Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
28/02/21
27/02/21
Non cantan paxaros neste bosque
Non son eu deste tipo de lectura, porque adoita deixarme mal corpo, e así foi; reño de certo que iso significa que o libro está ben, posto que senón, non sería capaz de me remoer o estómago. Pero hai relatos que, efectivamente, deixáronme en mal estado, agravado aínda por riba polas primeias reaccións á vacina, o que constituíu todo un reto de lectura.
Por suposto, como en todo libro de relatos, hai algúns que me gustan máis e outros menos, e teño que constatar que o meu preferido pasou a ser "Área de servizo"; agora ben, non me preguntedes cal foi o que menos me gustou, porque non sabería dicilo; quizais o que máis me arreguizase fose o de "Selenochlamys estadea": non quero volver a ver unha lesma por un tempo!
Por certo, estou a falar do último libro do meu prezadísimo Carlos Negro, que aparca a poesía -espero que por pouco tempo- para nos ofrecer un monllo de retalos que son moi do seu gusto e que constitúen -creo eu- unha homenaxe aos seus autores de referencia, entre os que se atopan Agustín Fernández Paz. Non cantan paxaros neste bosque está publicado por Xerais.
Atoparalo en Lectura, Letras Galegas, Libros, Recomendamos, Xerais
26/02/21
25/02/21
Cancións para Ana Lúa
Con profusas e fermosas ilustracións de Correa Corredoira, (imposible pasalas por alto, son enormemente "frenéticas": apetece telas colgadas na casa para observalas de cando en vez) , ofrécenos Xavier Seoane Cancións para ana Lúa, publicado por Xerais, un monllo de poemas infantís que constituén en si mesmo unha homenaxe á infancia, con todo o que supón de máxico, fantástico, alegre e imaxinativo.
24/02/21
23/02/21
Quero saír! Quero saír!
Escribe María Canosa en Quero saír! Quero saír! a experiencia da pandemia e o confinamento que supuxo esta... hai un xa case un ano! Un álbum que fala de como se viviu esta situación dende os ollos da infancia, uns ollos e uns corpos que non entenden que ocorre pero que se suman ao sacrificio porque saben que é o que hai que facer. Xunto coas ilustracións de Andrea Estévez, edicións Embora lémbranos que a pesar de estarmos pechadas tamén podemos viaxar e voar, porque a nosa fouteza e o noso maxín son máis fortes que calquera pandeimia ou enfermidade. Iso si, poñamos a máscara e coidémonos.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Edicións Embora, Letras Galegas, Recomendamos
22/02/21
No estas sola, Sara (2009)
Sara (Amaia Salamanca) asiste a la última sesión de terapia psicológica organizada para un grupo de mujeres maltratadas física y psíquicamente. Por fin, tras años de terapia, consigue verbalizar su propia historia, sin que el miedo, las emociones y los recuerdos se lo impidan. Unos años antes, Sara era una chica feliz: estudiaba periodismo, le gustaba maquillarse, comprarse ropa, ir al cine, leer y divertirse. Una noche conoce a Javier (Ricard Sales), un chico de su edad, guapo, educado, tímido y lleno de encanto, que la enamora poco a poco, llenándola de atenciones. Pero llega un día en que Javier le aconseja que no vuelva a ponerse minifalda. Ese es el punto de partida de una pesadilla llena de violencia.
Atoparalo en Cine, Violencia de Xénero
21/02/21
Boulder
Eva Baltasar publica en Random House Boulder, novela que me pareceu alucinante e moi recomendable por falar da sexualidade feminina e das relacións lésbicas sen andrómenas e por falar da maternidade como a intromisión da descendencia e como esta maternidade é quen de transformar as persoas e as relacións de parella. A protagonista chámase Boulder (como as grandes pedras illadas nunha paisaxe sen que ningúen saiba por que están aí) que pasa da súa vida en soidade á súa vida en parella, unha relación perfecta ata que esta última lle pide ser nai, por inseminación artificial. E aquí comezan os problemas, o afastamento, a crítica ás clínicas de reprodución asistida, a ausencia de sexo e a presenza dun novo sinfín de emocións e sentimentos que provocan un afastamento que será xa insalvable. Calquera maternidade é válida, porque vívese de diferentes xeitos. E á nosa protagonista, finalmente, chegaralle con ver a súa filla de cando en vez. Esta é, creo, a mensaxe final: que debemos vivir en coherencia con nós mesmas, e dentro desa coherencia tamén se pode vivir a maternidade. Porque esta é unha escolla, e temos que facer o que sentimos. Non todas temos por que ser nais, nin nos poden obrigar a selo, nin a querelo.
