Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/04/11

O ano de Lois Pereiro (XII)

Declaración Lois Pereiro, por Xurxo Souto e Fran Amil. No seu blogue:




Os compañeiros do CEIP Pedrouzos de Brión fixeron esta actividade en Ardora:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipdepedrouzos/aulavirtual/file.php/39/lois2/lois21.htm

No CEP Dr Flemming realizaron esta presentación:



No Verbum
podedes contemplar unha exposición sobre o autor.

Tamén temos o documental:






Artigo no Xornal: Regreso ao Ártico de Lois Pereiro.

No sitio da Coordinadora Galega de Equipos DNL tedes eu creo todos os materiais sobre Lois Pereiro, tanto dos elaborados nos centros educativos coma recursos externos. Paga a pena botar unha ollada.

The Periwig Maker

O fabricante de perrucas de Steffen Schäffler é unha curta de animación estreada no ano 2000 en cuxa realización os creadores investiron dous anos. Mágoa que a calidade da imaxe en Youtube non lle faga xustiza a esta preciosidade baseada nunha historia de Daniel Defoe.





Vía Biblioiris

Pop-ups

Que os libros pop-up non son só para nenos xa o sabiamos (cando menos, eu teño máis anos). Pero este vídeo titúlase así por se a alguén lle quedaba algunha dúbida. A min cada día gústanme máis, non o podo evitar. Unha verdadeira obra de enxeñería en papel: as últimas tecnoloxías incorporan luces e sons. Afastándose dos e-books, non?
O malo é o prezo... e que non son moi fáciles de atopar.

Pop-ups! They're Not JUST for Kids from Bowdoin College on Vimeo.



Esta exposición puiden gozala eu este verán pasado en Washington:



Isto xa é modernidade:



Vía

Debuxos para a Guerra

Pareceume moi interesante este post que atopei en "A historia escrita con xiz": As animacións como propaganda para a guerra.

29/04/11

Optimismo

Espallar, coma un contaxio, o optimismo a prol da lingua galega. É o que queren conseguir catro vídeos a prol do galego, producidos por Manuel Núñez Singala e Manuel Bermúdez. Ao xeito de píldoras infecciosas, van explicando conceptos que axudan a rachar preconceptos sobre o galego e animar os usuarios a empregalo na vida cotiá.







Crater Face

Crater Face from Skyler Page on Vimeo.

Cosita linda


Fondo de Cultura Económica publicou hai un par de anos Cosita linda de Anthony Browne, quen se basea nunha experiencia real realizada pola Universidade de Stanfork sobre as emocións "humanas" en especies animais, neste caso un gorila chamado Koko que fixo amizade cun gato. Así, o noso protagonista, un gorila moi humano, deixa de estar triste cando afasta a soidade da súa vida porque nela entra un amigo: a dozura que impregna as páxinas do álbum é o máis destacable, xunto con esas enormes ilustracións que semellan saír do texto. O valor da amizade ante calquera problema, a solidariedade e a lealdade son os trazos sobresaíntes dun fermoso álbum que paga a pena follear.

Yu Ming is ainm dom

Filme escrito e dirixido por Daniel O´Hara sobre a lingua na sociedade irlandesa. So dez minutos para contar unha historia que comeza en China e segue en Irlanda, e que podemos achegar á nosa realidade.



O meu nome é Yu Ming: um filme sobre lingua.

Vía

28/04/11

Earlth & Moonch

Earlth & Moonch from DEISIGN on Vimeo.

El bombero de Lilliputia


Estreo hoxe un post da editorial Comanegra con este fermosísimo agasallo sorpresa que me adozou a semana: El bombero de Lilliputia de Fred Bernard e François Roca. É realmente un álbum espectacular, polo seu tamaño (está claro que esta é a tendencia: cada vez son máis grandes: haberá un acordo tácito entre editores e carpinteiros???). Un libro que trata sobre diferenzas, pero tamén de amor e de tenacidade. Un libro que aborda como é a sociedade a que impón con todos os seus erros unha idea de estética unánime e acomplexada que leva á soidade e ao abandono. Pero o libro deixa paso á esperanza para reafirmarnos que o importante é aquilo que levamos dentro e que mentres loitemos por que estes valores sexan os esenciais, ao final acabaremos gañando.
E que dicir das ilustracións? Cada páxina é un cadro neorrealista que merece unha especial atención, transmitindo unha serenidade atípica. Incribles.




Traballosa publicidade

Xigantesco xilófono montado nos bosques próximos á cidade de Kama, en Kyushu, a máis meridional das tres principais illas que forman Xapón. O instrumento foi construído por Kenjiro Matsuo, de Invisible Designs Lab, para un anuncio dun móbil. A música que se oe é o décimo movemento da Cantata BWV 147 de Bach, executada pola bólas ao caer sen ningunha música artificial engadida, limpando tan só o son para eliminar o ruído ambiental de fondo.
Impresionante, non?

