Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
31/10/12
World's Oldest Color Film
Atoparalo en Curtas, Historia, Tecnoloxía
Anton Reixa. Ghicho distinto
A nova colaboración de Carme con sopresa incluída. Graciñas!
Atoparalo en Colaboracións, Lectura, Letras Galegas, Libros, Recomendamos, Xerais
Epidemia
Atoparalo en Actividades, Aulas, ENL, Fomento da lectura, Fotografía
30/10/12
Solgo
"Hubo una vez, un hombre que pintaba
sobre viejos cordobanes,
sobre el papel de arroz,
sobre la seda.
En las afueras de una ciudad,
el hombre pintaba ramas de cerezos,
durazneros en flor, cañaverales,
y amaneceres azules, de un azul de agua,
y un renacuajo en el estanque verde,
y una montaña con las cumbres blancas..."
Atoparalo en Álbum ilustrado, Edelvives, Recomendamos
Lalia
Atoparalo en Documental, Sáhara
29/10/12
As voces baixas
E aínda que sempre dixen que me gustaba máis o Manuel Rivas das "distancias curtas" (magníficos os seus artigos xornalísticos, xeniais os seus relatos curtos), agora son quen de me desdicir para proclamar a voz en grito "que ben escribe". É un pracer esta novela, con bágoa final incluída, tentando identificar na diferenza de anos o meu percorrido infantil e adolescente. Admirando o amor pola palabra, a súa importancia e a súa riqueza. Percorrendo a súa infancia, a súa adolescencia, o paso da ditadura, a intrahistoria particular... E a maleta, a maleta do emigrante, a maleta que a nosa xente nova volve coller para marchar, desta volta sen a esperanza do regreso. E o humor, o prebe dos pobres. E a galería amatoria de personaxes, a poesía, a sutileza, a maxia, a tenrura, a humanidade, o enxeño. As experiencias compartidas.
E como contrapunto, o medo como lectora de Rivas desdebuxándose como escritor: o Rivas que afirma "Tengo la sensación de que es el primer y último libro. Tiene una parte de cántico de la vida, comenzando por cosas humildes y sinceras; también tiene una parte de viaje al lado doloroso de la vida. Está hecho con el hilo de la ironía y el hilo de la lástima". E un pecha o libro e ora "por favor, Rivas, que non sexa o último!!!". Porque queremos seguir conmovéndonos contigo, queremos seguir emocionándonos, e porque nos gusta presumir da nosa boa literatura galega.
Atoparalo en Lectura, Letras Galegas, Libros, Recomendamos, Xerais
28/10/12
Cereza Guinda
Atoparalo en Álbum ilustrado, Edelvives, Recomendamos
Non á violencia contra as mulleres (CCLXXIX)
Campaña en Paraguay:
Atoparalo en Igualdade, Muller, Música, Violencia de Xénero
27/10/12
Una misma noche
Atoparalo en Lectura, Libros, Premios, Recomendamos
Respira
Curta do sindicato CGT chamando á folga xeral do 14-N:
Ven a respirar y respira.
El 14 de Noviembre, unamos nuestros gritos y detengamos esto.
Huelga General laboral, social, de consumo, ciudadana.
26/10/12
The Scream
Curta animada de Sebastian Cosor, co texto co que Munch recrea el ambiente:
Vía
O diario violeta de Carlota
Atoparalo en Club de lectura, Galaxia, Igualdade, Lectura, Libros, Muller, Recomendamos, Tradución
25/10/12
Contento
Vía
Atoparalo en Música
El hombre que quiso conocer a la Luna
Atoparalo en Álbum ilustrado, Edelvives, Premios, Recomendamos
A guerra da auga
Vía
Atoparalo en Documental, Medio Ambiente
24/10/12
A razón de Galicia Bilingüe
Escribo esta carta para amosar o meu total apoio a esa teoría. Eu aínda diría máis, vivimos nun país no que é imposible vivir en castelán.
