Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

05/05/10

Quest

Achégase o Mundial de Fútbol 2010 e a publicidade aproveita. Coca Cola crea este anuncio, Quest, dirixido por Edouard Salier e animado no estudo francés Digital District.

Coke Quest from Paranoid US on Vimeo.


Vía

Si decido quedarme

O outro día unha amiga, que estaba a pasar unha crise familiar, pediume que lle prestase libros alegres, para esquecer. Non creades que foi fácil. Outro compañeiro lembroume que sempre lle recomendo libros tristes. Non me dera conta. E agora, despois de chorar como unha toliña con este, doume conta de que, efectivamente, adoita suceder así. Pero non porque eu os recomende, creo, senón porque a maior parte dos libros contan situacións tristes, desas que non queremos vivir no noso día a día, desas que desexamos que non nos toquen a nós.
Cando menos, iso sucede con este libro. Si decido quedarme de Gayle Forman vai dunha difícil toma de decisión. Non podo contar nada, porque o pouco que puidese dicir sería como desvelar o libro, e nunca é esa a miña intención. Podo dicir, si, que está en primeira persoa, que o libro transcorre nun só día fraccionando o presente con lembranzas do pasado, e que a música predomina nas súas páxinas. O Amor é, creo, a parte esencial da novela, quen procurará a elección da protagonista.
Se o ledes, non esquezades ter un pano ao voso carón. Faravos falla.
Edita Salamandra.


Esperanza

A segregación sexual en Arabia Saudí, onde homes e mulleres non poden mesturarse se non teñen algún vínculo familiar, está a ser cuestionada polas novas xeracións, e son cada vez máis as mozas que se negan a agochar a súa facer tras o niqab.
Esta foto, na que aparece o rei Abdalá de Arabia Saudí e o seu herdeiro, o príncipe Sultán, xunto a un grupo de mulleres coa cara descuberta -case todas-, crea un pequeno indicio de esperanza. Os sectores fundamentalistas, por suposto, descontentos.



Vía

04/05/10

En vivo e en directo

A marca de lencería feminina Marisa, campaña publicitaria machista en vivo e en directo:



Vía

Carmen Martín Gaite

Non coñecía esta colección de "Violeta Infantil. Biografías" adicada a mulleres que aunaron vidas valentes con obras imperecedoiras. Arestora estou ante un fermoso libro bilingüe que conta a vida de Carmen Martín Gaite. O subtítulo é A la aventura subida en una pluma, e quen asina é Luisa Antolín acompañada das ilustracións de Juan Manuel Santomé. A editorial: Hotel papel.
Carmiña é a protagonista desta aventura que é convertida así nunha heroína para os nenos e as nenas que se acheguen a este libro. Carmiña é unha nena que sobre todo ama a palabra escrita, que é quen de inventar palabras que lle fan falla mentres que se van rompendo tópicos sobre as mulleres-princesa que non o son. Un xeito de educar en igualdade moi afortunado.

"Un día, me encontré con Carmen Martín Gaite, que iba cantando por las calles de Nueva York con Caperucita y la señora Miss Lunatic, la maga de la libertad.“Miranfú” me susurró al oído. Era una palabra mágica que sólo ella conocía porque Carmiña – que así la llamaban quienes la querían – se inventaba palabras y también otras cosas, como la Isla de Bergai, un sitio donde puedes ir con solo cerrar los ojos cuando sientas que no te quieren mucho o que no te entienden muy bien. Desde aquel día, voy de la mano de las palabras. Con ellas, el mundo es más grande y más divertido. Si quieres, puedes venir con nosotras a descubrir el Reino de la Libertad. Sólo hay una condición: que no tengas miedo a la aventura.


Dunas de agua



Javier Sobrino escribe e Alfonso Ruano ilustra este fermoso álbum, Dunas de agua, que nos transporta ás áridas terras do deserto para nos falar dunha nena que soña ver o mar, un libro que fala de soños e esperanzas mesturados de area e auga. Un fermoso e doce relato para viaxar ás durnas do deserto da mans das estupendas e fermosas ilustracións que acompañan ao poético texto deste libro. Toda unha dozura de lectura.



El palacio de los cuatro tesoros


El palacio de los cuatro tesoros. Un cuento de la Alhambra está escrito por Antonio R. Almodóvar e ilustrado por Federio Delicado. Un álbum ilustrado que é toda unha homenaxe á Alhambra, destacando por riba do todo as fermosísimas ilustracións. Unha nena ten un encontro onírico con Ahmed, un nobre da corte de Babdil, quen a guía polos segredos da Alhambra para atopar un tesouro. Un lugar que semella o Paraíso... ou é que o é en realidade?