27/04/11

Symmetry

Symmetry from Everynone on Vimeo.

Némesis

A última novela de Philip Roth, publicada por Mondadori, Némesis, volve a agasallarnos coas mellores letras deste autor: unha reflexión sobre o sentimento de culpabilidade levado ata as últimas consecuencias. Un libro baseado nun feito real, a epidemia de polio do verán de 1944 en Newark, que relata con crueza como esta terrible enfermidade vai cobrando vítimas inocentes entre a infancia dun barrio xudeu, o que provocará terribles escenas de ira, desconcerto, dor e mutilación; todo isto envolto nunha atmosfera de fatalidade da que o protagonista non poderá fuxir. O autor explora con este personaxe, como adoita suceder, a tristura, a traxedia, a miseria do ser humano e a busca da súa redención: a batalla continua entre dar o mellor dun mesmo e a busca da felicidade, se é que esta é posible.
Deus. A súa culpabilidade. A súa existencia. Logo, o individuo. A súa conciencia. A súa responsabilidade. Sobre estes termos constrúe Roth unha novela duramente densa, que nos conmove. Porque as atribulacións de Cantor poden ser as de calquera ser humano, a súa conciencia culpabilizada ben pode ser a nosa, os seus debates continuos poderían ser os mesmos aos que nos enfrontar. Chegariamos nós tamén a renunciar á felicidade, ao amor, por sentirnos coma el? O autor consegue que reflexionemos nós tamén sobre cada decisión posible e as consecuencias desta: a deusa Némesis estanos ela tamén analizando, posto que é quen rexe os destinos dos homes e quen actúa contra o inxusto.

Como ben di o meu bo compañeiro lector, Xabi, o personaxe principal de Némesis é tan real, tan humano, que parece que está aí, ao teu carón; que podes botar unhas parrafadas con el e mesmo discutirlle algunhas das súas ideas... Parécese a algúns dos personaxes de Woody Allen, por todos eses conflictos mentais e morais nos que vive; por eses dilemas morais nos que se debate.


Inocentes


Barbara Davidson recibiu o premio Pulitzer de fotografía pola reportaxe sobre as vítimas inocentes atrapadas pola violencia das rúas na cidade dos Ángeles.



Vía El ventano

26/04/11

Neomorphus

Neomorphus from Animatorio on Vimeo.



Vía

Ler sempre



Vía Blogue de Antonio Alonso


Ler de todo:

Mi señora

Ía dicir que esta curta debería servir para reflexionar... pero é tan evidente que non debería ser necesario. Agardo que as actitudes do meu alumnado non se semellen nunca:




Gañadora de diversos premios.

25/04/11

Nacido para aprender

Unha curta de animación que nos mostra como aprendemos os seres humanos:




Vía Olhos grandes

Nais

Terei que preguntar como son eu...:


Gato Guille e os monstros


Rocío Martínez é autora e ilustradora de Gato Guille e os monstros, publicado por Kalandraka xa no ano 2000. Un libro que serve para achegarse ao tema universal e non infantil dos medos: cada ruído, cada sensación, pode provocar un monstro terrible que nos corte a respiración. Porque o medo é libre, pero sempre queda a sorpresa e a valentía de se enfrontar a calquera monstro e derrotalo. Sobre todo se a dozura das ilustracións son tan expresivas e valentes coma as deste álbum.

Nenos no cárcere


O fotógrafo Fernando Moleres é o gañador do XIV Premio Internacional de Fotografía Humanitaria Luis Valtueña, que anualmente convoca Médicos del Mundo, pola súa serie fotográfica "Nenos en cárceres africanas" sobre a situación de menores nas prisións de Sierra Leona.






Vía El Ventano

24/04/11

Que Cristo!

Para salvarse de situacións comprometidas hai que ter uns bos medios técnicos, tal como se di neste anuncio da televisión italiana que ten moi enfadados aos do Vaticano.




Vía

A palabra exacta

Adentreime no universo biográfico de Lois Pereiro da man de Calveiro para agora retomalo con Antón Lopo. Non teño o atrevemento de facer unha nova chiscadela, como daquela, e facer esta entrada como realmente me gustaría: tal como remata o libro do que falo, sentar a Lois ao meu carón para maxinar o que el diría deste libro e eu copiar as súas palabras. Debo conformarme, por tanto, con facer un post "ao uso".
Antón Lopo publica en Galaxia A palabra exacta. Biografía de Lois Pereiro, e faino dende diversos puntos de vista: a vida de Lois virá da man da súa nai, do seu irmán, do seu gran amor, dos seus amigos e da súa irmá; a obra será analizada por 6 autores e logo tomará a palabra o propio Lois, quen manterá unha curiosa conversa con Antón.
De aí a diversidade do texto e a súa prestancia: non estamos ante aunte unha biografía senón ante un multiperspectivismo máis que interesante adobiado con diversas fotografías que cada persoa protagoniza a carón de Lois. A palabra exacta nola dará cada un dos achegados de Lois e cada un dos estudosos da súa obra, esvaecéndose a figura do biógrafo delicada e sutilmente, pero aportando ese toque novelesco que tan ben lle acae ao libro que temos entre as mans. Así podemos ler unha biografía case como unha novela, ou lemos unha novela biográfica, sempre dende o respecto e o achegamento, dende a admiración e o cariño, e dándonos os puntos claves e necesarios para saber máis do poeta de quen este ano As Letras Galegas toman o seu nome. Porque a vida é exclusiva de cadaquén, e a poesía, a literatura, é a man que serve de ponte entre cada unha.

