Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/03/20

Nai


Hélène Delforge e Quentin Gréban publican en Algar este precioso álbum ilustrado que vén a ser unha homenaxe a todas as nais. Nai chama a atención polas ilustracións, xa dende a portada, e polo tamaño do libro. Imposible non fixarse nel. Logo, ímonos deleitando con todas e cada unha delas, a variedade de maternidades que nos lembra que todas son diferentes pero iguais, porque o amor é universal, ben veña dado por bicos, apertas, aloumiños... ou pola sensación de seguridade. As ilustracións canda un texto poético doce, delicadamente cariñoso.
Un álbum para ollar de cando en vez.


Nai.
Unha das primeiras palabras do mundo.
Un nome único que levan millóns de mulleres.
Unha palabra para nomear o amor, a tenrura, o vínculo, quizais a ausencia.
Hai tantas nais como criaturas.
No entanto, en todos os continentes,
unha vez collen o seu bebé no colo,
todas as nais se parecen.

Here's the Plan

30/03/20

HUMANA. el cuerpo fuera del cuerpo

"Humana" é unha reflexión sobre a percepción de sete mulleres sobre o seu propio corpo. As mulleres aceptan a proposta da ceramista Sweet Sue de crear nha vaixela por medio de moldes de partes do corpo coas que teñan algún tipo de conflito.



Ama

Gustoume (aínda que non me encantou, porque coido que ás veces é un pouco repetitiva) esta lectura triste, esta reflexión ou álbum de lembranzas (é isto unha novela?) de José Ignacio Carnero que publica Caballo de Troya: Ama procura a nai perdida, o amor maternal e o filial, a infancia afastada, pero tamén a agonía e a dor da enfermidade. Pero ademais, o autor non só fala da nai, senón tamén da súa propia biografía dende un punto de vista crítico. Estes temas abondan na nosa identificación: hai moitas liñas nas que procurarnos tamén nós. A complexa relación cos pais (e cos fillos), a sociedade actual, a emigración... está claro que a experiencia individual do autor que nos conta aquí descarnadamente, pode representar moitas vidas ou cando menos moitos anacos doutras vidas. 
Hai momentos para que as bágoas veñan. Pero tamén hai momentos máis tediosos. Sexa como for, atrévome a recomendárvola. Seguro que hai espellos entre as súas liñas.




29/03/20

Tecido Resistente

Flora y los pavos reales

Fermosísimo e delicadísimo álbum despregable de Molly Idle que publica Barbara Fiore: Flora y los pavos reales é un orixinal libro sen palabras que converte cada páxina nun baile, nun soño, nun xogo. Unha nena que baila con dous pavos reais ciumentos porque ambos queren ter o mesmo protagonismo, pero sempre hai solucións. 
O final, espectacular.

28/03/20

Julieta Venegas - Mujeres

27/03/20

El blues del hombre muerto

Xa vos falei o outro día de Ray Celestin. Por suposto, seguín co segundo libro (coido que non hai máis publicados de momento): El blues del hombre muerto, publicado tamén en Alianza. Novela negra que non necesita para enganchar nada máis que nomes famosos, música, verosimilitude e historia.
Si. Viaxemos ao Chicago dos anos 20 do pasado século da man de Al Capone e Louis Armstrong. Paseemos polas súas rúas e coñezamos os baixos fondos, aprendaos algo máis sobre os costumes, a segregación racial, a drogadicción... Non esquezamos que na outra man temos á parella protagonista da anterior novela. Imos moi ben acompañadxs. A partir de aí, unha novela coral que dende tres camiños paralelos e diferentes vannos levar a un só final, porque nalgún momento da historia, eses camiños deixarán de ser paralelos para cruzárense entre si. Personaxes reais e de ficción pululan por unhas páxinas atraentes e ben construídas onde nada queda ao azar.
Como xa dixen na súa anterior novela, unha auténtica gozada!