Voulles contar a miña historia. Teño dous fillos aos que sempre falei en castelán. E así falaban eles, ata que comezaron a ir ao colexio público. Con tres anos abandonaron totalmente a súa lingua materna, e agora só falan galego. Só len en galego. Só escriben en galego. Viven nun mundo tan altamente galeguizado que me miran con extrañeza porque falo castelán, e incluso me preguntan por que non son coma todo o mundo, por que non falo en galego. Pero se fosen só as mestras... Os compañeiros e compañeiras, os seus pais e nais, as profesoras das actividades extraescolares... pero tamén as caixeiras do supermercado, os carteis de todos os comercios vaiamos onde vaiamos, a pediatra, o persoal do banco, a fisioterapeuta, todo o mundo que nos rodea fala en galego. Os impresos do Sergas, os recibos dos bancos, as propagandas de fontaneiros, mesmo os xornais, este mesmo, no que, de 76 páxinas, non puiden atopar nin unha soa noticia en castelán!!! Por non falar dos debuxos animados, por máis que busco, só nunha canle botan programas infantís en castelán.
É certo: nesta cidade na que vivo non hai xeito de facer unha vida normal en castelán. As persoas castelán-falantes estamos totalmente discriminadas e temos que chegar a facer xuntanzas especiais nos parques para que os nosos fillos poidan escoitar falar castelán con normalidade. Eu mesma non sei por que estou a escribir en galego. Será que á fin conseguiron adoutrinarme sen eu querelo.
Un saúdo e forza a todas as persoas que, coma min, se senten estranxeiras no seu país por mor de usar a súa lingua.
Atoparalo en Artigos de prensa, Linguaxe
Día da Biblioteca
Cartel Día de la Biblioteca 2012 |
Entrad y valorad el trabajo de estos jardineros esforzados, hombres y mujeres responsables de la Biblioteca: ellos riegan la sabiduría de lo sembrado en sus estantes, podan con cuidado las horas desilencio, remueven la tierra del pensamiento con recomendaciones y propuestas, abonan la imaginación con actividades inesperadas... y siempre, siempre, están ahí, bajo el sol abrasador y bajo la lluvia, esperando que las palabras florezcan, y que nosotros seamos portadores de las semillas que aventan cada día las páginas de los libros que atesora su biblioteca.
Aprended de ellos el amor por los libros y montad en vuestra casa vuestra propia biblioteca: por muy pequeña y modesta que sea será vuestro jardín y os llenará de olores, de sugerencias, de ideas,de sensaciones, que os harán sentiros llenos de gratitud, cercanos a esas personas, escritores e ilustradores, que contaron bellas historias para vosotros, de creadores que os hablaron de su mundo, de todos los mundos,para que vosotros os atreváis a mirar todos los horizontes y,al hacerlo, también os atreváis a mirar dentro de vosotros mismos para buscar vuestros más íntimos sentimientos, vuestros valores más auténticos.
José María Gutiérrez de la Torre
Presidente de la Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil
Ilustración: Juan Ramón Alonso / Maqueta: Jesús Sanz
Vía
Atoparalo en Biblioteca, Efemérides
23/10/12
Lendo "Os fillos do mar" (II)
Atoparalo en Actividades, Aulas, ENL, Fomento da lectura, Fotografía
Nas bibliotecas!
Texto de Sechu Sende para o Día da Biblioteca Escolar:
Nas bibliotecas!
No Dia Internacional das Bibliotecas!
Para David Otero e a gente do IES da Estrada
Onde podes atopar um livro que chame por ti com a tua própria voz…?
Nas bibliotecas.
Onde umha banda desenhada sobre o home que nunca aprendeu a abraçar com os olhos fechados?
Onde está a Guia Completa das Borboletas do Estómago?
Nas bibliotecas.
Onde fica o livro sobre um corvo que pousa no teu ombro e fala?
Onde há um Manual para levitar cinco centímetros quando fas o amor?
Nas bibliotecas.
Onde estám os Mapas topográficos do interior das mulheres rebeldes?
Onde podo achar um livro para me librar do eu que nom quero ser?