Sinceramente, e non é só unha opinión particular, creo que sería bo que as editoriais acordasen a publicación conxunta de biografías e obras do autor das Letras Galegas.

Non á violencia contra as mulleres (CXCIX)

Videocreación de Susana Rodríguez Fariña premiada no Concurso para a Antoloxía Poetízate convocado polo Club de Lectura “Colegas das palabras” do IES Julio Prieto Nespereira.
Susana Rodríguez Fariña, que asina este traballo como Sus, realizou un extraordinario traballo adicado á súa avoa, a partir do poema “O bardo” de Carlos Negro publicado na antoloxía Poetízate.





Vía

23/04/11

Thursday

Curta de fin de carreira de Matthias Hoegg, realizada mentres cursaba no Royal College of Art en Londres.




Vía

Leonora

Encantoume Leonora de Elena Poniatowska, biografía novelada de Leonora Carrington, artista surrealista inglesa afincada en México, publicada por Seix Barral, e que foi o Premio Biblioteca Breve 2011.
Desfilan polas súas páxinas datos históricos, xeográficos, biográficos, numerosos nomes de artistas e escritores importantes do século XX. En realidade, ás veces semella case unha lección de historia, ou de arte, que non se fai en absoluto pesada, posto que a vida que aquí se nos describe é tan apaixoante que cada detalle engadido, veña ou non ao caso, fainos tentar reter nas nosas memorias a información á que estamos accedendo. Unha vida de loucura, paixón, éxtase, amor, pintura, literatura... que se retrata como unha homenaxe a toda ela en conxunto, ao seu desafío ás convencións, ao seu desafío á tolemia e á guerra. A súa vida foi unha loita constante contra unha sociedade que non a entendía e unha busca da liberdade de expresión artística: Leonora Carrington é o expoñente femininto da pintura surrealista a carón de Salvador Dalí, Marcel Duchamp, Joan Miró, André Breton, Pablo Picasso, Max Ernst...
A autora combina a narración xornalística, a obxectividade dos feitos, coa súa propia relación coa pintora, é dicir, coa subxectividade do contado, o que converte o libro nun vaivén destes dous mundos que provoca que a lectura sexa máis emotiva e sensible, que atrape o lector neses recovecos da alma humana e dun ser diferente do que queremos saber máis.

En palabras da autora: “Yo escribo como Dios me da a entender, hago como puedo, en el aire las compongo. En el libro incluí muchas cosas que ella me contó (…) [Todos los libros de Carrington] se relacionan con ella”.
E seguimos coas súas palabras:
"Ante todo, Leonora es una novela. No es ni una crítica de la pintura de Leonora Carrington, ni una biografía. Es una obra basada en conversaciones que sostuvimos durante múltiples entrevistas, en los libros de la propia Leonora y en los que se han escrito sobre ella..."
"Leonora no es sólo un acto de amor sino también un homenaje a la vida y a la obra de esta mujer que ha hechizado a México con sus colores, sus palabras, sus delirios, sus arranques, sus historias. Trajo a nuestro país todos los recuerdos de sus vidas anteriores, todos los paisajes, los caminos bajo las acacias, todas las verduras que en México no se comían como los salsifis, las envidias, las alcachofas..."

Saída de Emergência


Não importa quanto dinheiro ou tempo você tenha para viajar, para ir a certos lugares só mesmo através de um bom livro. É barato, você não enfrenta filas e pode voltar quando quiser.
Essa campanha publicitária de incentivo à leitura foi criada pela agência Fuel (Portugal) para a livraria Saída de Emergência.