Get Back

Este vídeo é unha reliquia dos anos 60.
Din que a letra desta canción, que manda a alguén volver ao lugar de onde veu, foi escrita por Paul McCartney en homenaxe indirecta a Yoko Ono. O vídeo amosa a gravación no estudo e aprécianse algunhas miradas que quizais digan moito.
O vídeo foi encontrado entre os cascallos da antiga compañía de gravación dos Beatles (Abbey Road Studios) e amosa a sesión de gravación desta canción (Get Back) xa no crepúsculo do grupo.
Vense dous artistas arestora consagrados:
- Participando no teclado, o gran pianista afroamericano Billy Preston.
- Asistindo á gravación, o líder dun grupo que comezaba a ter éxito como substituto natural dos Beatles: Mick Jagger.


03/05/10

Onde as venden?

Eu quero unha así!!!


La librería

Sempre quixen ter unha libraría. Será que o meu amor polos libros naceu moi cedo, será que na vila pequerrecha onde eu vivía -e vivo- non había moitas oportunidades, lémbrome desde cativa alí, ollando libros, lendo e, mesmo, recomendando. Para a dona debía ser unha especie de apósito que se lle instalaba alí, pero o certo é que se acostumou a pedirme axuda á hora de mercar e vender libros.
Por iso, cando a miña amiga Luz me fixo chegar o seu último envío de libros collín este de primeiro; un libro que ademais estaba dobremente sinalado na miña lista particular de compras futuras.
Un libro que trata dunha muller que quere pór unha libraría! Que pouco feminino! Penelope Fitzgerald escribe en La librería sobre as dificultades que unha señora debe atravesar para innovar nunha vila inglesa de mediados de século pasado, unha vila que pouco a pouco conseguirá derrubar os seus soños. Se amades os libros esta novela encantaravos, xa que estes son os protagonistas mudos da novela. Uns protagonistas que serán catalogados segundo a propia inexperiencia da propietaria libreira. E que deberá preguntar se Lolita é unha boa novela para vender alí!
Unha novela que se deixa ler esvarando entre as súas palabras, con dozura, con sabedoría, con bo ritmo e poucos sobresaltos, cun lene sorriso e un moito cariño. Dá mágoa rematar a súa lectura tan axiña, porque o sabor de boca que deixa é impagable. Unha lectura sobre o fomento da lectura que tantas dores de cabeza nos dá.
Editado por Impedimenta.

Dia Europeo da Ópera en Pamplona

Que sorte! Estar nun café e celebrar así o Día da Ópera... (fixádevos que local!)

Dereitos iguais

El mismo amor, los mismos derechos from Inadi on Vimeo.

02/05/10

Un regalo del cielo




O
escritor Gustavo Martín Garzo e a ilustradora Elena Odriozola fannos un agasallo especial con este libro: Un regalo del cielo. Dúas mamás moi diferentes, unha humana e outra ovella, que perden os seus filliños pero non o seu sentido da maternidade, sabendo que o corazón é moi grande, polo que se pode amar a moitas persoas. Moi apropiado para ler nun día coma o de hoxe, por exemplo, aínda que sexa atemporal.


9

Hai tempo que non poñiamos unha das curtas do noso festival debido a outras actividades. Hoxe deixámosvos esta de Shane Acker:

A imposición do galego: ¿mito ou realidade?

Onte asistín en Santiago a unha mesa redonda sobre a situación actual da lingua galega; nela participaban Francisco Castro, Alexandre Vázquez Lorenzo, presidente da Mocidade pola Normalización Lingüística, Manuel Núñez Singala, autor de En galego, por que non?, e Henrique Monteagudo, autor de As razóns do galego.

Temos moitas razón para loitar contra a senrazón. A supervivencia dunha lingua depende das persoas. Ninguén que reflexione minimamente pode crer que hai imposición do galego, pero... por que a xente o cre?, como combatelo? As mentiras son simples: o castelán indentíficase coa liberdade. Pero galego e castelán non son iguais. Pero arestora non deberiamos falar de escoller, xa que non é preciso escoller: temos dúas linguas e o dereitos a expresármonos en ambas.

O futuro da lingua está coa xente nova, que terá máis dificultades para desenvolver a súa vida en galego. O futuro do noso idioma está garantido ata o 2050 con datos sociolingüísticos. De alí en adiante... depende. A lingua non é un fenómeno dun individuo, posto que falar significa dialogar. A lingua é o elemento fundamental da nosa identidade, é moito máis ca un instrumento de comunicación.


