Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

10/10/07

Desastres naturais

Hoxe, segundo mércores de outubro, é o Día Internacional para a Redución dos Desastres Naturais.
Cada día que pasa a vulnerabilidade dos grupos humanos aumenta. Cada día asistimos con maior frecuencia a noticias que nos superan: lugares arrasados, augas torrenciais, terremotos...
Quizais teriamos que nos plantexar se os desastres dos que falamos son "naturais" ou se, pola contra, son provocados polo ser humano. Parece que a maior parte destes desastres son produto dos danos que nós mesmos causamos á atmosfera, aos océanos, aos bosques, ao xeo polar...
Porén, os danos causados á natureza non son o único factor a ter en conta. A tendencia das poboacións para asentarse en áreas sísmicas, en zonas de evidente perigo de inundacións, avalanchas, etc. ten moito que ver coa superpoboación que se está a sufrir. A pobreza, a ignorancia, a falta de previsión e de planificación, acentúan a perigosidade dos desastres naturais.
Resulta aínda máis grave saber que unha parte dos desastres naturais poderían evitarse se toda a tecnoloxía da que se dispón se puxese ao servicio das poboacións con menos recursos económicos.

09/10/07

"Guerrilleiro heroico"

Morreu o 9 de outubro de 1967, hai corenta anos.

A súa foto máis famosa, na que aparece a súa face coa pucha negra mirando ao lonxe, foi tomada por Alberto Korda o 5 de marzo de 1960, cando el tiña 31 anos, nun enterro polas vítimas da explosión de "La Coubre", pero non foi publicada ata sete anos despois. O Instituto de Arte de Maryland denominouna "a máis famosa fotografía e icono gráfico do mundo no século XX". É seguramente a imaxe máis reproducida na historia, aparecendo en carteis, camisetas, obras de arte... Expresa dende un símbolo universal de rebeldía -en todas as súas interpretacións- (segue a ser un icono para a xuventude non afiliada ás tendencias políticas principais) ata unha imaxe "sexy"


Paint War

Ata coas máis sinxelas ferramentas se poden crear verdadeiras obras artísticas. E engadirlles mensaxe. Este vídeo é de Pablo Aleandro, un artista arxentinto, e está feito co programa informático "Paint". Aborda criticamente e con arte a inxustiza de todas as guerras, sobre todo a de Irak, a modo de videoclip.



A voltas co eñe, leñe!

Estas son algunhas das cousas que pasan por ter unha letra diferente...


E se ela cambiara a túa vida?

Hoxe é o aniversario dunha das nosas “comentadoras” máis habituais e queremos adicarlle esta entrada sabendo que a película da que imos falar é a súa favorita. Seguramente (máis lle vale...) ela mesma será a que vos falará deste filme en profundide. Parabens, Adelcisa!!

Unha das películas francesas máis taquilleiras de todos os tempos, Amélie (Le fabuleux destin d'Amélie Poulain) marcou un fenómeno moi pouco usual: desbancar ás sempre taquilleiras películas americanas en Francia e lograr unha grande repercusión fóra do seu país. Co-escrita xunto a Guillaume Laurant polo seu director, Jean-Pierre Jeunet, a película ten como protagonistas a Audrey Tautou e a Mathieu Kassovitz.

RESUME: Amélie non é unha moza como as demais. Veu ao seu peixe de cores deslizarse cara os sumidoiros municipais, á súa nai morrer na praza de Notre-Dame e ao seu pai dedicar todo o seu afecto a un trasno de xardín. Medrou e convertiuse en camareira nun bar de Montmartre cuxa propietaria é unha antiga amazona circense. A vida de Amelie é sinxela: gústalle tirar pedras ao Sena, observar á xente e deixar voar o maxín. De súpeto, aos 22 anos, descubre o seu obxectivo na vida: arranxar a vida dos demais. Inventa toda clase de estratexias para intervir, sen que se den conta, na existencia de varias persoas do seu entorno. Entre elas está a súa porteira, que pasa os días bebendo viño de Porto; un cego ao que axuda; ou "o home de cristal", un veciño que só ve o mundo a través da reprodución dun cadro de Renoir. A misión de Amélie vese trastocada pola chegada dun mozo estraño e moi peculiar: Nino Quincampoix. Ten dous traballos: de pantasma nun túnel do terror e outro nun sex-shop. Colecciona as fotos abandonadas nos fotomatóns e busca desesperadamente identificar ao home que aparece nelas unha e outra vez. Sen embargo, esta búsqueda vese interrumpida polo su encontro con Amélie.