Vía

Día do libro





"Defender los derechos de los libros es defender la libertad del ciudadano" di Vargas Llosa. Hoxe é o Día do Libro; eses libros que "nos fan libres mentres poidamos elixilos". Sábado, vacacións de Semana Santa... acudide ás librarías e mercade, lembrade que é o mellor xeito de viaxar.
Por suposto, as bibliotecas escolares (podedes ir aos Planetakis para velas todas) prestan atención a este día, que para nós é unha ponte para o Día das Letras, unindo normalmente ambas celebracións. Se paseades polos blogues, veredes como en cada centro se conmemora este día de diversos xeitos.
No IES de Louro, por exemplo, fixeron unha lectura continuada de poesía, así como apadriñamento lector. No IES Xoán Montes, todos len. No IES Fernando Esquío lémbrannos Por que é importante ler, ademais de nos agasallar cunha selección de Forges. Na Biblio Fernando Blanco ofrecen unha presentación sobre a Historia do Libro. O CEIP Frian de Teis lembra este día irmanándose coa agrupación ARCE. O CEIP Andrade de Pontedeume lembra o marcapáxinas de Carlos Negro. O CEP dr. Fleming elabora un cuestionario. Vaidelibros repasa as vilas do libro. Biblosvivos repasa a evolución do libro. No BlogFesquío tedes un fermoso vídeo en inglés. O outeiro de Matilda ten este precioso post para este día. A biblioteca do CEIP A Magdalena propón varias actividades. A Biblio do Chouzo lembra a lenda de San Xurxo e o dragón. En Bibliocabe carteis que promocionan a lectura realizados polo alumnado. E a Biblio Olhos Grandes lémbranos como levar a poesía na pel.
O blogue de normalización Cando o mar peta na porta propón este Glogster con libros en galego.
O Rato Mik xuntou varios cartaces de promoción da lectura:



Así que, lembrade, "o teu mundo será tan rico como o sexan as túas palabras":



E agora gozade coas ilustracións que o sempre fermoso blogue Pinzellades al món nos ofrece sobre o libro (premede na ligazón, hai moitas máis):









En Ler para Crer tedes unha oportuna selección poética. O poema de Edith Chacon Theodoro é o que vos seleccionamos:

Ler
Ler sempre.
Ler muito.
Ler “quase tudo”.
Ler com os olhos, os ouvidos, com o tacto, pelos poros e demais sentidos.
Ler com razão e sensibilidade.
Ler desejos, o tempo, o som do silêncio e do vento.
Ler imagens, paisagens, viagens.
Ler verdades e mentiras.
Ler o fracasso, o sucesso, o ilegível, o impensável, as entrelinhas.
Ler na escola, em casa, no campo, na estrada, em qualquer lugar.
Ler a vida e a morte.
Saber ser leitor, tendo o direito de saber ler.
Ler simplesmente ler.

Reflexión interesante: Libros para onde?. Tamén podedes achegarvos a estoutra: Devoción pola lectura e contestar as preguntas que alí se formulan. Lembrade tamén o artigo de Bragado e as interesantes propostas que dende Espazo Lectura fan aos políticos de Gondomar.

E retomando a nosa teima en contra dos exames, lembrade que "a lectura non é unha tortura".

22/04/11

Ryan

Gañadora dun Óscar:



Vía

The Library

En Librosfera recomendan ver o vídeo sen son e a pantalla completa para quedar enfeitizad@. Adoita ter razón.

The Library from Sergey Stefanovich on Vimeo.



A fauna de Facebook

Todos os estereotipos de Facebook reunidos nun vídeo: "todo lle gusta", "todo o comparte", o que viaxa, o que come, o que se autorretrata...

Altoids Celebrates the Stars on Facebook from Evolution Bureau on Vimeo.



Vía Microsiervos

21/04/11

Toma leite

Serie de anuncios da axencia americana Pysop para California Milk Processor Board. O poder do leite.




Vía

O Tubarão na Banheira


Non foi froito da casualidade que mercase este libro. Paseando polas rúas de Lisboa entramos nunha biblioteca: dividida en diversas salas, había varias de exposicións, e unha delas era unha invitación á ilustración; traballaban precisamente con este libro, O Tubarão na Banheira, e gustoume tanto o traballo dos peques...




O Tubarão na Banheira está escrito por David Machado con ilustracións de Paulo Galindro, da editorial Presença. É un libro moi divertido, cun neno que, mentres contempla a vida, busca no seu "Caderno de palavras dificeis" todo aquilo que se lle antolla excepcional: o libro ata nolo ofrece nas súas últimas páxinas, delicioso («Melancolia: é o que sinto quando estou triste e penso que estou triste»). O bo é que realmente lle ocorren cousas realmente diferentes: vai pescar un peixiño e trae un tiburón, aproveitando que o avó perdeu os lentes. A figura do avó dálle unha tenrura ao texto excepcional: é o seu compañeiro máis fiel. O texto é longo, quizais precisara dalgunha ilustración máis, pois todas elas son espectaculares e daríanlle máis vivacidade ao libro. Pero é xenial.




E tal como nos indica María, aquí podedes escoitar a historia lida polo seu autor. Moitas grazas, María.


E non a recollen...

Boísimo este "flashmob" realizado en Quebec para sensibilizar sobre o uso responsable e a reciclaxe dos plásticos. Cada ano prodúcense no mundo 671 millóns de quilos de plástico, e gran parte deles non se recicla. Así, en cada quilómetro cadrado de océano hai 18000 anacos de plástico aboiando.