"La maternidad es el tatuaje que te fija y te numera la vida en el brazo, la mancha que inhibe la libertad"
Atoparalo en Igualdade, Lectura, Libros, Muller, Penguin Random House, Recomendamos
20/02/21
19/02/21
Lectura fácil
Andei detrás desta moza para que colaborase coas súas lecturas, que son moitas, pero nunca se me animou. Ata agora, impulsada por unha lectura que quere compartir convosco. Trátase de Lectura fácil, de Cristina Morales, publicada por Anagrama.
Grazas, Lara.
Lectura fácil para min é un libro imprescindible porque remove. A súa escrita fascina, o control da linguaxe que ten Cristina Morales provoca en quen a le un pracer desmedido; cada frase, cada enunciado, cada subordinada, ten unha carga semántica tal que fai que a súa lectura sexa inesgotable. É, ademais, unha novela heteroxénea, cambiante, con narracións diversas e estilos diferentes que se van adaptando ás personaxes. Ou será ao revés?
Sobre todo, Lectura fácil é política, é compromiso, é ideoloxía. Coonverte en visíbel a discapacidade intelectual ou, como di Morales, visibiliza esa etiqueta aséptica e politicamente correcta das institucións, un feito non novidoso pero si innovador, non só porque as protagonistas sexan mulleres, que tamén, senón porque a autora narra dende as marxes, reflexiona sobre a okupación, sobre a sexualidade, sobre "el yayo Karl"... a través de persoas que socialmente son consideradas residuos humanos, seres inferiores, vermes.
Non só a novela senón a propia Cristina é alguén que paga a pena coñecer. É un ser subversivo, interesante, cun talento innegable para a escrita. A palabra perténcelle de tal xeito que é capaz de crear significados cheos de beleza. A súa linguaxe é forza, é combativa, un exercicio de talento e intelixencia delicioso.
Atoparalo en Anagrama, Colaboracións, Igualdade, Lectura, Libros, Muller, Recomendamos
18/02/21
Nuestra parte de noche
Hoxe un amigo vén a recomendarnos un libro que o enfeitizou: Nuestra parte de noche de Mariana Enríquez, publicado por Anagrama.
Grazas, Antón.
Comecei a ler sen saber de que ía e atopei unha paisaxe muda e fermosa na que a escuridade é a protagonista. Xente malvada, o diaño, invocacións, o medo, a herdanza envelenada, o eterno retorno da familia, o amor sen ambaxes, o amor dorido, o sexo sen lindes, a fraternidade...
Mariana fálanos de como levar unha carga toda unha vida sen compartir, asumindo a culpa e a responsabilidade soa. Mariana fálanos do poder da beleza, que é quen de conquistar as tebras. Mariana fálanos de desinhibición sexual. Cóntanos sobre a impronta das nais e pais abusivas. O seu estilo é aterrador e encantador a partes iguais, capaz de debullar a psique de persoas en horas baixas, de monstros amorais, de demos doutros mundos.
Atoparalo en Anagrama, Colaboracións, Igualdade, Lectura, Libros, Muller, Recomendamos
17/02/21
Os Minimortos. Criando malvas
Nova entrega de Ledicia Costas con estas aventuras dos Minimortos. Desta volta, publicado por Xerais, Criando malvas é o subtítulo que acompaña a este libro que conta novamente coas ilustracións de Mar Villar. Unha segunda entrega que nos fai crer que Ledicia vai converter nunha saga literaria onde falar sen ambaxes da morte, e duns nenos que viven as súas aventuras no alén mentres agardan a que algún día cheguen os seus pais, que seguen vivos.
Sempre foi un tabú falar da morte coa rapazada. E Ledicia, curiosamente, consígueo con humor e tenrura, dun xeito tan estrañamente doado que aínda resulta moi chocante para as persoas adultas. Lembro que cando estaba a ler a primeira entrega, alguén ollou a miña lectura e comentou "que desagradable" ou "que inapropiado" e eu retruquei "non tes nin idea". Si, non é doado derrubar tabús e temos unha autora que o consegue por medio da Literatura. Vaia, que a Literatura volve a demostrar unha vez máis que calquera tema ten cabida se hai unha autora (e témola) que sabe como enfrontarse a un tema tan doloroso.
