodón en Harlem constitúe unha lectura ben interesante dende varios puntos de vista: sociais, posto que o autor decide comentar as diferenzas sociais existentes entre brancos e negros, e de personaxes, posto que os dous detectives protagonistas presentan unha serie de características que se afastan doutros coma eles. Dous homes que son moi semellantes fisicamente, negros, inquebrantablemente honrados, brutos, utilizando métodos non sempre legais pero que lles funcionan. 
Nesta crítica social ninguén sae ben parado; nin brancos nin negros. A maioría dos personaxes destilan maldade e violencia; son trampulleiros e só buscan o seu beneficio  persoal. Ademais, non todo se resolve satisfactoriamente nin todos os criminais son castigados como merecen. Esta é a crúa realidade, e a novela non está polo labor de adozala.
Desde logo, un autor de obrigado coñecemento.

"El teniente emitió un suspiro.
-Detesto ver que las gentes se atacan entre sí como si fueran animales salvajes. 
 

 -¿Pues qué diablos espera? -preguntó Grave Digger-. Mientras haya jungla, habrá animales salvajes."


23/09/13

L'Amoureux

El muñeco de nieve

Aproveitando tantas horas de voo, ataquei o último libro de Jo Nesbo publicado por RBA na súa Serie Negra: El muñeco de nieve. Unha lectura trepidante que me confirma a Nesbo como un dos mellores escritores deste xénero. É boísima! Intriga, detalles, personaxes, todo está ben xestionado e enfiado, con golpes de efecto brutais. O bo do libro é implicar o lector do xeito en que o consegue, indentificarnos con Harry Hole e sentir a súa rabia, sufrir con el. O personaxe é fascinante. E queremos velo no cine. Porque xa está nas nosas mentes.
Non sei se é o mellor libro del. Eu téñolle un cariño especial a Petirrojo: segue sendo a mellor dende o meu punto de vista. Pero desde logo está entre os mellores. Gustoume máis có anterior, sen dúbida ningunha. Pero quizais sexa un pouco demasiado previsble, e iso réstalle puntos á lectura. Pero son puntos de sutura, que apenas se notan!

Trató de moverse, pero no consiguió desprenderse de aquella mirada rota. Una mirada rota y acusadora. Que lo acusaba de no haber hecho algo, y aunque él no sabía qué, sí sabía que debería haber podido averiguarlo, debería haber podido pararlo, debería haber podido salvarla.

Sen calefacción

Campaña da  organización 'Fiftyfifty' consistente en sacar a calefacción dunha sala de cine e pór imaxes de xente sen teito nas rúas dunha cidade alemá: "con oito graos aínda se pode durmir; é aos cero graos cando comeza a facer frío".



Vía

22/09/13

The Game



Vía

Mi hermana vive sobre la repisa de la chimenea

Cun título tan longo atopamos esta novela de Annabel Pitcher publicada por Siruela: Mi hermana vive sobre la repisa de la chimenea sorprende dende un principio por tratar un tema ben delicado con habilidade, tenrura e sinxeleza. Un libro que fala da perda brutal dun ser querido pero dende a inocencia dun neno de dez anos, quen intenta comprender o resquebraxamento familiar a partir de seren vítimas dun atentado no que perdeu a vida a súa irmá. O fermoso do libro é por tanto a voz protagonista, un neno que resulta totalmente crible e que se verá obrigado a enfrontarse a unha crúa realidade: unha familia que xa non está unida por moito que el o desexe. A novela presenta o punto xusto para non caer na ñoñería e consegue achegarnos unha sensibilidade exquisita, aínda que o final é demasiado bo e estraga un pouco o libro. Aínda así, paga a pena a súa lectura, máis do que nun principio pensei, pois tiven aparcado o libro ben tempo pensando que non me ía gustar nada en absoluto. Coido que pode ser un bo libro para un club de lectura pois dá para pensar e reflexionar. E gústame o optimismo do rapaz, sempre tan necesario.

Rose me ha comprado un libro. Como siempre, su regalo estaba junto a la urna cuando entré en el salón. Me dieron unas ganas tremendas de echarme a reír al verlo ahí, y me imaginé que a la urna le salían brazos y piernas y cabeza y se iba a la tienda a comprar el regalo. Pero como papá me estaba mirando con su mirada seria rompí el papel y traté de que no se me notara la decepción al darme cuenta de que ya lo había leído.

Non á violencia contra ás mulleres (CCCXXX)

Vídeo gañador do ano pasado en Beldur Barik: "Guapa"



Guapa from Barezi on Vimeo.