Vía Microsiervos

20/04/11

O ano de Lois Pereiro (XI)

Recollo de Caderno da Lingua:

Sara Paz e Luís Aldegunde ofrecen un novo traballo para nos aproximar a Lois Pereiro, desta volta a través da análise de Antón Lopo, que xunto co documental didáctico “As armas da paixón” e as outras tres achegas audiovisuais conforman o Especial Lois Pereiro que abriron na rede estes compañeiros.



No blogue Galieconenos tedes unha antoloxía de recursos, tamén.

Inauguración da exposición "Desembarco dos 80". Estoutra en Lugo.

O CEP Dr. Fleming ofrece este LIM.

Storm

Curta baseada nun poema de Tim Minchin, dirixida por DC Turner e animada por Turner e Fraser Davidson.




Vía

O livro da avó


Non ía vir da viaxe sen ningún libro, non? Pois esta delicia é un deles: O livro da avó de Luís Silva, publicado por Edições Afrontamento. Unha historia chea de tenrura e lembranzas: o cariño que só os avós poden proporcionar os netos e a súa ausencia. Un novo libro para falarmos da morte dun ser querido, cunhas fermosísimas ilustracións que enchen a páxina dereita mentres que na esquerda seguimos o texto. Porque cada avó é inmellorábel e necesario. Coma este fermoso álbum.


Liberdade para voar

video

19/04/11

Be Coke

Divertido spot de Coca Cola, creado polo estudo francés We Make Art, con música de Franck Aussourd.


Be Coke from Gaëtan Boutet & Jérome Masi on Vimeo.



Vía

La estudiante


Descubrín este autor e o seu detective na Semana Negra do centro, pero teño que admitir que non me gustou demasiado. O que a priori supuña unha novidade, un perruqueiro detective, resultou a posteriori un fiasco pouco atractivo e máis ben aburrido. Christian Schünemann é o autor desta saga da que só coñezo esta terceira entrega, La estudiante, aínda que de seguro non lerei máis. Debo recoñecer que a min cortes de pelo e tintes pouco me atraen, e aínda que o detective resulta máis ben simpático pola súa relación co mundo e ese toque de homosexualidade cariñoso que lle proporciona o autor, tanto o argumento como a resolución do asasinato non me interesou demasiado. Co que me gustan as novelas negras, esta é das que menos. O que destacaría é a intrusión do perruqueiro no mundo universitario e a demostración de que neste envexas, copieteos e ganas de medrar son o pan de cada día. Nin máis nin menos que a realidade. Sen asasinatos, claro. Para isto está o xénero novelesco.
En fin, non volo vou recomendar. En novela negra hai miles de libros para ler que, cando menos para min, son infinitamente mellores.

Lipdub andaluz

Xa temos visto máis lipdub (vídeo que se desenvolve en función do tema musical elixido e do contido ou das mensaxes que o tema aporta), pero este gustoume pola mensaxe e a canción: vén do cole "El Chaparral" coa canción "mensaxes da auga" de Macaco, un acto simbólico para adherirse aos principios e valores da Carta da Terra.




Vía

18/04/11

Partida de xadrez



Vía

La gran corriente de aire


Remato coas novidades de Edelvives (cando menos as que me chegaron) con estoutro libro de Taï-Marc Le Thanh ilustrado por, incrible! Rébecca Dautremer!!! Teño que recoñecer a miña sorpresa absoluta cando o descubrín, porque aquí afástase do tipo de ilustracións aos que nos ten acostumad@s, seica é a "primeira" Rebecca. De aí que, para min, o máis fermoso do álbum sexan precisamente as ilustracións, que enchen o papel, que nos abraian, mentres o texto permite que a imaxinación dos nenos voe por riba das nosas cabezas agardando por suposto un final común: a tranquilidade da volta dos pais.
Un álbum sorprendentemente encantador.

Te quiero un montón


Outra das novidades de Edelvives é este fermosísimo álbum de Alain Serres e Olivier Tallec, Te quiero un montón, unha historia de amor, destino ou desatino, esperanza, paso do tempo, viaxe arredor do mundo... Unha preciosa historia de timidez e de amor declarado que non verá a luz ata que os anos fagan estragos nas persoas pero non nos seus corazóns nin nas súas ilusións. As ilustracións acompañan perfectamente o texto, ocupando ás veces un cachiño da páxina e noutras ocasións a páxina enteira, cheas de cor e de luz, e de esperanza, que é a mensaxe final do texto.


Lentellas na economía

A crise económica explicada con lentellas. Lemos no blogue f-q experimentos a explicación.



Vía

O ano de Lois Pereiro (X)

No CEIP Condesa de Fenosa ofrecen este LIM.

Luz de Edu Plástica e Iria Collazo do IES As Barxas de Moaña realizaron este Prezi.


Recursos do Seminario Galán.

No CEIP de Rebordáns esta Miniquest.