Nesoutra vida calquera cousa estraña pode pasar!
Atoparalo en Ilustración, Infancia, Lectura, Libros, Recomendamos, Xerais
15/02/21
"No" es la historia de Celia (Paula Utrilla) , una joven cuya tóxica y autodestructiva relación con Juan Carlos (Alejandro Vergara) afecta a todo el círculo familiar y cercano de la joven, sin embargo, todos compartimos una incómoda responsabilidad... pero solo Celia puede dar el primer paso.
Atoparalo en Curtas, Igualdade, Muller, Violencia de Xénero
14/02/21
Mejor la ausencia
Aínda non estando lectora, este libro encantoume. Veño de rematalo agora mesmo e sinto a imperiosa necesidade de vos falar del. Mejor la ausencia, de Edurne Portela, publicado por Galaxia Gutenberg, non é un libro cómodo, non é un libro alegre, pero si que é necesario. Tanto, que falar de malos e de bos, onde non hai ninguén que se salve, porque ningúen é tan malo nin ninguén é tan bo, é preciso cando sae de dentro, dos cuartos da cas na que se vive, das rúas que percorres cada día, dos silencios que escoitas e dos ollos temerosos que observas. Edurne Portela conta en primeira persoa, coma un diario, o drama persoal dunha familia vasca, dende o punto de vista dunha nena que vai medrando e que vai comprobando como a realidade supera cada ficción e como é imposible vivir, e deixar vivir, en ambientes cheos de violencia, de inxustizas, de complicidades e de traicións. Por iso mesmo estamos lendo unha novela dura que nos atrapa dentro da espiral de violencia que vive esta nena e esta sociedade entre os anos 1979 e 1992. Por estas páxinas transitan ETA, GAL, outra pandemia: a heroína, o paro, a violencia en todas as súas formas: a violencia de xénero, a violencia social, a violencia familiar; dianas pintadas nas casas e chamadas anónimas ameazantes. Unha atmosfera abafante. Unha familia rota. Un ser humano que quere curar as feridas (a saber como): todos estes temas, incluído os abusos sexuais, o alcohol, a amizade, teñen oco neste libro.
Si, o mellor é a ausencia.
.
Atoparalo en Galaxia Gutenberg, Igualdade, Lectura, Libros, Muller, Recomendamos, Violencia, Violencia de Xénero
13/02/21
Paxaros
O novo álbum de Kalandraka é asemade un libro musical: Paxaros de Natacha Ortega e Lucía Franco é en si mesmo unha canción, un poema que fala de nenos e nenas que voan pola prazas, que xogan e soñan, poque todo é posíbel. E porque todo é posíbel o álbum convida a bailar e a cantar, a nos converter nós tamén en paxaros libres, libres de pandemias e libres de horarios, porque ben nos cómpre voar. Que necesidade temos de liberdade e de cancións que nola agasallen!!!
Atoparalo en Álbum ilustrado, Kalandraka, Recomendamos
12/02/21
El Desayuno
O cineasta Cristian Arcos Cerón obtivo o Primeiro Posto no XI Festival Internacional de Curtas de novos medios en China por este traballo de profundo humanismo e acento solidario no medio do drama do confinamento.
Atoparalo en Curta de animación, Solidariedade
11/02/21
Mar de mazá
Publica a editorial Galaxia este álbum poético de Elvira Ribeiro Tobío con ilustracións de Begoña G. Arce: Mar de mazá é un libro fermosamente editado que conta cos poemas de Elvira, que tanto nos teñen feito gozar noutras ocasións e que repite aquí cun álbum cheo de vida mariña e de ledicia salgada, porque salgados son estes versos que nos traen ao interior a carabela, as mil cores, as ondas, a nena pirata, os soños, os faros, as illas, os tesouros... cun convite inicial e unha despedida despois de 16 poemas cheos de tesouros. Ten por tanto unha estrutura circular na que realizaremos unha viaxe marítima na que nos embarcamos cheas de felicidade.