21/09/13

Rugby League Challenge Cup Final



Vía

Protección

Orixinal campaña contra da Sida e polo uso do preservativo:


Vía

20/09/13

t.o.m.



Vía

19/09/13

The Video Dating Tape of Desmondo Ray, Aged 33 & 3/4



Vía

La primera vez que nací

Tamén de SM, La primera vez que nací con texto de Vincent Cuvellier e ilustracións de Charles Dutertre é un álbum tenro que é un agasallo para mamás e papás, que deixa un toque sensible na pel pero que confía no desenvolvemento único da persoa.



La primera vez que abrí los ojos, los cerré rápidamente. Lloré. Levanté mis manos al cielo y las posé entre dos montañas de leche. Dejé de llorar. Abrí los ojos por segunda vez en mi vida. Vi la luz más suave del mundo: eran los ojos de mamá.
La primera vez que me metieron en el agua, lloré, grité, agité los brazos y pataleé.
Todo el mundo a mi alrededor se reía. Y además, no sé por qué, mi cabeza se deslizó dentro del agua. Eso me recordó a cuando fui un pez.
La primera vez que hice pipí, fue encima de papá.
La primera vez que mi abuelo murio, mamá me abrazó para consolarme. Pero, en realicad, fui yo quien la abrazó para consolarla.
La primera vez que monté en bicicleta sin ruedines, lo hice con los ojos cerrados, sin manos y sin papá.
La primera vez que me resbalé en una roca, la roca lloró. Yo no.
La primera vez que… ¡Ah, me encanta esta primera vez! Era un domingo por la noche, volvíamos de la playa. Estaba enrollada en una manta, en el asiento trasero del coche. Papá se dio la vuelta cuando el semáforo estaba en rojo y dijo: “La pequeña duerme” Cuando llegamos a casa, seguí con los ojos cerrados, precisamente para oír decir a papá “shhh” y sentir cómo me cogía en brazos. Sonreí. Papá me susurró algo al oído y fue la primera vez que le oí decir: “Mi pequeña marmota…mi querida pequeña marmota”
La primera vez que subí en autobús, piqué el billete tres veces. Para estar segura. Luego me subí en las rodillas de papá y le besé tres veces. Para estar segura.
La primera vez que me disfracé, fue de princesa. La segunda vez que me disfracé fue de princesa. La tercera vez que me disfracé, fue de princesa. Por lo tanto soy una princesa.
La primera vez que vi la mar, ella dijo: “Qué grande es, qué bella es, qué ojos tan azules tiene”.
La primera vez que vi una estrella fugaz en el cielo, pedí un deseo. Pero no puedo decirlo porque si no, no se cumplirá.
La primera vez que vi hun búho, me pareció muy chulo. La primera vez que vi un chulo, tenía cara de búho.
La primera vez que toqué la trompeta delante de todo el mucho, papá apenas se lo podía creer y mamá daba golpecitos con la mano y con el pie.
La primera vez que cumplí 13 años, cambié.
La primera vez que su mano tocó la mía, sentí el viento soplar sobre mis párpados cerrados.
La primera vez que le vi, llebaba una camisa azul celeste y le brillaban los ojos.
La primera vez que le quité la camisa azul celeste, los ojos le brillaron aún más.
La primera vez que te moviste dentro de mi vientre, cerré los ojos y escuché el sonido del mar.
La primera vez que toqué la trompeta para ti, marcaste el ritmo con los pies. No me lo podía creer.
La primera vez que te vi, fuiste tú quien cerró los ojos y esta vez el mar era yo.
La primera vez que mamá supo que iba a ser abuela y que papá supo que iba a seer abuelo, los dos rejuvenecieron venite años.
La primera vez que elegimos un nombre para tí, dijimos muchas palabras entre las se excondía tu nombre.
La primera vez que naciste, fue la segunda vez que yo nací.

18/09/13

Office Posture Matters: An Animated Guide



Vía

Checo

Cunha Mención honorífica na categoría de Narrativa, Checo, álbum publicado por Nostra con texto de Idalia Sautto e ilustracións de Cecilia Varela, está ambientado no México dos anos 30 e fala dun rapaz que un día decide marchar da súa casa e construír o seu propio futuro sendo maquinista. O mellor do libro son os datos reais da época, destacando a figura dese neno que é tan valente como para estar uns días fóra da casa e volver a ela como un pequeno heroe que se percata de que ama o que ten arredor e que iso é o mellor do mundo, é dicir, volvendo máis sabio e mellor ca antes.