Onde está o Manual de autoajuda para nos enfrontar coletivamente aos antidistúrbios soprando com o ar dos nossos pulmons?
Nas bibliotecas.
Onde há umha antologia dos teus melhores sonhos eróticos incluídos os que aínda nom sonhache?
Onde podo atopar um Ensaio sobre os graffitis nas portas dos banhos?
Onde o poema sobre a noite em que o Leo Campos e Garcia de Dios ke te
Crew lhe entregarom a Public Enemy umha bandeira da Galiza no concerto
de Castrelos e Chuck D ergueu-na e dixo Defendei o vosso país por todos os medios possíveis?
Nas bibliotecas.
Em que lugar pode haver um livro de Bukowsky com tres pingas de esperma?
Onde o libro de memórias com a marca de água das bágoas de Nelson Mandela o dia que foi liberado?
Onde a Enciclopédia Universal da Soidade?
E o Livro Negro das torturas da polícia espanhola?
Nas bibliotecas.
Onde está o livro das melhores fotografias tiradas desde os teus olhos?
Onde a Declaraçom dos Direitos dos Homes e das Mulheres Lobo?
Onde podes achar um libro sem palavras?
Onde podes ler o poema sobre a tua morte?
Nas bibliotecas.
Em que lugar está esse livro que te humidece?
Onde está o livro que cámbia o ritmo da tua respiraçom?
Onde o livro que cambiará a tua vida ainda que nom te deas conta
até que umha noite te cruzes com um lobo na estrada?
Nas bibliotecas.
Onde estám os jornais domesticados que estabelecem os quatro temas sobre os que a gente tem que falar o resto do dia?
Onde está o jornal com palavras libres e selvagens que ninguém pode domear
com umha entrevista a Maria Xosé Silvar, Sés, onde explica os seus problemas
com a justiça española por defender o nosso idioma com a sua voz e umha pandeireta?
Nas bibliotecas.
Em que lugar podes dar com o livro de Música techno para provocar infartos coletivos?
Onde com o folheto que explica como defender-se dos abusos á clase trabalhadora?
Onde está a colecçom de fascículos das tuas amigas e amigos?
E o livro que ninguém escreveu?
Nas bibliotecas.
Onde está o Sumário do juíço no que te declaram culpável por defender a liberdade,
dous anos e um dia?
Onde o livro que fala sobre a Resisténcia?
Onde o libro com receitas para cozinhar com nitroglicerina?
E a Guia de Bonsais de Eucaliptos?
Onde o livro com a história de amor entre o piloto do hidroaviom húngaro
e o pirómano do Courel?
Nas bibliotecas.
Em que lugar está o livro sobre o excelente futuro laboral do Ciclo Médio de Pompas Fúnebres?
Em que lugar podes achar o pregom do alcalde na Festa Gastronómica da Lata de Conservas
Onde um livro sobre Artesania com coiro
de cacique?
Nas bibliotecas.
Em que lugar fica o livro com a história dos velhos que chegam á
discoteca e botam á gente nova a bastonazos e a convertem em sala de
baile da terceira idade?
Onde podes achar um ensaio sobre a poesia nos tatoos da mocidade galega do séc. XXI?
Onde um estudo sobre a composiçom química da sombra humana?
Onde umha entrevista a Carlinhos Gende na que fala dos seus
sound-systems nos edificios abandoados de Vigo onde a gente baila com os
olhos fechados e se transforma em lémures de Madagascar, gorilas na
néboa, ouriços cacho a cruzar a estrada e tigres de Blake?
Nas bibliotecas
Em que lugar podes dar com umha revista sobre tractores violeta?
Nas bibliotecas!
E umha obra de teatro com as palavras de amor dumha mulher xorda, umha cega e umha muda?
Nas bibliotecas!
Onde está o livro que eles nom querem que leias?
Nas bibliotecas!
Onde están as instruçons para converter sonhos em realidade?
Nas bibliotecas!
Em que lugar podes achar o libro que gosta de ler a gente que nom gosta de ler?
Nas bibliotecas!
Nas bibliotecas!