Non á violencia contra as mulleres (CXLIV)

Como non vexo moito a tele non adoito ver certas cousas que alí ocorren. Avisáronme disto cando sucedeu, e gardeino, tamén, como acostumo facer coas cousas que quero publicar máis adiante... Xa que esta é unha publicación dominical, aquí estou, tentando lembrar se sei en que acabou a historia. Pero, mellor, comezo polo principio.
Había unha programa na tele chamado "Xeración Ni-ni": xente que non sabe o que é facer nada. O programa seica pretendía un experimento educativo con mozos e mozas que presentan alarmantes rasgos de inadaptación, ignorancia, vagancia e mesmo violencia, pechándoos para gravar o seu comportamento, co obxectivo de reeducalos.
As cámaras gravaron unha agresión sexual de varios mozos sobre unha rapaza, mentres outros rin. En teoría, segundo a lei, unha pena de 4 a 10 anos se isto ocorre fóra das cámaras televisivas. Posteriormente, os educadores afean esta conduta mentres eles, sen perder o sorriso, aseguran avergoñarse. E punto final, que eu saiba.
A min resultoume moi duro velo, a ver que opinades vós. Que é máis intolerable? A agresión? As cámaras? A actitude posterior? O papel dos educadores?




Un detalle máis cínico: emitido o 8 de marzo, Día internacional da Muller.

01/05/10

Sempre hai un lugar para a poesía (LXXVII)

As autoridades israelís deportan ao 'clown' galego Iván Prado


As autoridades israelís deportaron a primeira hora deste martes ao clown galego Iván Prado, director do Festiclown en Galicia durante os últimos dez anos e do colectivo Pallasos en Rebeldía. O artista viaxaba acompañado por unha compañeira para organizar o Festiclown 2010 que se vai desenvolver en outubro deste ano en Cisxordania, nos Territorios Ocupados de Palestina. O evento ten coma obxectivo aliviar cun espectáculo de pallasos as penurias dos nenos que sofren diariamente a brutalidade da ocupación.

Ambos os dous aterraron na tarde do luns en Tel Aviv a bordo dun avión da compañía israelí El Al. No control de pasaportes do aeroporto israelí foron interceptados por varios axentes que os conduciron a un cuarto na área de tránsito do aeródromo. A seguridade do aeroporto de Ben Gurión interrogounos durante seis horas ao atopar "sospeitoso" que a súa compañeira de viaxe tivese un apelido árabe. Durante este tempo, a policía retiroulles os seus pasaportes e cacheounos até en tres ocasións. Por volta da medianoite do luns, foron trasladados a un centro de internamento para inmigrantes fóra do recinto aeroportuario preto de Tel Aviv, onde permaneceron retidos en celas invididuais durante seis horas. Logo, foron devoltos ao aeroporto para embarcar rumbo a España. As autoridades israelís aduciron que a súa deportación débese a "razóns de seguridade".

Á súa chegada ao aeroporto de Barajas, Iván Prado tentou interpoñer unha denuncia pola súa deportación, que non foi admitida polos axentes da comisaria do aeródromo. A expulsión en Israel impide a entrada durante cinco anos. O país hebreo é a única porta de entrada tanto a Cisxordania coma a Gaza.

A expulsión do clown galego prodúcese días despois de que o ministro de Exteriores español, Miguel Ángel Moratinos, pedise explicacións ao seu homólogo, o ultradereitista Avigdor Lieberman, pola aprobación da lei do 13 de abril que permite a deportación en masa de palestinos e estranxeiros dos Territorios Ocupados por ordes militares. Moratinos tamén instou a Lieberman a que permita traballar aos cooperantes estranxeiros, aos que só se lles concede visado de turista, polo que se ven obrigados cada tres meses a deixar o país e volver entrar para renovar as súas visas. A súa admisión é discrecional e depende habitualmente do criterio da policía de fronteiras ou da seguridade do aeroporto de Tel Aviv. A nova lei militar dá carta branca ao Exército israelí para deportar os traballadores humanitarios en Cisxordania.

Máis información aquí.