08/10/07

Pantasmas

Loitar contra as pantasmas, e dobregalas, e seguir os consellos, e esquecer esas voces, e seguir adiante, e sorrir, e... Mañá volvo. Pero...
Así de grandes son as miñas pantasmas


Dan medo, non?

Tierras de cristal


Hoxe non quería falarvos deste libro de Alessandro Baricco, máis famoso pola súa obra Seda (que podes ler en galego grazas á editora Rinoceronte) simplemente deixarvos un anaco que me parece tan fermoso:

Aquelas dúas imaxes entráranlle polos ollos como a instantánea percepción da felicidade absoluta e sen condicións. Levaríaas consigo para sempre. Porque é así como te fastidia a vida. Píllate cando aínda tes a alma adurmiñada e sementa no seu interior unha imaxe, un olor ou un son que despois xa nunca podes sacar de enriba. E aquela era a felicidade. Descóbrelo despois, cando xa é demasiado tarde. E xa es, para sempre, un exiliado: a miles de quilómetros daquela imaxe, daquel son, daquel olor. Á deriva.

Quizais a felicidade é tan fugaz que cando atinamos a descubrila, xa marchou, e non nos queda nada máis por facer que mergullarnos nas lembranzas para esperar que volva. Aínda así, que ben saben eses momentos, esas olladas, aínda que saibamos que non volverán, esa felicidade que foi e estivo sempre nos fará sorrir, e eses sorrisos ninguén pode riscalos, permanecerán no noso interior porque formarán parte das nosas vidas.

Tierras de cristal
Alessandro Baricco
Ed. Anagrama

Os filmes da miña vida (V)

Mi vida sin mí


Se hai unha película fermosamente lírica, triste e esperanzada é esta. Estaba véndoa, e non podía crelo. Non podía crer que existise alguén tan especialmente sensíbel que fose quen de transmitir tanto en tan pouco tempo. Isabel Coixet é dende entón a miña deusa, e todo o que faga sei que vai ser insuperábel. Neste filme crea un precioso alegato ás ganas de vivir cheo de profundidade emocional e beleza artística.
Narra a pouca vida que lle queda a unha doce muller que non puido disfrutar da vida e á que lle queda pouco tempo para facelo; e é entón cando descobre o pracer de vivir todo o que non puido e tentará que a súa familia teña o mellor cando ela non estea.
Coixet abarca unha inconmensurábel disertación sobre o sentimento humano da vida e da morte, da dor e da tenrura, demostrando como a morte pode ser fonte de vida, como as ganas de vivir intensamente poden agromar no epílogo dunha vida apenas comezada.
E non esquecer a magnifíca interpretación de Sarah Polley.

Ahora veo las cosas claramente, veo todas esas vidas y voces prestadas, veo todo lo que no puedo comprar y que ahora ni siquiera quiero tener. Todo seguirá aquí cuando me muera.
Entonces me doy cuenta de que todas las cosas en los llamativos aparadores, todas las modelos de los catálogos, todos los colores, todas las ofertas especiales, todas las recetas de toda la comida grasosa, todo está ahí para alejarnos de la muerte y no funciona.
Nadie piensa en la muerte en el supermercado.
Y yo he descubierto apenas el placer de vivir.

Quiero que sueñen un paraíso para mí, que recuerden las cosas bellas que vivimos juntos.
No lamento la vida que voy a tener porque para entonces ya estaré muerta, y los muertos no sienten nada, ni siquiera arrepentimiento.
Tiempo, esto es lo único que me faltó últimamente.
La vida es mucho mejor de lo que crees.