17/09/13

Deathigner



Vía

Jaime de cristal



Relato de Gianni Rodari con delicadas e fermosísimas ilustracións de Javier Aramburu que publica SM: Jaime de cristal é un canto á honestidade (neste país aínda existe diso?) e á sinceridade, que son as triunfadoras elocuentes nun mundo onde un tirano pretendía impoñer o seu orde.

16/09/13

JP NATAF - Viens me le dire



Vía

¡Ñam!

Escrito e ilustrado por Puño, publica SM este álbum, ¡Ñam!, Premio Internacional de Ilustración 2009 SM. Un álbum bastante ruturista, coido, polas imaxes e por ese final inesperado que á súa vez resulta ben delicioso.




15/09/13

Illusion



Vía

El soldado de plomo


Álbum que mereceu o Premio Internacional de Ilustración da Feria de Bolonia-Fundación SM, 2011, unha vella historia ilustrada por Page Tsou, El soldado de plomo conta unha historia de amor e unha mensaxe pacifista evaocada aquí con trazos da pintura tradicional chinesa. Se o libro é coñecido por si só, hai que destacar as ilustracións, con imaxes amplas cheas de detalles, ambientadas nos primeiros anos do século XX.







14/09/13

Le Dauphin dauphin



Vía

Versos del tiempo



Javier Ruiz Taboada e o ilsutrador Emilio Urberuaga son os artífices deste álbum publicado por SM: Versos del tiempo. 30 poemas sobre as medidas temporais, días, meses, estacións. Que mellor xeito de achegarse a esta nova lección? A través da poesía, por suposto. 

Hay relojes de pared,
de muñeca, digitales,
que dan la hora y el mes
y hasta las fases lunares.
Los hay que son de mesilla,
relojes despertador,
de cuco, con manecillas,
y los hay con carillón.
El reloj marca las horas
y nos hace enloquecer
si su tictac a deshoras
nos despierta sin querer.


13/09/13

Unified



Vía

El hada del agua


Gustavo Martín Garzo é o autor de El hada del agua publicado por SM con ilustracións de Alfonso Ruano. Un álbum que fala de fadas e de soños que se cumpren. Fadas que só poden ver os bebés porque estes non saben falar. Tenrura en estado puro!

Las hadas del agua son las criaturas más tímidas que existen. Nadie las puede ver, nadie sabe dónde viven ni lo que hacen. Se esconden en lo más profundo de los bosques, en lugares donde hay fuentes o arroyos, ya que necesitan el contacto del agua para vivir. No el agua de los grifos, sino la que nace de los manantiales, el agua que viene del interior de la tierra y guarda sus secretos.

12/09/13

On Departure



vía

Las nanas de Miguel


Con texto de Javier Sobrino e ilustracións de Ulises Wnsell, publica SM esta álbum ilustrado: Las nanas de Miguel é un libro para recrear a infancia de Miguel Hernández coidando os rabaños, mentres lía poesía e cantaba nanas.

Miguel camina por el sendero del bosque y silba al ritmo de sus pasos. Su madre le ha puesto en el zurrón comida para una semana, el tiempo que va a estar con el rebaño. Miguel disfruta cuidando de las cabras, pero nunca se ha quedado solo un día, y menos una semana entera con todas sus noches. Cuando lo piensa, la boca se le seca y siente como si un millón de hormigas le recorriera la espalda



Ea, ea, ea, cabrita mía,
duerme, duerme que se va el día.

Oa, oa, oa, sueña y descansa,
con hierba fresca,
con agua mansa,
y  con leche blanca.

Ua, ua, ua, llegó la noche bruna,
con manto de hilo y bruma.

Ea, ea, ea, cabrita mía,
                         duerme, duerme que se va el día.

11/09/13

Paper City

Paper City from Maciek Janicki on Vimeo.