Primeiro de Maio de 1886

Félix Soria conta no seu blogue a tráxica historia que hai tras a orixe do Día Internacional do Traballo:


Durante los últimos años de la década de 1870, una organización denominada Noble Orden de los Caballeros del Trabajo (NOCT) cobró notable influencia en los barrios obreros de la ciudad de Chicago, sobre todo en el extrarradio, donde se habían levantado cientos de casetas, barracas y otras infraviviendas en las que se hacinaban miles de campesinos sin tierra llegados del centro del país, familias enteras empobrecidas y hambientas que en su mayoría hallaban trabajo en la pujante metrópoli de los Grandes Lagos.
Los caballeros, entre cuyos dirigentes eran mayoría los militantes de la Federación Americana del Trabajo [American Federation of Labour, de ahí que los miembros de la AFL fueran conocidos como los laboristas], se ganaron el aprecio y el respeto de miles de personas debido a sus comentarios, a los valores que preconizaban en sus charlas y arengas, así como por el apoyo que se prestaban entre ellos y a los asalariados que estaban en apuros o caían enfermos, a los que habían sido despedidos o a los que sufrían algún tipo de sanción o castigo por parte de los empresarios.
En los debates que acostumbraban a suscitarse en los actos y reuniones que convocaba la NOCT, casi siempre destacaba un asunto: las largas jornadas laborales que cubrían los trabajadores en los tajos y en las fábricas: 10, 12, 14 y en numerosas ocasiones hasta ¡más de 24 horas!, con breves descansos de media hora o una hora para echar una cabezada y reponerse.
Así, tras años de penurias y abusos crecientes, en la primavera de 1886 y cumpliendo el mandato aprobado en el cuarto congreso de la AFL celebrado dos años antes, los laboristas de Chicago celebraron varias reuniones, establecieron contacto con otros colectivos y convocaron una marcha para cumplir la promesa que se autoimpusieron en 1884 y recordar a los empresarios y a las autoridades que a partir del 1 de mayo la jornada laboral ordinaria sería de 8 horas diarias, so pena de ir a la huelga indefinida.
Durante las jornadas previas al día 1, tanto la AFL como los empresarios llevaron a cabo sendas campañas; los primeros intentaban convencer al mayor número posible de asalariados de que se sumaran al llamamiento, en tanto que la mayoría de los segundos amenazaban con despidos masivos e incluso con el cierre de fábricas; es decir, un cierre patronal que, para colmo y de forma premonitoria, en algunos casos era anunciado como paso previo a la deslocalización de la fábrica.
Para sorpresa de todos --también de los convocantes-- a la marcha por las 8 horas acudieron en torno a 75.000 personas, que pasearon por las principales calles de la ciudad anunciando la jornada laboral de 8 horas diarias. Por si fuera poco, en Chicago y sus alrededores más de 150.000 trabajadores se declararon en huelga y lo que es más importante, en torno al 30% de empresas aceptaron la propuesta e instauraron la jornada de 8 horas.
[En la mayoría de empresas las 8 horas apenas se mantuvieron una semana --más adelante se verán las causas-- y al paso de un mes todos los empresarios volvieron a imponer jornadas de 10 o más horas]
En un encuentro con los laboristas previo al día 1, los anarquistas se habían negado a participar en la convocatoria alegando que desde su punto de vista lo procedente era exigir la ilegalización de la propiedad privada de los medios de producción y la abolición del trabajo asalariado, añadiendo que solicitudes como la de limitar el horario solo servían para paliar males, no para solucionarlos. Sin embargo, el seguimiento de la convocatoria fue tal que el día 2 de mayo se sumaron al movimiento, cuyo líder más significado era el laborista Albert Parsons.
El día 2, seguros del éxito tras el alto grado de participación de la jornada anterior y con el valioso apoyo de los ácratas, las huelgas prosiguieron, se extendieron --incluso a otras ciudades de EE. UU.-- y en Chicago se celebraron decenas de reuniones y mítines.
Primera matanza, en McCormick
El día 3, el anarquista August Spies pronunció una arenga ante unos 5.000 huelguistas y propuso acudir en masa a la planta industrial McCormick, fabricante de maquinaria agrícola, cuyos trabajadores estaban en huelga desde hacía tres meses porque el propietario había decidido restarles parte del salario para financiar la construcción de una iglesia. Pero McCormick contrató guardas de seguridad y esquiroles, logrando mantener un notable ritmo de producción; motivo por el que la intención de los cientos de huelguistas que siguieron el llamamiento de Spies era lógica y más que previsible: paralizar la industria.