26/03/20

Green Light

La ciudad latente

Volve a sorprendernos e conquistarnos Shaun Tan con esta La ciudad latente que publica Barbara Fiore. Un álbum ilustrado de 44 ilustracións a dobre páxina e 25 contos e poemas protagonizados por animais de diferentes especies. Neles, plantéxanse conflitos da sociedade amosándonos que o ser humano está totalmente desconectado da natureza, polo que o autor decide crear unha oda a esa natureza e a eses animais que cambiarán a percepción da realidade dos humanos, unha realidade que asfixia.
Coma todos os libros deste autor, estamos ante unha obra de arte convertida en libro. As ilustracións cheas de cor, fantásticas, fermosas, hiperreais.


25/03/20

Ma’agalim - Jane Bordeaux

Ma'agalim - Jane Bordeaux from Uri Lotan on Vimeo.

La bailarina sin corazón

Nahir Gutiérrez e Iván Harón constrúen unha historia moi emotiva que publica Mueve tu lengua: La bailarina sin corazón conta como unha nena nace cunha cardiopatía que lle impedirá levar a cabo o seu soño... pero hai moitos soños que cumprir! A protagonista representa unha realidade cotiá: a cantidade de veces que temos que recuperar as forzas para seguir adiante porque non saíu aquilo que nós quereriamos para as nosas vidas. De aí que o final da historia sexa un alento de esperanza, unha reinvención persoal para non nos centrar nunha soa cousa que quizais sexa imposible e ter a capacidade de non permitir que este imposible non nos escravice.

24/03/20

Quero ir

Esta canción está adicada a tod@s as persoas que queren ir a moitos sitios, pero por responsabilidade quedan na casa. GRAZAS

Un trevo para Xulieta

Paula Merlán e Mar Azabal son as artífices de Un trevo para Xulieta, álbum publicado por Bookolia. Un libro que fala de diferenzas, de respectalas e de non avergoñarnos delas. Porque todas e todos somos diferentes pero iguais. Non importa aquilo que nos afasta, senón o que nos achega, como o cariño e a amizade. E sobre todo o respecto.



23/03/20

Manada somos nós

Jazz para el asesino del hacha

Jazz para el asesino del hacha reconcilioume coa novela negra. Desde hai moito tempo, ningunha novela deste xénero, que adoitou sempre a me axudar na fuxida, acababa de me encher. E agora chegou Ray Celestin para salvala e salvarme. De feito, xa estou co segundo libro. Ambos, publicados por Alianza edidtorial. En primeiro lugar chama a atención que sexa unha historia real, sitúada entre 1918 e 1919. Logo a música, o jazz. Despois, a ambientación. Mentres les, sentes que estás paseando polo Novo Orleans daqueles anos. O escritor sabe levarnos a un lugar onde a música asolaga as rúas,o onde a bebida e as drogas campan, onde o racismo imponse cruelmente, o vudú existe e a violencia e a extorsión son o pai noso de cada día. Asemade, os personaxes, ben construídos, espectacularmente efectivos, incluído Lewis Armstrong. Estes personaxes ofrécennos diversas perspectivas que se van enrendando para darnos solucións e partillando de tal xeito que o lectorado poida tirar as súas propias conclusións.
E si, é unha novela negra, moi negra. Pero tamén o é histórica, porque o autor soubo alimentarse para escribila. Unha gozada.

22/03/20

Tusa feminista

La ola de estrellas

Fermoso álbum de Dolores Brown e Sonja Wimmer publicado en Nubeocho: La ola de estrellas ten o sabor dos contos tradicionais e é un álbum tenro que conleva historias de mariñeiros e piratas, con sabor a mar salgada. De fondo, o libro fala dos cambios que nos poden suceder na vida e que podemos loitar para revertelos.


21/03/20

Somos as netas das bruxas que non puidestes queimar

Somos las nietas de las brujas que no pudisteis quemar

Antifona gregoriana que se cantaba en tempos de peste

http://zarabanda.info/antifona-gregoriana-que-se-cantaba-en-tiempos-de-peste/


Y la gente se quedó en casa.
Y leyó libros y escuchó.
Y descansó y se ejercitó.
E hizo arte y jugó.
Y aprendió nuevas formas de ser.
Y se detuvo.

Y escuchó más profundamente. Alguno meditaba.
Alguno rezaba.
Alguno bailaba.
Alguno se encontró con su propia sombra.
Y la gente empezó a pensar de forma diferente.

