Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/07/10

Sempre hai un lugar para a poesía (LXXIX)

Novamente, a miña querida Andrea mándame unha recomendación poética. Vexo que vai madurando en gustos e que vai abrindo xanelas. Que alegría me dá!!!

Palabra muerta, palabra perdida. Ángel González

Mi memoria conserva apenas solo
el eco vacilante de su alta melodía:
lamento de metal, rumor de alambre,
voz de junco, también
latido, vena.
Recuerdo claramente su erre temblorosa,
su estremecida erre suspendida
sobre un abismo de silencio y ámbar,
desprendiéndose casi
de la música oscura que por detrás la asía,
defendiéndose apenas
del cálido misterio que la alzaba en el aire
creando un solo cuerpo de luz y de belleza.
Luminosa y precisa,
yo la sentía en mi ser profundamente,
sabía su sentido,
descifraba sin llanto su mensaje,
porque acaso ella fuese
-o sin acaso: cierto-
la única palabra irrefrenable
que mi sangre entendía y pronunciaba:
una palabra para estar seguro,
talismán infalible
significando aquello que nombraba.
Como un perfume que lo explica todo,
como una luz inesperada,
su presencia de viento y melodía
hería los sentidos, golpeaba
el corazón,
estremecía la carne
con el presentimiento verdadero
de la honda realidad que descubría.
Pronunciarla despacio equivalía
a ver, a amar, a acariciar un cuerpo,
a oler el mar, a oír la primavera,
a morder una fruta de piel dulce.
Todo ocurría así, hasta que un día
la dije bien, y no entendí su cántico.
La grité clara, la repetí dura,
y esperé ávidamente,
y percibí, lejano,
un eco inexplicable, infiel
reflejo
que en vez de iluminar, oscurecía,
que en vez de revelar, cubrió de tierra
la imprecisa nostalgia de su antiguo mensaje.
Cuando un nombre no nombra, y se vacía,
desvanece también, destruye, mata
la realidad que intenta su designio.


Grazas, miña querida nena.

30/07/10

Que fan os libros mentres ninguén os le?

Recollo esta entrada tal cal está en Libreros:


"Entre los libros y yo la batalla ha sido ruda. Oficialmente, nos amábamos. Era sabido que nos prestábamos un servicio mutuo: yo les hacía publicidad y ellos me daban de qué vivir. De puertas para afuera, nuestras relaciones eran excelentes: yo les abría mi puerta con cortesía, cordialidad e incluso, a menudo, con afecto, y ellos se dejaban manipular, abrir, romper, leer, sin rebelarse nunca. Para todo el mundo, el libro y yo formamos un dúo de viejos cómplices con caracteres complementarios. Pero la verdad era otra.

Los libros son implacables invasores. Con cara de nada, con una paciencia infinita y siempre más numerosos, se vuelven dueños de los lugares. Pronto consiguen desbordar las bibliotecas en las que se les ha otorgado residencia. Como las multitudes de caracoles en las novelas de Patricia Highsmith, escalan los muros, suben hasta los techos, se instalan sobre las chimeneas, las mesas, los canapés, se fijan en las intersecciones, penetran en los armarios, las cómodas y los cofres y, cuando moran en tierra, proliferan sobre la alfombra o sobre la madera en pilas inestables y arrogantes. Ninguna habitación está prohibida a los libros. Ninguna les repugna. Los que no han podido acceder al salón, la oficina o la habitación se contentan con los baños, con el estudio, con los corredores o incluso con el san alejo por el cual transitan las papas, los tarros de mermelada, el vino etiquetado, la aspiradora y las pelotas de lana para tejer. Cohabitan con las arañas. No tienen alergia al polvo. Agrupados, apretados los unos contra los otros, tienen la estabilidad y la perseverancia de menhires. En otros tiempos, los ratones los roían pero, ante la proliferación de carátulas duras, casi todos han renunciado. Los ratones son la prueba de que una demasiado grande acumulación de impreso puede desmotivar. Con el paso del tiempo, los libros se han convertido en feroces colonizadores. Roban espacio sin cesar y su voracidad se revela tanto más eficaz cuanto que es silenciosa y que sus movimientos lentos y usurpadores se hacen bajo la cobertura tranquilizante de la cultura y con la bendición de los profesores. La verdadera ambición de los libros es la de expulsar a los hombres de las bibliotecas y de sus casas y ocupar todo el territorio para su grandioso y solitario goce.
Hace más de quince años, los libros han decidido –¿por qué yo?, ¿tengo una cabeza de colonizado?, ¿una reputación de ciudadano dócil?– hacerse dueños de mi apartamento y de mi casa de campo. Entonces, bajo el pretexto de una emisión de televisión semanal y de una revista mensual, han comenzado a invadirme. Después, no hay día (fuera de los domingos y los feriados) que no se introduzcan en mi domicilio, individualmente o agrupados, llevados por el cartero o por mensajeros, ofrecidos, a mi disposición, serviles.
Pero yo conocía sus triquiñuelas. Y me defendí. Para no quedar sumergido, me impuse la disciplina de eliminar unos cada día, sobre todo los domingos y días feriados, cuando los invasores hacen la tregua. Es cobarde, lo reconozco, pero ante un peligro tan grande el respeto del código del honor habría sido suicida. Cerca de la puerta de salida hacía pilas, que partían a casas de parientes, amigos, bibliotecas, etc., donde continuarían su invasión silenciosa e hipócrita."