Grazas, María Jesús

La niña de sus ojos


 A escritora Mary M. Talbot e o debuxante Bryan Talbot unen esforzos para escribir este cómic publicado por Ediciones La Cúpula: La niña de sus ojos é unha historia de biografías que se mesturan, por unha parte as lembranzas da autora, filla dun escritor irlandés experto en James Joyce e por outra a vida de Lucia, filla do propio James Joyce. Nesta dobre narración radica a importancia do cómic, narrando a infancia da escritora despois da Segunda Guerra Mundial e a súa adolescencia nos anos cincuenta. Talbot fala dos desencontros cun pai distante e dos posibles desencontros de Lucia, quen pretendía abrirse un camiño no mundo da danza coa férrea oposición dos seus pais, establecendo así un xogo de espellos entre as dúas figuras paternas que dominan a narración. Aínda que veremos como a vida de Lucia vaise facendo dona do libro xa que semella, supoñemos que polo seu destino máis triste: a moza desenvolve tendencias suicidas e alterna diversos ingresos en sanatorios mentais de Europa.
A dobre narración vén marcada polo debuxo inequivocamente, posto que presenta un coloreado diferente en cada unha. Pero, coido, a semellanza entre ambas paréceme que está mantida por un fío case invisible que podería romper en calquera momento. Desde logo, non me gustou tanto como agardaba a priori.
 






Fashion Victims

Acción urbana inspirada nos recentes acontecementos en Bangladesh -onde morreron 1127 traballadores polas malas condicións dos talleres téxtiles- que pretende dar visibilidade a quen realmente é "fashion victim": os traballadores escravizados, a explotación infantil e o millóns de prexudicados pola contaminación que producen as fábricas nos países de produción.
Nesta acción, varias blogueiras aparecen sepultadas baixo cascallos nunha rúa de Madrid para recordar as imaxes publicadas da traxedia de Bangladesh: pódense ver luxosos complementos. 
Recoméndovos o blogue de Yolanda Domínguez, artista pola igualdade que tiven a oportunidade de coñecer en Lalín e de escoitala marabillada, así como tamén puiden admirar algunha da súa obra no museo dezao: todo un luxo.


10/09/13

Hound



Vía

Me desperté temprano y saqué al perro

Tanto me recomendaron esta lectura que deixei aparcadas as outras que tiña pendentes para me lanzar na procura desta. Me desperté temprano y saqué al perro de Kate Atkinson, publicada por Lumen, encádrase dentro da novela negra pero afástase dos seus cánons, xa que volve a ser unha novela de personaxes na que é difícil entrar, xa que a esixencia é maior que noutras novelas. 
O título do libro provén dun poema de Emily Dickinson, que mellor comezo! Logo, o libro supón un puzzle que o autor nos presenta e os lectores deberemos ir compoñendo para non perdernos entre as pezas: os personaxes son protagonistas dunha historia que non descubriremos ata o final. Deste xeito, non só o detective Jackson Brodie ten relevancia senón que outros personaxes lla tiran e quedan con ela, facendo máis atractiva a historia, facéndoos conectar case inconscientemente e nunca uníndoos conscientemente (si estarán xuntos sen recoñecerse). Ademais, na nosa lectura tamén haberá saltos ao pasado constantes e determinantes para comprender o desatino da sociedades, unha sociedade que está "manchada" en membros que non deberían estalo, polo que a crítica social, tan de moda nas modernas novelas negras, tamén está presente.
A poeta Emily Dickinson tamén está presente ao final do libro, xa que remata cun seu poema.


"Comprar y vender, eso hacía la gente. Podías comprar mujeres, podías comprar niños, podías comprar cualquier cosa. La civilización occidental había tenido su buena racha, pero ahora prácticamente se había extinguido a sí misma con tanto comprar y vender."

Este texto es una creación propia de Devoradora de Libros y no está permitida su copia.

Xogando coa invisibilidade

Campaña de Unicef contra o maltrato infantil


Vía

09/09/13

Myosis



Vía

Sempre hai un lugar para a poesía (CX)

Un poema de Begoña Abad sobre os recortes.


Sergio Gay

Farmacia

Mi madre, pensionista, sale de la farmacia.
Acaban de cobrarle veinte euros por las recetas.
Saca del bolso un boli y un papel
donde lleva la lista de la compra
y va tachando el brócoli, la fruta y el pescado.
Hoy tomará Enalapril para que siga
bombeando el corazón.
Metformina para la diabetes,
Singulair para mejorar su respiración.
Y se pondrá en los ojos Xalatán
para poder ver más claro
donde van a parar esos veinte euros
que le roban en nombre de la ley.

Begoña Abad

Azucre mortal

Orixinal spot de Unicef Chile contra a pederastia.


Vía

08/09/13

Un Conte



Vía

La niña que caminaba entre aromas


Tenro álbum de Ariel Andrés con ilustracións de Sonja Wimmer que publica Cuento de Luz: La niña que caminaba entre aromas conquístanos dende a portada e o título ata rematar a lectura, unha historia de superación dunha nena cega que se ve obrigada a desenvolver intensamente todos os sentidos que ten. Porque vivir á escuras non é doado, e será o olfacto quen lle axude a sortear os obstáculos. Pero ser diferente non significa ser rexeitado e así nolo demostra este fermoso libro.




