Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

04/10/07

Blogs por Birmania

Hai uns días falabamos da situación que está a vivir Birmania. Hoxe, 4 de outubro, blogers de todo o mundo prepararon unha acción para apoiar a revolución pacífica en Birmania: un sinal de paz e simpatía para esa xente que está a loitar contra un réxime cruel sen armas.
Trátase de colgar no blog un banner vermello coas palabras "Birmania libre", "Free Burma".

Un xenio do cine sen palabras

Naceu o mesmo ano no que foi inventado o cine, e hoxe cúmprense 212 anos do seu nacemento. Joseph Francis "Buster" Keaton foi un famoso actor e director estadounidense de cine mudo cómico. Foi o seu padriño Harry Houdini, famoso ilusionista de orixe xudeu, quen o bautizou como "Buster" (o destrutor) tras velo caer dunha escaleira sen unha soa ferida á idade de tres anos.
Caracterizouse principalmente polo seu humor físico mentres mantiña un rostro inexpresivo en todo momento, o cal lle fixo gañar o seu alcume: Cara de pao. Para darlle expresión ás súas personaxes empregaba as acrobacias, para as que non usaba ningún dobre nin especialista. Todas as proezas que realizou en El maquinista de la general, ou en El héroe de río, son súas. En El rostro pálido, chegou a saltar desde unha altura de 24 metros, e na película El moderno Sherlock Holmes, rompeu o pescozo nunha escena de risco.


Viaxe cara ao infinito

Imos dar un paseo viaxando a alta velocidade. Comezaremos cunha distancia dun metro aumentando en proporcións de múltiplos de 10 ata chegar ao límite do noso maxín en dirección ao macrocosmos.
Observa a constancia das leis do Universo e reflexiona sobre como o ser humano aínda ten moito que aprender...



O son das auroras

A radiación solar que alcanza o noso planeta transfórmase en espectaculares auroras cando penetra nas atmosfera. Esta entrada tamén provoca lixeiras alteracións no campo electromagnético que poden ser rexistradas mediante un magnetómetro. Todos os anos, o especialista en gravación de sons Steve McGreevy diríxese cara ao norte e apunta os seus aparellos cara ao ceo. O resultado é unha gravación na que se pode escoitar o son das auroras.




É o crepitar do espazo: sorprendente e fermoso

TV vs. Lectura

Neste caso, é mellor unha imaxe que mil palabras...

03/10/07

Hallucii

Unha curta de animación creada por Goo-Shun Wang, un director de Taiwan que estudou na School of Visual Arts (NY) e no MFA Computer Art program.
A curtametraxe está baseada na famosa Escalinata que o matemático e físico Roger Penrose ideou en 1958; unha figura imposíbel na que se baseou o artista holandés M. C. Escher para crear a súa obra "Ascendendo e descendendo". Aparentemente, prodúcese un movemento eternamente ascendente ou descendente, pero despois da cada volta comprobamos que estamos onde partiramos.


Hyyab

Curiosamente, cando onte vin en Iguales en las tres mil este vídeo, non dubidei de que hoxe tiña que traelo a este blog. Pero como ás veces parecemos "conectadas" algunhas bibliotecarias (perdón, eu xa non son, sempre se me escapa!), vin que a miña querida Charo xa se me adiantara. Así que, perdoa, pero eu tamén o vou colgar. E sempre quedando claro que o seu "post" sempre será máis completo ca este.
Hyyab é unha premiada curtametraxe do realizador alicantino Xavi Sala que conta a historia de Fátima, unha nena española de cultura musulmá, que se enfronta no instituto á súa profesora ao negarse a quitar o veo na aula.
A curta serve "para falar da intolerancia", tan rabiosamente de actualidade, cando estamos a ler nos xornais a mesma noticia que nos trae o vídeo. E así seguiremos, témome, por moito tempo, oíndo o que oímos e vendo o que vemos ao noso arredor. Ogallá testemuñas coma esta sirvan para algo máis que para proxectalo na clase e esquecela ao tocar o timbre.


Cráteres

Neste primeiro plano realizado polo instrumento Hirise a bordo do Mars Reconnaissance Orbiter (orbitador de recoñecemento de Marte), unha misteriosa fochanca escura, duns 150 metros de diámetro, xace na aba norte do antigo volcán marciano Arsia Mons.
Sen bordes erixidos nin outras características típicas dos cráteres de impacto, este burato e outros coma este foron orixinariamente identificados en imaxes de luz visíbel e infravermella polas sondas Mars Odyssey e Mars Global Surveyor.
Mentres que as imaxes de luz visíbel amosaban só escuridade, as firmas térmicas do infravermello indicaban que estas aberturas penetraban profundo na superficie marciana e quizais eran tragaluces para as cavernas subterráneas. Crese que os escuros buratos marcianos parecen estar relacionados con derrumbamentos polo fluxo da lava, similares aos cráteres do volcán hawaiano.


E falando de cráteres, e de soidades, dar as grazas a compañeir@s que agasallan tempo e esforzos en entradas científicas neste voso blog!