Atoparalo en Biblioteca, Letras Galegas
Infancia sen risos
Atoparalo en Documental, Igualdade, Infancia
22/10/12
Prepárame la Cena
"Calle 13" destina os dereitos deste tema á campaña contra a explotación e tráfico de nenos:
Atoparalo en Dereitos Humanos, Infancia, Música
360 graos de libro
Eu, quéroos! Non sei como se poden conseguir, pero xa me diredes se non son unha pasada...:
360°Book de Yusuke Oono , un xeito especial de amosar as escenas dos contos.
Vía Microsiervos
Atoparalo en Libros, Tecnoloxía
Sen IVE
Vía
Atoparalo en Economía, Fomento da lectura
21/10/12
A urna dos desexos
Atoparalo en Álbum ilustrado, Edicións Embora, Igualdade, Recomendamos
20/10/12
Homínido
Vía
Laudatio de AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
Hai 10.950 días que te coñezo, os mesmos que tarda a Terra en describir 30 órbitas nun camiño elíptico rodeando o Sol. E, nese lapso de 30 traslacións, aconteceron una sucesión de estacións que, grazas á mecánica celeste, mudaron máis de 30 veces Invernos de Voraces Sombras en primaveras desafiantes.
Afortunada consciencia a miña! Saberme instalada nunha vida heliocéntrica circunvalando continuamente o Sol sen ter que pagar a peaxe da inocencia.
Non deixa de sorprender que ese primeiro encontro fose no escenario do nacemento doutro movemento transformador, tamén solar, chamado de Renovación Pedagóxica. Rotunda e enérxica indignación de mozas e mozos que soñaban cambiar o mundo desde a escola, con armas tan subversivas coma o xiz (imprimindo constelacións na pizarra), os cadernos de notas sempre emborranchados, a imaxinación, ou as ideas solidarias.
Foi un fogonazo de luz, un momento afortunado, unha punción implacable e sagaz nos albores da democracia. O ensino pasou a ser algo importante, dun xeito diferente, novo e colectivo.Esa mistura de poesía e subversión na fundación de Nova Escola Galega converteuse nun roteiro que ninguén saberá esquecer, e ti, Agustín, condutor encargado dos empeños, animaches a nova paisaxe da educación.
Había en ti unha altura, outra altura máis reflexiva, un nivel de absoluta dedicación ao traballo, de tal xeito que o proxecto fraguado entre plumieres, xerou un tecido expansivo de alta resolución, combinando teoría e exercicio; xa non era somentes discurso, senón continxencia revestida de acción.
Aí entra Agustín no Instituto coa puntualidade intacta e o maletín cargado de sabedoría e alegría (una rima nada gratuíta), e de folios con varias cores onde recolle con milimétrica disposición, apuntamentos, esquemas, fantasías.
Durante anos, de luns a venres, congregaches a miles de mozas e mozos orfos de letras que, co teu criterio, souberon entender a densidade da escrita, o punto de fusión das ideas, e, o máis notable, ou máis sobresaliente, ou máis matrícula de honra, descubriron a temperatura de fervenza das palabras.Acompañáchelos, sen pausa, na difícil tarefa de descubriren a fronteira que leva á madurez, a pista que vai desde a esquina do pensamento máis egocéntrico ao recanto onde a experiencia se alimenta coa incorporación do outro: o que está ao lado, e o que non está.
Non é encargo fácil transmitir ao alumnado, por medio da lingua falada e escrita, os montes de experiencia que lle acontecen ao mundo e aos homes. Só un ilusionista que domina o repouso e o silencio é quen de traspasar a súa emoción inzada. Fai falta falar de algo, e para alguén, e soletrear a mil voces vocábulos que remedien o instantáneo, o, tantas veces manido, tempo inmediato. Que mérito! Transformar as aulas no lugar onde a realidade dialoga máis alá dos catro vértices que a queren confinar.