Y la gente se curó.
Y en ausencia de personas que viven de manera ignorante.
Peligrosos.
Sin sentido y sin corazón.
Incluso la tierra comenzó a sanar.

Y cuando el peligro terminó.
Y la gente se encontró de nuevo.
Lloraron por los muertos.
Y tomaron nuevas decisiones.
Y soñaron nuevas visiones.
Y crearon nuevas formas de vida.
Y sanaron la tierra completamente.
Tal y como  ellos fueron curados.

(K.O’Meara – Poema escrito durante la epidemia de peste en 1800)

20/03/20

Miguel de Unamuno. Selección poética

Un fermoso libro de poesía que publica Kalandraka con ilustracións de Artur Heras: Miguel de Unamuno. Selección poética é un deses libros para gozar paseniño, para ler de cando en vez e demorarse no luxo de edición e ilustración. So trece poemas, de 1700 que compoñen o seu Cancioneiro. Unamuno xoga coa linguaxe e inventa palabras, ama os xogos infantís e recrea abecedarios, de xeito rotundo e oportuno. Neste libro, o ilustrador dános a súa interpretacións dos poemas, actualizándoos aínda máis, establecendo asociacións mentais e simbólicas e convidándonos ao xogo poético.


TéCanela - "Llegamos Tarde"

19/03/20

Mis últimos 10 minutos y 38 segundos en este extraño mundo

Encantoume. Se de algo está servindo esta praga que estamos a vivir, é para reencontrarme coa lectura. Sobre todo grazas a libros coma este. Compreino para a biblioteca coma un impulso, sen saber nada del, e foi dos mellores acertos. Nin sequera sabía que ía formar parte do vestíbulo da igualdade! E ao lelo, irá para alí nun lugar de honor. Mis últimos 10 minutos y 38 segundos en este extraño mundo é de Elif Shafak e está publicado pola editorial Lumen. É unha novela dura e sensible, por momentos sobrecolledora, por momentos tenra, por outros conmovedora... ou quizais todos estes momentos teñamos que xuntalos e sentir todo a un tempo, porque eses minutos e segundos que na novela asegura que os humanos seguimos pensando aínda despois de mortos, son un percorrido vital... e que percorrido tan tremendo! Paseando por un Estambul non soñado, un Estambul duro, unha cidade feroz que dá voz arestora ás persoas máis maltratadas, ás apestadas, ás que senten máis dor. E as páxinas transforman en dor en beleza: a beleza da literatura. E esta beleza tamén deixa pegadas críticas, tan tremendas á situación da muller islámica que nos deixa sen alento. Porque esta muller non ten acceso á liberdade, nin sequera á liberdade máis simple e esencial, a máis cativa. Que necesidade de dar voz a estas mulleres!
Deixádevos seducir por esta autora, deixádevos conducir polas súas páxinas, deixade que vos debuxe a cidade de Estambul, coa súa corrupción e deshumanización, pero sobre todo deixade que as personaxes protagonistas entren nas vosas vidas, facédelle un oco onde non tiveron antes lugar. Deixade que o amor, a inxustiza, a dor, a pobreza, pero sobre todo o dereito á dignidade do ser humano entre nas vosas vidas.


Vivir Quintana - Canción sin miedo

18/03/20

Quérote

Fermosísimo álbum de Hèléne Delforge e Quentin Gréban publicado por Algar na nosa lingua: Quérote é un poemario de amor, amor de todos os tipos: entre home e muller, amor homosexual, amor filiar, amor maternal, amor paternal, amor rematado, desamor, amor por un/unha mesmx... e amor malentendido.
Cada dobre páxina contén un poema e unha ilustración de ar "vintage" que namora xa só dende a portada.

Jinxy Jenkins & Lucky Lou

Curta sen palabras:

17/03/20

A alma perdida

Fermosísimo álbum de Olga Tokarczuk con ilustracións de Joanna Concejo que publica Thule: A alma perdida é unha metáfora do ser humano contemporáneo, un tratado filosófico que sería imposible sen as ilustracións que o completan, unha invitación á contemplación, á serenidade, á paz... A ter momentos de introspección e saber que o mundo tamén pode agardarnos porque a melancolía e a ledicia forman parte de nós e ambas están representadas nestas delicadísimas ilustracións. Que sen alma non somos ninguén. Procuremos canda o protagonista o mellor da condición humana, porque debemos lembrar como  convivir con nós mesmxs e co planeta.
Agradecer á editorial Thule que publique este libro na nosa lingua. Desgraciadamente, non é algo habitual.