Poderosas son as ilustracións, que nos engaiolan en branco e negro, algo que abraia pola ausencia de cor, que xogan co misterio e convidan á aventura, a aventura de pasealos e descubrindo a súa inmensa riqueza.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Galaxia, Poesía, Recomendamos
10/02/21
09/02/21
Non pare a festa
Publica Xerais este "É tempo de entroido 2", un libro de Ramón D. Veiga e David Sierra, Non pare a festa que vén sendo unha continuación de "É tempo de entroido". Un libro que nos pon arestora un tanto tristeirxs polo momento que estamos a pasar pero que é asemade un libro necesario que amplía o percorrido polo entroido galego que xa realizara no primeiro libro. Son textos rítmicos e irónicos que nos lembran a diversión que provoca o entroido, festas cheas de humor contaxiante e espontáneo. Xúntanse boteiros, gárgolas, vellarróns, mázcaras, chocalleiros, peliqueiras, follateiros, madamas, cabreiros, vixigueiros ou fedellosos, entre outras figuras, convocados para faceren festa e ruído e, ao tempo, lembrarnos a riqueza desta tradición popular. Asemade, podemos realizar dúas descargas para cantar e bailar, moi acaídos para este ano, ano que lembraremos por constituír un antroido confinado.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Letras Galegas, Recomendamos, Xerais
07/02/21
Mariama
Directora: Mabel Lozano
Mariama es una niña de Guinea Conakry que está a punto de sufrir la mutilación genital femenina. Combinando dibujos e imagen documental, el corto denuncia la tradición de la ablación genital femenina a partir de la historia real de un padre que se rebela contra esta práctica y desea para su hija una vida mejor y más libre.
Este documental relata en primera persona la historia de Ibrahim Bah, una mujer que hará todo lo posible por salvar a su hija de las terribles consecuencias de la mutilación genital, práctica normalizada y habitual en su Guinea Conakry natal.
“Mariama” trata los mitos y creencias
falsos en torno a la brutal práctica de la mutilación genital.
06/02/21
Eu son A
Gustoume moitísimo esta proposta de Steve Tasane publicada por Kalandraka: Eu son A, un libro duro que consiste nun diario dun neno que vive nun campo de refuxiados, un territorio totalmente inhóspito no que semella imposible sobrevivir, a pesar dos esforzos que o ser humano realiza pola súa supervivencia. Ás veces pregúntome de onde sacamos tanta fouteza en momentos así. E pregúntome asemade como podemos permanecer impasibles ante tantas inxustizas. Porque o libro é duro, si, pero o único que fai é lembrarnos que isto é real, e que está a suceder aquí ao lado, ese lado ao que non ollamos. O neno protagonista chámase A porque non ten nin sequera nome, ao igual que os nenos e nenas que sobreviven sós e soas canda el, xa que non teñen a ningúen que os axude nin ampare, non teñen familia nin "libro de vida", un documento que acredite a súa existencia. Non son ninguén porque son invisibles, o que remarca a importancia da identidade, pero tamén da solidariedade e da esperanza. Son nenos e nenas que tentan ante todo lembrar, lembrar quen eran e o amor que sentiron coa súa familia, lembrar que a guerra e a inxustiza arrebatoulles o máis importante das súas vidas, pero que teñen que tirar cara adiante, e nunca cara a atrás.
Atoparalo en Kalandraka, Lectura, Libros, Recomendamos, Tradución
04/02/21
Hombres necios
Poema de Sor Juana Inés De la Cruz, pertencente ao disco-libro "MUJERES DE CARNE Y VERSO" de Juan Valderrama.
02/02/21
01/02/21
Oro negro
Descubrín a Dominique Manotti e o seu Oro Negro publicado por Versátil. Aínda que está ben, boto de menos un pouco máis de acción e de ritmo, destacando sobre todo pola crítica social que realiza, denunciando a corrupción e as loitas polo poder, ademais das mafias. O protagonista terá que se enfrontar aos grandes poderes, ou sexa, ao mundo económico empresarial, que é quen realmente manexa o mundo, e non a política. Neste mundo, o asasinato é un medio coma calquera outro para resolver conflitos comerciais. A cidade, a Marsella de 1973 é unha das grandes protagonistas da novela, e está perfectamente ben recreada, tanto que chega a preocuparnos os pactos de poder que nela se realizan, unha realidade que nos semella afastada e que a xulgar polo que lemos, resulta que simplemente se nos oculta á maioría da cidadanía. Tamén é de destacar a presenza da homosexualidade, xa que nos anos nos que se sitúa a novela non estaba tan visibilizada como arestora.
Así que unha lectura bastante interesante que non me acabou de atrapar. Tampouco me encantou o final...
Atoparalo en Lectura, Novela negra
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.