O alumnado do CEIP de Andrade presenta este traballo baseado no seu poema "Que é Galicia?"




Np CEIP Milladoiro de Malpica recollen todos os recursos, así como no CEIP de Bergantiños, e en Bibliocervo.

Dúas liñas de tempo.

"Lois Pereiro e a indignación", artigo de Iago Martínez no Xornal.

Tamén podedes escoitar a Lois Pereiro no Pub "Moka"

17/04/11

Non saímos do lixo

Chego grazas a Brétemas a estes minutos de Komunikando.tv sobre a nosa lingua. Unha serie moi recomendable esta de Non saímos do lixo 2.0 .

NON SAÍMOS DO LIXO/2.0 cap. 7 "A lingua" from komunikando tv on Vimeo.

Happy F5 April 15

Happy F5 April 15 - 16 2011 by Hi-Sim from F5 on Vimeo.



Vía

Alicia en el país de las maravillas



O mellor agasallo que podía atopar á volta da viaxe foi esta obra de arte. Ah! é un libro! Si, claro, é un libro. Un libro que é unha obra de arte. Non podía ser doutro xeito: o arquicoñecido clásico Alicia en el país de las maravillas está ilustrado por Rébecca Dautremer, insuperable ilustradora que converte o que toca en pura arte. A min tenme totalmente marabillada e emocionada.
Realiza Edelvives unha edición de luxo, en gran formato, como adoita suceder, coidando cada detalle, co texto íntegro de Lewis Carroll, recuperado daquela primeira edición de 1865. Nada temos que dicir dun texto que todos coñecedes, só lembrar que as ilustracións son tan máxicas como o propio texto: pasaredes grandes momentos felices parando a contemplar cada detalle, cada personaxe, cada escena.



Que ben o vou pasar estas vacacións!




En Libro de Notas, hoxe:

Esta es una Alicia que nada tiene que ver ni con las ilustraciones originales de Sir John Tenniel, ni con la versión edulcorada de Disney y derivados de esta, a los que ya estamos muy acostumbrados (y de los que ya estamos algo aburridos). Esta versión se acerca más a Chihiro de Hayao Miyazaki, y obviamente, a la crudeza y locura del texto original.

Dautremer recorre las escenas que tanta gente ha interpretado antes, y que tantas veces hemos imaginado y visto, consiguiendo sorprendernos, y eso es buenísimo. Conservando los elementos clave, pero sin caer en un solo cliché del universo existente, combina ilustraciones a Gouasch (sí, alucinante pero cierto), con ilustraciones abocetadas a lápiz, apuntes sobre el movimiento de algunos personajes y secuencias numeradas de acciones que acompañan las paginas que contienen las densas cajas el texto.

Non á violencia contra as mulleres (CXCVIII)

16/04/11

Sacrifice

La noche del Marramiáu


Unha das novidades que nos ofrece Edelvives para adozarnos a Semana é este libro de Xan López Domínguez, La noche del Marramiáu. Un libro para miañar de pracer, tanto polo texto como polas súas fermosas e inconfundibles ilustracións. Un gato namorado, ou namoradeiro, que non acaba de atopar a súa propia personalidade, dividido entre dous mundos opostos: gatos e ratos. Cal é a súa verdadeira identidade? Onde atopar a felicidade? Cal é o verdadeiro amor?
Buscade entre as súas páxinas a solución a tantas difíciles preguntas e deixádevos envolver pola maxia que xoga ata coa tipografía.

Alfabetos

The Alphabet from n9ve on Vimeo.







Todos eles en Librosfera, onde poderás ver tamén estes, estes, e este.

No consultorio do odontólogo

15/04/11

Mila's Daydreams

Esta nai finlandesa aproveita as sestas do seu bebé para crear simpáticas composicións.



Eu quedo con esta foto con libros, claro:

A revolución do libro

Lourizán, terra mártir

14/04/11

Strangers no more

A curta israelí "Strangers No More" gañou o premio á Mellor Curta Documental nos Óscars deste ano coa historia sobre o colexio "Bialik-Rogozin", que fala sobre os fillos dos refuxiados en Israel.




Vía

Tacirupeca Jarro

Goza a contaminación


Greenpeace denuncia a contaminación que sofre o planeta ofrecendo ar contaminado extraído das zonas máis exóticas do mundo, como Chernobyl, en Ucrania, ou Linfen, en China. Poderemos mercar aire de Chernobyl cargado de chumbo, mercurio, amianto... ou aire da Oroya, en Chile, que é quen de transformar o día en noite.
A publicidade di cousas como:
"Disfruta de una extraordinaria sensación respirando partículas radioactivas en suspensión" ou tomando unha boa colección de substancias do xeito máis eficaz "para contraer sin riesgo alguno 33 enfermedades de índole cancerígena".



DirtyOx from panphilos on Vimeo.