Nontodovanserlibros (XI)

Ante a insistencia da miña amigasociablogueira de que colgara nesta sección algo máis de música en español, decidín ceder á súa petición cun dos máis grandes compositores españois: Antonio Vega.

Músico español nacido en Madrid no 1957, forma en 1978 a banda Nacha Pop na que militaba o seu curmán Nacho García Vega. Durante esta etapa, saíron á luz numerosos temas que terminarían por entrar no cancioneiro popular español: "Chica de ayer", canción que se converteu nun himno da movida madrileña dos 80, "Lucha de gigantes" ou "Una décima de segundo". En cada un dos seus temas Antonio facía ao ouvinte partícipe dunha historia moi persoal súa ou da súa visión en forma poética do mundo.

En 1988 o grupo separaríase definitivamente e Antonio comeza a súa carreira en solitario. Mantén a mesma liña de creación, aínda que se volve un pouco máis intimista, quizais pola ausencia da influenza musical do seu curmán Nacho.

Discografía básica
  • Nacha Pop (1980)
  • Un décima de segundo (1984)
  • El sitio de mi recreo (1992)
  • Océano de sol (1994)
free music

02/10/07

Themis, programa corrector da linguaxe sexista

A ferramenta Themis nace co obxectivo de erradicar a terminoloxía e a linguaxe de índole sexista de toda a documentación xerada por calquera organización. Localizando documentos e páxinas web sexistas e marcando nestes documentos qué termos deberían ser revisados e cales son os candidatos para un posíbel cambio orientado a evitar problemas de xénero no documento.
Serve tamén para analizar o uso da linguaxe de sitios web. Basta con introducir unha dirección e o sistema busca a terminoloxía sexista empregada nesa páxina.
O programa diferencia automaticamente cando un mismo termo ten connotacións sexistas e cando non. Themis sinala o termo que considera como linguaxe sexista e suxire engadir termos “en feminino”.

Themis é unha ferramenta de moi sinxela instalación que permitirá explorar tanto documentos xerados con Microsoft Word, como calquera outro tipo de documento ofimático que resida nos seus ordenadores ou en Internet.

Themis ofrece os seguintes módulos:

Explorador de arquivos
Permite indicar ao sistema cal é a ruta onde intentar localizar os documentos, así como tamén pode restrinxirse esta búsqueda a uns formatos ou outros ou a arquivos modificados nunhas determinadas datas.
Como resultado, Themis amosará todos os arquivos onde se localice terminoloxía sexista e cal ou cales foron estes.

Explorador de documentos MS Word
Tras a súa instalación, Themis coloca unha barra de ferramentas sobre MS Word.
Esta barra permite localizar a terminoloxía sexista do documento activo e mostrar tanto unha descripción do concepto e categoría do termo atopado, como unha lista de posibles sustitutos co seu contexto de utilización.

Explorador de sitios web en Internet
Cun aspecto practicamente idéntico ao Explorador de Arquivos de Themis, a través do Explorador Web poderá marcar unha dirección web (URL) a partir da que buscar. Themis analizará todas as páxinas que estean enlazadas desde a dirección de comezo en busca de páxinas ou documentos que inclúan terminoloxía sospeitosa de ser identificada como sexista.
O resultado da búsqueda será un listado de todas estas páxinas, inclúen o ou os termos de índole sexista que sexan localizados. Por cada páxina localizada, ofrécese a posibilidade tanto de descargarla como de abrila.

Postales de Leningrado

A directora venezolana Mariana Rondón gañou o sábado o Festival de Biarritz co filme Postales de Leningrado, película que rememora de xeito conmovedor e poético a guerrilla dos anos 60 a través das lembranzas dunha nena, filla de guerrilleiros.

Mariana recoñece que a película ten moito de autobiográfica: reconstitúe a memoria fragmentada dunha infancia anguriosa cunha opción formal mestiza; imaxes de arquivo e escenas de animación salpican a narración dunha trama desartellada como as lembranzas que van e veñen.


Alguén dixo... BIBLIOTECA?

Está claro que o mundo da especulación non se leva ben co da cultura. Ollade, ollade...

Se no mundo houbese só...

Se no mundo houbese só 100 persoas,

61 serían asíaticos
12 europeos
14 americanos
13 africanos

e
1 de Oceanía.

50 serían homes, 50 mulleres

Destes 100 habitantes só 7 terían estudos secundarios, 67 deles non serían cristiáns, e tan só 6 persoas posuirían o 59 por cento da riqueza mundial.

Pero tod@s cabemos nel

Ter o seu merecido

Seguramente a moitos de vós xa vos mandaron por e-mail este vídeo tan real e tan bo que consegue un sorriso en calquera momento. Pero ademais do sorriso, lémbranos unha triste realidade que se vive e vivirá nos traballos, mentres permanezan certas mentalidades:

Tuneko Okazaki

Se preguntamos cantas mulleres científicas coñecemos, seguramente tod@s asegurariamos que moi poucas. Os nomes de moitas deles escóndense ás veces debaixo dunha simple inicial ou baixo a sombra dalgún home co que traballan. Seguramente, cando oímos ou lemos algo sobre algún/ha científico, tendemos a maxinalo coa súa bata branca e a súa longa barba. Temos o propósito de ilas descubrindo pouco a pouco.