Agustín ten corazón adolescente e, coma tal, a súa obra goza de elementos que colocan á mocidade perante un espello de superficie pulida no que choca a luz e se manifesta segundo as leis da reflexión, principios que xogan con fíos de luminescencia, con sons e con ondas de auga, por exemplo. E facilitan o retorno da enerxía, sen desvíos non desexados.
Encántame curiosear nos argumentos e ver como se feminizan os personaxes. O protagonismo recae en condutoras, delegadas, xogadoras de baloncesto e, tamén!, en mozas que posúen unha curiosidade omnívora que as leva a excavar na biografía de seu, co afán de localizar os retallos onde revelarse, todo con tal de fuxir do espesor da escuridade.
E moitos máis asuntos nas súas historias sempre contemporáneas. O reclamo do medio ambiente cun Son de buguinas e caracois de nácara que tapen a vergoña do chapapote e subministren a afouteza necesaria pregoando que non se repitan as malditas historias que asolagan o país.
E, con esa mesma curiosidade, observo como o reverso sentimental da túa moeda, empurroute a colaborares na normalización da cultura sometida ao rigor do aturdimento. Colliches folgos e organizaches centos de equipos de normalización lingüística coa tarefa ensanchada de visibilizar, amparar, espallar a lingua. O Galego como indicio de estarmos vivos.
E, por fin, neste periplo inabranxible, dicirche que hoxe visto unha saia da miña filla, aquela meniña de 9 anos que te atopou un día levando un “pau de chuva” con música de areas, e cos seus ollos bañados en asombro, dixérache que acabara de descifrar os enigmas do Tren cargado de misterios.
E lévoo, ademáis, porque sei, sabemos!, que hai unha esperanza inmensa agardando no fondo dos segredos, e, nese amencer xuvenil persevera a crenza na luz, luz, a palabra máis repetida no título das túas obras, luz, esa da que ti es merecente posuidor, que, coas faíscas da túa mirada, semellas dicirnos, como aquel músico no relato de Julio Cortázar: “Esta música ya la toqué mañana!”
Querémoste, Agustín
¡OMINÁ,AÑIXA SOMEREVLOV SONREV!
Grazas
(Grazas Asociación Gálix, Ledicia Costas, Montse Pena, Ana Luna, Francisco Castro. Un día para lembrar con moitísima emoción)
Atoparalo en Actualidade, Escritores, Galicia
Para ter ao noso carón
Atoparalo en Actualidade, Escritores, Fomento da lectura, Letras Galegas, Tecnoloxía
10 anos despois
Atoparalo en Medio Ambiente, Sociedade
19/10/12
Que se saen!
Non deixedes de ver estoutros debuxos de Ramon Bruin. Para flipar!
Vía
Atoparalo en Arte, Pintura, Tecnoloxía
18/10/12
Necesitas sorrir? Déixate axudar
Vía
Atoparalo en Igualdade, Premios, Sociedade, Solidariedade
17/10/12
Cuento de Noche
Esta ilustradora estase convertendo nunha debilidade. Encántame!
“...antes de dormir, ella se sienta en mi cama con un montón de cuentos entre las manos”.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Cuento de Luz, Recomendamos
Amanda Todd's Story
Unha nena de case 15 anos suicídase tras levar dous anos acosada nas redes sociais. A tremenda historia podedes lela aquí.
Atoparalo en Aulas, Educación, Infancia, Sociedade, Tecnoloxía
16/10/12
A caza do ghazafello
Buscando materiais para "outras historias", cheguei a este libro que repousaba nos meus andeis agardando a oportunidade de sorprenderme. Abofé que o conseguiu! Acadaouno de tal xeito que me encantou! Cun título tan ben escollido, publicado por Xerais, A caza do ghazafello, o escritor Denis M., o músico Marcos Paino e a ilustradora Sara López conseguen un libro-disco espléndido con aventuras extraordinarias e fantásticos mundos salferidos por humorísticos tintes que afastan a aqueles que puidesen pensar que estamos ante un libro máis de aventuras para xente nova.
Atoparalo en Ilustración, Lectura, Letras Galegas, Libros, Música, Recomendamos, Xerais
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.