Autor:
Bernard Pivot
Traductor
Luis H. Aristizábal

Mecano en Mercadona!


Activistas da PAPPS (Plataforma de Apoio Político ao Pobo Saharaui) e colaboradores entran en diferentes Mercadonas e organizan un musical para denunciar que as latas de conservas de pescado de Hacendado (a súa marca branca) procede das augas do territorio do Sáhara Occidental, ocupado ilegalmente por Marrocos.
Segundo a legalidade internacional, un país ocupante non pode aproveitarse dos recursos naturais do país ocupado. Por tanto, os produtos do Sáhara Occidental que son exportados por Marrocos son produtos roubados ao pobo saharaui, un pobo dividido dende hai 35 anos entre campamentos de refuxiados e territorios ocupados.
O grupo empresarial gallego JEALSA, composto por máis de 21 empresas, comercializa en España as marcas de conservas RIANXEIRA e ESCURIS. Jealsa está asociada coa empresa marroquí­ Dr Lhoucine DERHEM. Esta asociación, denominada DAMSA, posúe en El Aaiún, Sáhara Occidental, unha fábrica especializada en conservas de pescado, cunha produción de máis de 33 millóns de latas. ESCURIS tamén distribúe os seus produtos a través da marca branca "Hacendado" dos supermercados "Mercadona".
Como consumidores debemos saber este tipo de informacións e conseguir cambios de políticas





Podes ir a esta páxina para asinar. Ou escribir a túa opinión no Facebook:


29/07/10

Bailando turf baixo a choiva

Creación de Yak, produtora alternativa de Oakland, integrada por creadores de varios países. Dirixida por Yoram Savion, con música de Erk tha Jerk.





Vía Mangas verdes

Vítimas invisibles

Cada ano, miles de persoas cruzan México como migrantes irregulares, levando con eles a esperanza dunha nova vida en Estados Unidos. Foxen da inseguridade e a absoluta miseria que deixan nos seus países. Son vítimas invisibles.


28/07/10

Alguén o dubidaba?

Chegoume ao correo baixo o título: Por que as mulleres dirixirán o mundo?



Vanakkam Benvidas

Cando estivemos con María Reimóndez en Vigo para falarmos do Club da calceta co club de lectura, falounos deste libro: Vanakkam Benvidas, editado pola súa ONG, Implicadas no Desenvolvemento. Un libro que, tal como afirman na introdución, é un tributo; un tributo á poesía, un tributo á muller, un tributo ás voces femininas galegas e támiles.
Resultoume apaixoante coñecer estas últimas voces, das que nada sabía... nin da súa existencia! Unhas voces que rachan cos estereotipos porque son liberadoras, porque nos falan coma se fosemos nós. Porque reinvidican liberdade e igualdade, mesmo soidade.
Coa introdución aprendemos que "o támil comeza a súa andaina literaria hai máis de dous mil anos. (...) a presenza de Andal é do século X, transgresora que rompeu a distancia entre o deus e as mulleres. (...) Os poemas de Kutti Revathi ou de Sukirtharani amosan como souberon arrepoñerse dende o feminismo a unha sociedade que durante séculos atou o seu corpo á honra, ao deber, á castidade ou ao seu valor complementario, a prostitución. Salma desfai a idea da familia e fala do contrato matrimonial..."
Déixovos uns versos desas autoras támiles descoñecidas, lembrándovos que neste libro atoparedes as voces poderosas dalgunhas das nosas máis importantes poetas: Marilar Aleixandre, Marta Dacosta, Yolanda Castaño, Yolanda López, María do Carme Kruckenberg, María Reimóndez e Chus Pato.
E se che amarga ler... escoitas os poemas no CD, que máis queres?