Para os que estudaron algunha vez o proceso de duplicación do ADN, quizais sexa unha sorpresa topar unha face de muller asociado ao nome de Okazaki. Esta bióloga molecular foi a descubridora dos chamados "fragmentos de Okazaki" (cadeas curtas que se forman durante a duplicación do ADN na chamada "duplicación discontinua") nos estudos que realizou xunto ao seu home Reiji Okazaki en 1968.

Tuneko Okazaki foi a primeira muller profesora na universidade nipona de Nagoya, e actualmente é profesora no Instituto Médico da universidade Fujita. No ano 2000 recibiu o premio L'Oreal-Unesco "For Women in Science", uns premios que se conceden anualmente a cinco científicas distinguidas, unha por cada continente.

Unha historia de números

Quen dixo que as matemáticas non son entretidas? Tres minutos escasos falando de números...e rindo a esgalla!

01/10/07

Birmania ensanguentada


A Xunta Militar birmana está a facer o que mellor sabe facer para sufocar as protestas populares: asasina a manifestantes (cantos?), detén masivamente, intimida aos compatriotas, illa ao país por teléfono e Internet. Os monxes apenas saen á rúa. Os relixiosos budistas, que tiveron a enorme coraxe de pórse á cabeza dunha revolta inicialmente desatada polos prezos dos combustibles, non son líderes políticos. Eles tomaron a antorcha da liberdade, en defensa dun pobo reprimido por unha ditadura de 40 anos. Ditadura que sumiu un país rico en gas, petróleo, minerais e pedras preciosas, na miseria, tanto é así que a fame empezaba a facer a súa aparición.



A represión desatada por unha das ditaduras máis vellas do planeta, case medio século, non é nova. Como tantas veces, está alentada pola impotencia da ONU, que se ten que conformar cun visado para un dos seus representantes e onde os principais aliados dos xenerais birmanos, China e Rusia, anuncian que se oporán "por prematura" a calquera sanción.
Pero deberiamos esixir unha resposta urxente, coordinada e enérxica das potencias democráticas para deter a iniquidade que sofre Birmania; e un apoio xeneroso e sen fisuras cara á súa oposición política: o supremo respecto que merecen os centos de miles de persoas que, sen ningunha das compensacións do noso mundo, estanse botando pacificamente á rúa e arriscando as súas vidas fronte aos fusís para esixir liberdade.

Viaxe pola ilusión

Déixovos aquí un curto animado de Eugen Erhan
Unha viaxe polo mundo da paradoxa e a ilusión de Escher.
A música é "Do you dream of me" da banda sueca Tiamat



Sempre hai un lugar para a poesía (XX)

Parad los relojes y desconectad el teléfono,
dadle un hueso jugoso al perro para que no ladre,
haced callar a los pianos, tocad tambores con sordina,
saca el ataúd y llamad a las plañideras.

Que los aviones den vuelta en señal de luto
y escriban en el cielo el mensaje “Él ha muerto”,
ponedles crespones en el cuello a las palomas callejeras,
que los agentes de tráfico lleven guantes negros de
algodón.

Él era mi norte y mi sur, mi este y mi oeste,
mi semana de trabajo y mi descanso dominical,
mi día y mi noche, mi charla y mi música.
Pensé que el amor era eterno: estaba equivocado.

Ya no hacen falta estrellas: quitadlas todas,
guardad la luna y desmontad el sol,
tirad el mar por el desagüe y podad los bosques,
porque ahora ya nada puede tener utilidad.

Wystan Hugh Auden.

A amizade

Permítideme hoxe ahegarvos un texto que fala da amizade, algo que tan necesario me parece. Supoño (vale, seino) que a miña melancolía de hoxe provén do feito da visita de Anxo ao insti, e da inmensa sensación de desamparo que se apoderou de min cando marchou. Pero despois recibín a chamada animosa dos meus amigos de Ribadavia, e sei que aínda na distancia, seguen aí, sempre comigo. De aí a escolla deste texto, pequena homenaxe aos meus vellos e bos amigos, pero ao mesmo tempo unha aperta aos meus novos amigos (xa non podo dicir compañeiros) bibliotecarios que me chamades e me animades tantas veces.


A
amizade élle indispensábel ao home para o bo funcionamento da súa memoria. Lembrar o propio pasado, levalo sempre consigo, é talvez a condición necesaria para conservar, como acostuma dicirse, a integridade do propio eu. Para que o eu non se encolla, para que conserve o seu volume, hai que regar as lembranzas como ás flores e, para regalos, hai que manter regularmente o contacto coas testemuñas do pasado, é dicir, cos amigos. Son o noso espello, a nosa memoria; só se lles esixe que lle saquen brillo de cando en vez para poder mirarnos nel.

MILAN KUNDERA

Podo engadir que...
Moito falamos da amizade como ideal, pero que difícil é que sexa como un quere! Eses espello, ás veces, están emporcados, embazados... e nós nin nos damos conta. Pero a amizade é vital para o ser humano.
A soidade silledense... que me está matando!!!


Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.