«Era unha vez un home que traballaba moi duro e moi rápido e que xa había tempo deixara en algures, lonxe, a súa vagarosa alma.»


16/03/20

Kim Ji-young, nacida en 1982

Cho Nam-joo cóntanos en Kim Ji-young, nacida en 1982, publicado por Alfaguara, a diferenza que existe na sociedade coreana entre nacer home e nacer muller, pero sobre todo como medrar sendo de diferentes sexos. O libro conta a historia dunha muller calquera, e así o recalca dándolle un nome moi común en Corea, porque o que procura é incidir en que o que lle ocorre a ela é algo normal no seu país, e por iso non quere que o lectorado se identifique co personaxe feminino protagonista, senón con calquera muller coreana. Chama a atención tamén que o libro non sexa só unha novela, senón unha especie de híbidro entre novela e crónica, dando datos reais e aportando as fontes oficiais destes datos: estatísticas, datos contrastados, fontes xornalísticas, denuncias oficiais... argumentos que ninguén poderá botar por terra. Así, é unha labazada a esta sociedade, pero non só a ela, xa que o endiosamento dos homes non está restrinxido á sociedad coreana. Canda este tema, o aborto selectivo se dunha nena se tratar, a relegación do papel da muller ao ámbito familiar (aínda que sexa máis intelixente e así o demostre ca o seu esposo), a discriminación en todos os ámbitos, a violencia, o machismo, a misoxinia...
Interesantísimo este libro que nos lembra que as mulleres cometemos erros porque somos humanas, non porque sexamos mulleres.

15/03/20

O amante

Un pracer reler este libro e agora na nosa lingua. Un libro que lin hai miles de anos e que segue a ser unha marabillosa proposta. É a editorial Kalandraka quen decidiu a súa publicación na nosa lingua, un xa clásico de Marguerite Duras que conta coa tradución de Oriana Méndez: O amante representa o espertar ao amor, ao pracer, é asemade a relación familiar, a maternofilial, a relación coa sociedade, coa pobreza, coa aparencia... O libro tamén nos informa dunha Indochina francesa que é colonia e non estado francés, de aí unha distancia cultural insalvable que se vive e se crea dende a diferenza entre colonxs e colonizadxs.
Canda o amor, a desesperanza, o amor imposible, inalcanzable, a distancia. E canda estes, a profundidade da escrita, o manexo literario dunha autora que nos deixou e segue a deixarnos atrapadxs na súa luz e na súa musicalidade. Conseguir tanto con tan poucas palabras! Saber escoller a súa esencia e deitala no papel para facela inmortal.



14/03/20

Oliver Button é unha nena

Que agasallo tan marabilloso este que nos fai a editorial Kalandraka ao recuperar este libro para a nosa lingua e o noso goce! Oliver Button é unha nena de Tomie dePaola é un deses álbums que debe haber en todas as bibliotecas e en todas as casas, un imprescindible inclusivo do ano 1979.
Oliver é un neno ao que non lle gusta xogar ás mesmas cousas que aos outros nenos da súa idade, xa que prefire xogar a eses xogos aos que a sociedade lles impuxo o xénero feminino. E é que o que máis lle gustar a Oliver é bailar; isto supón que o insulten e o desprecen.
Traballar o respecto é esencial, e este libro vai nesta liña. Tamén axuda a reforzar a confianza en nenos e nenas que queren realizar diferentes actividades a aquelas impostas pola sociedade patriarcal e loita por que cada neno e nena sexa particular e diferente. Por iso é un libro esencial para introducir a diversidade como riqueza. Asemade, outra das grandezas do álbum é que dá importancia ao traballo, ao esforzo, á constancia. Un valor que ás veces a sociedade actual tamén esquece.
Pois iso, un libro completo, actual, imprescindible... e na nosa lingua!