07/10/07

Salvemos Laxe Brava


Facémonos eco dunha situación inverosímil no país dos desastres, goberne quen goberne. Agora que somos felices ao ver que este verán non houbo case incendios... ¡porque choveu!
Quizais xa escoitastes falar do plano da Xunta de Galicia sobre acuicultura: construír 27 piscifactorías na costa galega, unha delas en Teira, Corrubedo, cunha extensión de 380.000 metros cadrados, é dicir, a máis grande de toda Europa. Como os veciños se negan a vender, a Xunta vai expropiar os terreos, os únicos virxes que quedan no Concello, que resulta ser ademais unha gran zona percebeira.
Se neste litoral tivesen construído casas, hoxe non estariamos perante esta iniciativa: expropiar todo un cabo para cederllo a unha empresa transnacional. Este é o castigo por manter sete quilómetros de costa totalmente libres de edificacións.
Os propios veciños acaban de iniciarse neste mundo blogueiro para nos contar a súa situación. E tamén podedes ler máis en altermundo.org

Viaxes no Scriptorium


Tardei en ler este libro de Paul Auster por medo ás críticas que me chegaban del: que era malísimo, que non parecía del... Pero, por fin, saqueino da mesiña e devoreino en pouco tempo. É, dende logo, un libro completamente diferente ao universo de Auster, pero eu non diría que é malo, simplemente, moi distinto.
A ficción serve para reflexionar sobre as consecuencias da ficción, para incluír a novela dentro da novela, para abordar a vellice, a decrepitude; mesmo para bromear e asustarse coa irresponsabilidade dos creadores de ficción e co porvir caduco que a todos e a todas nos agarda.
É unha novela curta que resulta unha autoanálise dos modos de ficcionar do autor. Unha invitación a visitar o seu obradoiro, o escritorio, onde traballa o autor acompañado das súas pantasmas, as creacións.
Esta obra serve para lembrarnos que é un autor comprometido co seu propio mundo, que supedita as vendas aos seus desacougos persoais en todo momento.



Cun dedo

Se antes vos ensinamos que facer coas mans, podemos ser máis minimalistas aínda.
Isto faise cun dedo:


É bastante sinxelo, paso 1: pechar o dedo índice ou furabolos como na foto.



Paso 2: irar a mano para que o cotobelo apunte cara arriba.


Paso 3: está claro onde hai que focalizar a vista. Só queda pulir a postura dos dedos para que quede o mellor posíbel.



Se o resultado non é moi bo, sempre queda o photoshoping:



Que parvada eh!
Pois aínda que non o creades, centos de persoas mandaron as súas fotos a xenophilia.com e moitas máis entraron a velas.

Coas mans

Se en Mesturas nos "indican" como debuxar, nós queremos facer o mesmo, ensinándolles e ensinándovos o que se poden facer coas mans. Parece que temos tempo para todo, non si? E non me digades que non é unha preciosidade...

Con xente

Hai anuncios onde as persoas conforman bonitas imaxes dinámicas ao velas dende lonxe. Resultan unhas campañas publicitarias ben orixinais que paga a pena traer ata aquí.






nbek

Se aínda non coñecedes nbek aquí vos deixo, ademais da ligazón coa súa páxina, unha mostra do seu traballo de animación: A espía que xurdiu do fillo. A ver que opinades.


Querer ir ao cole...

Tiña moitas ganas de traervos aquí esta curta que o ano pasado foi seleccionada para ir aos Oscars. Seguramente xa a coñecedes case todas e case todos, pero se queda alguén sen vela, recoméndollo encarecidamente, porque paga a pena. É de Javier Fesser, chámase Binta y la gran idea, e foi rodada en Senegal coa axuda de UNICEF; conduce ao espectador ao mundo de Binta, unha nena de sete anos que pon en marcha unha obra de teatro infantil para amosar o desexo da súa curmá de ir ao colexio.

06/10/07

Estudar non sempre é doado


Esta fotografía é de Rebecca Blackwell.

As imaxes amosan un forte contraste: un aeroporto internacional (G'bessi), nun país, Guinea, onse só unha quinta parte da poboación dispoñen de electricidade nas súas casas. Por este motivo, o párking do aeroporto énchese en época de exames de estudantes -tanto de primaria como de secundaria- que buscan un pouco de luz para poder estudar. Algúns explican que normalmente o fan nas súas casas con velas, pero iso é prexudicial para os ollos; outros confesánse afortunados por ter o aeroporto tan preto.
Segundo a ONU, o consumo medio anual de electridade dunha persoa de Guinea equivale a ter prendida unha bombilla durante dous meses. Para que esa cantidade sexa igual á media de, por exemplo, os EEUU, temos que multiplicar por 158.
E todo isto pensando que Guinea foi tradicionalmente un dos países máis ricos en ouro, diamantes e ferro, e ten a metade da reserva mundial de bauxita, o material do que se obtén o aluminio.
Por que será que a riqueza está sempre tan ben repartida?