Ya delante del portón de acceso a McCormick, Spies volvió a tomar la palabra, minutos después sonó la sirena de la fábrica y cuando salieron los rompehuelgas contratados se desató una batalla campal. Inesperadamente, compareció una compañía de la policía que, nada más llegar y sin previo aviso, disparó contra las filas de los manifetantes, causando un número indeterminado de heridos (las cifras que se barajaron y de las que queda cnstancia van de los 40 a los 90) y 6 muertos.
Segunda matanza, en Haymarket Square
Apenas dos horas después, varios trabajadores del periódico Arbeiter Zeitung editaron y repartieron por la ciudad miles de octavillas informando de la masacre. La frase inicial de la octavilla era esta: “Trabajadores, la guerra de clases se ha iniciado”. El texto finalziaba así: “¡Tened coraje, esclavos, levantaos!”, y figuraba un llamamiento para acudir a las siete y media de la tarde del día siguiente a una concentración de protesta en el parque de Haymarket Square.
El alcalde de Chicago asumió su cuota de responsabilidad por la actuación policial en los incidentes de McCormick y autorizó la concentración para evitar males mayores. Es más, el regidor acudió a la cita y escuchó a los oradores.
[Las crónicas no coinciden y la cifra de reunidos varía desde los 18.000 hasta los 25.000].
El acto terminó poco después de las nueve de la noche. Un cuarto de hora después de finalizar el último parlamento, el inspector jefe de policía John Bonfield consideró que los asistentes tardaban demasiado en abandonar el parque y ordenó a los 180 agentes --¡que habían acudido para evitar desordenes!-- que cargaran contra los reunidos. Apenas un par de minutos después de iniciarse la refriega estalló una bomba lanzada contra la policía, causando la muerte a un oficial e hiriendo a media docena de agentes, cuyos compañeros echaron mano de las armas de fuego y dispararon a bulto.
Pese a que se intentó, nunca fue posible establecer el número exacto de muertos y heridos. [Tomando como base tres fuentes distintas, cabe apuntar que hubo 40 muertos y 250 heridos de mayor o menor gravedad]
Las autoridades declararon el estado de sitio. En los días sucesivos se efectuaron decenas de registros y la policía dijo haber descubierto varios arsenales que guardaban desde revólveres hasta ametralladoras, también se anunció el hallazgo de una fábrica de bombas y otra ¡torpedos submarinos!, varios refugios subterráneos e incluso pasadizos entre inmuebles… En resumen, las autoridades alimentaron la patraña de que habían logrado desmantelar los preparativos de una insurrección armada.
¿Quiénes cree usted que eran los peligrosos instigadores de esa revolución? ¡Por supuesto, los anarquistas!, no en vano constituían el colectivo obrero mejor organizado y el que en más ocasiones había recurrido a la violencia para defender sus actos y manifestaciones; amén de haber propinado palizas a esquiroles y a varios empresarios que trataban a sus trabajadores cual esclavos.
Tercera matanza, la de la Justicia
El 21 de junio de ese mismo año, sin instrucción regular e incumpliendo numerosos preceptos procesales, 8 de los 31 anarquistas inicialmente acusados fueron juzgados por todos los delitos que usted pueda imaginar. Tres de los reos fueron condenados a largas penas de prisión y los otros cinco, a morir ahorcados.
Los ocho mártires de Chicago, así fueron bautizados y así son históricamente conocidos, fueron:
Engel, Georg (50 años, alemán, tipógrafo), condenado a la horca;
Fielden, Samuel (39 años, inglés, obrero del textil), cadena perpetua;
Fischer, Adolf (30 años, alemán, periodista) a la horca;
Linng, Louis (22 años, alemán, carpintero), a la horca (se suicidó en su celda antes de ser ejecutada la sentencia);
Neebe, Oscar (36 años, estadounidense, agente comercial), quince años de trabajos forzados;
Parsons, Albert (39 años, estadounidense, periodista), a la horca;
Schwab, Michael (33 años, alemán, tipógrafo), cadena perpetua, y
Spies, Auguste (31 años, alemán, periodista), a la horca,
El juicio y las condenas provocaron un escándalo de alcance internacional, sobre todo en Alemania, pues cinco de los ocho condenados eran ciudadanos germanos; otro era inglés y sólo dos, estadounidenses.
Tres años más tarde, el primer congreso de la Internacional Socialista, en París, decidió celebrar el Día de la Solidaridad Internacional --tal es la denominación original-- todos los Primero de Mayo; más tarde pasó a denominarse Día Internacional de la Clase Trabajadora y, más recientemente, Día de los Trabajadores. [Durante la dictadura franquista, en España la denominación oficial era Día del Trabajo]. Sin embargo, en Norteamérica --incluido Canadá-- el 1 de mayo se celebra el Día de la Ley.
Siete años después de dictar sentencia, el juicio fue oficialmente declarado nulo y los tres encarcelados fueron liberados.



Fermosura natural

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.