Vía El Ventano

13/04/11

Golpe á lingua

Vin este vídeo no blogue do benquerido compañeiro Cibrán e achégoo ata aquí:


Golpe á lingua from cig-ensino on Vimeo.

A historia de sempre

Curta de J.L. Montesinos sobre un peculiar traxecto en autobús urbano.

La historia de siempre (2009) from Roger Batalla on Vimeo.



Vía

Un globo vermello

O libro poderedes atopalo en Kalandraka:

El globito rojo - Un cuento de Iela Mari from dame pistachos - vázquez on Vimeo.

El límite de pi

Non entro a valorar a calidade musical deste tema de Abel Velázquez, pero polo menos a min, como matemático, fíxome sacar un sorriso.



"Fuimos dos líneas paralelas, tendientes hacia el infinito,
como un granito de arena,
o la pendiente de un ángulo inscrito.

Fuimos un teorema, sin demostración,
hiciste tu el problema, y yo la operación.
Fuiste la variable, de mi corazón,
raíz incalculable, que hizo falsa mi ecuación.

Este es el axioma del amor

Dos y dos son cuatro, cuatro y dos son seis.
Seis y dos son ocho y ocho, dieciséis.
Brinca la tablita, yo ya la brinque,
Brinca la de nuevo hay yo ya me canse.

Este es el axioma del amor.

Derivar el cero, siempre será igual,
quise ser entero, y quede en racional.
Y ahora en mi universo, el cero es mi verdad,
tu boca un signo menos, y yo una falsedad.

Este es el axioma del amor.

Intégrame, mi vida derivame,
Divídeme, no me hagas sufrir,
Extiéndeme, cariño limítame,
Cancélame, me muero por ti.

No me sustituyas, aun hay mucho en mi,
Búscame en el plano,
En el limite de pi, de pi, de pi
3.14,15,92, 23, 34, 46, 28, 12, 16,9, 0, 23, 82, 120,
En el límite de pi"

12/04/11

25 anos de Pixar

Este vídeo celebra o 25 aniversario de Pixar Animation; anos que nos deron bos momentos cinéfilos sen dúbida ningunha: Toy Story, Buscando a Nemo, Ratatuille, Los Increibles, Monstruos SA...





Vía No solo libros

Sempre hai un lugar para a poesía (LXXXIX)

Como un rompecabezas que a partir de cierto momento comenzara a encajar,
y desde ese momento todo es fácil, por algún motivo no del todo oculto
aunque tampoco obvio,
como un camino que asume su pendiente en el instante mismo en que
fallan las fuerzas,
como un nudo que empieza a deshacerse,
como la idea precisa que aporta perspectiva y genera un nuevo orden
en que todo se simplifica, es decir la síntesis de Hegel,
o como los guijarros que encajan en un bote, ocupando la mínima expresión,
o ese grano de arena que desploma la duna, o el naipe que
derriba los castillos, o la gota que colma,
tan lejos y a la vez tan cerca del mundo de las cosas y los hechos,
ha llegado mi vida a este valle de paz.

Francisco Serradilla (Inédito)

Vía Libro de Notas

Ilusión óptica

Mellor ilusión do ano 2010 creada polo matemático xaponés Sugihara Kokichi.
Un auténtico desafío á lei de gravidade. Ou non?


O xogo das cadeiras


Manifesto pola entrada das Mulleres na RAG, do blogue 'O xogo das cadeiras'
As mulleres sostemos a metade do ceo. (…). É hora de deixar de agardar”. Xohana Torres.
“Ver Xuntas, ver cada unha o que a outra non pode ver porque cada unha ocupa[ba] un lugar diferente, pero saber que nos xuntamos nese cuarto para mirar o mesmo, para trenzar un espazo común”. Margarida Ledo
“dunha banda a muller como axente de importancia capital na transmisión da lingua tradicional (…), doutra a muller como axente difusor do cambio”. Rosario Álvarez
“Imos de nai a nai pola liña da vida”. Luz Pozo
Catro mulleres, catro cadeiras, catro palabras. Demasiadas poucas para soster a metade do ceo, para trenzar un espazo común, para transmitir e cambiar a lingua, para ir de nai a nai pola liña da vida. As fortes voces das poetas, das narradoras, das lexicógrafas, dramaturgas, estudosas da literatura, transformadoras da linguaxe e polo tanto da vida en xeral quedan empequenecidas no absurdo xogo das cadeiras polo cal a Real Academia Galega nos reduce á insignificancia.
Dende a fundación da Real Academia Galega as mulleres levamos xogando sen cesar a aquel vello xogo infantil das cadeiras. Sempre somos nosoutras as que quedamos sen asento. Corremos máis ca ninguén, temos méritos, valores, as mans desgastadas de tecer redes, os lombos fartos de cargar con moito máis ca a metade do ceo cada día. E, malia a isto, seguimos quedando sen cadeira.
Resulta indigno mesmo ter que sequera argumentar o inxusto e innobre desta situación. Nestas alturas da nosa historia non abondan as cadeiras todas da Rúa Tabernas para dar acubillo ás mulleres de tantas xeracións que teñen méritos máis que sobrados para ocupar o seu posto. As nosas voces diversas deben de ser escoitadas, as nosas voces transformadoras e críticas, aló onde a lingua se decide, aló onde se debate a súa supervivencia que é tamén nosa. Non queremos ficar máis excluídas da historia, non queremos que as escritoras e estudosas do futuro teñan que buscarnos, como fixemos nós coas nosas devanceiras, entre o cascallo condescendente das palabras dos homes ou nos fondos máis escuros das bibliotecas. Queremos estar aí porque é de xustiza. Porque nosoutras tamén facemos a lingua, porque nosoutras tamén a labramos, a tecemos, a enguedellamos ás vidas do cotián, ás vidas do grandioso, ás vidas propias e alleas. Moitas das nosas mans, ademais, están curtidas en traballos pola igualdade moito máis amplos, en estratexias e alianzas que a Real Academia necesita para chegar á sociedade.
Señores académicos, non queremos seguir xogando ao xogo das cadeiras. É hora de deixar de agardar. Cadeiras para as mulleres XA.