Tal día coma hoxe...


O 6 de outubro de 1907 Manuel Lugrís Freire, autor homenaxeado o ano pasado no día das Letras Galegas, utilizou por vez primeira a nosa lingua nun acto político, en Betanzos. Foi o primeiro presidente da Real Academia Galega que utilizou o galego nun acto público, nun mitin, acto do Sindicato Solidaridad Gallega, do que tamén foi fundador.

Sempre hai un lugar para a poesía (XXI)

Palabras para Julia

Tú no puedes volver atrás
porque la vida ya te empuja
como un aullido interminable.
Hija mía, es mejor vivir
con la alegría de los hombres,
que llorar ante el muro ciego.
Te sentirás acorralada,
te sentirás perdida o sola,
tal vez querrás no haber nacido.

Yo sé muy bien que te dirán
que la vida no tiene objeto,
que es un asunto desgraciado.
Entonces siempre acuérdate
de lo que un día yo escribí
pensando en ti como ahora pienso.
Un hombre solo, una mujer
así tomados, de uno en uno,
son como polvo, no son nada.

Pero yo cuando te hablo a ti,
cuando te escribo estas palabras,
pienso también en otros hombres.
Tu destino está en los demás,
tu futuro es tu propia vida,
tu dignidad es la de todos.
Otros esperan que resistas,
que les ayude tu alegría,
tu canción entre sus canciones

Entonces siempre acuérdate
de lo que un día yo escribí
pensando en ti como ahora pienso.
Nunca te entregues ni te apartes
junto al camino, nunca digas
no puedo más y aquí me quedo.
La vida es bella, tú verás
como a pesar de los pesares
tendrás amor, tendrás amigos.

Por lo demás no hay elección
y este mundo tal como es
será todo tu patrimonio.
Perdóname, no sé decirte
nada más, pero tú comprende
que yo aún estoy en el camino.
Y siempre siempre acuérdate
de lo que un día yo escribí
pensando en ti como ahora pienso