Cada día, no dormitorio
estas son as primeiras palabras que me saúdan:
"Daquela que tes hoxe?"
moitas veces
son tamén
as que me despiden.
Dende un milleiro de estrelas cintilantes
dedos acusadores sinálanme como puta
-unha vez máis-
e ps consellos flotan na noite tremente.
O miañar dunha gata coma un neno
incapaz de dar de comer á camada
cólleme polas entrañas.
Ti tamén
pode que teñas as túas queixas
mais o Tempo e a nosa historia
deixan claro
cal é o meu lugar agora:
Recibir un algo de amor
-por turbio que sexa-
de ti


Se non fose un conforto
de prez discutible,
inmediatez ou impostura
con máis altas aspiracións.
Se non fose unha cousa,
se non fose unha carga,
acceso directo a
información privilexiada.
Se non fose o abraio
dunha política colonialista.
Se non fose debilidade
pero sobre todo indelebilidade,
eu tamén
me deitaría contigo.

Campaña Roupa Limpa

Se non coñecedes esta campaña, achegádevos a esta páxina: www.ropalimpia.org. Solidariedade con esoutro mundo que tece baixo condicións indignas mentres @s occidentais presumimos coa roupa que saíu das súas mans.
Destacamos este vídeo que realizaron as traballadoras de Tánger, unha reportaxe realizada polas propias traballadoras nunha pausa -breve- que teñen para comer.
Attawassol é unha asociación de mulleres da cidade de Tánger, en Marrocos, que traballa coa Campaña Roupa Limpa, coordinada por SETEM en España, desde hai preto de 10 anos. A maioría das compoñentes son obreiras de fábricas de confección que producen para os mercados internacionais e que comparten na asociación un espazo de formación, de relación e de creación de redes sociais.





Iso si, o das linguas que aparecen na parte superior... teñen que melloralo. Por que é o catalán o favorecido sempre?

27/07/10

O agasallo

"The Gift" é unha curta publicitaria: historia de ciencia ficción ambientada en Rusia onde conviven humanos e robots. Estes son os encargados de protexer unha caixa que contén un elemento con extraordinarios poderes. A campaña publicitaria é para Phillips Cinema e Ridley Scott Associates.




Vía Más que libros

Menú de enganos

Gústame este escritor. Gústame o seu sentido do humor, a súa retranca e gústame -en xeral, como escribe-. Xa falamos aquí de Comedia bífida e do xenial Mar de fondo: volvo reiterar que está inxustamente tratada pola editorial Galaxia, porque é, ao meu xuízo, unha moi boa novela que merecería unha mellor edición.
Manuel Núñez Singala presenta agora Menú de enganos, un libro que presenta unha gran tacha: engorda. Si, si, tal como o oídes. Engorda porque cando un abre o libro e ve o Menú (entrantes, primeiro plato, segundo plato, sobremesa) e un escolle e comeza a ler, percátase de que os quere comer absolutamente todos, así que maxinada o sobrepeso despois de tan opulenta comida.
Boísimo, a verdade. Creo que pode dar moito xogo, ademais, para un club de lectura, polas súa dobres interpretacións e polos xogos reais que trata. Recoméndovolo de verdade.

Inculturación

Alí parados os tres na espera do verde dun semáforo aparentaban unha posición acomodada: ela ía vestidade domingo, con tacóns, unhas mechas discretas no cabelo e a estola de pel; el, acabado de afeitar, de traxe azul escuroe gravata a listas, co xornal fresco baixo o brazo. A nena, catro anos, con marcados trazos orientais, levaba un traxe de galega moi “riquiño”. De fondo escoitábase a banda municipal tocando “Negra Sombra”.

Ela, asegurando o ganchete do seu marido, díxolle:

-Así que la niña te sea un poco más mayor, quiero que valla aprender chino.

-¿Y luego para que? -preguntoulle el.

-¿Para que va ser?, para no privarla de su cultura.


Calquera tipo de violencia

As palabras tamén son golpes:


26/07/10

Terra Berger

O pasado 30 de xuño celebrouse na antiga prisión provincial da Coruña unha Recital Homenaxe a John Berger co gallo da exposición FROMITO J de Isabel Coixet. O grupo Berrogüetto coñecido pola súa reivindicación social, comparte co escritor a súa visión polos oprimidos, plasmada ao longo da súa traxectoria.
Terra Berger é unha iniciativa na que os escritores galegos Xoán Abeleira, Rosa Aneiros, Lupe Gómez, Xavier Seoane, Manuel Rivas, Yolanda Castaño e Cesáreo Sánchez, xunto a Berrogüetto renden tributo a esta figura das letras. Concibido como un acto de xustiza, a poesía e a melodía convértense en protagonistas para recoñecer o gran labor literario de Berger, o escritor dos oprimidos e excluídos da sociedade.

TERRA BERGER from MrEIDANPELIS on Vimeo.