13/03/20

Se che pica un mosquito

Para prelectorado, divertido álbum de Jordi Gastó e Christian  Inaraja que publica Kalandraka en cartoné: Se che pica un mosquito é un divertimento, un xogo para esquecer a dor, un poema rimado que alivia e que é de gratis porque non hai que ir á farmacia a correr para remediar a doenza. E é que os libro tamén sandan, e a poesía sempre é un remedio eficaz contra todo tipo de enfermidade...  O mellor é pasar bos momentos compartidos coas amizades e esquecer os malos intres.




12/03/20

Naturaleza hostil

Arnaldur Indridason é un dos meus autores de novela negra preferidos e sempre que saca un libro vou por el, pero teño que recoñecer que este gustoume menos que os outros, quizais tamén porque nos di que este é o punto final dun dos nosos detectives preferidos, Erlendur: Naturaleza hostil está publicado en RBA. É unha novela máis lenta e máis introspectiva porque o protagonista ten que procurar a solución dunha desaparición, e sobre esta voará constamente a morte do seu irmán. Algo que lle quita o alento continuamente.

Mr Indifferent

11/03/20

Si esto es una mujer

Un libro de doada lectura e que comeza unha nova saga, da man de Lorenzo Silva e Noemí Trujillo: Si esto es una mujer, publicada por Destino. O libro é unha exposición do sometemos das mulleres que sofren trata e escravitude sexual, a degradación e o deterioro total das humanas. Aínda que non é ningunha obra mestra, xa que falla en ocasións o ritmo e o gancho, pero é interesante polo argumento. Agardaremos tamén que da de si a inspectora Mauri, que nos ofece unha perspectiva interesante como protagonista, xa que non cae ben porque semella que vai de ególatra e de ser superior pola vida, pero creo que pode ser interesanta. A ver como evoluciona.
En fin, un libro que pode pasar desapercibido e que non enche.


Campaña 8M 2019

Vídeo inclusivo do Instituto Canario de Igualdade (Goberno de Canarias), con ocasión do Día da Muller, con inclusión expresa das mulleres trans*.


10/03/20

Se me quixeses...

09/03/20

Zlateh, la cabra y otras historias

Con ilustracións de Maurice Sendak, publica Kalandraka este libro de Isaac Bashevis Singer: Zlateh, la cabra y otras historias, un libro que ten case tantos anos coma min, ou sexa, que xa ten historia!. Sete relatos tradicionais xudeus recuperados desde o "yiddish", lingua milenaria da Europa Central pertencente ás comunidades xudías. As situacións son bastante surrealistas, e os personaxes estrambóticos, resaltando como non podía ser doutro xeito as ilustracións en grises coma gravados antigos do gran mestre.





Himno feminista Vivir Quintana Mon Laferte y El Palomar

08/03/20

Alma Guerrera, Ni Una Menos

07/03/20

Volando Vengo-Transformación Social

06/03/20

Le clitoris

05/03/20

Morra o conto

Escachemos os espellos
rachemos as ataduras
unamos as voces
coma se fósemos UNHA.
Que MORRA O CONTO!


Asaltemos as rúas! #8M


Con Guadi Galego, Sofía Espiñeiera, Patty Castro, Nastasia Zürches, Mounqup. Lola de Ribeira, Anaïs Barbier e High Paw.




Querido espello, outra vez empurrándome ao medo á fame, á asfixia, ao silencio. Querido espello, outra vez condenando o meu peito, o corpo, a pel, os segredos. Xa é o momento, chegou a hora troncemos os armarios para transgredir a historia! Xa é o momento, chegou o día troncemos os espellos, carraxe e valentía! Morra o conto xa! Aprendemos a espirnos rachando as ataduras para podernos vestir con sorrisos e engurras. Aprendemos a espirnos rexeitando as proporcións. Este conto remata. Únete á celebración! Maldito espello, que agochabas as portas do inferno, agora acabamos cos demos. Morra o conto xa! Maldito espello, xa tronzado acabouse o misterio, só quedan os vidros dun tempo. Morra o conto xa! Xa é o momento, chegou a hora troncemos os armarios para transgredir a historia! Xa é o momento chegou o día troncemos os espellos, carraxe e valentía! Morra o conto xa! Aprendemos a espirnos rachando as ataduras para podernos vestir con sorrisos e enrugas. Aprendemos a espirnos rexeitando as proporcións. Este conto remata. Únete á celebración! Esa historia pide terra, morra o conto xa! Contáronnos mentiras, non nos deixan bailar. A Rosa, a Maruxa, son anos cavando. A nosa árbore medra sa! Aprendemos a espirnos rachando as ataduras para podernos vestir con sorrisos e enrugas. Aprendemos a espirnos rexeitando as proporcións. Este conto remata. Únete á celebración!