José Agustín Goytisolo

Podes escoitalo aquí

05/10/07

O prometido é débeda

Hai uns días comentaba algunhas das miñas intencións de traballo en 4º de ESO con moita ilusión. Como parece que o meu doutor non está moi polo labor, espero volver axiña, porque sinceramente é o que máis boto de menos estando de baixa (mágoa non poder sacar a aula do centro para poder ir eu aló). Falaba da miña proposta de lecturas e, ¡horror! dúas persoas que saben moito máis ca min neste mundo pedíronme a súa publicación. E aquí vai, unha primeira aproximación, mentres estudo a súa evolución. Segundo esta, introducirei cambios ou non, dependendo da reflexión que vaia facendo a medida que eles e elas vaian lendo. E é que me daba medo recomendar, por exemplo, a Paul Auster e que a súa madurez non fose suficiente, estragando así a súa lectura no futuro. Os libros que van en negriña son os que están a ler actualmente (iso espero, aínda que eu non estea alí); son, cando menos, os que eles escolleron. Esperarei os vosos comentarios.
  • 1.- Anxos Sumai: Anxos de garda, A Nosa Terra.
  • 2.- Aldous Huxley: Un feliz mundo novo. Xerais
  • 3.- Ray Bradbury: Crónicas marcianas . Xerais
  • 4.- Salinger: O vixía no centeo . Xerais
  • 5.- Aníbal C. Malvar: Unha noite con Carla , Xerais.
  • 6.- Xosé Miranda: Morning Star , Xerais.
  • 7.- M.A. Murado: Ruído. Relatos de guerra , Galaxia.
  • 8.- Gonzalo Navaza: Erros e Tánatos , Xerais.
  • 9.- X. M. Núñez Singala: Mar de fondo , Galaxia
  • 10.-M. Suárez Abel: Sabor a ti , Xerais
  • 11.-Tolkien: O señor dos aneis , Xerais.
  • 12.-Dan Brown: O código Da Vinci , El Aleph.
  • 13.-Edgar Allan Poe: Contos , Tris-Tram.
  • 14.-Jordi Sierra i Fabra: Nun lugar chamado guerra , Galaxia.
  • 15.-Christine Nöstlinger: Horario de clase , Galaxia
  • 16.-Mark Twain: As aventuras de Tom Sawyer . Xerais
  • 17.-Tolkien: O hobbit. Xerais
  • 18.-Edgar Allan Poe: O escaravello de ouro . Xerais
  • 19.-John Steinbeck: A perla . Galaxia
  • 20.-Anna Gavalda: Xuntos e máis nada . Galaxia
  • 21.-Robert Louis Stevenson: A illa do tesouro . Xerais
  • 22.-Bram Stoker: Drácula . Xerais
  • 23.-Patrick Süskind: O perfume . Sotelo Blanco
  • 24.-Susan E. Hinton: Rebeldes . Alfaguara
  • 25.-Ariel e Joaquín Dorfman: A cidade en chamas . Xerais
  • 26.-Andrea Camilleri: A pensión Eva . Galaxia
  • 27.-Antonio Tabucchi: Tristano morre . Galaxia / Afirma Pereira
  • 28.-Jaume Cela: Silencio no corazón. Galaxia
  • 29.-Arthur Conan Doyle: Un estudio en escarlata. Galaxia (ou calquera outro libro deste autor)
  • 30.-Marina Mayoral: Chamábase Luís . Xerais
  • 31.-Gemma Lienas: O diario vermello de Carlota . Galaxia
  • 32.-Domingo Villar: Ollos de auga . Galaxia
  • 33.-Xosé Neira Vilas: Memorias dun neno labrego . Edicións do Castro.
  • 34.-Xavier Alcalá: A nosa cinza . Galaxia
  • 35.-Ana Frank: Diario . Kalandraka
  • 36.-Eduardo Balnco Amor. A esmorga. Galaxia
  • 37.-Hemingway: O vello e o mar. Galaxia
  • 38.-Kafka: A metamorfose. Sotelo Blanco
  • 39.-Kafka: O proceso. Sotelo Blanco
  • 40.-Manuel Rivas: Que me queres, Amor? Galaxia
  • 41.-Unai Elorriaga: Un tranvía cara a SP . Galaxia
  • 42.-Xesús Manuel Valcárcel: O capitán Lobo Negro . Galaxia
  • 43.-Amelie Northomb: Un nome de dicionario . Galaxia
  • 44.-Agatha Christie: Asasinato no Orient Express / Asasinato de Roger Ackroyd / Cianuro espumoso / Dez negriños . Galaxia
  • 45.-Fiodor Dostoievski: Crime e castigo . Galaxia
  • 46.-Charles Dickens: Oliver Twist. Galaxia
  • 47.-Jean Philippe Toussaint: Fuxir. Galaxia
  • 48.-María Reimóndez: O club da calceta . Xerais
  • 49.-Pasqual Alapont: O inferno de Marta . Xerais
  • 50.-George Orwel: A revolta dos animais . Positivas
  • 51.-Camus: O estranxeiro. Edicións do Cumio
  • 52.-Herman Hesse: Baixo as rodas / / Siddartha. Galaxia
  • 53.-Hoffmann: Contos . Tris Tram

Como vexo a botella?

Moi emotivo, en Brétemas hai un post titulado "Vivamos como galegos", onde nos di textualmente "Ver este vídeo publicitario de Gadis na televisión é emocionante. "A xente non é fea, é riquiña!" Unha auténtica marabilla! Pásao!"!
Pois ben, imos ver o vídeo, onde contemplamos a nosa Galicia chea de tópicos topicalis, onde por suposto, a xente non "é fea, é riquiña" (será que ghuapos non somos nunca?), e onde seica chove diario (hoxe vai un sol de carallo...)
O que máis me conmove é, desde logo, o idioma no que está feito o anuncio. Porque si, señores e señoras, está feito en GALEGO. Incrible! Gadis utiliza a nosa lingua! Será que ando un pouco trastornada ultimamente, pero... vou todos os días ao Gadis (está moi preto da miña casa) e nunca vin nada alí en galego: ningún anuncio, ningún carteliño que indica a sección á que te debes dirixir, ningunha propagando na caixa do correo... todo o contrario do que ocorre en Eroski, super non-galego pero que utiliza a nosa lingua sempre. Será porque son de fóra polo que están máis concienciados...
Supoño que non son moi optimista ultimamente (ao contrario do que nos di o anuncio, que mala galega son!) e vexo todo moi neghro. Será que veño de contestar a Charo por unha cuestión lingüística... non sei, aí volo deixo e espero que vós me digades se estou equivocada. Sería todo un pracer ver a botella medio chea!:


Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.