Vía Biblioteca Sarmiento

Sofía y el negro

Un cómic de Judith Vanistendael con prólogo de Enric González. Como reaccionarían teus pais se te namoras dun negro sen papeis? E se decides casar con el? Cal é a vida destes inmigrantes? Esta é a realidade que nos achega este libro, unha historia de amor ¿imposible? nunha sociedade occidental que non é tan tolerante como parece... cando menos, cando non nos toca moi de preto.
Quizais ese ton de denuncia que pretende non chega a callar de todo, aínda que si amosa o choque que vos veño de comentar. Dividido en dúas partes, quédome coa primeira, a que amosa o punto de vista paterno para contarnos a historia. Ten un toque de humor, de reflexión, moi apropiado. Na segunda parte comprendemos a loita interior desas persoas marxinadas que tanto levan sufrido e que seguen a ser afastados en todas as sociedades, incomprensiblemente.
Pero a sensación final do libro é que podía chegar un pouco máis lonxe, que non consegue de todo o que pretendía. Aínda así, é unha lectura recomendable, un cómic máis que debe ocupar os nosos andeis de novelas gráficas que traballan os Dereitos Humanos. Paga a pena lelo e reflexionalo. Aínda que non sexa unha obra mestra.
Grazas Ernesto.

Telo que parar

A Asociación polos Dereitos Humanos en Afganistán (ASDHA) e o Coletivu Milenta Muyeres iniciaron unha iniciativa conxunta en contra da candidatura de criminais de guerra nas eleccións parlamentarias que se celebrarán o próximo mes de setembro en Afganistán.
Cando alguén asina, un email envíase automaticamente a autoridades da Unión Europea e Estados Unidos: importante que participedes!
Podedes facelo premendo aquí.



25/07/10

Dernier Hurlement

El último refugio


Xa vos teño falado doutros libros de Roberto Innocenti. E se os coñecedes non hai moito máis que engadir. É un ilustrador que tira o impo, se se pode dicir así.
El último refugio con texto de J. Patrick Lewis e ilustracións de Roberto Innocenti lévanos a un mundo máxico que recrea personaxes de contos e libros famosos. Polas súas páxinas paseará Huckleberry Finn, John Silver, Maigret, Moby Dick... entre outros. Agora ben, as ilustracións, como sucede sempre con Innocenti, devora literalmente a historia. Non queremos ler, queremos agasallar a vista con estas impresionantes figuras, formas e cores que adornan cada páxina, que a converten nunha obra de arte. E iso que a historia é preciosa! Porque é literatura en estado puro.
Un libro para mirar, para reter, para analizar, para observar, para contemplar, para descifrar. Cada detalle importa, e con cada mirada descobres un novo detalle. Un xogo entre imaxe e lectura que disfrutarás, seguro.



Non á violencia contra as mulleres (CLVI)

Recitado de oito voces femininas.

24/07/10

Reláxate

Estamos de vacacións... algúns/nhas:

La Piedra Azul


Sempre que estamos ante un libro de Jimmy Liao temos que falar de poesía en estado puro: poucas palabras e fermosas imaxes. Non lle cómpre nada máis a este autor que namora desde o primeiro momento que abres calquera dos seus libros.
La Piedra Azul é unha historia de busca dun mesmo, unha historia de morriña e de amor. Unha historia que cativa polas súas ilustracións, verdadeiros cadros en cada unha das páxinas que agochan a verosimilitude de mundos incribles.

"Y, a medida que se volvía más y más pequeña, su añoranza era cada vez más grande".
"No le importaba la opinión de la gente, lo único que le importaba era su hogar en el bosque; añoraba su otra mitad".

Escolas museo

Así eran:

23/07/10

El solista

Un filme interesante que non chega a ser brillante baseado nunha historia real: O xornalista de Los Angeles Times Steve Lopez (no seu libro está baseado o filme) cruzouse un día na rúa cun indixente que tocaba de marabilla un violín con dúas cordas. Isto esperta a atención do xornalista para realizar unha columna sobre a súa historia, que dá, efectivamente, para unha novela. A partir de aquí a relación entre eles, a esquizofrenia e a música de fondo, desenvólvese unha película que engancha sobre todo pola trama pero que ás veces afástase buscando unha sensibilidade que non consegue con imaxes de pombas e de cores que creo de máis, mentres que o traballo dos actores é realmente soberbio, sobre todo o de Ayers, Jamie Foxx.
Fermosa música.