04/03/20

Unha nena que esixiu unha educación

“Una niña que exigió una educación”, charla TED de Kakenya Ntaiya.


03/03/20

Veo el mundo

Romana Romanyshyn e Andriy Lesiv convídannos a observar o mundo que nos rodea, ese que temos ante os nosos ollos, fixándonos en todos os detalles, en todas as cores, en todos os matices, en Veo el mundo publicado por Barbara Fiore. O libro é unha exploración e un xogo para aguzar o noso sentido máis prezdo, o da vista, porque con ela podemos observar pequenos xestos e emocións que de non tela serían fuxidías. Pero se non a temos, podemos ler a través do alfabeto Braille, e mesmo para ver aquilo que non está preto ou que é demasiamo ínfimo temos aparellos que podemos utilizar, como telescopios e microscopios. O mellor é que podemos mirar o mundo, observalo, e saber que cadaquén vai miralo de diferente maneira porque iso é o que somo, iguais pero diferentes. Un libro cheo de detalles que nos convidan a observar, a mirar, a deternos, a perseguir detalles. E a reflexionar.



02/03/20

Palimpsesto

Un cómic que non deixa indiferente, así é este Palimpsesto de Lisa Wool-Rim Sjöblom que publica Barbara Fiore. O título dános unha pista importante: un Palimpsesto é un manuscrito antigo que conserva pegadas dunha escritura anterior borrada artificialmente; así é a historia de nenos e nenas adoptadxs,  realidades que non coinciden coas historias que sempre lles contaron.
A autora sorprende cos tons empregados para realizar o libro, ademais do propio texto, ás veces excesivo para un cómic, para contarnos a súa propia historia, unha historia baseada nunha mentira, xa que descobre que non foi adoptada por ser orfa, senón que outra é a realidade. De aí que o libro conte a investigación chea de dor que a autora e protagonista vive para entender a súa propia historia emocional. Algo que converte a lectura en desgarradora polas políticas corruptas que se agochan detrás das adopcións internacionais que xogan coa vida dxs máis desfavorecidxs.
E mentres nos mergullamos na súa lectura, pensamos en tantas persoas achegadas que queremos e poderían vivir estas mesmas emocións e sentimentos encontrados.

01/03/20

8 DE MARZO, ¡MUÉVETE!

Coro de mulleres Malvaloca en apoio á Revolta Feminista de 2020

Bosque vermello

 En edicións Positivas podemos atopar o último poemario de Tamara Andrés, bosque vermello: unha reflexión sobre a concepción do amor e o camiño cara á liberdade. O bosque que nos propón a poeta é o lugar idóneo para a reflexión, para o sentimento real, serio, honesto. Nese espazo idóneo cada persoa é quen de cohabitalo dende diferentes realidades, perspectivas subxecivas que podemos cuestionar ou non, en absoluta liberdade. Porque así xorden complicidades lonxe do habitual, porque as persoas somos seres cambiantes e esta característica permítenos mudar asemade do común ao afastado para logo volver, sentindo a presenza moitas veces dunha realidade que nos oprime e non nos permite respirar en liberdade, non nos permite medrar, non nos permite sequera realizar os nosos desexos, nin sequera pretendelos; de aí que ese bosque sexa o lugar soñado onde a liberdade individual existe.

  (...)
Morreu nunha residencia con 
nome de barco. É curioso como
a xente traza a nosa propia cartografía.
 (...)
Os anciáns abrindo autómatas 
a boca. Expulsar sen consciencia 
calquera líquido.
 (...)

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.