"Cuando Ana nació, todo estaba a oscuras...."

Non á violencia contra ás mulleres (CCCXXIX)




Estas son as sete tradicións máis agresivas contra as mulleres, recollidas polo Elcorreo.com 



Acollida con esterco e insultos á muller masai
Os masai son un pobo que vive entre Kenia e Tanzania. O matrimonio da mujer decídeo o pai sendo ela bebé. A muller será acollida por primeira vez na casa dos parentes do seu futuro esposo con insultos e esterco para simbolizar a difícil vida que comeza e para fortalecer o seu carácter. P marido poderá "prestarlla" a calquera amigo que o necesite.

As mulleres xirafa de Tailandia
A comparación que se fai coas xirafas provén de teren un pescozo longo e forte. Este conséguese mediante a unión de aros de latón arredor del, de xeito paulatino ao longo da vida de cada muller. Estes aneis provocan unha opresión das clavículas cara á cavidade torácica.
A tribo é falócrata e os castigos que impoñen ás mulleres por delitos coma o adulterio inclúen a retirada de todos os aneis, algo que provoca a asfixia o descrocamento da condenada, quen para vivir verase obrigada a vivir tumbada suxeitando a súa cabeza entre as mans.

Casas para engordar futuras esposas en Mauritania
En Mauritania, consíderanse fermosas as nenas e as mulleres gordas. Segundo unha tradición coñecida como Leblouh, dende os cinco anos as nenas sométense a un proceso cruel para gañar quilos: consomens grandes cantidades de comida e se cómpre provócanlles vómitos para seguir comendo.

Os pés vendados das nenas chinesas

Durante máis de dous mil anos as nenas de catro a seis anos eran sometidas a unha vendaxe dos seus pés para que estes non medrasen. Debían medir como máximo sete centímetros.

Estarricado de peitos en Camerún
 Para que as mozas diminúas o seu atractivo sexual (as violacións son múltiples en Camerún) as súas nais pásanlle o ferro ás fillas cun pao incandescente, con pedras ou conchas ardendo.

Condenadas á lapidación
A lapidación procude unha morte moi lenta e un gran sufrumento. Hoxe en día hai catro países que a practican contra quen mantén relacións sexuais fóra do matrimonio, sobre todo se son mulleres: Nixeria, Somalia, Indonesia e Irán.

A infibulación
Mutilación dos xenitais femininos, cercenando o clítoris e pechando a vaxina mediante unha sutura que deixa soamente unha pequena abertura para a emisión de orina e do fluxo menstrual. Faise para que as mulleres perdan a habilidade de sentir pracer sexual durante o coito, asegurando así que non exista infidelidade. Como resultado, as mulleres desenvolven problemas médicos de todo tipo, algúns poden provocar a morte.

Vía

07/09/13

3 IDIOTAS



Vía

Besos

Besos, editorial Kókinos
 
Besos é un álbum de Goele Dewanckel publicado por Kókinos. Un álbum fermosos sen palabras que nos fai utilizar o maxín e soñar cun mundo mellor onde o cariño, a aperta, calquera tipo de beixo, fose o dominante. Porque un beixo é unha expresión perfecta de cariño. E ás veces, que pouco nos bicamos! O protagonismo deste libro radica por suposto nas ilustracións, de cores onde predomina o branco, o negro e o vermello, ilustracións simples que nos axudan a voar e nos ensinan a importancia do amor, un amor fresco sen interrogantes nin peticións. Un amor que todo o dá. Porque hai moitos tipos de beixos e de amores.

Caricaturas de escritor@s (II)

Walt Whitman, caricatura de Mark Summers
 Se xa vos amosaramos outra vez caricaturas de Tullio Pericoli, desta volta son de Mark Summers . Por suposto, dende aquí.

Amy Tan
  Anne Rice
Miguel de Cervantes Saavedra
Charles Dickens
Dr. Seuss
Franz Kafka
George Eliot
Herman Melville
Homero
Ivan Turgenev
James Joyce
Jonathan Swift
Joseph Conrad
Kurt Vonnegut
Leon Tolstoi
Louisa May Alcott
Marcel Proust
Michael Crichton
Patricia Cornwell
Stephen King
Virginia Wolf

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.