Leer Lolita en Teherán

Se amas a Literatura, tes que ler este libro. Se cres na igualdade, tes que ler este libro. Se consideras que a educación é a opción, tes que ler este libro. Se... Simplemente, tes que ler este libro.
Asaltan moitos sentimentos canda a súa lectura. Un deles (ía poñer o primeiro, pero non sei cal é a orde) é a estrañeza: Existiu realmente esta muller? Está contando unha realidade que nos semella tan allea?. Outro é a admiración: Como me gustaría ser así. Outro a carraxe: Como se pode aturar tanta inxustiza, tanta crueldade?. Outro é a envexa: Eu quería ser quen de ensinar así. E moitos máis.
Xa sabedes que tento falar da impresión que me provoca un libro, non do seu argumento, algo que podedes atopar facilmente. Nesta ocasión teño que facer referencia ao que supón para unha muller o día a día en Irán, onde se vivía un asedio fundamentalista que case non somos capaces de comprender: vestir de escuro, ocultar o pelo, poñer un chador, non poder pintarse nin maquillarse, non pasear con homes, non rir, non... Todas as regras son un NON fantástico, xa que todo é susceptible de ser pecaminoso. Nesta sociedade machistamente irracional, a autora, Azar Nafisi, profesora con problemas por non querer levar o velo imposto, decide facer un CLUB DE LECTURA! na súa propia casa, un club de lectura para mulleres. A soa idea faime tremer cando comezo a ler. Porque neste club encérrase a desmitificación da lectura social para facela persoal: todas as integrantes son quen de ler máis alá das liñas dos autores -prohibidos- ingleses para se comparar coas protagonistas, para entender que a superfice agocha moitas veces -case sempre- sentimentos que non sempre poden saír á luz, para ler entre liñas o que un autor quería dicir debaixo de palabras aparentemente inocuas.
Non sei. Podería escribir moito e sempre quedarían cousas por dicir. Creo que, de verdade, é unha obra para ler, para saborear, para enfadarse, para admirar, para entender que ás veces o único xeito de conservar a propia cordura é evadirse por medio da lectura. Xusto o contrario do que lle pasou a Don Quixote!!!
O que máis sinto é ter tardado tanto en lela. Foi un agasallo dunha amiga especial que ama tanto a Literatura como a propia autora do texto. Así que, moitas grazas novamente, Luz.

«Nunca, en ninguna circunstancia, menospreciéis una obra de ficción tratando de convertirla en un calco de la vida real; lo que buscamos en la ficción no es la realidad, sino la manifestación de la verdad». “Vivir en la República Islámica es como tener relaciones sexuales con un hombre al que aborreces”.

A Colina das Cruces


A Colina das cruces en Lituana é un lugar único no mundo. É unha colina sementada de miles de cruces que simbolizan a resistencia do pobo lituano, sobre todo en contra do poder soviético.
A principios do século XX xa existían un centenar de cruces. En 1961, por primeira vez, as forzas comunistas conseguiron destruíla, proceso que continou durante dúas décadas, pero a Colina sempre volvía a xurdir despois de cada ataque.
É considerada como o símbolo da fe invencible, da esperanza e o sufrimento do pobo lituano.




Vía

22/07/10

35mm

Agóchanse 35 filmes nestes dous minutos de curta. Distinguídelos?

35mm from Pascal Monaco on Vimeo.



Vía

2 de cada 3

Certo, non si?



Vía Librosfera

Un pouco de historia

21/07/10

Centauro Store

Publicidade creada polos estudos brasileiros de animación Vagalume Animation.


Centauro Loja (Centauro Store) from Vagalume Animation Studios on Vimeo.



Vía

Papá Tatuado


A editorial A Buen Paso pon nas nosas mans este libro que ten ar de libro antigo: Papá tatuado de Daniel Nesquens con ilustracións de Sergio Mora. Un libro totalmente diferente e evocador que non agocha melancolía, que discorre entre o mundo do absurdo e da fantasía, adubada con humor. As historias que nela se contan son verdadeiros contos extraordinarios. Chaman a atención as ilustracións circenses que nos levan a terreos imaxinables e descoñecidos da man das tatuaxes que se converten nun libro aberto que sabe narrar as historias que un pai desexa compartir co seu fillo. Historias que van e veñen, que entran e saen, deliciosamente.
Un libro que vos encandilará.

No blogue da editorial di:

Hemos encontrado a Papá tatuado, se llama Roy Paci y acaba de sacar el disco Latinista, a cuyo libreto han ido a parar algunas imágenes del libro. El parecido es incréible, ¿verdad?

En perigo de extinción

Dez especies de animais en perigo de extinción segundo os cálculos do número de individuos que sobreviven en condicións salvaxes e o ritmo de descenso na poboación: oso polar, león, tigre, elefant, guepardo, gorila, balea azul, orangután...
Toda a información, en inglés, aquí.