11/04/11

Carta aberta ao Presidente da Xunta

Os asinantes, compoñentes da Cerna de ProLingua e en representación dos máis de dous mil membros desta plataforma apartidaria e plural, integrada por persoas de moi diversa ideoloxía e profesión, mais especialmente como galegas e galegos que desexan preservar para as xeracións futuras a nosa milenaria lingua propia, e preocupados polas declaracións que determinados candidatos das próximas eleccións municipais e sinalados dirixentes do Partido Popular de Galicia fixeron, dirixímonos a vostede para lle expoñer as nosas inquietudes sobre dunha hipotética, pero non descartada, reforma da actual Lei de Normalización Lingüística (Lei 3/1983) no sentido de diminuír as esixencias que a citada lei contén no sentido da protección da lingua galega.
De se producir tal feito, e de sufrir a nosa lingua un novo decaemento da súa situación legal, queremos lembrarlle que iso significaría
a) Que o Partido Popular de Galicia rompería de forma unilateral o consenso acadado para a promulgación da LNL en 1983.
b) Un abuso de poder dada a escasa lexitimidade democrática que se contén no feito de modificar por maioría simple o que se adoptou por unanimidade.
c) Unha actuación contraria ao espírito da Constitución Española (Art. 3.3), do Estatuto de Autonomía de Galicia (Art. 5.3) e da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias (BOE, nº 222 do 15/9/2001), que instan, todos eles, á defensa e promoción da lingua propia de Galicia.
d) Unha constatación pública e evidente da actitude de belixerancia contra o galego que mantén o partido que sostén o goberno de Galicia.
Por todo isto, rogámoslle a vostede que, consonte coa oferta de pacto pola lingua que manifestou no Courel o Día das Letras Galegas do pasado ano, se comprometa publicamente a non promover nin acometer ningunha reforma da LNL que non se produza co mesmo consenso e unanimidade con que a Lei 3/1983 foi aprobada no seu día.
Galicia, 9 de abril de 2011
Se desexas apoiar esta iniciativa, asina a petición online co teu nome e apelidos e un enderezo de correo electrónico válido.

Sofía, la vaca que amaba la música

O Parque Güell en time-lapse

Outro xeito de ver o Parque Güell, modelo utópico de cidade xardín creado por Gaudí en Barcelona.

BCN-Gaudí-Park Güell from mylapse on Vimeo.



Vía Microsiervos

10/04/11

Sometimes the Stars

Sometimes the Stars é o título dunha canción do grupo The Audreys. A curta de animación creada para a canción está producida por Luke Jurevicius e dirixida por Ari Gibson & Jason Panmet.


Sometimes the Stars from The Audreys on Vimeo.



Vía

La Fuga


Se che gusta a música, este é o teu libro. Se amas o jazz, este libro namorarate. Garantido. La fuga de Pascal Blanchet publicado por Barbara Fiore non ten palabras apenas, só imaxes. E estas respiran música. A vida dun músico de jazz e a brevidade da vida é o argumento. Pero deixade sentir a música que cada imaxe desprende, pechade os ollos e sentade a escoitar un disco e a forza que del provén. Cada imaxe un novo compás, un novo son: piano, voz, batería... Envolvédevos nas ilustracións que alcanzan vida e música propia. Por iso o libro non ten palabras: impedirían escoitar os sons.
Outra posibilidade é que antes de lelo vaiades á última páxina: alí atoparedes unha listaxe de recomendacións para escoitar con cada momento do libro. Será delicioso, maxino, escoitar o que o protagonista leva dentro ao mesmo tempo
Marabillosamente perfecto.

No IES Taboada Chivite puxéronlle música. Que traballo tan admirábel!:


Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.