Vía

20/07/10

Queremos que a lectura sexa considerada un hábito saudable

Quizais o feito de levar un blogue de normalización nos afaste en moitas ocasións de novas das que deberiamos dar conta tamén aquí relacionadas coa nosa lingua e o día a día dunha loita que semella perdida pero na que xamais cansaremos. E digo isto porque recollo novamente esta entrevista que lle fan a Bragado polo seu recente nomeamento de presidente da Asociación Galega de Editores. Todo isto, repito, xa está alí. Pero fala de lectura, de libros, e de literatura, unha das paixóns deste blogue... así que non podemos resistirnos a recollela e darlle os parabéns dende aquí.

Recibe os parabéns con ledicia, aínda que sabe que os dous anos que ten por diante o novo equipo -elixido por unanimidade- serán duros. Xa estivo na directiva, como secretario, hai anos, xunto a Fernán Vello, pero nesta ocasión dúas das palabras que marcarán o mandato serán lectura e crise .

-Crise económica, libro dixital, Internet... pois non parece que o momento actual vaia garantirlle unha presidencia tranquila...

-É un momento difícil, de tránsito, con moitos medos e incertezas. No noso sector, é de tránsito entre o modelo da comunicación impresa e o modelo dixital. De tránsito entre o modelo de editor e de catálogo, que foi o máis característico da edición en Galicia durante os últimos trinta anos, e unha edición onde o que se privilexia é a edición narrativa, onde parece que está o maior interese por parte do público. Isto provoca unha crise da comercialización e distribución do libro por medio da librería, que é ademais unha institución cultural que está nun momento complicado. E noso sector tampouco é alleo a crise económica. Temos, aínda por riba, as últimas medidas establecidas polo Goberno galego sobre a utilización da lingua galega no sistema educativo como lingua vehicular... o que tamén reduce noso mercado. Esas son as circunstancias que operan negativamente sobre nós. Pero os momentos de cambio son tamén de oportunidade, a de dar o salto definitivo ao paradigma dixital. É o momento de gañar un novo público para a literatura escrita en galego, que ten un potencial importante.

-¿Cales son as súas propostas para os editores?

-Basicamente somos continuístas dos proxectos iniciados pola anterior presidencia. O primeiro é a creación do clúster da edición, da librería e da empresa de todo o sector da edición do libro xa constituído, que é fundamental para a modernización das empresas. Tamén está o desenvolvemento dunha plataforma dixital que permita a distribución do contido, especialmente no ámbito educativo. Queremos contribuír á proxección da literatura galega nas feiras profesionais da edición, algo no que se dan pasos moi cativos, moi humildes. Tamén achegamos novidades propias de tipo máis gremial, como é dar a coñecer a historia da edición en galego, que é pouco coñecida. Os grandes editores de catálogo que houbo en Galicia antes da Guerra Civil, como Soto Freire, Fernández Latorre e Ánxel Casal, deberían ser figuras senlleiras da cultura galega, aínda por recoñecer.

-Di que queren consolidar a lectura na axenda política. ¿Que quere dicir iso?

-Os niveis de lectura nunha sociedade determinan os niveis de benestar. A lectura é un fenómeno transversal que representa esa competencia que todos os cidadáns teñen para entender o mundo contemporáneo. Non é só unha actividade asociada ao ocio. Temos que ser cada vez lectores máis competentes e no futuro lectores plurilingües. O tema da lectura nunca foi considerado un tema político no sentido de que sexa a sociedade a que se mobilice para mellorar esa competencia nos cidadáns. A sociedade ten asimilado que hai que promover condutas saudables na alimentación e noutros ámbitos da vida. Pois nós queremos que a lectura sexa considerada pola cidadanía como un hábito saudable no ámbito da sociedade.

-Nese sentido de crear lectores con espírito crítico, ¿que iniciativas e medidas concretas ten?

-Son moi importantes as que leva a cabo o ministro Ángel Gabilondo, é promover a lectura dentro da reforma educativa, do pacto educativo que se busca. Nesta sociedade de información, de diabetes informativa pola gran cantidade que recibimos, é necesario contar con lectores máis competentes, que saiban xerarquizar a información. Necesitamos un lector máis crítico, máis formado que nunca.


Doritos

A ver que vos parece esta publicidade de Doritos de BBDO Arxentina:









Vía

Construción de Disneyland

E se onte vos amosabamos os finais ocultos dos filmes de Disney, hoxe a contrución da Disneyland orixinal, coa aparición do propio Walt Disney:



Vía

Mañana

Compromiso musical de Frank T:

19/07/10

Bon Bon

Finais Disney

Non rematan con que "foron felices para sempre" posto que a vida segue... e este é o resultado! (absteñánse peques, pode ser prexudicial para a súa saúde!!!):

Branca Neves:




Carrapuchiña:




Cincenta:




Aladino:




A bela durminte:




A bela e a besta:



A pequena serea:

Holocausto franquista

Chegoume ao correo baixo o título "Parece imposible, pero sucedió"...

18/07/10

Gaudí

Non á violencia contra as mulleres (CLV)

Anuncio da campaña arxentina "Otra vida es posible. Tenemos derecho a una vida sin violencia": "Violencia no es sólo el golpe"


17/07/10

Sorolla

Papá Oso


Con texto de Cecilia Eudave e ilustracións de Jacobo Muñiz, a editorial A buen paso achéganos este fermoso álbum, Papá Oso, que nos achega ao mundo adulto e estresado desde os ollos infantís que non o comprenden nin o aceptan. Tanto a historia como as ilustracións pagan a pena, xa que en plena comuñón nos contan a historia desa nena preocupada porque o seu pai convértese nun especie de oso que non ten tempo para ela.
Precioso.

Para sabermos máis

16/07/10

Coke Sexy Commercial

Sitting en el lago

O noso queridísimo Ernesto volve a prestarse a colaborar connosco aportando a súa reflexión sobre a que é última lectura para el: Sitting en el lago de Manuel Domínguez Moreno.
Moitas grazas, Ernesto; sabes que seguimos contando contigo!



O que me intrigou deste libro foi o título: Sitting en el lago!!!

Dixéronme na libraría que a editorial acababa de pechar, que era imposible conseguir exemplares. Cheguei tarde! e ocorréuseme escribirlle a Miriam Tey, amable fundadora de El Cobre ediciones, quen me enviou un exemplar desinteresadamente. Dende aquí doulle as grazas.

Transcorren por Sitting en el lago dúas tramas paralelas: unha “romántica”, cun esaxerado lirismo ás veces, e outra política, moi directa e realista na que Manuel Domínguez narra a trastenda das negociacións do goberno con ETA.

É unha novela breve, case un relato, cun final brillante que convida á reflexión……Que podemos facer cada un de nós para que remate o terrorismo?

Paga a pena adicarlle dúas noites, pareceume un libro orixinal.

Advertencia:

Este libro ten una introdución, NON A LEADES porque desvela toda a historia, incluído o final.

Licenciado en Arenero

Vídeo que Guillermo Echevarría adicou á súa filla para lle ensinar as cousas máis importantes da vida.
“un niño siempre puede enseñar tres cosas a un adulto: ponerse contento porque sí, estar siempre curioso y pedir lo que quiere con todas sus fuerzas”



Vía

15/07/10

No Game Over

Boísima publicidade animada de SRF, compañía francesa de telecomunicacións.


SFR NOGAMEOVER from Alexandre ADA on Vimeo.

Vía

Un niño prodigio

Irène Némirovsky escribe Un niño prodigio con tan só 24 anos de idade. E logra unha pequena obra de arte, fermosa e atemporal que nos lembra o efémero do éxito e o aburdo comportamento da raza humana ante o que pode ser diferente. Pero tamén nos cativa coa historia que nos conta, coa ilusión da fama e a arte, co aprecio pola poesía e a literatura, coa valentía de enfrontarse a un destino que resulta cruel a pesar de indicar nun principio o contrario. Tamén fala da dura etapa da adolescencia (por iso podemos atopar esta obra entre a literatura xuvenil?), dos cambios que esta conleva, da fuxida da nenez e con ela a candidez e a frescura.
Un libro para ler nun salaio pola súa brevidade que consegue que salaiemos ao rematalo. Porque enfrontarse á realidade nunca foi fácil. E menos sendo un neno prodixio.

”Ismael no había sido nunca un verdadero niño. Allá en el gueto, siempre había sentido en el fondo de su corazón una especia de angustia indefinida, un vago deseo, un orgullo demasiado poderoso, una facultad casi torturante de impregnarse de belleza y de tristeza...”

Sen valados

Na curta Walled Horizons producida por Rogers Waters (membro fundador de Pink Floyd) descríbese o impacto do valado que Israel ergue en Cisjordania: "É aterrador até onde pode chegar o ser humano para oprimir, desvalorizar e pechar aos semellantes. Nese muro de oitos metros de altura, 700 km de largura... exprésase demasiado odio, demasiado medo, demasiada culpa". "O muro é destrutor, illa á súa xente, afasta matrimonios e a pais dos seus fillos, xera medo, dor e morte. Viola os dereitos humanos do pobo palestino e os pactos internacionais dos que Israel é Estado parte":
Para Palestina ese é o valado da vergoña e para Israel é o muro da seguridade. Pero ten como obxectivo continuar a destrución e o abuso ao pobo palestino. Ese é muro da morte.





A opinión internacional de nada vale, con subtítulos en castelán (lede isto):





Vía

14/07/10

The Power of Wind

Campaña da empresa eléctrica alemá Epuron. León de Ouro na categoría de película comercial na 54ª edición dos premios internacionais de publicidade de Cannes. Foi realizada pola axencia Nordpol + Hamburg.




Vía Biblioteca Sarmiento.

El oficinista

Se tedes pensado ler este libro, recoméndovos que o fagades no inverno. Porque resulta totalmente abafante. Describe unha atmosfera tan erma que un necesita refrescarse de cando en vez para proseguir a súa lectura. Porque se chegamos a vivir nun espazo como o que nos transmite o narrador... perdidos estamos. E mentres deixamos que ese ambiente nos vaia afogando, caemos tamén nós, como o fai o protagonista, o oficinista de quen nin sequera sabemos o seu nome nas 200 páxinas que ten o libro.
Así é El oficinista de Guillermo Saccomanno, Premio Biblioteca Breve 2010, sen concesións nin esperanzas, un mundo apocalíptico afastado do que lemos en A estrada de McCartney (agora en galego grazas á Faktoría K) pero que ten en común o odio e a violencia de todas as accións. A mención a estoutra novela que non vos engane: aquel é unha obra mestra que nada ten que ver con esta, que considero un pouco esaxerada nesa visión social que nos presenta con asasinatos continuos e atentados terroristas diarios mentres o protagonista en ningún momento está en perigo. Inda así, é máis que interesante a súa lectura, sobre todo pola visión de insolidariedade que nos dá do seu traballo, nunha oficina na que ninguén é amigo de ninguén e o único que se procura é non ser a próxima vítima do desemprego. Moi ben plasmada asemade a loucura do protagonista cando se cre namorado e as súas consecuencias.

Viaja comprimido entre hombres y mujeres atontados por el sueño. Apretado entre ellos no precisa colgarse de un pasamanos para conservar el equilibrio mientras el vagón avanza chirriando a toda velocidad en la negrura del túnel arrancándole chispas a las vías. Entre empujones, balanceos, es un cuerpo entre los cuerpos. Vacas hacia el matadero. Futuras reses. Quizá los guerrilleros tengan razón al atentar contra los subtes: es el método más eficaz para terminar con los que no enfrentan su destino.

5000 días de incumprimento

O 13 de noviembre de 1996 os Estados membros da FAO asinaron a Declaración de Roma da Seguridad Alimentaria onde asumían o compromiso de reducir á metade o número de persoas con fame antes do 2015. A unha cuarta parte do tempo marcado estamos peor ca antes.
Este domingo 18 cúmprense 5000 días desde aquela sinatura que se converten en 5000 días de incumprimento. Cada día que pasa morren 24000 persoas por causas relacionadas coa fame. Toda unha violación de Dereitos Humanos.


13/07/10

O último de Budweiser

Unha publicidade moi acorde con estes tempos futboleros (descansaremos xa?). Xogar ao despiste: boísima!



Vía

El buen ladrón

Sorprendeume moitísimo este libro xa que cando o comecei, sen moita paixón, pensei que non me ía gustar demasiado... e vaia que me gustou! El buen ladrón de Hannah Tinti segue o ronsel dickensiano para escribir toda un homenaxe a este autor cun libro de aventuras dun neno orfo e manco que verá como a vida pode complicarse cada vez máis pero que a bondade e o amor poden triunfar se un resiste.
Chea de personaxes surrealistas, ás veces delirantes, sempre tenros, capaces de arricarnos unha bágoa e un sorriso, orixinais, patéticos, absurdos e conmovedores, a novela aventúrase nun mundo case cinematográfico que nos penetra coas súas palabras e nolas transforma en imaxes; hai xigantes e ananos, xordos e borrachos... unha galería hipnótica que nos embauca ata a última liña.
Tamén auscultamos o amor pola literatura, a importancia da letra escrita e da narración oral, posto que é esta capaz de salvar moitas veces a vida aos seus personaxes. Ata Don Quijote está presente! Toda unha homenaxe á tradición literaria universal.
Desde logo, a autora foi quen de me levar polos territorios americanos do século XIX, polos cemiterios abandoados e por ese universo estraño capaz de mesturar o máis sorprendente e incrible co máis misterioso e o máis verosímil. Todo a un mesmo tempo. Por que non vai un anano baixar pola cheminea se é certo que rexeitamos todo o diferente? Por que non vai un home nacer para matar e logo querer tanto a un neno como para deixar de facelo se este llo pide? Por que non? Porque a maxia da literatura de aventuras está aquí contida e gustaravos evadirvos con ela.
Palabra de lectora.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.